martes, 7 de septiembre de 2010

VOLUNTEERS (JEFFERSON AIRPLANE)

A veces as casualidades existen e un tropeza con elas sen caseque enterarse.
E o que me acaba de pasar con este disco. Lembro que na festa de Hector en Valdoviño en algún momento da noite despois da actuación dos Crazy Pony's sonou o tema que da titulo a este traballo do ano 1969.Carallo¡¡¡ os vellos Jefferson, pensei. E daquela xa tiña previsto adicarlles un "basico" a eles solos.
Ao pouco tempo xurde na paxina de a praia de Neil unha versión do "Wooden Ships" pero en este caso dos Starships; volvin a lembralos no meu maxin,pensando que indubidablemte é moito mellor a versión de este tema que aparece en "Volunteers"; e o outro día atopeime de supeto con unha edicíon en fascimil do vello "Volunteers" acompañado coa actuaccion dos Jefferson Airplane en Woodstock; xa non o pensei mais: "este para min" dixenme. E en estas estamos.
"Volunteers" como xa dixen publicouse no ano 1969, despois de que o grupo publicara dende a sua fundación en 1966 cinco traballos mais. Xa dende o principio foi unha banda de exito; aqui non temos que recurrir o topico de "primeiro traballo boas criticas e poucas vendas". Non. Os Jefferson gozaron de moitisima popularidade dende o principio da sua carreira.
Establecidos en San Francisco no momento do apoxeo do "Power Flower", os hippies e o rock psicodelico,parece como si estiveran destinados a estar xusto no intre axeitado  e no lugar axeitado. Si fixeramos un percorrido por toda a sua traxectoria xenealoxica poderiamos atopar a todo aquel que estivera relacionado en un intre ou outro co rock da Costa Oeste.Dende Jerry Garcia e os Grateful Dead,pasando por Lovin Sponfool, Great Society, Os Doors, Quicsilver Messenger Service, Move,Janis Joplin, David Crosby....e un longo etc que podia ser caseque infinito na sua relación co grupo estrela da Costa Oeste.
Os Jefferson Airplane caracterizaronse en un principio por amalgamar o Folk que eclosionaba a mediados dos 60 co Rock emerxente de aqueles momentos. Martin Balin, como fundador do grupo foi quen de crear esa ligazon entre as duas tendencias reinantes en aquel momento.As influencias de The Byrds e Bob Dylan por unha banda e os Beatles e os Rolling por outra foron capaces de establecer as premisas nos primeiros tempos.
Posteriormente, xa dende o seu segundo traballo "Surrealistic Pillow", o grupo derivou hacia un Rock mas solido, e ali xa a integración de Grace Slick compartindo a voz con Balin, mais as guitarras de Jorma Kaukonen e Paul Kantner fixeron que o grupo fora recoñecido como unha tendencia unica e marcando o paso a outras bandas da bahia de San Francisco.
En "Volunteers" atopamos a formación mais estable da banda. Os xa nomeados anteriormente haberia que engadir a Jack Casady no baixo e Spencer Dryden a bateria.Cecais sexa o seu traballo mais comprometido politicamente; con unha dura oposición a guerra de Vietnam e unha critica feroz o vello "stablisment" dos USA. Por eso mesmo xa o grupo tivera os seus mais e os seus menos coa RCA (a sua compañia discografica), sufrindo no seu propio pelexo varias veces as iras da censura da sua propia discografica.Pero no momento da publicación de "Volunteers" a posición da banda éra tan forte a nivel de vendas que foron quenes de impedir que a RCA censurara varios temas que non eran do seu agrado.En concreto dous deles, aparte do que da titulo ó album,estaban no punto de mira da compañia: o apocaliptico "Wooden Ships",que xa fora publicado por CS&N un ano antes e no que Paul Kantner compartia autoria do tema ( é curioso pero na reproduccion fascimil do CD aparecen como autores do tema Crosby-Kantner-Stills, ainda que despois ,na actuacion no Festival de Woodstock a autoria unica do tema aparece solo Stephen Stills); e sobretodo o ""We can be Together" onde os Jefferson foron capaces de manter a frase "contra a parede, fillos de puta", cousa que non foi para nada do agrado da RCA.
Para este "Volunteers", a banda rodeouse do mais selecto a nivel musical que existia na Costa Oeste. Nos creditos do disco atopamos nomes como Jerry Garcia, Nicky Hopkins, Stephen Stills, Joey Covington(membro no seu momento de HotTuna e posteriormente dos propio Jefferson, David Crosby, e as "Ases de Copas" ós coros: Mary Gannon, Marilyn Hunt, Diane Hursh e Denise Jewkes.
Sinalar como importante  de este disco,que foi o primeiro en utilizar o sistema de grabación de 16 pistas, todo un adianto para a época, de tal xeito que incluso na contraportada do disco aparecia unha foto do aparello para dar conta delo.
Os Jefferson, xunto cos Grateful Dead, foron os primeiros en convocar os "Happy Fest",concertos gratuitos que daban nos grandes parques que arrodeaban a cidade de San Francisco e que éran capaces de convocar a milleiros de seguidores durante mais de 24 seguidas, con actividades que hoxe se lle chamarian "performances", pero que xa de aquela a imaxinación imperante no sector cultural da cidade éran capaces de movilizar a nivel popular.
A intervención de Jefferson Airplane no festival de Altamont está ampliamente documentada na pelicula "Gimme Shelter", e en ela podese ver como Martin Balin é agredido durante a sua actuación polos "Anxos do Inferno" que eran os encargados de manter a "seguridade" do Festival. Esto fixo que os Grateful Dead se negaran a tocar e se laiaran amargamente da ruptura do "soño hippie" que aquel festival se encargou de acreditar como certo.
Precisamente, os Jefferson foron o unico grupo presente nos tres grandes Festivais lembrados despois no tempo: Monterrey, Woodstock e Altamont certificaron a grandeza de unha banda que sempre foi dando tumbos na sua formación e pola que pasaron cantidade de integrantes ó longo da sua existencia.
Cando posteriormente pasaron a chamarse Jefferson Starship e despois sinxelamente Starship xa se lles pasara o arroz...sen Kaukonen nin Kantner por unha parte, e sen Grace Slick por a outra, mais a baixa do seu fundador Martin Balin, retirado unah vez que Janis Joplin (boa amiga deste) morreu, a banda foi a deriva a pesar de todos os esforzos dos seus compoñentes.
Con Kaukonen e Casady mais o Covington como formación propia de exito (Hot Tuna) derivando a un blues caustico de amplo recoñecemento no circuito de blues, a banda era media banda, o que non llequitaba merito a unha traxectoria na que os seus exitos contabanse por traballos publicados. Dende "Somebody to love" a "Whitte Rabit" do  segundo disco, todos os demais albums publicados ata o ano 71 entraron nas listas de mais vendidos . A suas longas xiras por Europa e os USA marcaron ao o grupo como un dos grandes entre os grandes. A influencia de Hendrix e Cream marcaron en un momento a sua deriva hacia un sonido mais pesado e rockeiro que o suave dun principio.
Sempre é un bo momento para lembralos, e si é con este "Volunteers" seguro que vos anima o día.

domingo, 5 de septiembre de 2010

XA ESCOITO OS LATEXOS DO CORAZON: LE NOISE

Como volo digo: vaiseme facer unha eternidade de aqui ata o dia 28 de este mes. Ese dia estará na rúa o ultimo traballo de Neil Young ,"Le Noise". Un disco que en principio decian que non estaria preparado ata a vindeira primavera, pero que agora nos avisan un adianto significativo no tempo.
Fai tempo que se sabia que o productor de este traballo do Tio Neil éra Dan Lanois, quen xa traballara con U2 e Dylan entre outros, e que hoxe por hoxe está considerado o productor de productores en canto a consecución de un sonido unico . E parece ser que o traballo está a cumplir as expectativas do que está a ser a xira en solitario de Neil Young de este ano; xa apampanou a todo o mundo cando se soubo que a sua xira non se acortaba a un set acustico ó que nos tén acostumado de cando en vez; a sorpresa saltou cando nas suas actuacións colleu a guitarra electrica (si, si...tamén a Old Black) e acompañado tan solo de esa guitarra empezou a debarrar un tema tras outro.
O público que está a asistir a esta xira fala maravillas do espectaculo, asi como a critica especializada...e nós tirandonos dos pelos.
Os temas de "Le Noise" xa están escollidos i estreados ao longo de esta xira.Algun dos tiltulos serán: "Walk with me", "Sign of Love" , "Love and War", "Hitchiker" ou " Peaceful Valley Boulevard".
Asi que xa sabedes...ata o dia 28 MOITA TILA.

sábado, 4 de septiembre de 2010

UN "CORTEZ THE KILLER"...ASASINO



Son cousas que pasan; un está afeito a centrarse en aquelo que lle interesa e resulta que vai deixando cabos soltos que solo o tempo é capaz de ir recollendo.
E o que me está a pasar cos GOV'T MULE, unha banda que recolle toda a pasión polo Rock, que tén unhas raices impregnadas de rock e blues por todos os poros; que xurdiron (xa o dixemos cando falamos dos Allman) como unha banda alternativa o grupo de Macon sen pensar en ningun intre que ia ter o percorrido que acadou ata o dia de hoxe.
Estiven de viaxe unhos días e cando volvin para a casa fixeno con catro ou cinco CD's que pillei en un momento de que tiven de descanso. Dous deles son do grupo dos que vos estou a falar; e no titulado "Live...Whith a Little Help From Our Friends"(emulando os mesmisimos Beatles), no segundo disco atopeime con este "Cortez the Killer" do noso apreciado Mr.Young. Cando o vin non o dubidei un segundo, foi para o peto de forma inmediata...e cando o escoitei...."Miña madriña¡¡¡¡"... que catorce minutos de catarse incontrolada.Unha xoia de versión, como xa nos recomendara o noso amigo Antonio de http://www.enlaplayadeneil.net/ ala por principios de este ano co gallo da visita de Marc Ford por estas terras.En esta versión do tema de Neil Young tamén esta Ford a guitarra e voz, e Bernie Worrell ó organo. Como vos digo unha autentica maravilla que tentarei subir ó set list do reproductor mp3 por si vos interesa escoitala.
A verdade é que o disco non tén desperdicio ningun: versions de "War Pig" dos Black Sabbath, "30 days in the hole" de Humble Pie, "Mr. Big" de Free,"Look on yonder wall" de Elmore James; "Sad and deep as you" de Dave Mason, e para rematar unha jam de 30 minutos do "Afro-Blue" de Mongo Santamaria, aparte o xa comentado "Cortez the Killer.
Pero entre eses invitados os que fai referencia o titulo do disco aparecen xente como (ademais de Marc Ford), Chuck Leavell ó piano, Dereck Trucks a guitarra,Jimmi Herring a guitarra tamén, Yonrico Scott á percusion, asi como Randall Bramblet ó saxo tenor. Instrumentistas de luxo que acompañan a Warren Haynes, Allen Woody (un ano antes de morrer) e Matt Abts, é decir a formación orixinal dos Gov't Mule.O disco está grabado o dia de Noite Vella do ano 1998, no Roxy de Atlanta; ...e non tén desperdicio. Eu recomendovolo encarecidamente.