martes, 25 de junio de 2013

DUBLIN 15-6-2013

Outra data para enmarcar nas lembranzas de unha vida.E ademais en Dublin, cidade a que lle tiña ganas,e ademais na compaña de xente tan extraordinaria como Ricardo, Hector Jose Erveza, Laura e mais Dani.
Sexta vez que tiña diante de min a Neil...e terceira cos Crazy Horse. Sigome quedando cando os vin no 2001 en Vilar de Mouros, con unha noite moi semellante a de Dublin, con choiva, vento, treboadas....de Rock con maiusculas evidentemente.
Neil fainos a vida mais facil, mais doada en todos os aspectos. Nunca , nunca desilusiona, nunca exerce de ritual simbolico de noite tras noite dando o mesmo de si mesmo. Neil fai que sexamos capaces de pensar: "Joder, podia tocar corenta temas mais que a ben seguro podiamos escoller entre seis ou sete para quedarnos contentos", pero é tanta a pasión e a entrega que ofrece en cada concerto, que é imposible queixarse.Non miras o reloxio do tempo senon é para pensar que xa pasou unha hora e ainda nos queda "solo" outra mais.
Momentos que fican na retina de cada un cada vez que o ves.Momentos que fican con un mesmo como retratos de vida activa e que nunca vas esquencer. !!!Como vas esquencer un concerto de Neil Young?¡¡¡¡¡¡¡. Momentos que semanas despois de habelos vividos ainda lembras como si fora en ese mesmo intre que estiveran a suceder. Escoitas unha e outra vez nos teus oidos os lacerantes aullidos da sua "Old Black"...unha e outra vez. Son dias i experiencias que vas manter no cartafol da tua vida.
Escoitar "Podwerfinger" nos seus primeiros compases e sentir que o sangue se che acumula nas orellas para experimentar algo unico na tua vida.....oir como transforma "Fuckin' Up" ata facernos sentir participes de algo que ti mesmo estas a crear, sentindo que ti estas ali arriba, con eles, sendo un mais de algo que se está a producir naquel mesmo intre...non hai verbas para contarlo por moita capacidade que unha persoa poda ter pra ser capaz de relatalo.
Podiamos esperar un set list como o que nos ofreceu en Dublin. Non habia sorpresas.Podemos decir que faltaron ducias de titulos para encher un concerto, pero sabiamos ao que iamos."Ramada Inn" e "Like a Giant" sonaron inconmensurables, como tiñan que sonar."Comes a times" foi o momento entrañabel i emotivo para moitos. "A chica Canela" sempre me seguirá recordando aquela noite de xullo de 2010 en Valdoviño cando a escoitei aos nosos "Crazy Ponys" no 1º Rust Fest.Escoitadea e xa me diredes si os nosos "Ponys" non sonan aos "Horses".
Que "Blowind in the wind" sobraba xa o di todo o mundo. Non sobraria si fora como no "Weld", salvaxe e lacerante aos oidos, pero unha versión respetando tanto a orixinal? Pra eso xa está Dylan, que incluso fai anos que non a toca como na sua orixinal do 63.
E quedamos coas ganas do "Like a Hurricane", que a piques estivo de sonar. Billy Talbot moito lle indicaba a Neil co dedo si baixaban o "paxariño" ou non. A nosa imaxinación voaba mais rapido que a deles porque nos parecia que incluso escomenzaba a baixar...pero quedouse en eso, en un intento que esperemos que en Nimes ou Biarritz podamos levalo a realidade.
"Cortez" sonou maxestuosa como bis, algo corta, pero a treboada e a choiva xa fixeran acto de presencia de novo.Asi que tivemos que conformarnos co que habia. QUE FORA MOITO¡¡¡¡ ainda que si houbera mais non nos iamos queixar.
Da banda, que decir?. Billy facendo o seu traballo e participando en momentos culmens, como sempre. Ralph sendo o amo do cotarro a nivel ritmico e impoñendo os cambios de ritmo precisos en cada momento. E Poncho, que decir de Poncho cando non dabamos un can por el?. Participativo, activo, virtuoso cando quixo selo, dando a entrada a Neil neses momentos en que lle da todo feito...e incluso con patada no cú cando Neil se reviraba cara a outra banda do escenario.esta vivo Poncho mais que nunca. Deronme ganas de berrarlle. "Poncho, vente para Ribeira e traete a todos contigo".
En fin, un concerto que ainda nos deixa con mais ganas ainda de velo en Nimes i en Biarritz dentro de unhos dias.
Das anecdotas deses dias xa teremos tempo de contalas en Frias dentro de pouco, non?. Mentres sigamos lembrando i escoitando as notas que oimos ese dia 15 de xuño nun vello campo de futbol de Dublin.
P.D.: as fotos son autoria do noso compañeiro de aventuras Jose Erveza. Gracias Jose.