jueves, 30 de diciembre de 2010

LUCES E SOMBRAS DE UN ANO QUE SE VAI


Pois hai que publicalo antes de que remate o 2010, non? Xa sei que estes dous ultimos meses non estiven moi aplicado no blog...que culpa tén el...pero agora hai que botar a vista atras e coido que o 2010 estará marcado para moitos de nós como a culminación de un vello soño que algúns iluminados tiveran ala polo 2008-2009 e que se podo concretar en este que remata.
Refirome evidentemente o gran evento celebrado os días 17 e 18 de xullo, ala polas terras de Valdoviño, concello xa marcado na historia do Rock por acoller a 1ª Rust Fest Waiting for Neil.
Que fermosos dias...que fermosa xente...que fermoso tempo aquel que se pasou en boa compaña.
E o momento de lembrar a Xabre e a toda a peña de Valdo polo traballo que levaron en que todo fora a bo ramo; os Crazys Ponys, Zuma, Graham Summer e por suposto os Fanecas Band que puxeron a musica para que os outros poideramos disfrutar con eles...a Hector, Arancha, Edu, Luis, Antonio, Vicky, Carlos, Begoña, George, Xaco, Ramón, Pedro....joder son tantos e tantos que non hai tempo para lembralos a todos, pero sabedes que vos levo a todos no corazón.
E por outra banda, por suposto, a todos os da paxina mater de Neil no Estado: www.enlaplayadeneil.net , que despois de un par de anos de darlle voltas o meollo por fin acadaron que o soño se realizase; Antonio, ManoloGranpa, Dani, Jose, Pepe, Angeles, Julia, Isa...bufff que placer coñecelos a todos e cada un deles; bo rollo e boas caras para unhas xornadas que esperamos que teñan continuación no 2011 en Tarifa (non é asi Antonio?) e que tan so con que sexan a metade de boas que as de este ano seguro que pagan a pena. pero tamén sabemos que a xente do Sur se vai implicar para que nos sintamos como na propia casa e ben de seguro que o conquiren.
E como non, lembrar a boa acollida que tivo o disco do Tio "Le Noise" a todos os niveis; o noso Tio preferido non nos podia defraudar despois do algo frouxo "Fork the Road", e agora si, sorprendeunos con algo novidoso e o mesmo tempo espectacular, crepuscular e todos os ar que lle queirades poñer; pagou a pena esperar para escoitar este "Le Noise".
E entre as sombras de este ano, pois esta claro cal foi: o noso Tio preferido non se dignou a recalar entre nós. Acostumbraranos mal os anos 2008 e 2009, e claro deixounos sen visita o 2010...algúns din que asi prepara unha xira con !!!Crazy Horse¡¡¡¡....non o creo nin de coña, pero como esperanza non está mal; tan solo quedanos esperar por unha xira de primavera para primeiros de ano por Europa, ou outra no veran por varias capitales e que teñamos a sorte de que nos toque algunha delas...pero diso xa falaremos mais adiante.
Nada mais, meus amigos; antes que nada darvos as grazas a todos os que me apoiastes en este proxecto, os que me deron forzas para seguir en el, que non é outro mais que o Rock&Roll...E BON ANO 2011 PARA TODOS VOS

martes, 7 de diciembre de 2010

MANDA CARALLO¡¡¡¡¡¡¡¡¡

A vella tropa ataca de novo.E de cando en vez levas mais de unha sorpresa. É o que me pasou o outro día cando me enterei por "La Coz de Galicia" dos candidatos ós premios Grammy de este ano.
Aparte de moitas trapalladas que entran en todos os estilos de estes premios, a miña sorpresa foi cando lein os candidatos a O Mellor Album de Rock", son estos:
"The Resistance" de Muse ( si leedes ben...).
"Emotion and Commotion" de Jeff Beck ( tamén leedes ben, porque este discazo do vello Jeff paga a pena)
"Mojo" de Tom Petty & The Heartbreathers (outra muesca para o gran Petty).
"Backspacer" de Pearl Jam (ufff..a alguns seguro que se lle poñen os dentes largos).
"LE NOISE" de Neil Young...oinggggggg?, pois si leedes ben. O vello Tio Neil montouse este ano unha xira en solitario (que non acustico como ben dixo), xuntouse con Lanois e pariu este "Le Noise" que pon a guinda a este ano, no que non parou de traerlle desgrazas unha tras outra o noso canadiano favorito.
A cita será o vindeiro 11 de Febreiro, pero xa vexo o Tio Neil facendo a V de Victory enriba do estrado ese día....E pensar que moitos xa o daban por morto¡¡¡¡

sábado, 20 de noviembre de 2010

ON THE BEACH,MELLOR QUE O HIPERICO

En Galicia xa estamos afeitos; pero eso non siñifica que nos resignemos a sufrilo. No blog dos nosos amigos Ponys http://www.crazyponys.blogspot.com/ xa fan referencia a esto que todos os anos recibimos na nosa terra.
O Outono, o cambio brusco de tempo, sobretodo de este maravilloso veran que nos fixo revivir a todos; o Outono marcanos nas nosas vidas e na nosa forma de ver a vida para os vindeiros meses. A choiva, o vento, a friaxe,as grises nubes que ameazan un dia si e outro tamén con descargar sobre nós toda a furia da natureza...cambianos o caracter e o xeito de ver a vida; agachamonos con cobiza a espera de que escampe o temporal; ollamos cara o ceo en espera de unha sinal que non acaba de chegar...e choiva e mais choiva...a mesma que esperamos despois de mais de quince días sen sufrila...ou disfrutala...
O Outono...ca sua caida da folla... e tamén os primeiros caidos do ano; a todos nos toca: algun familiar, algun achegado, un veciño...tememos que coa primeira caida da folla os nosos seres queridos sufran algunha doenza que poda co tempo acabar con eles; estamos alerta  o mais minimo cambio de aqueles que nos rodean;chamamos, preguntamos...queremos novas,e queremos que sexan boas, sempre coa esperanza de que non lles pase nada; a gadaña chama as nosas portas; reclama a sua presa; choramos e berramos; as nosas bagoas asoman nos nosos ollos e tentamos recluilas para darnos forzas, pero Ela é incansable,túzara coma rocha doente, coma bicha rosmante...e sempre se leva a alguen, sempre.
O Outono...e o meu tempo de "On The Beach"; sempre por estas datas recurro á xenial obra do Tio Neil. E a miña defensa contra Ela; magoa que non a uso como preventivo;sempre me esquenzo de escoitala antes de que pase algo; cecais sexa que as preocupacións de este tempo poñen a un fora de onda..cecais...son tantos cecais xuntos que nunca me da tempo de escoitalo a tempo...pero unha vez que o escoito,e volvo escoitalo, unha e outra vez, unha e outra vez...disfruto con "On the Beach", co arranque metalico de "Walk On", coa perfecta agonia lastimeira de "See the Sky About To Rain", do querer e non poder de "Revolution Blues", de esa guitarra laindose en ""For The Turntiles"...son tantas e tantas as sensacións presentes en "On the Beach" que unha vez que o escoitas esquences que estas en esta vida de paso;esquences de que  os de arriba queren que penses como eles queren que penses,e como si lles deras un corte de mangas e lles dixeras: "fodete, de esta ainda librei"...
O hiperico, esa maravillosa flor de folliñas amarelas é un magnifico remedio para combater a depresión,a ansiedade...pero si escoitas o "On the Beach" non necesitas o hiperico, e moito menos o Prozac; esa musica é o mellor antidepresivo que se tén inventado, polo menos no meu caso.
Por eso, é tempo de "On The Beach".

domingo, 24 de octubre de 2010

ROCK OF AGES (THE BAND)

Ben, temonos que poñer en onda. Asi cando falamos de Neil Young ou Bob Dylan, polo menos para min,  hai que atinar para empregar as verbas axeitadas, con The Band, ven a ocurrir caseque o mesmo. Hai que poñerse serios porque é moito o que estes catro canadianos e un estadounidense teñen aportado ó Rock.
Cando fai unhos anos se volveu a falar da "american music", da "roots music" en busca das raigames do mais profundo dos USA no que a musica popular se trataba, puxose de moda rastrexar no fondo de armario desta musica, sen decatarse de que o traballo xa estaba feito facia moitos anos.
Robbie Robertson, Rick Danko, Richard Manuel, Levon Helm e Garth Hudson; velaiqui ós vellos The Hawks que acompañaron a Ronnie Hawkins durante anos polas suas xiras na sua Canada natal; ata que sonou a flauta, claro; ata que toparon con un poeta metido a musico que proviña de Duluth e que andaba a percura de unha banda de rock, electrica, dura e pesada para acompañalo por unha xira que ia a trocar o futuro do Rock.
Dylan necesitaba a esta Banda, queria poñer en practica aqueles sons que rebulian na sua testa tola; non o tiña nada doado xa que o experimento que probara fixo que os seus seguidores ( ou polo menos moitos deles) lle deran a espalda; pero teimudo como éra Dylan, non dubidou en poñerse en marcha por todo USA e Inglaterra durante o ano 1966 para presentar en sociedade a sua Revisitada Autopista 61. E ali estaban os The Band (ainda sen ese nome) para acompañalo. Dias tras día aturando os pitos e marmullos de unha parte do publico; eles estaban en Manchester, naquel 1966, cando alguén dende o publico lle chamou "Xudas" a Dylan, ao que este solo respondeu. "Non te creo", para despois pedirlle á banda que "tocade o mais forte que podades" e puxeronse co "Like a Rolling Stone".
Daquela xira tan dura da fé o feito de que o bateria Levon Helm abandonou un día, canso de escoitar as queixas noite si e noite tamén. Pero a "unión" da banda e o poeta xa éra un feito.
Tivo que caerse da famosa moto, para que Dylan abandoara os cenarios durante unhos anos e asi poder adicarse e coller folgos para unha nova etapa. Cousa que tamen fixeron os membros da Banda. Perto de onde Dylan vivia, alugaron unha casa (a famosa Big Pink, en Woodstock) e ali pasaron unha boa tempada en compaña dos seus instrumentos...e de Dylan, que de vez en cando tamén se deixaba caer por ali.
E de ahi, de esa casa, sairon duas obras de arte."Music from Big Pink" (The Band 1968) e "Basement Tapes" (Bob Dylan &The Band 1976).
Co seu primeiro disco, The Band indicaban o camiño escollido. Mistura de rok&roll primitivo, country root, moitas melodias vocais, blues a pingas contadas...unha deliciosa melodia no que os instrumentos non son a veces os que estamos acostumados a escoitar en unha banda de rock: violins, acordeions, timbales, tuba, trompetas...éra como unha inmersión no mais profundo do mundo rural americano.
Un ano despois volveron a carga co seu segundo disco. Impecable dende a famosa portada onde se ve o grupo como cinco vellos paisanos desarraigados cos suas vellas roupas de faena. "The Band", sinxelamente ese nome xa indicaba todo. Xiras e xiras por todo o mundo i exitos de singles e albums caian un detras doutro.
Despois foi o "Medo escenico" ("Stage fright") para redondear unha triloxia impecable no seu conxunto.
Triloxia que se pode fornecer en este "Rock of Ages" do que estamos a falar.En directo, no ano 74, 18 temas que percorren a sua esplendorosa carreira dos cinco primeiros anos; aparte de , "The nigth they drove old Dixie Down", "Across the great divide", "This wheel's on fire", "Rag mama rag", "The weight", e moitos mais, ainda incluian outros temas como o magnifico "King Harvest" ou "Caledonian Mission";  na edición en CD do ano 2001 incluironse 10 temas mais ,como "I shall be released" "Up on Cripple Creek", e catro deles en compaña de Dylan: "Down in the Flood", "When i paint my masterpiece", "Don't ya tell Henry" e rematan con "Like a Rolling Stone"...indescriptible porque non se coñece outra verba que mellor represente o son e a forza de esta Banda.
The Band reeditaron moito material posterior ao seu "Last Waltz" famoso; a sua despedida en cine é un dos documentos que mellor gardan o paso dos anos; todos os convidados a esa reunión expresan admiración e respecto polos cinco membros da banda como mestres de unha musica enraizada no mais fondo deles; pero este "Rock of Ages" cecais recolle o seu espiritu mais primixenio; a forza expresiva a traveso de musicos profesionais que tiñan unha carga historica e que debian de expresala como mellor debian.
The Band foron un dos grupos con mais presencia mediatica nos medios especializados durante a sua existencia.Os seus temas son inmediatamnte recoñecidos; teñen un "aquel" que soan a The Band. As diferentes personalidades da banda confluien en un armonioso final que os confire un son propio. A pesar de que non habia unha voz en exclusiva; Levon Helm canta en moitos temas; pero en outros será Richar Manuel ou Rick Danko os encargados de poñerlle voz, dependendo do tipo de tema, da melodia, da sinerxia propia de cada un; ainda que sexa Richard Manuel o que mais veces puxo a sua voz a servizo do grupo.
No ano 1986  faleceria Richard Manuel, despois de longo tempo pelexando por a sua adiccion ó alcohol; moitos grupos de rock teñen a Manuel como unha das suas referencias; Eric Clapton, The Call, Counting Crows ou Drive by Truckers nun intre ou outro deixaron a sua homenaxe a este home de sinxela apariencia, de predicador evanxelico que chamaba as portas do ceo cando tocaba o piano, as congas, o clarinete ou calquera cousa que selle puxera por diante.
Anos despois,a morte chamou as portas de Rick Danko, baixo, guitarra e multiinstrumentista da banda que recompuxera a sua carreira formando parte de varias bandas e volvendo taména tocar con The Band no seu retorno en 1993.
Levon Helm sigue ó pé do cañon producindo e traballando en solitario sobre a base do country e o rock&roll; recoñecido pola sua influencia por todos os entendidos e lembrado sempre pola sua particular voz en aqueles temas country tan axeitados os tempos da banda.
Garth Hudson segue a tocar o organo en multiples traballos; cecais sexa o que tiña unha educación musical mais completa do grupo. Dice a lenda que para que The Band se tomaran as cousas en serio, ó principio de todo, cobraballe os demais membros do combo 10 dolares por cada clase musical que lles daba. A sua influencia pola musica clasica non foi obice para que pasara a ser un dos maiores virtuosos nos teclados e que a base  jazzistica influira no grupo definitivamente.
Por fin Robbie Robertson, o guitarra, é recoñecido polos multiples traballos desenrolados despois da sua marcha do grupo. Foi o unico que non volveu no ano 1993 como The Band; a sua particular forma de tocar a guitarra, e a sua excelsa calidade compositiva fixo que asinara mais do 90 % da produccion do grupo como autor dos temas; tén escrito musica para bandas sonoras e tamén se adentrou en proxectos mais complexos con musica mais experimental, deixando de lado a musica popular pero mantendo unha calidade envidiable.
Podiase falar longo e tendidode The Band, pero seguro que o faremos mais adiante cando toquemos mais temas xa que a influencia de este grupo no Rock marcou toda unha época.
Como homenaxe a eles podedes escoitar o seu "King Harvest", un tema que para Greil Marcus, é o mais representativo de este grupo que se chamou The Band.

miércoles, 13 de octubre de 2010

PAXARO BRANCO

Temos que retroceder no tempo para atoparnos con un grupo que na sua inxenuidade puxose por nome "It's a Beautiful Day".E atopar tamén unha portada tan inxenua como a representada en esta entrada.
Como non, éran os finais dos 60. Un grupo da Costa Oeste (San Francisco off couse),seis membros, entre eles duas mulleres; unha Linda LaFlamme a cargo dos teclados en todas as suas vertientes; outra Patti Santos,voz (esta vez si que se pode decir que anxelical), tambor, campás...; por outra banda, o fundador David LaFlamme, voz e violin; con este bagaxe, acompañaban o grupo Hal Wagenet na guitarra, Mitchel Hollman o baixo e Val Fuentes na bateria.
O tema que podedes escoitar o final de este artigo é "White Bird", que abria o album homonimo do grupo, e tamén a sua presentación en sociedade. Si o soño hippie estivo algunha vez o alcance das mans, seguro que este tema é o mais representativo do perto que estivo. Entre as voces de Patti e David, o violin de este ultima, e a atmosfera creada polo resto do grupo podemonos sumerxir nun soño que ben seguro non quixeramos espertar.Como si o tempo se detivera para poder gozar coa musica; como si non existira algo mais alá das melodias e os ritmos creados polo grupo.
O disco contén solo sete temas no que percorre a psicodelia e o folk da Costa Oeste de aqueles anos. Temas tan atraintes como "Bulgaria" "Time", ou "Hot Summer Day" deixannos coa impresión de que si que podia ser "Un Dia Maravilloso" cada vez que os escoitamos.
Como anecdota,contar que o tema que abria a cara B do disco, ""Bombay Calling" foi "fusilado" no seu escomenzo polos Deep Purple no seu tema "Child", algo que o propio Ian Gillam recoñeceu no seu momento. Podedes escoitar os dous temas e vos mesmos decidir; pero mentres deixovos con este "Paxaro Branco" que nos fai soñar.

sábado, 2 de octubre de 2010

TODOS QUEREN A UN BORRACHO

Si os nenos e os borrachos son os unicos que din a verdade, que menos que adicarlle un tema a eles,nonsi? En este caso adicallemosllo os "drink man" con este tema de principios dos 70, ; e como ademais concorda moito con unha recente entrada no blog dos Crazy Pony's,onde fixen unha promesa, pois o prometido e deuda.(Para mais pistas ir o comentario meu da ultima entrada en www.crazyponys.blogspot.com)

Aquel que primeiro acerte que grupo é o que toca este tema, levará unha botella de licor café , made in "a miña terra", que é a terra onde se fai o mellor licor café do mundo mundial.
Asi que xa sabedes...a probar sorte, porque por outra parte o tema está moi recomendabel.

viernes, 1 de octubre de 2010

ME CAJOOOOO NO LANOIS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡


Que non vos asuste o titulo de esta entrada. Vai solo por mister Lanois e a sua paranoia polos efectos de sonido.
"Le Noise", do meu queridisimo Neil Young é un gran disco.Non hai ningunha dubida o escoitalo por primeira vez; grandes temas, excelentes cancións, sobria presentación....pero o sonido????????. Non sei, non me acaban de cuadrar esos efectos finais de algun dos temas, nos electricos sobretodo nos que se alonga o tempo como en unha agonia, estás a desexar que remate de unha vez; sobranlle evidentemente, cecais os que sonan durante os temas poidan ser aceptables...pero esos finais¡¡¡¡¡¡¡¡¡.
Como decia, deixando aparte esto que comentei arriba, "Le Noise" gustame, apabulla dende o principio; as partes electricas son coma zorreagazos secos nunha noite de lua; asperas letanias brincando aqui e acolá ata chegarche ó corazón; melodias electricas misturadas coa voz de Neil (ainda non se lle foi; ainda aguanta o tipo perfectamente) nunha soedade que apabulla dende o primeiro tema.
Grande "Walk whit me" abrindo a partitura que se desparrama ó longo dos oito temas; memorable "Hitchkicker" rememorando vellos tempos en novos espazos sonoros; brilante como plata refulxente "Angry world";"Peaceful Valley Boulevard" perfora as entrañas en carne viva, ...e Love and War", para este tema non hai verbas que expliquen ese sete minutos hinopticos de catarse individual, mellor escoitala, meterse dentro dela e poder decir: "!!joder co Neil Young¡¡".
Un disco que seguramente co tempo, convertirase en un clasico para todos os seguidores do canadiano; cecais no futuro xurdan musicos influenciados por este traballo que o tomen como referencia...o tempo poñerao no seu sitio, pero teño moi claro que o meu xa tén espazo de privilexio na miña colección.
Decepcionoume, eso si, a pobreza de datos, o exiguo "pack" que acompaña a obra; non se explica que tipo de guitarra toca en cada tema (supoñemos que a "Old Black" anda por medio de algún);... as letras presentanse sen ningún dato no camiño da sua creación, cando Neil é bastante amigo de todo elo; é decir: sobria posta en escena, que me cheira a min que vai a ter a sua prolongación (cecais para Nadal) coa posta no mercado dun "Set Box" con DVD incluido e algún que outro "Bonus Track" de "Le Noise". Supoño que o marketing impera en estas cousas, pero de todos formas non implica que estemos de ningun xeito diante de unha obra coxa...para nada, si obviamos eses "efectos" de algúns temas, atopamos un novo camiño que Young nos está a sinalar; é solo cuestión de collelo e disfrutalo.
Benvido "Le Noise"

martes, 7 de septiembre de 2010

VOLUNTEERS (JEFFERSON AIRPLANE)

A veces as casualidades existen e un tropeza con elas sen caseque enterarse.
E o que me acaba de pasar con este disco. Lembro que na festa de Hector en Valdoviño en algún momento da noite despois da actuación dos Crazy Pony's sonou o tema que da titulo a este traballo do ano 1969.Carallo¡¡¡ os vellos Jefferson, pensei. E daquela xa tiña previsto adicarlles un "basico" a eles solos.
Ao pouco tempo xurde na paxina de a praia de Neil unha versión do "Wooden Ships" pero en este caso dos Starships; volvin a lembralos no meu maxin,pensando que indubidablemte é moito mellor a versión de este tema que aparece en "Volunteers"; e o outro día atopeime de supeto con unha edicíon en fascimil do vello "Volunteers" acompañado coa actuaccion dos Jefferson Airplane en Woodstock; xa non o pensei mais: "este para min" dixenme. E en estas estamos.
"Volunteers" como xa dixen publicouse no ano 1969, despois de que o grupo publicara dende a sua fundación en 1966 cinco traballos mais. Xa dende o principio foi unha banda de exito; aqui non temos que recurrir o topico de "primeiro traballo boas criticas e poucas vendas". Non. Os Jefferson gozaron de moitisima popularidade dende o principio da sua carreira.
Establecidos en San Francisco no momento do apoxeo do "Power Flower", os hippies e o rock psicodelico,parece como si estiveran destinados a estar xusto no intre axeitado  e no lugar axeitado. Si fixeramos un percorrido por toda a sua traxectoria xenealoxica poderiamos atopar a todo aquel que estivera relacionado en un intre ou outro co rock da Costa Oeste.Dende Jerry Garcia e os Grateful Dead,pasando por Lovin Sponfool, Great Society, Os Doors, Quicsilver Messenger Service, Move,Janis Joplin, David Crosby....e un longo etc que podia ser caseque infinito na sua relación co grupo estrela da Costa Oeste.
Os Jefferson Airplane caracterizaronse en un principio por amalgamar o Folk que eclosionaba a mediados dos 60 co Rock emerxente de aqueles momentos. Martin Balin, como fundador do grupo foi quen de crear esa ligazon entre as duas tendencias reinantes en aquel momento.As influencias de The Byrds e Bob Dylan por unha banda e os Beatles e os Rolling por outra foron capaces de establecer as premisas nos primeiros tempos.
Posteriormente, xa dende o seu segundo traballo "Surrealistic Pillow", o grupo derivou hacia un Rock mas solido, e ali xa a integración de Grace Slick compartindo a voz con Balin, mais as guitarras de Jorma Kaukonen e Paul Kantner fixeron que o grupo fora recoñecido como unha tendencia unica e marcando o paso a outras bandas da bahia de San Francisco.
En "Volunteers" atopamos a formación mais estable da banda. Os xa nomeados anteriormente haberia que engadir a Jack Casady no baixo e Spencer Dryden a bateria.Cecais sexa o seu traballo mais comprometido politicamente; con unha dura oposición a guerra de Vietnam e unha critica feroz o vello "stablisment" dos USA. Por eso mesmo xa o grupo tivera os seus mais e os seus menos coa RCA (a sua compañia discografica), sufrindo no seu propio pelexo varias veces as iras da censura da sua propia discografica.Pero no momento da publicación de "Volunteers" a posición da banda éra tan forte a nivel de vendas que foron quenes de impedir que a RCA censurara varios temas que non eran do seu agrado.En concreto dous deles, aparte do que da titulo ó album,estaban no punto de mira da compañia: o apocaliptico "Wooden Ships",que xa fora publicado por CS&N un ano antes e no que Paul Kantner compartia autoria do tema ( é curioso pero na reproduccion fascimil do CD aparecen como autores do tema Crosby-Kantner-Stills, ainda que despois ,na actuacion no Festival de Woodstock a autoria unica do tema aparece solo Stephen Stills); e sobretodo o ""We can be Together" onde os Jefferson foron capaces de manter a frase "contra a parede, fillos de puta", cousa que non foi para nada do agrado da RCA.
Para este "Volunteers", a banda rodeouse do mais selecto a nivel musical que existia na Costa Oeste. Nos creditos do disco atopamos nomes como Jerry Garcia, Nicky Hopkins, Stephen Stills, Joey Covington(membro no seu momento de HotTuna e posteriormente dos propio Jefferson, David Crosby, e as "Ases de Copas" ós coros: Mary Gannon, Marilyn Hunt, Diane Hursh e Denise Jewkes.
Sinalar como importante  de este disco,que foi o primeiro en utilizar o sistema de grabación de 16 pistas, todo un adianto para a época, de tal xeito que incluso na contraportada do disco aparecia unha foto do aparello para dar conta delo.
Os Jefferson, xunto cos Grateful Dead, foron os primeiros en convocar os "Happy Fest",concertos gratuitos que daban nos grandes parques que arrodeaban a cidade de San Francisco e que éran capaces de convocar a milleiros de seguidores durante mais de 24 seguidas, con actividades que hoxe se lle chamarian "performances", pero que xa de aquela a imaxinación imperante no sector cultural da cidade éran capaces de movilizar a nivel popular.
A intervención de Jefferson Airplane no festival de Altamont está ampliamente documentada na pelicula "Gimme Shelter", e en ela podese ver como Martin Balin é agredido durante a sua actuación polos "Anxos do Inferno" que eran os encargados de manter a "seguridade" do Festival. Esto fixo que os Grateful Dead se negaran a tocar e se laiaran amargamente da ruptura do "soño hippie" que aquel festival se encargou de acreditar como certo.
Precisamente, os Jefferson foron o unico grupo presente nos tres grandes Festivais lembrados despois no tempo: Monterrey, Woodstock e Altamont certificaron a grandeza de unha banda que sempre foi dando tumbos na sua formación e pola que pasaron cantidade de integrantes ó longo da sua existencia.
Cando posteriormente pasaron a chamarse Jefferson Starship e despois sinxelamente Starship xa se lles pasara o arroz...sen Kaukonen nin Kantner por unha parte, e sen Grace Slick por a outra, mais a baixa do seu fundador Martin Balin, retirado unah vez que Janis Joplin (boa amiga deste) morreu, a banda foi a deriva a pesar de todos os esforzos dos seus compoñentes.
Con Kaukonen e Casady mais o Covington como formación propia de exito (Hot Tuna) derivando a un blues caustico de amplo recoñecemento no circuito de blues, a banda era media banda, o que non llequitaba merito a unha traxectoria na que os seus exitos contabanse por traballos publicados. Dende "Somebody to love" a "Whitte Rabit" do  segundo disco, todos os demais albums publicados ata o ano 71 entraron nas listas de mais vendidos . A suas longas xiras por Europa e os USA marcaron ao o grupo como un dos grandes entre os grandes. A influencia de Hendrix e Cream marcaron en un momento a sua deriva hacia un sonido mais pesado e rockeiro que o suave dun principio.
Sempre é un bo momento para lembralos, e si é con este "Volunteers" seguro que vos anima o día.

domingo, 5 de septiembre de 2010

XA ESCOITO OS LATEXOS DO CORAZON: LE NOISE

Como volo digo: vaiseme facer unha eternidade de aqui ata o dia 28 de este mes. Ese dia estará na rúa o ultimo traballo de Neil Young ,"Le Noise". Un disco que en principio decian que non estaria preparado ata a vindeira primavera, pero que agora nos avisan un adianto significativo no tempo.
Fai tempo que se sabia que o productor de este traballo do Tio Neil éra Dan Lanois, quen xa traballara con U2 e Dylan entre outros, e que hoxe por hoxe está considerado o productor de productores en canto a consecución de un sonido unico . E parece ser que o traballo está a cumplir as expectativas do que está a ser a xira en solitario de Neil Young de este ano; xa apampanou a todo o mundo cando se soubo que a sua xira non se acortaba a un set acustico ó que nos tén acostumado de cando en vez; a sorpresa saltou cando nas suas actuacións colleu a guitarra electrica (si, si...tamén a Old Black) e acompañado tan solo de esa guitarra empezou a debarrar un tema tras outro.
O público que está a asistir a esta xira fala maravillas do espectaculo, asi como a critica especializada...e nós tirandonos dos pelos.
Os temas de "Le Noise" xa están escollidos i estreados ao longo de esta xira.Algun dos tiltulos serán: "Walk with me", "Sign of Love" , "Love and War", "Hitchiker" ou " Peaceful Valley Boulevard".
Asi que xa sabedes...ata o dia 28 MOITA TILA.

sábado, 4 de septiembre de 2010

UN "CORTEZ THE KILLER"...ASASINO



Son cousas que pasan; un está afeito a centrarse en aquelo que lle interesa e resulta que vai deixando cabos soltos que solo o tempo é capaz de ir recollendo.
E o que me está a pasar cos GOV'T MULE, unha banda que recolle toda a pasión polo Rock, que tén unhas raices impregnadas de rock e blues por todos os poros; que xurdiron (xa o dixemos cando falamos dos Allman) como unha banda alternativa o grupo de Macon sen pensar en ningun intre que ia ter o percorrido que acadou ata o dia de hoxe.
Estiven de viaxe unhos días e cando volvin para a casa fixeno con catro ou cinco CD's que pillei en un momento de que tiven de descanso. Dous deles son do grupo dos que vos estou a falar; e no titulado "Live...Whith a Little Help From Our Friends"(emulando os mesmisimos Beatles), no segundo disco atopeime con este "Cortez the Killer" do noso apreciado Mr.Young. Cando o vin non o dubidei un segundo, foi para o peto de forma inmediata...e cando o escoitei...."Miña madriña¡¡¡¡"... que catorce minutos de catarse incontrolada.Unha xoia de versión, como xa nos recomendara o noso amigo Antonio de http://www.enlaplayadeneil.net/ ala por principios de este ano co gallo da visita de Marc Ford por estas terras.En esta versión do tema de Neil Young tamén esta Ford a guitarra e voz, e Bernie Worrell ó organo. Como vos digo unha autentica maravilla que tentarei subir ó set list do reproductor mp3 por si vos interesa escoitala.
A verdade é que o disco non tén desperdicio ningun: versions de "War Pig" dos Black Sabbath, "30 days in the hole" de Humble Pie, "Mr. Big" de Free,"Look on yonder wall" de Elmore James; "Sad and deep as you" de Dave Mason, e para rematar unha jam de 30 minutos do "Afro-Blue" de Mongo Santamaria, aparte o xa comentado "Cortez the Killer.
Pero entre eses invitados os que fai referencia o titulo do disco aparecen xente como (ademais de Marc Ford), Chuck Leavell ó piano, Dereck Trucks a guitarra,Jimmi Herring a guitarra tamén, Yonrico Scott á percusion, asi como Randall Bramblet ó saxo tenor. Instrumentistas de luxo que acompañan a Warren Haynes, Allen Woody (un ano antes de morrer) e Matt Abts, é decir a formación orixinal dos Gov't Mule.O disco está grabado o dia de Noite Vella do ano 1998, no Roxy de Atlanta; ...e non tén desperdicio. Eu recomendovolo encarecidamente.

domingo, 29 de agosto de 2010

OS CRAZY PONYS DE ESTREA


Temos novas dos nosos amigos os CRAZY PONYS. Según me comenta Ricardo-Xabre, é caseque seguro que a estas horas, o grupo teña rematado a gravación "en condicións" do que será o seu tema de presentación.Tranquilos eh? que non é un tema composto por eles, xa  que todos sabemos que os Ponys son unha banda tributo a Neil Young e o seu repertorio está composto por temas do canadiano. E para reflectir o que son capaces de facer sobre o escenario, que mellor que "Powderfinger" para abrir boca?
Non sei si a gravación se faria en Valdoviño ou en Compostela, pero o que si é seguro e que gravaran en estudo, con pistas e todo eso; despois haberá que misturar, remisturar...os instrumentos un por un, as voces...etc....
A espera de saber como foi a cousa, que seguro que Xabre nos contará,  solo nos queda confiar en que todo fora ben e ter dentro de moi pouco a proba de que asi foi.
Veña Ponys, xa queda menos.

lunes, 23 de agosto de 2010

AT FILLMORE EAST (ALLMAN BROTHERS BAND)


Estamos a falar de un dos directos mais contundentres e famosos do mundo do Rock.
Marzo de 1971. Nova Iorke, e mais en concreto ó "Fillmore East" de Bill Graham recibia a visita de un grupo de Florida, con dous traballos as suas espaldas que como sempre foran recibidos con boas criticas e poucas vendas.
Os "Allman Brothers Band" formaranse no ano 1969 en Jacksonville (Florida), ainda que con percorrer dos anos a sua base estable organizariase en Macon (Georgia).Co seu primeiro disco homonimo colleitaron (como xa dixemos) enormes eloxios pero pouca pasta, polo cal alguns dos seus membros tiñanase que gañar a vida como musicos de acompañamento de outra xente.Duane Allman seria o integrante que marcou o rumbo e o sonido da banda despois de recoller polo camiño a Dickey Betts para acompañalo tanto na guitarra solista como no slide; Berry Oakley estaria ao baixo; despois integrarianse dous percusionistas. Bucth Trucks e Jaimoe Johanson; o derradeiro en integrase na banda foi precisamente o que seria a sua voz e organo e piano: Greg Allman, ó outro Allman da banda.
Percorreron todo o Sur dos USA, facendo directos apabullantes en base a sua mistura de blues-rock; coa presencia do slide guitar por parte de Duane Allman e poñendo toques de jazz e country nas suas masivas actuacións.
Como deciamos, en marzo do ano 1971 ofreceron varios concertos no "Fillmore East", do que se recolleron varios temas para a publicacion de un doble album en directo.Con tan só 8 temas para un disco doble podemonos facer idea da presencia de longos solos e improvisacións; autenticas "jams" de mais de quince ou vinte minutos onde os musicos botaban man de todos os seus recursos estilisticos para chegar a unha perfecta comunión cos asistentes os concertos. Cecais un dos temas mais coñecidos do grupo "Mountain Jam", con unha duración de mais de trinta minutos, non foi incluido no album xa que estaba destinado a ser publicado no posterior "Eat a Peach", outra obra de arte dos sureños.
"Statesboro Blues", un tema de Will McTell con moitos anos de percorrido por todo o Sur abre o album. Contundente, rockeiro, sonido limpo e fluvial para converxer nun dos momentos claves da banda; os Allman recuperaron este vello tema que xa fora versionado por outros bluesman, como Taj Mahal, e eles teñen o merito de dalo a coñecer de forma masiva as xeneracións posteriores.
Outros temas do antiguo blues sureño forman parte de este traballo: "Done Somebody Wrong" de Elmore James, ou " Stormy Monday" de T. Bone Walker tamén son recuperados polos Allman nas suas actuacións en directo. As afiladas guitarras de Duane ou Betts, duplicadas a veces, falando e respondendo unha a outra, crean unha atmosfera cargada de emotividade e sentimento que chega ó seu culmen en dous temas claves do disco: "In memorian of Elizabeth Reed" (titulo tomado de unah lapida do cemiterio de Macon), unha composición conxunta de todo o grupo, de mais de trece minutos de duración, emotiva e con eses toques jazzisticos a cargo do organo de Greg Allman; e mais "Wipping Post" da autoria tamén de Gregg que ocupaba a derradeira cara do disco : 23 minutos de descarga total, onde os Allman xogan a crear espazos de imaxinación e improvisación nunca vistos ata daquela.
O disco publicouse no mes de xuño de 1971 e moi cedo foi aclamado pola critica e polo (esta vez si) público; non é que chegara o mais alto das listas, pero fixo que a banda sureña se asentara entre os mais grandes do Rock, e sobretodo que foran coñecidos como unha banda de directo.
Entre a grabación do disco e a sua posterior publicación Duane Allamn inteveu no "Layla and others assorted love songs" de Dereck and the Dominoes, formación de Eric Clapton con inmensa repercusion en aqueles intres. A intervención de Duane en este disco fixo que fora recoñecido como un dos mellores guitarras de todos os tempos, a altura mesma do desaparecido Jimi Hendrix.
Precisamente, poucos meses despois, o 29 de Outubro de ese 1971, cando todo lle sonríe á banda, Duane tén un accidente de moto en Macon e por mor das feridas morre pouco despois.Estaban a grabar o seu seguinte traballo "Eat a peach" onde a guitarra de Duane está presente en varios dos temas; os membros da banda adicanlle ese disco o fundador da mesma.Duane foi soterrado no mesmo cemiterio de Macon de onde sacaran varios titulos dos seus temas mais coñecidos (  a xa mentada "In memorian de Elizabeth Reed" e tamén de ali sacaron o titulo de "Little Martha", unha peza instrumental de curta duración con unicamente Duane e Dickey Betts as guitarras acusticas). A maldición sobre o grupo fixo que Berry Oakley tamén fora soterrado a beira de Duane, despois de sufrir tamen un accidente de moto a poucas mazás de onde Duane tivera o seu. Berry sobreviviu pouco tempo ó accidente pero non quixo recibir tratamento medico por mor dar malferidas en todo o seu corpo, e sabendo que o imposibilitaba para facer unha vida normal.
Todas estas desgracias fixeron que o grupo ainda aguantara un tempo en estado de gracia. No ano 1973 publican "Brothers and Sisters", o seu traballo mais recoñecido , e tamén o mais vendido. "Ramblin' man" ocupa os primeiros lugares das listas e ademais aparece na banda sonora da pelicula "O Exorcista", pero a xoia do album é un intrumental de mais de sete minutos,"Jessica" que lle permitia ó seu autor,Dickey Betts, aparecer como compositor e guitarra principal e ser considerado o alumno aventaxado de Duane Allman.
Posteriormente, aparece o xa seminal "Win , Lose and Draw" que certifica a morte creativa do grupo, ainda que botaron unhos anos mais rulando polos escenarios pero xa sin a forza de antes.
No ano 1991 retornan con "Seven Turns", pero a maxia estaba xa perdida. Multitude de discos en vivo son publicados un tras outro, onde se recollian actuacións de antaño misturadas con as mais recentes. Os trocos son constantes na banda; cecais o mais interesante sexa a chegada de o sobriño de Butch Trucks; Dereck Trucks toma o mando nas guitarras (Dickey Betts xa estaba no seu propio proxecto); "Hittinn' the note" cecais sexa o mais apreciable da banda en estes anos, que volve a actuar en directo con vellos temas.
Pero cecais o mais interesante que rule nestes intres por ahi, sexa o que naceu como un proxecto alternativo aos Allman no ano 1997: Warren Haynes e Allen Woody, guitarra e baixo dos Allman daquela puxeron en marcha a sua propia banda: Gov't Mule, unha mistura ,segun os entendidos, de Black Sabbath, Led Zeppelin e Allman Brothers con pingas de jazz; o proxecto segue adiante a pesar da morte (outra vez) de Allen Woody no ano 2000.
Pero dos Allman ainda se sigue a falar; sempre se recordará o seu "At Fillmore East" como disco obligado de ter na colección de un amante do Rock; posteriormente, no ano 2006 editouse unha edición de luxo do "Eat a Peach" onde se conten un disco enteiro adicado as sesions grabadas no mesmo Fillmore, pero unhos meses despois (en xuño do 1971) ; en este "Fillmore East 2" (por chamalo de algun xeito) aparecen temas como "Don't keep me wonderin'" ,"One Way Out ou "Midnigth rider" que seguro que tocaron en aquelas maxicas noites de marzo do 71, pero que ata o de agora non apareceran en vivo.
Como seguro que moitos de vós tedes o orixinal de "At Fillmore East" na casa, eu recomendariavos que o desenpolvarades, e que con moito agarimo os puxerades comodos para escoitar unha das cumes do Rock.
Xa o decia o propio Duane: "O Rock naceu no Sur, por eso non somos unha banda de rock sureño, si asi fora solo seriamos unha banda de ROCK ROCK"

sábado, 21 de agosto de 2010

UNHA LEMBRANZA MERECIDA: 7 LUVAS

Hoxe son un grupo de culto. No Barbanza foronno dende o principio; dende que en Radio Noia se empezou a escoitar a historia de "Rula e Machotiño", transformando a musica de Dylan en unha épica novela onde se remexian trapicheiros, gardas civis, travestidos, mariñeiros e demais persoaxes coincidentes na extinta Via Rapida.
7 Luvas foi unha banda transformadora e revolucionaria no senso estricto da palabra. Primeiro polo risco sempre evidente de usar o galego no rock; despois por poñer en sonido versions dos grandes, dende o mentado Dylan, a Springsteen, Leonard Cohen, ou mesmo o "Zeca" Afonso; mais ainda porque non se sometian a unha versión en galego estricta do tema orixinal,senon que inventaban as historias facendo letras completamente diferentes as orixinais: adaptabanas a realidade cotián da rúa e das suas vivencias; pero cecais o mais perigoso fora que todos os seus traballos editados...NON SE VENDIAN nas tendas, senon no propio circuito das saas onde actuaban...para mais tarde, xa na era de Internet, poñer os seus discos a disposición de quen o quixera completamente de balde.
Foi a principios dos 90 cando Fredy, non xa un seguidor de Dylan, senon cecais un dos mellores estudosos de todo o mundo da vida de Dylan, o que encarrilou o proxecto 7 Luvas; Fredy éra capaz de imitar perfectamente en galego a entonación, o xeito de interpretar, de moverse, de alongar as frases tal e como fai Dylan, sen que fora algo que estivera fora de ton; con Ramón a guitarra electrica,Manolo ao baixo, Luis a bateria, Sera multiinstrumentista e o propio Fredy a guitarra acustica estaban formados os 7 Luvas.
Non sei si lembro ben, pero coido que no ano 91 conseguiron viaxar a Stockport,en Manchester para actuar en unha Convención Europea sobre Dylan.
Hoxe, escoitando os discos da banda, sorprende saber que toda a edición dos traballos fora artesanal e caseira, grababan na casa de Fredy co escaso equipo que tiñan; nembargantes si oides a versión de "Backstreets" (Calexons) de Springsteen captaredes o espiritu da orixinal dende outra perspectiva diferente a pesares de non perdervos no tema; "Na casa de Maruxa","Cheos de desazon", "Mariquiña·, son temas que estan presentes no seu primeiro traballo "Pirata", electrico e palpitante, intimista e solidario, fresco e sorprendente.
Dous traballos mais, "Que tomas" gravado ao vivo, e "Nu", mais intimista completan a discografía oficial do grupo,ao que se engadiu posteriormente outro mais "A pé feito" grabado con temas de mediados dos 90. Todos os tedes a vosa disposición na paxina doa banda: http://www.7lvvas.net/ onde podedes ver e escoitar,asi como baixar e descargar todo o que queirades. Merece a pena. De verdade.

viernes, 13 de agosto de 2010

NIGHTMARES..AND THE OTHERS TALES FROM THE VINYL JUNGLE (J. GEILS BAND)

Non hai moito onde mirar para ter referencias xa non deste disco, senon tamén do grupo do que imos a falar. Si ollamos na base de datos do que alguns chaman "a Biblia do Rock and Roll" (a revista Rolling Stone, jeje) a J. Geils Band non aparece por ningures. E iso a pesar  de que esta banda acadou bastante exito a finais dos 70 e comenzos dos 80; incluso un dos seus traballos foi nº 1 en Bilboard durante varias semanas.
A mediados dos 60 , Jerome Geils a guitarra e mais Danny Klein ao baixo, convenceron a Richard "Magic Dick" Salwitz para que os acompañara a harmonica e asi poder facer o que éra a sua paixon: blues acustico. Rularon un par de anos polos clubs dos suburbios de Boston ata que se cruzou no seu camiño Peter Wolf. Geils, durante eses anos adquirira unha boa reputación como guitarra de blues, polo cal non foi de estranar que todo un persoaxe como Peter Wolf, coñecido no ambiente de Boston como poseedor dunha das mellores voces do entorno se ofrecera para entrar no grupo. A Geils non lle pareceu mal, sobretodo cando Magic Dick deu o seu visto bó a entrada de Wolf na banda. Magic Dick xa traballara cos grandes do blues en Chicago e Detroit; a sua armonica apareceu en traballos de Muddy Waters, Albert King e todos os grandes dos anos 60 que pelexaban por dar a coñecer a sua musica fora dos circuitos dos clubes de blues e facelo achegar ao grande público. A boa reputación de Magic Dyck proviña da sua forma de tocar a harmonica: cando levaba o instrumento a sua boca desatabase algo asi parecido a un furacan; o harmonica-speed éra a especialidade de Magic que bebera dende moi novo as tradicións do blues e do jazz (escomenzou tocando a trompeta) por mor do seu pai e de toda a familia que éran unhos estudosos do blues do Missisippi e de Chicago.
A banda acabou formandose con Stephen Bladd a bateria e Seth Justman os teclados que co tempo seria o productor do grupo na meirande parte dos traballos realizados no futuro. Wolf e Justman encargabanse da composición dos temas.
No ano 1970 publican o seu primeiro traballo co nome da banda, saen de tour acompañando os grandes do blues como John Lee Hooker, Junior Wells ou James Cotton...é aqui cando escomenzan a ser coñecidos pola forza i enerxia desplegada nos escenarios. "Getting crazy" chegaron a popularizar os seus concertos pola forza devastadora que desplegaban en eles; Peter Wolf e Magic Dick non paraban de moverse durante as mais de tres horas que duraban as suas actuacións en directo, o sonido peculiar da harmonica facia que a musica da J. Geils Band fora inmediatamente recoñecida; os seu peculiar blues-rock, aderezado con toques soul e funky fixo que a banda comenzara a ter unha boa reputación entre os amantes do blues e do rock.
"Nigthmares......." é o seu sexto traballo lanzado no ano 1974. Cecais conteña non o tema mais recoñecido da banda ( eso corresponde a "Centerforld" do seu exitoso Freeze frame do ano 1981), pero si o mais caracteristico de toda a sua carreira: Os mais de seis minutos do tema que abre o disco " Detroit Breakdown" son unha furia incontrolada de sonidos guitarreiros acompañadas constantemente pola harmonica e o piano. Si a esto lle engadimos a poderosa voz de Peter Wolf temos un remexido perfecto para unha audicion de Rock en estado puro. Pero non se para en este solo tema: o longo do disco a banda da un recital do que é un grupo en estado de gracia.
Ainda que as ventas non éran unha cousa do outro mundo a banda foi recoñecida como unha das mais constantes e innovadoras do Rock. Varios discos en directo daban boa fé delo ("Live Full House" do ano 1972, "Blow Your Face Out" do 76, e "Showtime" do 82).
Cando xa a banda pàrecia irremisiblemente castigada a ser unha referencia do blues-rock para minorias, chegou o bombazo de "Freeze Frame": sonido mais domesticado, menos abrupto, mais calmado; fixo que o disco fora nº 1 durante 4 semanas en USA e se mantivera nas listas durante ano e medio. O single "Centerfold" foi número 1 seis semanas seguidas en Billboard.
En 1985 a banda desfixose despois de recorrer un longo camiño; co tempo dous vellos amigos como J. Geils (que nunca quixo destacar polo feito de poñerlle o seu nome a banda) e mais Magic Dick volveronse a xuntar para formar Bluestime, grupo de culto de blues evolutivo que ainda hoxe en dia sigue a traballar e dando bos discos. En ese intervalo de tempo Magic seguiu a sua pasion polo blues traballando con xente como Patti Smith, Debora Harry, Full Circle ou Ruyici Sakamoto e formando parte da Legendary Rhythm & Blues Revue, combo imaxinativo e rompedor onde os haxa, con formacións diferentes cada noite.
O dito, achegadevos a un dos traballos de esta banda, é seguro que si o facedes con "Nightmares....and the others tales from vinyl jungle" deixaravos un bó sabor de boca.

UN GARAXE DE CINCO ESTRELAS

Foi un dos descubrimentos da pasada Rust Fest do Valdoviño.
Xabre xa nos advertira: " En O Garaxe vai haber moi boa musica, e non so de Neil Young".
E claro que tivemos boa musica nos tres días que ali botamos. A pesares de visitar o local a diversas horas do día,sempre tivemos a boa compaña de ese tipo de musica que amamos e que é moi dificil de atopar en calquer sitio.
Que as doce da mañan te visiten Os Doors, ou Patti Smith sempre é boa sinal de ter unha boa base musical para acompañar unha cervexa.
Aparte, o local é diafano, alegre, limpo e moi acolledor; o persoal atento a todo o que lle pides; os prezos asequibles...e si por enriba, como lle pasou ao noso amigo canario Pepe, atopas boas cervexas de marca a bon prezo...¿que mais se pode pedir?...
Despois,vas descubrindo que todo tén un porqué; preguntas,contanche;e asi ves porque en ese pequeno Concello de Galicia te atopas con esta clase de locais; o seu propietario (Cuxi,pode ser?) leva un tren de longo percorrido (como dirian os Doobie Brothers)sempre arredor da boa musica: cando non se atopaban bos discos de Rock por aqui,él xaos escoitaba na casa, sendo a envexa de moitos amigos; como non sei moito mais de como acadaba esos discos non podo falar mais, pero dende aqui querolle poñer (en vez de estrelas de categoria) cinco guitarras rockeiras a un dos mellores locais de musica que teño visitado.
Grazas "O garaxe".

domingo, 8 de agosto de 2010

CRAZY PONY'S CABALGAN DE NOVO


A cita éra de novo en Valdoviño. As 9 da noite na Mansion of the Hill, choza de veran do amigo Hector, a quen teño que a gradecerlle que me invitara a celebrar o seu cumpleanos en ese incomparable marco dende o que se divisa toda a praia de A Frouxeira. Os Pony's poñian a musica, Hector a manduca... e os invitados éran os que aproveitaban esas duas conxuncións para pasar unha boa noite.
Co tempo xusto de chegar, xa que por obligacións de traballo atopabame a tres mil kms de distancia, a noite éra propicia para disfrutar de novo da musica do Tio Neil a traveso dos Pony's.
Ali estaban todos os que estuveron na Rust Fest; puden saudar e disfrutar da charla con Xaco (guitarra dos Fanecas, George, Antonio, Ramón (cantante da mesma banda), Arantxa, Begoña, Javier....e un longo etc que me levaria toda a cronica.
Despois de unha pequena jam na que subiron o escenario variados persoaxes poñendo voz a clasicos do rock, como Os Doors, Credence, etc, pasamos a saborear unha caralluda churrascada a base de panceta con queixo, variedades de chourisos, costela e polo, misturado con bó pan do país, e viños e cervexas a gosto do consumidor.       
Xusto antes de escomenzar o concerto, ofrecemoslle a Hector unha pequena seleccion de fogos artificias que lle deron coor a noite tendo como fondo a praia da Frouxeira, que relumia cada vez que os foguetes se desfacian nas alturas deixando as suas estelas de coores brilantes.Os Pony's escomenzaron con"Hey Hey,My My" e foron desgranando un set list do mais completo; a pesar de tocar en familia tomaron a cousa en serio, ainda que se lles via moito mais relaxados e tranquilos que o escomenzo do concerto de Compostela. Luis sobretodo disfrutou dende o primeiro intre da actuación,movendose e acompasando o ritmo perfectamente ó camiño que abrian Carlos e Edu a bateria e o baixo respectivamente; atreveronse de novo( hai que ter valor....) como fixeran na Rust con "No Hidden Path", e foron desgranando temas como "Powderfinger", "Cowgirl in the sand" "Over and Over"...para deixar paso o set acustico con "Long nay you run" (Antonio a voz, organo e harmonica), "Heart of gold", "Comes a time", "Old man" "Harvest moon"...e a sorpresa da noite: "No wonder" que sonou mais que aceptable a pesares das dificultades vocais que ten o  tema.
Cando volveron a parte electrica, o persoal xa estaba quente...saltaba,coreaba,bailaba.    Unha petición por parte de Antonio dende o escenario demandando unha "cañita", fixo que aparecera por primeira vez na noite unha botella de "agua de fuego",eufemismo que os aborixenes e indixenas que poboan estas tribus galaicas saudan co nome de "cana", "caña branca"" ou "augardente", e que por outros lares denominan "orujo" ou "aguardiente"; o buquet de tal brebaxe éra exquisito en canto a frescura (ainda arrecendia a alambique caseiro),pero en canto a gradación xa sabemos como as gastan estos "gallegos"...e asi foi que entre a musica, o bebercio, a ledicia contaxiosa, e as luces ó lonxe que dibuxaban o contorno da indomita costa artabra, a cousa desmadrouse:algun baixaba a rolos probando o cheiro fresco do cespede recen cortado; outro subia o escenario escenificando un estriptis integral de cueiro con posterior inmersion corporal na pisciniña anexa; outro buscaba pesetas entre a herba no medio da escuridade, recuaba unha e outra vez costa abaixo para tentar de novo subir a costa; pero os intentos eran en van unha e outra vez, ata caer definitivamente e ter que ser agarrado entre varios para levalo a pisciniña para un pequeno arranxo; Antonio daba pé a que todo aquel que quixera subira o escenario e fixera coros con el.Asi foron pasando "Down by the River", "Love to burn", "Cortez, Cortez" "Keep on rocki'n", "Mansion on the Hill" ( adicada a Hector), como bises "Like a Hurricane", e "Love and only love", en medio do disfrute xeral dos membros da banda. Luis interviña nos coros e deixaba a "huevo" para que Ricardo entrara coa sua guitarra solista; os guiños entre este e mais Edu éran constantes; Carlos daballe caña (da boa) a sua batera sen remisión; Antonio mantiña ao persoal coas suas constantes chamadas a participación comunal...e Vicki facia valer a sua voz mantendo o ritmo e machacando unha e outra vez cos pés o escenario como signo de poderio.
En fin, unha autentica festa, que cando xa parecia que remataba, foi Ricardo, despois dos bises, quen anunciou dous temas mais en honor a alguns veciños de Pantin que se achegaron a última hora ó concerto; i é que este Ricardo cando disfruta non quere parar nunca;asi sonaron para rematar "Cinnamon Girl" e poñendo o punto final "Fucking Up".
Unha noite para valorar despois do intenso mes no que se viron inmersos os Pony's;a de onte foi unha actuación para seguir quentando motores; valorable no punto que significa o tocar sen presion de ningunha clase; para coller confianza entre eles e disfrutar ampliamente de un ambiente favorable...e facernos pasar unha fermosisima noite.
Para que teñades unha pequena referencia,deixovos unha pequena mostra en estas fotos que acompañan esta cronica.
**E algo para valorar: Valdoviño debe ser o Concello con mais seguidores "per capita" de todo o Estado. Quen pode presumir de ter mais de 30 fans-fans que corean, que cantan, que levan o ritmo, que coñecen todas as cancions do set list, digo 30 en un Concello de escasos 7000 habitantes? Imaxinades unha cidade de 700.000 habitantes que haxa 3000 seguidores acerrimos do Tio Neil? Eu non a coñezo.Por eso é tan importante o exito de esta xente de Valdoviño; a todos eles o meu mais grande abrazo.
E aos PONY'S: a seguir, que sodes GRANDES.





  





















martes, 3 de agosto de 2010

HIGHWAY 61 REVISITED

Cando Bob Dylan entrou no estudo de gravación da Columbia, en New Iorke, en xuño de 1965 e saliu dous meses despois con "Highway 61 Revisited" debaixo do brazo, non podia imaxinar que estaba a escribir unha parte da historia da musica popular que teria unha gran influencia no futuro do Rock.
As sesions do album escomenzaron a primeiros de dito mes de xuño, centrado unica i exclusivamente no tema "Like a Rolling Stone". Moito se ten escrito sobre este tema ao longo dos 45 anos posteriores a sua gravación. Dise que Dylan tiña escrito o texto pero non daba coa musica que el tiña metida na cabeza; non sabia como poñer en acordes aquelo que el soñara; tamén se tén falado moito sobre o papel de Al Kooper en esas sesións: dende que Kooper non sabia tocar o organo, ata que el mesmo dixo que seguia o ritmo detras do que os outros musicos ian tocando; Mike Bloomfield seria o outro puntal de tales sesións coa sua guitarra de blues recoñecida como unha das mais exquisitas dentro do xenero como participante de Paul Butterfield Blues Band: seica Dylan deulle o texto do tema sen saber moi ben como sair do problema: so lle dixo que non tocará "como ese chumbo de B.B. King", cousa dificil de creer en Dylan sabendo a admiración que tiña polo vello bluesman; entre Kooper e Bloomfield creouse unha base musical a partir de esta colaboración que seguiria ata a morte de Bloomfield no ano 1981; este foi o seu punto de partida que deu lugar a posteriores traballos dos dous musicos, en especial o lembrado "Super Sessions", que contaba coas colaboracións entre outros de Stephen Stills e Carlos Santana. É curioso porque dentro de este album hai un tema de Dylan ("It takes a lot to laugh, It takes a trian ti cry") no que se traballara durante as sesions de "Highway 61 revisited" e descartarase para a sua publicación (en principio)  dentro do album de Dylan, e Kooper e Bloomfiel a recuperan para a sua posterior colaboración.
As sesions de gravación desenrolanse durante o veran de 1965, famoso pola aparicion de Dylan no festival Folk de Newport, onde por primeira vez aparece con unha banda electrica e onde foi aplaudido e abucheado a partes iguais polos seus seguidores; é famosa a anecdota de Pete Seeger intentando cortar os cables do equipo de sonido con unha machada cando veu a Dylan enriba do escenario con esa banda de Rock; posteriormente Seeger declararia que non éra unha machada, senon unha navalla e que so queria cortar os cables polo "horrible sonido" que emanaba dos altofalantes, non pola musica que Dylan e a sua banda estaban a desenrolar no escenario.
De todos os xeitos a aparición de Dylan no Festival Folk de Newport marcou un antes e un despois na historia da musica popular; contra vento e marea Dylan seguiu facendo o que el creia que debia de facer, dando de lado a todos os que o quixeron converter na voz de toda unha xeneración; cecais Dylan aproveitouse nos seus comenzos de todo ese movemento arredor do folk no que se movian moitos dos activistas de esquerda nos USA: os movementos polos dereitos civis, os grupos para reclamar o voto da minoria negra, a "esquerda guapa" agochada baixo o parné dunha comoda situación social....movementos todos eles que quixeron facer de Dylan o seu simbolo de progresismo e denuncia nos Estados Unidos.
Volvendo as sesions de traballo de "Highway 61  Revisited", durante catro dias traballaron abondo unha e outra vez no "Like a Rolling Stone". Foi na sesion do día 16 de Xuño cando se tomou a toma mestra que ficaria rexistrada como toma definitiva: 6 minutos e 13 segundos para a historia; como facer que un tema de mais de 6 minutos tivera exito cando nas radios da epoca o mais que sonaban eran temas de pouco mais de 3 minutos? A cabezoneria de Dylan obligou a manter o formato do tempo sen retocalo para as emisoras de radio, o que facia mais dificil que estas a emitiran. Pero o tempo deulle a razon ( como lla deu en outras cousas), e "Like a Rolling Stone" subeu ata o numero dous das listas americanas como single do album.
Outro single gravado durante este tempo tamen subiria nas listas; tratase de "Positively 4th Street"; pero este tema, que en principio ia formar parte do disco, foi descartado por Dylan, e tan so lanzouse como single.
"Tombstone Blues", "From a Buick 6", "Ballad a Thin Man", "Queen Jane Aproximately", "Just Like Tom Thumbs Blues" ou "Desolation Row" son temas que forman parte de este disco que xa é parte da historia. Marcou o desexo de Dylan de converterse no que sempre quixo ser: non a voz dunah xeneración, nin o portavoz dos desesperados e humillados; nin tan xiquera ser un folk-writer recoñecido. O desexo de Dylan éra mais sinxelo que todo eso: tan solo queria ser un cantante de Rock and Roll, e ter a sua propia banda para tocar esa musica. Con este disco marcou a traxectoria para a posteridade, rompeu co clasicismo imperante; dibuxou a musica futura enmarcada en sons que ata ese intre non tiña saida; abusou do blues como metafora para chegar ó rock. Ademais de eso, éra época na que o poder imaxinativo de Dylan estaba no seu punto alxido: da sua mente saian e fluian constantemente notas e versos; escribia as cancions mesmo no estudo de gravación e unha vez rematadas poñiase a gravalas de forma inmediata; incluso no medio da gravación paraba un intre para facer anotacións do tema que estaban a gravar ou se lle ocurria algo distinto para meter precisamente en ese tema; cousas tan tolas que son dificiles de creer...ainda que o mesmo Dylan acrecentaba esa lenda con declaracións a prensa e os medios que nada tiñan que ver co que estaba a facer e que estes recollian como declaracións de alguen que estaba por enriba do ben e do mal. E famosa a contestación a un xornalista cando este lle pregunta polo tipo de musica que el facia: "sinxelamente, é musica aritmetica"....Dylan tomaballe o pelo a quen se puxera por diante por mor de toda a parafernalia montada o seu arredor; coido que no fondo , o musico de Duluth é un timido redomado, e tan so facia defenderse da unica forma que sabia de todo o montaxe que xiraba sobre el. Sabedor que calisquer declaración que facia a os medios serian portada das revistas e medios especializados, Dylan xogaba con eles o gato e o rato, mentras da sua cabeza seguian xurdindo ideas que el ia poñendo en papel .
 Cecais incomprendido en aquel intre, él sabia moi ben o que debia e queria facer e asi foi recoñecido moito tempo despois, cando xa Dylan estaba en outra orbita, cando xa experimentaba unha e outra vez con sonidos e instrumentos alonxados de aquel que marcou o "Highway 61 Revisited".
O disco converteuse en referencia en todas as obras posteriores de Dylan; e tamen foi recoñecido posteriormente por aqueles que o condenaron o lume da fogueira por demasiado rockeiro e electrico; hoxe en día está considerado dentro dos mellores albumes de Rock de todos os tempos; e "Like a Rolling Stone" a mellor cancion publicada en toda a historia da musica popular; un disco diseccionado palmo a palmo pola critica e unha cancion a quen recentemente lle foi adicado un libro a ela sola: "LikeaRollingStone. Bob Dylan na encrucillada" de Greil Marcus, completamente recomendable para o estudo de tan solo este tema.
O final, como conclusion podemos sacar que como xa dixemos mais arriba, Dylan converteuse no que el soñara de neno: SER UN CANTANTE DE ROCK.

domingo, 1 de agosto de 2010

DEREK TRUCKS, DE CASTA LLE VEN...

 
Os poucos que seguides o blog, xa tedes visto que é caseque monotematico no que se refire a musica da miña preferencia; basicamente escoito aquelo que marcou un punto de inflexion nos finais dos 60 e comenzos dos 70, aparte as obligadas referencias actuais que marcan o noso Tio Neil e asimesmo o que sae ultimamente de Dylan, material este ultimo moi recomendable. Non sei si é esixencia pola miña parte, ou mais ben se trata de limitacións propias da idade, pero é moi dificil que escoite a musica que se fai hoxe en día; en parte porque algunhas cousas que teño escoitado son repeticións efimeras de sonidos xa esgotados, i en parte tamén porque considero que a decada que vai de 1965 a 1975 regalounos tales xoias musicais que é moi dificil repetilo. Con decirvos que da "nova fornada" unicamente podo decir que sigo (e non todo) os "Black Crows" e os "Drive by Truckers", xa vos digo todo.
Levaba algún tempo oindo falar de Derek Trucks; e sempre foi para ben; eu non tiña referencias ainda de este home polo cal un día escomencei a buscar material de él pola rede:.material solto, pequenas audicions, alguns videos, etc...; dende o principio chamoume a atención a variedade de sonidos emerxentes da sua guitarrra, e a longa traxectoria que con solo 31 anos tiña xa tras de si.
Cando souben que con menos de 20 anos xa tocara con Buddy Guy ou os Allman Brothers ( sen xiquera saber que os Allman seguian a rular no circo do Rock), a miña sorpresa foi maiuscula. E ainda mais cando as cousas ian encaixando a según sabia mais cousas de este home.
Nado no ano 1979, Derek é sobriño de Butch Trucks, bateria e percusionista orixinal dos Allman Brothers, cos que ainda sigue a tocar hoxe en dia.A pesares de  ter un tio especializado en percusion, Derek escolleu a guitarra dende moi noviño como instrumento para desenrolar toda a creatividade que levaba dentro, pero sen esquencer outros instrumentos como o baixo , o piano, ou mesmo a bateria.Con doce anos acompañou en directo os Allmann Brothers en pequenas intervencions, deixando coa boca aberta a todos aqueles que o viron sobre un escenario.Dende o ano 1999 é membro de pleno dereito da famosa banda de Florida, polo que tio e sobriño comparten escenario e gravacións.
Pero Derek TRucks, tén a sua propia banda tamén, homonima ao seu nome. Ten publicado 8 discos dende o ano 1997 que saiu o primeiro ("The Derek Trucks Band"), e hoxe quero falarvos do publicado o ano pasado..."Already Free".
Si vos digo que o disco impresionoume de tal xeito dende a primeira audición, é pouco decir. Non o podo sacar do CD do carro; con solo 5 dias dende que o merquei debin escoitalo unhas 20 veces polo menos...i en cada audición vas descubrindo cousas novas en él; sonidos blue-grass, toques jazzisticos, espiritu soul, reminiscencias country con toques sureños...unha amalgama de sonidos tan ben recreados que te enganchan dende a primeira vez que o escoitas; ...e a sua guitarra: o espiritu do gran Duanne Allman parece que revive en este home....ainda que parezcan verbas de mais.
Son doce temas que se abren co clasico(e pouco coñecido) de Dylan "Down in the Flood" do que sabes que é de Dylan porque o pon nos creditos senon poderia pasar por ser unha composición propia de Derek e nós sen enterarnos; o xenio de Duluth seguro que asinaria esta versión  si por el fora, gustando como gusta de darlle voltas e mil voltas os seus vellos temas de toda a vida.
Os once temas restantes van abrindo camiños a ritmos de voces gospel, blues con raices do Missisippi e Chicago, jazz enraizado no Sul....Mike Mattison pon a voz na meirande parte dos temas, unha voz que lembra en parte a de Gregg Allman dos primeiros tempos pero coa sua particular entonación; Susan Tedeschi, muller de Derek canta a intimista "Back Where I Started" deixandonos unha sensación de paz interior que mesmamente poderiase acabar o mundo para deixarnos felices por un intre.
A banda está formada por Derek Trucks a guitarra (baixo e percussion en algun tema tamén); Todd Smallie ao baixo;Yonrico Scott, bateria; Kofi Burbridge nos teclados; Mike Mattison na voz e coros; e Count M'Butu na percusion; a seccion de metal aparece en varios temas do disco dandolle unha consistencia ainda maior a ese mestizaxe de sonidos que caracterizan todo o album.
A espera de recibir o traballo posto a venda este mesmo ano ( Roadsongs), un doble en directo que acaparou moi boas criticas por todas partes, coido que Derek Truks vaise a converter co tempo en todo un clasico do Rock e do que oiremos falar moito no futuro. A min costoume atopalo, pero coido que non me vou arrepentir para nada...; pola miña parte, recomendovos a audición de este "Already Free" para ir abrindo boca.

miércoles, 28 de julio de 2010

OS CRAZY PONY'S TOMAN COMPOSTELA

Moita expectación na noite de onte na Praza do Toural en Compostela por ver os Crazy Pony's en vivo,en plenas festas de Santiago. A cita éra as once e media da noite en pleno casco antiguo de Compostela, e facendolle a competencia nada mais e nada menos que o matrimonio Costello/Krall.
Os nosos amigos meteronse o publico no peto dende o primeiro intre que sonou o "Hey Hey , My My", sonido contundente, limpo, poderoso; os instrumentos sonando como nunca sonaron, a voz inmaculada e forte, todo se puxo a favor por mor do tesón e a forza dos seis Pony's; habia público de toda caste entre os espectadores,pero todos ficaron anonadados por mor da forza desplegada no escenario.
En primeira ringleira, sempre animando, saltando e coreando os temas, toda a Rust Fest chegada dende Valdoviño. So faltou George por motivos laborais,pero os demais ali estaban, dandolle mais forza si cabe o grupo.
Set List axeitado o lugar e o tempo de concerto: sonaron entre outras, "Love and only love", " Are you ready for the country", "Long may you run" (con Antonio solo no escenario con organo, armonica e voz", "Mr. Soul", "Old Man" (adicado a Ben Keith,coma non), "Harvest Moon" (cecais o mellor da noite), "Love to burn", "Over and Over", e "Keep on rocking in the free world" cos coros dos asistentes incluidos;como remate, e a petición de Bobby dos EE.UU. ali presente no concerto "Cinnamon girl"...e "Fucki'n up".
Foi a partir de "Mr. Soul"cando o concerto empezou a vivir os momentos alxidos; os Pony's comenzaron a confiar en eles mesmos, os guiños do publico deulles alas; Ricardo empezou a asombrar coa sua guitarra,mentres a base ritmica de Edu ao baixo e Carlos a bateria ameazaban con botar abaixo as campás da Catedral. Luis interviña nos coros con unha soltura que non vira en Valdoviño, e Vicki impuxose coma sempre coa sua voz, a sua ilusión e a sua enerxia enriba do escenario....e Antonio, Antonio dominou o escenario sabendo que a sua voz retumbaba nas vellas pedras de Compostela con claridade e dominio; bailou, berrou, levou o ritmo e fixo intervir o público das primeiras ringleiras coa sua forza contaxiante.
En fin , un CONCERTAZO, que en nada cambio polo que poideron ofrecer Elvis Costello e Diana Krall a 200 metros de onde nos atopabamos;porque ali,no Toural estaba presente a ilusión, a forza, e todo o corazon polo amor a boa musica do noso querido Neil Young.
Sodes grandeS Pony's, MOI GRANDES.

ADEUS BEN...SEMPRE ESTARAS CON TODOS NOS

 A nova colleunos completamente de sorpresa; éra Pepe, dende a Praia de Neil quen nos facia saber do falecemento de Ben Keith;parece ser que un ataque o corazón rematou coa vida de quen fora acompañante asiduo de Neil Young ao longo de mais de 40 anos. Neil sabia ben de quen se acompañaba; especialista e mestre no steel guitar, Ben sempre éra a figura do curruncho que sa sua guitarra ritmica daba pé os lucimentos de Neil nas suas duas ultimas xiras,coa Electric Band. Lembro esas duas veces,nos anos 2008 e 2009, ali, co seu pelo cano,mantendo o ritmo a espera das indicacions de Neil, nunca foi de relumbron pero a sua tecnica no dominio  da guitarra faciao imprescindible en esa formación.Inesquencible a sua steel guitar en "Harvest Moon".
Ben...para sempre estarás con todos nós.

sábado, 24 de julio de 2010

WHISH YOU WERE HERE

Ano 1975. Dous antes, Pink Floyd arrasaran en todo mundo co seu anterior disco "The dark side of the moon", onde fixeron unha demostración do uso das novas tecnoloxias de gravación completamente novedosas. I eso que falamos do ano 1973.
A expectación polo novo traballo do grupo britanico éra evidente en todo o mundo. Raros son os casos no circo do Rock onde unha obra posterior a un grande exito acada o mesmo ou o supera incluso. Pero Pink Floyd foron quen de conseguilo.
"Whish you were here" presentouse en sociedade en directo, no festival de Knewort do mes de xullo de 1975. Posteriormente, en setembro de ese mesmo ano lanzouse ao mercado anglosaxon e americano rompendo todos os pronosticos de ventas. De tal xeito que as copias que se puxeron a venda quedaronse cortas e houbo que recurrir a impresion de mais de 500.000 copias  nos seguintes dias.Na sua segunda semana no mercado acadou o nº 1 nas listas britanicas e americanas .
Ainda que nos seus comenzos o grupo ia dirixido  a ese tipo de público caseque que experimental e alternativo de finais dos anos 60 que escomenzaba a emerxer neses dias, Pink Floyd mantiveron unha traxectoria nada facil comercialmente. Os seus primeiros discos, cando ainda estaba Syd Barret como compositor unico do grupo, manisfestabase unha querencia polo experimentalismo, con longas fases onde o organo e a manipulació das guitarras lle daban ese toque vangardista tan de moda en certos circulos semi-pechados do Rock.
Unha vez que Syd Barret e caseque  obrigrado a deixar o grupo (todos sabemos as causas: uso e abuso de drogas de todo tipo, ata chegar un intre en que nin éra persoa nin éra musico), é Roger Waters quen toma o mado do combo, i entrando no mesmo david Gilmour a guitarra. Despois de varios traballos de subsistencia (musica para peliculas sobretodo) publican no ano 1972 "Atom the heart mother" onde xa se albisca o dominio pleno do grupo a nivel compositivo e musical, con temas mais asequibles o grande publico sen deixar de lado a sua base experimental. Cecais de ese traballo, o tema "Free Four" fora o que preparara o grupo para dar o gran salto, que se produxo o ano seguinte co "The dark side of the moon".
No disco que falamos atopamos cecais o mellor sonido que se podia atopar en un disco analoxico ata ese momento. A limpeza das guitarras, o son envolvente dos temas, a duración dos propios temas, fan de "Whish you where here" un disco que te engancha dende o mesmo principio.
Ainda que o disco está adicado a figura de Syd Barret, atopamos en el tamén grandes letras comprometidas arredor do mundo discografico e sobre todo a manipulación das discograficas arredor do Rock.
O grupo sigue a recurrir a amños de estudo para configurar a obra final; asi atopamos sinais de radio como si cambiaran de emisora, mentras vai entrando a guitarra de Gilmour pouco a pouco; o sonido de vento como transición entre un tema e outro; portas que se abren co seu caracteristico sonido; unha festa de fondo para representar a baixa calidade moral dos executivos das discograficas, etc; todos eles magnificamente misturadas para facer unha solida obra de arte que pervive ano tras ano. O inxeniero de sonido foi Brian Humphries, un experto en crear atmosferas creativos en este tipo de traballos; Alan Parson xa estaba enganchado no seu proxecto de banda e por iso declinou a invitación do grupo para que repetira como tal, xa que el fora o inxeniero de son en "The dark side of the moon".
Sempre houbo controversia ata ese momento entre o "The dark...." e "Whish you were here" no canto de cal das duas obras era mais representativa de Pink Floyd. En certa medida rematou co enfrontamento a posterior edición de "The Wall", para moitos a obra culmen do grupo....e o remate final do grupo como tal.
Esa triloxia está grabada en ouro nos anais do Rock como referencia necesaria de un grupo morto do seu propio exito.
As desavenencias entre eles chegou o culmen de non falarse e non querer saber nada uns dos outros durante moito tempo. As fortes personalidades de Waters e Gilmour fixeron que cada un fora polo seu lado, esquencendo que foron autores de unha das mais bellas paxinas do Rock. De todas formas no unico en que estiveron de acordo ao longo do tempo foi que "Whish you were here" éra o seu traballo preferido.
Eran outros tempos, meus amigos

jueves, 22 de julio de 2010

ACTIVIDADES NA RUST FEST

Non pensedes que todo foi festa-jolgorrio durante o desenrolo da Rust, eh? Tamén houbo tempo para o estudo (as clases de informatica tiveron moitisimo exito, verdade Dani?), as conferencias (aqui é onde Manolo se graduou en Doctor para sempre), os ensaios (as sesions de micros abertos deixaron ver a unhos poucos covardes que non se atreveron a subir o escenario-eu incluido)...pero a verdade é que foron os menos; o que imperou foi a festa e o bon rollo en todo momento.
Aqui tedes unha pequena mostra.