jueves, 26 de mayo de 2011

ASI FOI A ARROUTADA

Nunha paxina de Rock tratase de eso...de Rock, ou non? Pero o de hoxe vai algo mais alá porque é necesario contar, unha vez pasada a Festa todo o ocurrido arredor do evento. Un dos participantes no concerto foron os Crazy Ponys en cuia paxina podedes ter información do acontecido a nivel musical xa que eu pola miña banda teño que decir que non puiden seguir a actuación coma noutras ocasions xa que o traballo e a coordinacion da festa fixo imposible seguilos como me gustaria. Podedes velo aqui: www.crazyponys.blogspot.com
Facia tempo que rondaba na miña cabeza a celebración de unha Festa en Xunqueira, e mais ainda despois de escoitar os Crazy Ponys, sabedor que encaixaban perfectamente no modelo de Festa que desexabamos facer.
Dinlle voltas e mais voltas para buscar a ubicación que mellor se adaptara o que queriamos; vin varios lugares centricos de Xunqueira; ningun deles cubria as expectativas ainda que moitos estivaran ben situados.A finais de abril, unha tarde din un paseo pola vila e encamiñei sen querer ós meus pasos cara as Escolas Vellas. Este é un recinto pechado polos catro costados onde se situa un pequeno xardin infantil e mais dous locais pechados onde se desenrolan varias actividades ó longo da semana; asimesmo ali celebranse cumpeanos infantis, ceas de colectivos, cursos, etc. Un lugar municipal onde solo hai que pedir as chaves para celebrar calquera cousa que haxa que celebrar.
Vin que o lugar era o que estaba a buscar; perto do centro e o mesmo tempo apartado para non molestar a ninguen; aparte dabame que o sonido que ali albergaria unha actuación musical podia ser expectacular.
Falamos entre varios membros que se apuntaron a organización e todos estiveron de acordo en facelo ali; para eso o día 28 de Abril presentei nas dependencias municipais do Concello un escrito solicitando para o dia 20 de Maio as dependencias das escolas Vellas para a realización de actividades infantis e musicais para ese dia. Collin a copia co Rexistro de Entrada e puxemonos mans a obra.O tempo pasaba e non habia rastro de contestación por parte do Concello. O día 10 de este mes recibimos os carteis da Festa e empezamos a colocalos por todas partes; ó mesmo tempo entraba en xogo a campaña as eleccions municipais e en Xunqueira todos eran murmuracions sobre a idoneidade da data escollida para festa. Si escollemos o derradero dia de campaña para facela foi precisamente para demostrar que outro tipo de actividades se podian realizar ó marxe do Concello e que non colisionaban unhas con outras; aparte de que pensamos de que a xente ben merecia un día mais de descanso despois de escoitar tantas falsedades durante quince dias; e sabiamos que os integrantes da Festa tamén estabamos involucrados nas expectativas que queriamos de cambio en Xunqueira; pero todo se pode compaxinar e quen queira ver pantasmas onde non os hai é cousa deles.
Dende as redes sociais recibimos apoios para a Festa dende moitos lugares; mensaxes de animo para todos os que estabamos en faena, comentarios de apoio para facer algo que nunca se fixera en Xunqueira; dende aqui quero agradecer todas estas mostras de apoio que recibimos.Pero o permiso para a Festa non chegaba. Eu xa imaxinaba que non o recibiriamos nunca, pero tamén non se me pasou pola cabeza volverme atras. A Festa celebrariase.O día 15, domingo estaba en Xunqueira. Vin que o Gavilanes (alcalde do Concello) salia dun bar e chameino para falar con el. Pregunteille que me podia decir do permiso que estaba a esperar: dixome que si non recibira a comunicación na que me decian que non era FACTIBLE o uso das escolas Vellas porque xa estaban programadas actividades para ese día...que "onte (sabado) ou antronte dera ordes de que se comunicara por escrito esa decisión". Pregunteille que actividades eran e contestoume que habia cursos de gaita e pandereta para o grupo que normalmente usaban as escolas para elo; pregunteille que as duas actividades eran prefectamente compatibles unha con outra , i é mais dixenlle si os nenos que participaban en eses cursos podian tocar na nosa Festa (pagandolle por suposto); nervioso xa porque non éra capaz de dar unha a dereitas dixo que non habia problemas para elo; cando lle preguntei polo lugar alternativo que lle plantexara no escrito do día 28 dixome que non tiña nin idea do que lle falaba; eso deume lugar a saber que o Alcalde nin leera o escrito que lle presentei; cando lle dixen que se trataba da explanada a carón do Concello poñendo cara de sorpresa contestou que non habia problema para elo.
Con todo, ó día seguinte, luns 16, recibin un escrito con data de ese mesmo día e con rexistro de saida do Concello as 11,47 onde se me comunicaba que non era factible  O USO DAS ESCOLAS VELLAS para a realización de actividades infantis e musicais. Ese escrito demostra que o Alcalde é un  MENTIROSO, xa que persoalmente me comunicou o dia anterior que xa enviara o escrito do que falamos; demostra tamén que nin leeu a miña solicitude xa que non tivo en conta o lugar alternativo que se lle pedia...e demostra tamén ó medo que se lle viña encima cando viu que se facia algo que el mesmo non podia controlar.
O dia 18 mercores a primeiras horas presento un escrito no Concello incidindo na ilegalidade na resposta por parte do Concello e por estar fora de tempo a sua contestación; solicito falar coa Secretaria do Concello quen alegou que non sabia nada do tema e que "eran cousas do Alcalde", ó mesmo tempo que sen sabelo me confirmou que ó espazo de tempo para contestar o escrito era de 10 dias, polo cal automaticamente a contestatación estaba fora de prazo é a solicitude podia se dar por positiva por silencio admisnistrativo.Ese mesmo día pola mañan contactamos persoalmente coa monitora do Grupo Infantil de Gaitas para contratalos ; en principio dixeron que si....seis horas despois a resposta éra que non. Os telefonos puxeron a funcionar e as represalias non se facian esperar; era outra mais do Gavilanes.
Seguimos ese dia cos preparativos e ultimando os detalles da Festa.
O xoves 19 (un día antes da Festa) as sete da tarde comenzase a levantar o escenario. Ese mesmo día pregunto en varios lugares polas chaves que dan acceso os lacias pechados das escolas; alguen dirixeme a un particular que tiña as chaves (e digo particular, que non ten nada que ver co Concello, agas que é a muller do tenente de Alcalde): diceme que ela non tén as chaves e que pregunte na Biblioteca; na Biblioteca dicenme que Non, que como o martes fora festivo non devolveran as chaves e que seguramente estarian nas dependencias superiores do Concello pero que como era pola tarde este estaba pechado....as oito pasa por diante de nós o tenente de Alcalde; chamoo e preguntolle polas chaves e dime que as tén el; cando lle plantexo que ó día seguinte imos celebrar a Festa e as necesitaba contestame que "Tén ordenes do Alcalde de que non mas poda dar"; cando lle plantexo a ilegalidade do que está a decir
contestame que el "é un mandado"; digolle que é unha tonteria andar con esas trapalladas e en todo caso podo presentarme as doce e un minuto da noite na súa casa co Garda Civil para esixir a entrega das chaves e sigue insistindo que é un mandado...manda carallo.
Nos seguimos coa montaxe do escenario mentres se corre por todo Xunqueira  a negativa por parte do Alcalde a celebración da Festa. O Juan fai a proba de carga do escenario ata que rompe pola metade unha das trabes e tén que volver a colocar outra e apuntalar todo o escenario. O Traballo do Juan e mais o Toño de Requeixiño queda rematado as dez e media da noite con todos os puntos de seguridade apuntalados.Pola súa parte o tecnico da luz dá os primeiros pasos para colocar os puntos de luz necesarios e teno que facer sen acceder o recinto cuberto das escolas....
O dia da Festa, a primeira hora presento no Concello un escrito manifestando todas as ilegalidades recurrentes por parte do Alcalde, ó mesmo tempo que lle fago un preaviso das actuacións previstas: presentacion no Xulgado dunha querela por PREVARICACION contra ó Alcalde e mais ó Tenente de Alcalde asi como todas as probas diante da Garda Civil.
Ós 20 minutos da presentación do escrito o Xose Lois recibe unha chamada persoal do Alcalde pedindo a retirada desa acusacion no Xulgado e mais que retirara o escrito presentado no Concello. E decir: que non existira proba da súa presentación ; que el xa se encargaria de ordenalo e asi nos entregaria as chaves; eu alucino: está a pedir unha manipulación do propio Rexistro de Entrada do Concello; un sistema automatico que rexistra todas as entradas e saidas que ali se presentan...en ningún momento me chama a min que son a persoa que presentou todos os escritos no Concello.
Daquela, parte dos Crazy Ponys xa están en Xunqueira e alucinan co que está a pasar; e tamén alucinan coa fermosura que os rodea por todas partes; co recinto das escolas vellas; coa Praza, coas rúas de Xunqueira; é algo que nos enche de orgullo o feito de que alguen de fora nos faga ver o valor que tén o noso pobo.
Pero seguimos sen as chaves; as once e media aparece o equipo de son contratado para a ocasión; mentres se vai descargando todo o material, varias persoas se achegan ata nós para manifestar o seu apoio persoal o que estamos a facer; incluso un operario municipal nos pregunta que si non temos acceso a toma de luz el pode abrir unha porta onde podemos collelo; digolle que é mellor que non, sobretodo polas repercusións personais que lle pode acarrear e para non poñelo en un compromiso co Alcalde; pero de verdade que se agradecen estes detalles; todo o equipo esta xa encima do escenario; o "Chispas" tamén fai o seu traballo e deixa todo preparado para cando chegue o grifo de cervexa que temos contratado; todo vai encaixando pouco a pouco. Alguen escoita que como imos dar sonido si non temos toma de luz...o pouco tempo chega un xenerador contratado expresamente para a ocasión.
Imos xantar cos Ponys e mais o equipo de son; as catro da tarde atopome co Xose Lois: un operario municipal acaba de facerlle entrega das chaves por orde directa do Alcalde (parece ser que lle sentara ben o xantar e xa estaba con outro caracter); o Xose Lois recibe unha chamada da Garda Civil de Allariz preguntando pola Festa da noite; lle comunican que dende a Subdelegación do Goberno de Ourense acaban de comunicar que a Festa era un evento de "Alto Risco" e que habia probabilidades de que houbera enfrontamentos entre os asistentes....asi como o leedes;
Os xogos infantis poñense en marcha no Adro da Igrexa; facia moito tempo que non se vian tantos nenos xogando xuntos...toda unha Festa de ledicia e griterio; vinte ou vintecinco nenos xogando, inflando globos, pintando, correndo....e moitas aboas que pasaron por ali disfrutando dos seus netos....foi reconfortante para todos, de verdade.
Continuamos con preparativos....e asi chegamos a tempo para facer o lume para o churrasco, preparar os mexilons....a xente ia achegandose ós poucos; as probas de son estaban xa feitas...todo estaba preparado para escomenzar a 1ª Festa da Arroutada.
Primeiro lein o Pregon da Arroutada, e a continuación demos os premios inaugurales de este ano: un ó Juan de Sanxillao por todo o que está a facer en Xunqueira a todos os niveis; e outro ó equipo do Xunqueira C.F. pola maravillosa tempada que fixo dsifrutar a todos os afeizoados...e despois veu a musica.
E aquelo sonou como tiña que sonar, potente, duro, contundente...maravillosos xogos de luces facendo filigranas cos vellos muros...fume que se desparramaba por todo o escenario e chegaba a outra beira da estrada...onde habia xente que non se atrevia a entrar, por certo. pero nós seguiamos ó noso: disfrutando coa musica de Neil en boca dos Crazy Ponys; a xente achegabase para felicitarnos e pedirnos que por favor o seguinte ano o repetiramos; que non fixeramos caso de todo o que pasou...que nos apoiaban e que éra todo un luxo poder disfrutar de unha noite como esa.
Magoa de non poder dar unha cronica da actuación dos Crazy Ponys, nin dos Mitocondrias; pero podovos decir que eu disfrutei como nunca, e mentras un disfruta non esta para moitas lerias, non si?
Polo demais, decir que o que tentou impedir a celebración da festa..pois eso, que no seu momento terá que responder por elo; tarde ou temprano pero terá que facelo.
Pero nós seguiremos ó noso....VIVA A FESTA DA ARROUTADA.

martes, 10 de mayo de 2011

A ARROUTADA PARA @S NEN@S

Pois para aqueles que queredes saber de que vai ir a Festa, direivos que polo serán, a partir das 5-5,30 e ata aproximadamente as 8, llo adicaremos @s nen@s ; na primeira hora, mentres no recinto das escolas vellas se fan as probas de son para os grupos da noite, tentaremos que fagan acto de presencia por toda Xunqueira para participar nunha tarde de pintura e debuxo; o tema será libre e o material a usar poderan escollelo eles mesmos; tentaremos ter materiais para todos, pero diante da imposibilidade de saber o número de nen@s que se presenten, tamén estaria ben que foran co seu propio material por si nos quedamos curtos.
Despois de esa hora, e xa de volta nas escolas vellas, procederemos a colocar os debuxos por todo o recinto e asi que a súa obra sirva de decoración para toda a Festa. Tod@s @s participantes recibiran un agasallo por participar.
Despois dentro de recinto comenzarán as actividades, que poderán ir dende as carreiras de sacos, ata xogos populares  como tirar da corda, obradoiros e todo o que se lles ocurra tanto os participantes como o persoal ó cargo das actividades; tamén terán ocasión de subir o palco todos aqueles que queiran cantar ou bailar diante dos asistentes, ou mesmo contar algo que se lles ocurra. E como non: haberá unha merenda para todos os que se pasen por ali.
Todo o que se vos ocurra, podedes plasmalo neste blog con as vosas opinións, que seran atendidas dentro do posible pola organización da festa.

lunes, 9 de mayo de 2011

XA ESTA EN MARCHA A 1ª FESTA DA ARROUTADA

Tal e como anunciamos fai dous días, xa podemos decir que esto é imparable. O que empezou como unha coña vaise a converter en realidade. A 1ª FESTA DA ARROUTADA a celebrar en Xunqueira o vindeiro dia 20 xa esta en marcha. A qui podedes ver o cartel do acontecemento, e ós poucos iremos falando de todo o que vai acontecer ese día.
Para empezar, esa noite tedes unha cita no recinto das escolas vellas, asi que non veñades cenados porque o poderedes facer ali mesmo; o menú coido que paga a pena: churrasco, criolos, empanadas variadas e mexilons ó vapor...e todo por un prezo irrisorio; asi que ide facendo boca.

sábado, 7 de mayo de 2011

UN PASO MAIS: XA ESTAN AS CAMISETAS

Pois si amigos todos: o tempo vai pasando e os pasos vanse cumplindo. Co programa da 2ª Rust Fest xa desmenuzado pola boa man de Antonio e Manolo, agora damos outro paso cara eses dias 7 e 8 de xullo.
Xa temos as camisetas...que teredes que sufrir con impaciencia crecente dia tras dia ata chegar a Tarifa; pero polo menos xa vos podo deixar unha mostra delas.....tatachan...tatachan

jueves, 5 de mayo de 2011

ARROUTADOS?

Somos ou non somos ARROUTADOS? Esta verba en galego ven a ser algo asi como a contraimaxe do galego da esqueira; sempre din de nós que non se sabe si subimos ou baixamos; curioso en todo caso, e signo do pouco que nos coñecen por outros pagos. Para empezar: claro que sabemos o que facemos na esqueira...somos tan hospitalarios que cando vemos que alguen sube por ela somos capaces de acompañalo ata arriba ainda que estemos a baixar; e o contrario tamén pasa, non sexa que se perdan; pero de todos os xeitos coido que esa é unha interpretación interesada polos de sempre...e non quero dar nomes.
Enton o ARROUTADO que é ou quen é? Podiamolo explicar como algo asi de alguen apaixonado, vehemente, resolto, decidido, ousado, temerario...nunha verba: un tirado para adiante, que tanto se dá na sociedade galega.
ARROUTADOS E ARROUTADAS foron os milleiros de persoas que no seculo XX e tamén no XXI fixeron as maletas e en unhos casos en barco, outros en tren, tomaron o camiño da emigración a facer as Americas en paises tan lonxanos como Arxentina, Mexico, Venezuela,Cuba, panama, Brasil...etc; nesta parte de Europa cubrimos parte do continente en Suiza, Alemaña, Francia, Belxica, Inglaterra...e tamén aparecemos por Euskal Herria, Catalunya, Madrid, Canarias....; podese decir que cubrimos boa parte do mundo.
ARROUTADOS e ARROUTADAS tamén temos moitos no noso propio país: todos aqueles que se enfrontan o poder establecido todos os días son desa caste.E xa hai que ter valor para facelo en un pais como ó noso, nonsi?
E a que ben todo esto en unha paxina de Rock? Pois moi sinxelo: porque unhos cuantos e cuantas ARROUTAD@S estan a preparar a 1ª FESTA DA ARROUTADA en Xunqueira de Ambia, ali pola Gallaecia profunda e rural das terras de Ourense; e porque o contamos nesta paxina?; moi sinxelo tamén. porque nesta Festa van a estar presentes outros ARROUTADOS de peso no país, nada mais e nada menos que os nosos queridos Crazy Ponys que nos van poñer a musica do noso querido Neil para que sone alto e ben forte entre os muros milenarios das escolas vellas de Xunqueira. Escolas que eu pisei pouco tempo fara algo asi como 47 anos, pero que deixaron lembrazas indelebles que ainda hoxe furan na miña cachola.
E ademais estaran acompañados por outros ARROUTADOS como son a banda MITOCONDRIAS de perto de Ourense; unha banda con moita historia xa, traballos publicados, sonido potente, acompañantes de luxo de Los Suaves en varias ocasions;
Coido que pode ser unha noite maxica da que vos iremos dando información pouco a pouco, pero que dende xa, vos podo decir que estades todos invitados.
Seguirei informando, e mentres ...que sone o ROCK&ROLL ARROUTADO