jueves, 30 de diciembre de 2010

LUCES E SOMBRAS DE UN ANO QUE SE VAI


Pois hai que publicalo antes de que remate o 2010, non? Xa sei que estes dous ultimos meses non estiven moi aplicado no blog...que culpa tén el...pero agora hai que botar a vista atras e coido que o 2010 estará marcado para moitos de nós como a culminación de un vello soño que algúns iluminados tiveran ala polo 2008-2009 e que se podo concretar en este que remata.
Refirome evidentemente o gran evento celebrado os días 17 e 18 de xullo, ala polas terras de Valdoviño, concello xa marcado na historia do Rock por acoller a 1ª Rust Fest Waiting for Neil.
Que fermosos dias...que fermosa xente...que fermoso tempo aquel que se pasou en boa compaña.
E o momento de lembrar a Xabre e a toda a peña de Valdo polo traballo que levaron en que todo fora a bo ramo; os Crazys Ponys, Zuma, Graham Summer e por suposto os Fanecas Band que puxeron a musica para que os outros poideramos disfrutar con eles...a Hector, Arancha, Edu, Luis, Antonio, Vicky, Carlos, Begoña, George, Xaco, Ramón, Pedro....joder son tantos e tantos que non hai tempo para lembralos a todos, pero sabedes que vos levo a todos no corazón.
E por outra banda, por suposto, a todos os da paxina mater de Neil no Estado: www.enlaplayadeneil.net , que despois de un par de anos de darlle voltas o meollo por fin acadaron que o soño se realizase; Antonio, ManoloGranpa, Dani, Jose, Pepe, Angeles, Julia, Isa...bufff que placer coñecelos a todos e cada un deles; bo rollo e boas caras para unhas xornadas que esperamos que teñan continuación no 2011 en Tarifa (non é asi Antonio?) e que tan so con que sexan a metade de boas que as de este ano seguro que pagan a pena. pero tamén sabemos que a xente do Sur se vai implicar para que nos sintamos como na propia casa e ben de seguro que o conquiren.
E como non, lembrar a boa acollida que tivo o disco do Tio "Le Noise" a todos os niveis; o noso Tio preferido non nos podia defraudar despois do algo frouxo "Fork the Road", e agora si, sorprendeunos con algo novidoso e o mesmo tempo espectacular, crepuscular e todos os ar que lle queirades poñer; pagou a pena esperar para escoitar este "Le Noise".
E entre as sombras de este ano, pois esta claro cal foi: o noso Tio preferido non se dignou a recalar entre nós. Acostumbraranos mal os anos 2008 e 2009, e claro deixounos sen visita o 2010...algúns din que asi prepara unha xira con !!!Crazy Horse¡¡¡¡....non o creo nin de coña, pero como esperanza non está mal; tan solo quedanos esperar por unha xira de primavera para primeiros de ano por Europa, ou outra no veran por varias capitales e que teñamos a sorte de que nos toque algunha delas...pero diso xa falaremos mais adiante.
Nada mais, meus amigos; antes que nada darvos as grazas a todos os que me apoiastes en este proxecto, os que me deron forzas para seguir en el, que non é outro mais que o Rock&Roll...E BON ANO 2011 PARA TODOS VOS

4 comentarios:

johnphillips1981 dijo...

O Valdo este verán foi simplemente incrible. O pobo, o medio ambiente, música ... Grazas a todos e grazas por ser ti Xan. Unha aperta e nos vemos en Tarifa. E cun pouco de sorte tamén de ver a cara. Feliz 2011.

Y si hay algo mal, que seguro que lo hay, la culpa del traductor de Google, que yo lo he intentado.

Un abrazo.

Deguananonli dijo...

Xan, ti sabes que formas parte de todos nós, tanto ti e todo o mundo da Praia Neil.A Música e demais non tiñan razón de ser sen a vosa alma e o voso espírito, que case que os anteceden a hora que fagais kms.
Ben, eu e os outros Crazy Ponys, desexamos que gozes dun Próspero2011 no que de certos nós imos ver moitas veces.

Xabre dijo...

Pois acabo de escribir no Facebook, case o mesmo.
Facer un amigo novo, Xan. Afianzar outro, Xaco. E recuperar unha boa amistade, perdida fai anos, Sila......e o positivo do 2010. E por suposto, conservar todos ese amigos, que tanto quero.
Como chameite ontes, xa non digo nada mais.
Unha sincera aperta dun amigo do norte, coidate moito. E vémonos en febreiro, na cita dos Crazy Ponys.

Pepe dijo...

Tamén para ti, Xan. Feliz 2011. O 2010 foi moi emocionante para todos nós.
Unha aperta de Pepe, Angeles, Julia e David.
Vexo vós a próxima rust fest!