martes, 20 de marzo de 2012

5 DE XUÑO: AMERICANA



UFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF.....menudos dous meses e medio nos quedan ata o 5 de xuño¡¡¡¡
Ese día é o previsto para que se poña a venda cecais o que sexa o mais esperado disco do ano: Neil Young & Crazy Horse volven as andadas despois de mais de quince anos de longa separación para desesperación dos neilhorsesadictos.
"Americana" é o titulo do traballo que foi pergeñado ala por finais do 2011, e do que tivemos as primeiras novas a comenzo de este ano.
De que vai a cousa? Parece ser que tratase de poñer enriba da mesa novas versions de vellos temas da musica tradicional americana, esa que se deu en chamar "de raigames", ou "roots"; atopamos temas como "Oh Susannah", "This land is your land", "Clementine",...e parece que pechando a cousa (polo menos polo titulo) unha -hai que decilo asi xa porque é o que se espera- "salvaxe"? version do "God Save The Queen" dos Sex Pistols.
O que vos digo, meus: a espera faise interminable, xa non nos chegan os días de espera.
Tedes mais información en este enlace:http://www.hitfix.com/articles/neil-young-and-crazy-horse-to-release-americana-on-june-5

domingo, 18 de marzo de 2012

XA ESTA EN MARCHA: 3ª RUST FEST

Pois despois de tempo sen entrar por aqui, o mellor que podia pasar é saber que os nosos amigos catalans xa fixeron o traballo que eles mesmos se comprometeran a realizar cando rematou a 2ª cita anual de Bolonia.
Pepe, Angeles, Cristina, e toda a panda catalana puxeron mans a obra e agora si que podemos decir que está en marcha o III RUST FEST, este ano a celebrar en Torredembarra (Tarrragona) os vindeiros dias 6 e 7 de xullo (non se vos fai moi poucos días?).
Seran unhos días de repetir as sinceiras sensacións de amizade, compañeirismo, solidaridade e boa musica arredor do noso Tio Neil.
Dende Galicia, o comando pailan xa puxo mans a obra e promete desembarcar en Torredembarra cos CrazyPonys a cabeza, seguido de unha multitudinaria presencia (incluido o brazo infantil).
Coido que se está a traballar no lado mais etereo e inverosimil do acontecemento con vistas a que a presencia de Sophia sexa visible para todos; pero coñecendo a persoal visión de esta ninfa voluble, vai ser mais que dificil que sexamos capaces de visualizala en terras catalanas...pero que a súa presencia sera perceptible non o dubida ninguen.
Deixovos uns enlaces para que teñades toda a información do evento, e asi non facervos perder o tempo en relatar todo o que vai acontecer na III RUST FEST.
Longa vida a RUST FEST...e Keep on Rockin'
http://www.mipaginapersonal.movistar.es/web3/rustfest/rustfest/Bienvenida.html