lunes, 2 de abril de 2012

GRAZAS PONY'S



Por razons que non veñen ó caso, non me sentía con ansias de trasladarme ata Ferrol para ver de novo os queridos Crazy Pony's subidos enrriba dun escenario. Pero a pesar de todo (ou ó mellor por todo) ali que me presentei non sen antes pasar a altura de Pontedeume onde o ceo se cubria de bagoas ante o lastimoso espectaculo de ver arder as nosas Fragas Do Eume.Pero esto daria para moitas paxinas e cecais mais adiante haxa que tratalo.
Ver de novo aos nosos Pony's foi unha ledicia, e mais cando comprobei que todos eles estaban impacentes por comenzar a esbardallar a súa tormenta electrica para pasmo das caseque cen persoas que enchian a sala Super 8.
Sen preaviso e case de supeto o concerto deu pé para deixar coas bocas abertas a aqueles que nunca escoitaran as versions do noso Tio Neil. Sen concesions para a galeria; con un calor abafante (dou fé de que caseque pode conmigo e con dous amagos de mareo que foron cubertos por unha rapida saida á rùa para recuperarme), coa xente dando palmas e seguindo en todo intre ó concerto foron desgranado os temas que compoñen o seu set list deste ano;non vou revelar as sorpresas que nos presentaron, xa que eso é cousa de velo proximamente na III Rust Fest de Torredembarra, pero si teño que sinalar un momento culmen do concerto, para min seria o "Powerdfinger" que se tiraron deixando ó persoal coa boca aberta.
Carlos Pita tiña ganas de marcha e puxo o que hai que ter para que a súa batera imprimira o ritmo que os Crazy's desexaban, acompañado por un Xaco cada día mais afianzado no seu baixo e que sonou potente e confiado (claro que tamén influiu o paso anterior ó concerto pola farmacia); Luis un xigante, coma sempre poñendo a emoción e deixandose os dedos en un par de solos guitarreiros nos que a súa expresion viña a decir: "desta vai, carallo"; Vicky estanos a sorprender agora que é a nosa harmonicista preferida: as súas entradas son certeiras e veñen a aflorar novos motivos sonoros que redondean os temas mais acusticos de Neil. Para pasmo de esta noite, volveu a brilar (e de que forma¡¡¡¡¡¡¡) no "Motorcycle mama" cada vez mais confiada e mais segura da súa voz; aplausos estripitosos para ela. E de Ricardo que decir? O espiritu do grupo é un reflexo da súa entrega e virtuosismo en favor duns temas que fan rexurdir a figura de Neil Young por todo o alto.Calculo que esa noite baixou un par de kilos por non parar un intre sobre o escenario e por o calor que se cebou nel mesmo.
Duas horas de concerto que sempre saben a pouco, pero que aproveitamos para quitarnos o sindrome de abstención que xa tiñamos. E unha ultima cousa: quen vaia a ver ós CrazyPony's que non vaia coa premeditada idea de ir escoitar perfectas versions de Neil Young enmaquetadas no corpo das orixinais; para nada son os nosos Pony's quen de facer axustadas mostras do orixinal...para nada; eles van mais alá coa sua entrega e o seu sentimento e dando por resultado un fresco reflexo do espiritu de Neil que ninguen en estos momentos é quen de superar.
Para min foron duas horas perfectas que me fixeron esquencerme de malos rollos.
GRAZAS PON'YS.
PD: á foto "roubeina" a George sen o seu permiso. Dende aqui pidollo. Un abrazo