miércoles, 30 de junio de 2010

BORN TO RUN

Estamos a mediados do ano 1975. Xa pasaron os tempos das flores e o amor libre que preconizaban os hippies a finais dos 60. O Rock esmorece victima dos seus propios excesos. Os supergrupos tipo Led Zeppelin ou Deep Purple son arrastrados polos Stones e compañia nunha pose de SuperStars do Rock que non leva a ningures. Ter un disco de platino nos USA supon entrar nun mundo onde se consinte todo e de todo, i esto leva a que os afeizoados se pregunten onde acabará esa voraxine. O rock sinfonico tamén da os seus ultimos escarceos prevendo un final de folla de ruta previsible. En Inglaterra os mozos e mozas non pican xa...preguntanse, miranse uns a outros e demandan un novo rumbo; o punk está a volta do curruncho. Dylan da algunhas sinais de vida co seu "Blood on the Tracks", e o noso Neil Young presenta en sociedade "Zuma", cecais a ultima gran obra revulsiva do Rock de aquel ano.
Nos Estados Unidos as cousas non pintaban mellor; o country-rock chegaba o seu culmen e por el colabanse bandas que acadarian grandes exitos pero que non abrian camiños novos, e si o facian éra para misturar eses sonidos countrys con notas pop a gusto do consumidor. Os Eagles e Doobie Brothers acadaban chegar a sonidos mais pastiches que outra cousa despois de grabar moi bons traballos, pero o camiño éra repetitivo a mai non pedir.
Na Costa Leste, mais en concreto na zona de New Jersey, florecian grupos que rompian todo este tedio con experimentos cheos de imaxinación pero que non chegaban o gran publico.
Entre eles atopabase un mozo que xa grabara dous discos con mois boas criticas e moi poucas ventas. Decian del , o principio, que seria o novo Dylan, ainda que él marcaba distancias musicais co autor de Duluth. Rulaban e rulaban  todos os dias en actuacións que magnificaban no boca a boca os poucos seguidores que tiña.
Nunha desas actuacións estaba presente Jon Landau, daquela critico musical de "Rolling Stone", e de outras revistas e fanzines que proliferaban nos USA. Despois de ver a Bruce Springsteen unha desas noites, foi cando publicou o seu famoso "Acabo de ver o futuro do Rock'n Roll e chamase Bruce Springsteen".
Este, agobiado pola falla de resposta por parte do publico os seus dous primeiros discos, estaba pechado dende facia mais de un ano nos estudos de grabación preparando o que seria o seu terceiro traballo. Sabia que si fallaba non teria mais oportunidades por parte da sua casa, a CBS. E por esto que rodeado de unha nova banda daballe volta e mais voltas os temas que formarian o disco.Mentras grababa polo día, seguia a actuar cada noite nos clubs de Nova Iorqe agrandando a sua fama entre o publico minoritario e deixando en cada actuación un sabor de boca que facia que se transmitira de unos a outros o seu bon facer en directo.
Foi tanto o nivel de autonecesidade de Springsteen sobre o seu traballo, que este consumia horas e horas de estudo, primeiro no 914 e despois no Record Plant unha vez que Landau lle pedira que necesitaban outro lugar onde grabar. As suas relacións co seu manager e productor Mike Apple escomenzaron a escorrentarse perigosamente ata facer que este cobseguira que non volvera a grabar ata tres anos despois de "Born to run".
"Boom" Carter, ata daquela baterista da banda interven precisamente no tema que da titulo o traballo. Despois seria sustituido polo xa afianzado Max Weinberg. Todo o traballo esta escenificado como unha pelicula en branco e negro, segun asegurou Springsteen en varias ocasions. Este afeizoarase as vellas peliculas dos anos 30 e 40, e dali xurdiu a idea global do album. Todos os temas teñen unha pequena introducción instrumental que vai desenrolando posteriormente ata chegar o nudo e desenlace en forma sonora.
Alguns queren ver no sonido e "Born to run" influencias de Phil Spector na producción de sonido, o famoso "muro de sonido" do productor britanico; nembargantes coido que é o reves do plantexado o resultado final. Precisamente si por algo destaca este traballo é polo contundente sonido acadado en todos e cada un dos temas, onde se destaca cada instrumento no momento xusto, onde non se perden sonoridades opacas en florituras de arranxos esteriles. Temas redondos fabricados a partir de historias de todos os dias; de fracasos e ilusions; de soños e realidades; de persoaxes construidos a partir da realidade cotian da rua.
Oito temas compoñen o "Born to run". Dende o primeiro "Thunder Road", sabemos que estamos diante de algo que vai cambiar as nosas vidas para sempre; podemos sumerxirnos na voraxine de "Thent Avenue Freeze-Out", ou disfrutar coas historias desesperadas de "Backsteets", ou mesmo coller a mensaxe de "ultima oportunidade" de "Meeting across the river" (cecais o tema menos valorado de todo o disco), pero o todo en si, consigue unha obra global da que non sobra absolutamnete nada.
O disco foi lanzado en agosto do ano 1975, o mesmo tempo que Springsteeen e a sua banda tocaban cinco noites seguidas no "Roxy" primiero e no "Deslight" de Nova Iorque despois; estes concertos estan considerados hoxe por hoxe os cimentos nos que se acocha a fama de Springsteen nos seus directos; os catrocentos afortunados que poideron disfrutar cada noite deses concertos aseguran que foi algo para non esquencer na vida, tres horas e media e incluso catro horas de sonido contundente, salvaxe e agresivo como non se vira ata daquela, con Springsteen e a sua banda dando todo de si, sabedores que se xogaban o pelexo.
A Columbia puxo toda a pel no asador despois da critica de Landau, polo que o disco foi lanzado con unha campaña de publicidade de mais de 250.000 dolares, e a presencia de Springsteen ao mesmo tempo nas portadas de "Time " e "Newsweek" auguraban por onde ian os tiros.
O disco situouse rapidamente entre os mais vendidos pero nunca acadou o nº 1 nas listas; como moito chegou o 2º posto de Billboard, ainda que se mantivo mais de cen semanas entre os mais vendidos.
No noso pais tivemos que agardar varios meses o seu lanzamento, concretamente ata o mes de outubro non viu a luz; cecais foi un dos primeiros discos onde se incluian as letras traducidas o castelan da man de Diego A. Manrique. Tamén foi todo un exito, non tanto como noutros paises, pero entre os amantes do Rock daqueles dias a todos nos quedou o regusto de que estabamos a escoitar algo que seria indispensable no futuro, e ahí Jon Landau non estivo errado.
Como curiosidade, en setembro do ano 2009, Springsteen deu cinco concertos seguidos no Giant Stadium de New Jersey con todo o papel vendido con meses de antelación; pois ben, no primeiro dos concertos Springsteen e a E Street Band, a metade do concerto, atacou o "Born to run" integro, cos oito temas, un detras do outro, tal e como sairan no disco en 1975...pero esta vez en directo. Está recollido nun DVD non oficial, pero paga a pena conseguilo para disfrutar unha vez mais da boa musica.Con palabras maiusculas.

sábado, 12 de junio de 2010

ROCK,POLITICA E SEXO NOS 70'

Menudo cocktail explosivo, nonsi? Pois daquela, nos principios dos anos 70, xa vos podedes imaxinar o que podia ser. Para empezar: o rock éra subversivo, a politica estaba prohibida...e o sexo... pois eso ( é decir, non existia agás nas quentes imaxinacións daqueles que nos tocou vivir aquela época).
Nembargantes, esas tres premisas coincidian e cruzabasen bastante a miudo, polo cal non éra extrano que foran da man en moitas ocasións, ainda que hai que decir que caseque sempre con connotacións negativas. O poder é o que tén, e mais ainda vivindo baixo a bota opresora do franquismo. Moitos din agora que non éra para tanto; supoño que seran os mesmos que daquela vivian moi ben baixo o parauguas da dictadura, e que despois reviraron en "democratas" de toda a vida. Ja Ja...dictadura pura e dura éra o que tiñamos, e o que se movera non é que non saira na foto, non...directamente o trullo.
De todas formas, seguro que tedes vivencias de aqueles anos que hoxe fan que as lembremos con un sorriso nos beizos, ainda que non éran ningunha broma daquela.Vouvos contar algunhas delas.
NEIL YOUNG E ZUMA
Caseque todos xa sabedes que a primeira edición do "Zuma", do noso Tio Neil salira mutilada por mor das verbas finais que se pronuncian no tema "Cortez Cortez",cando chama a este "Asasino". Estamos a primeiros do ano 1975, e a Franco quedalle pouco tempo para espichala, pero asi e todo a censura franquista non deixa pasar unha. E  tocoulle a Neil Young como lle tocou a moitos outros.
Pouco despois da morte de Franco, editouse xa co tema completo; pero aqueles primeiros exemplares son un dos botins mais codiciados polos coleccionistas afeizoados ao Rock.

JETHRO TULL (AQUALUNG)
A portada do mendigo facendo un corte de mangas ao persoal podia valer xa para os censores para evitarlle pesadelos os nenos; pero non éra eso. A concepcion da obra de Ian Anderson sobre  a imaxen de Deus e o home foi mais que suficiente para que insignes "opusdeistas" conseguiran que o disco non se publicara no noso país. E eso fixo que a obra de Jethro Tull fora unha das mais buscadas polos seguidores do Rock; de Londres, Paris, Perpignan,ou grabacións caseiras que pasaban de man en man, fixeron de "Aqualung" un dos discos mais famosos sen editarse entre nós.
O seguinte disco de Jethro Tull tamén chegou con polemica. Tratabase do "Thick as a Brick", un tema que ocupaba as duas caras do disco e que se editou sen problemas aqui. Pero de fora chegaban comentarios que non nos aclaraban nada, case seguro que nos facian mais confusa a cousa. Deciase,(rumoreabase), que o neno de 8 anos da portada  (ese con cara de pillaban, loiriño e con lentes)de nome Little Milton deixara preñada a moza que aparece sentada detras del ( si, esa a que todos mirabamos si é que se lle vian as bragas, ou si éra un bañador o que levanba posto). O neno en cuestión éra o autor da letra que Ian Anderson lle puxo musica, e enton ainda nos faciamos mais preguntas, claro. Anderson tivo que aclara-lo decindo que todo era un invento de el, e que nin existia Little Milton nin este escribira o texto.Pero a censura non se debeu de enterar desto e o disco pasou sen problemas as estanterias das tendas.
ROLLING STONES (STICKY FINGERS)
Os Stones sempre foron dos que habia que buscarlle tres (ou cinco) pés ao gato.O seus discos sempre chegaban con mais retraso do habitual (o habitual éra entre cinco a doce meses), pero o final chegaban.
O que non chegou, ata que o Valle dos Caidos recibiu xa por un tempo longo ó seu principal inquilino, foi a portada do "Sticky Fingers". A orixinal xa a coñecedes todos agora en CD. Pero cando saiu en Vinilo foi censurada e cambiada totalmente no noso pais. Na orixinal, unha gramalleira autentica de pantalón vaquero podiala subir e baixar ( unha autentica obra de arte); aqui en troques foi sustituida por unha portada de un bote metalico de marmalada do que xurdian unhos dedos pringosos dela (dahi o titulo); o noso país foi o unico do mundo que editou esta portada polo que tamén converteuse en peza de coleccionistas.
O mesmo tempo que se sustituia a portada, tamén se eliminou o tema "Sister Morphine", por outro titulado "Let it rock". En este caso salimos gañando pois a calidade de este tema é moi superior o eliminado, pero a concepción orixinal do disco foi destrozado.
Un amigo meu tiña este disco, e cando quixo saber o que lle daban por el nunha tenda de discos, ofrecianlle 3€ por el. Quedou con cara de parvo, e cando lle explicou que esa portada éra unica o "vendedor" nin tan siquera sabia de tal feito. Mais tarde chegaron a ofrecerlle ata 150€ en outro lugar de compra-venda de discos.
Cando se editou aqui en CD, a portada orixinal faltaballe o esencial, é decir, o sube-baixa da gramalleira, polo cal toda a orixinalidade ficaba en nada.
OUTROS
Os tres anteriores cecias sexan os mais coñecidos  en canto a censura de aqueles tempos.pero houbo moitos mais. En alguns casos, cando non gustaba o que decian sustituiase por pitidos ou ruidos raros que non viñan a conto. E o caso da famosa "American Pie" de DON McLEAN que na ultima estrofa nomeaba a santisima trinidade e no seu lugar puxeron un pitido.
A DAVID BOWIE tamén lle tocou lidiar coa censura: o seu disco "Aladin Sane" rezumaba sexo por todas partes e quixeron eliminar varios temas, entre eles "Let's Spend The Night Toghther" unha version dos Rolling Stones que xa fora publicada aqui sen problemas. Bowie negouse, en un xesto que o honra, e o disco non foi publicado ata o ano 1976.
O unico disco do primeiro supergrupo que existiu, BLIND FAITH, era unha xoia para aquel que o tivera. Foi prohibido pola sua portada na que aparecia unha adolescente mostrandoun peito. Aqui nin houbo a oportunidade de cambiala por outra: disco enteiro e nada mais.Posteriormente falouse que a rapaza éra filla de un dos membros do grupo, en concreto de Rick Grech.
 THE WHO, tamén se toparon coa censura en varias ocasions. O seu disco Who's Next tivo que cambiar a portada porque parecia que mexaran nunha rocha que estaba detras deles; cambiarona por unha foto de unha actuación en directo. Tamén cando se editou "Quodrophenia",no libreto que acompañaba o disco, habia unha foto na que se via a habitación do protagonista e contra a parede unha chea de mulleres espidas...pois unha por unha foron retocando todas as fotos, e asi taparonas a todas.
LOU REED na sua época mais tola viu como se prohibia o seu tema "The Kids" polo contido sexual que mantiña; e posteriormente a famosa "Heroin" do seu disco "Rock'n'Roll Animal" foi eliminada por outro tema do "Transformer".
Black Sabbath, Brian Eno, New York Dolls,Johnn Lennon, Caravan, The Doors, Chicago, Jimi Hendrix, e un longo etcetera, figuraron nos perigosos personaxes que lle podian facer dano a dictadura si se escoitaran as suas cancións, ou se viran as portadas que as sustentaban. Ata aqui houbo dous casos (aparte dos cantautores, como Raimon, Llach, e todos os que proviñan das diferentes nacións do Estado) que chamaron a atención:por unha banda "Los Brincos" editaron o seu ultimo traballo "Mundo Demonio y Carne", con unha portada para España e outra distinta (non admitida aqui) para o resto do mundo, e por outra banda, o grupo "Doctor Pop" tivo moito exito con unha canción chamada "Lucia" na que  se falaba do ben que o pasaba unha moza moderna e botada para diante...a cousa non teria importancia si non fora que o titulo orixinal éra "Sofia" e parece que o nome da actual raiña dos hespañois non podia estar en boca de todos.

VIVENCIAS PERSONAIS
Si esto éra na teoria, un tamén pasou alguns momentos que hoxe lembro con unha gargallada pero que daquela metia o medo no corpo que non vos podedes imaxinar.
Os "puerros" ( como asi se chamaban antes os canutos, e a min nunca me gustou eso de "porros") xugaron algun sobresalto naqueles anos en que escomenzaba a agromar as primeiras pingas de liberdade. Conseguir un pouco de "maria" ou "chocolate" éra unha experiancia que pasaba por varios pasos e moitos contactos. Podian pasar 20 días dende que dabas o diñeiro ata que recibias a "mercancia". Non éra coma hoxe que vas a esquina da rúa e encontras o supermercado da droja. Daquela habia que pasar moitos filtros para conseguir un "puerro".Ademais, en Donostia,onde vivia daquela,a cousa misturabase moito coa politica,e quen mais quen menos andaba a enredar en grupos "politicamente non recomendables".
Unha vez que o acadaramos,estabamolos fumando dentro de un coche un colega ("Garra" canto tempo sen saber de él) e mais eu mentras escoitabamos o disco recien chegado de Patti Smith "Horses", e ademais leiamos as letras do disco que traducira. Tiñamos os xanelas pechadas, evidentemente, polo que o interior do coche parecia unha fumata branca que non vexas. De supeto escoitamos como unha man peta contra o vidro da xanela do conductor onde estaba o outro colega, dalle a manivela para baixala e vemos  a dous "grises",que primeiro nos piden a documentación e despois os papeis que tiñamos nas mans. Polo ventaniña debia de sair tal peste de "dulce maria" que debia de chegar ao mar polo menos. Os papeis falaban de Cabalos, Glorias, e demais titulos do disco polo que non debian de ser papeis "subversivos" que eles andaban a buscar, ou polo menos non entendian de que ia a cousa, pero nós estabamos mais acojonados que non vos imaxinades. Xa nos viamos no trullo por traficantes e por atentado contra a saude. Pero non nos dixeron nada, a pesar de que se miraban un o outro como preguntandose de onde viña aquel olor  que se podia cheirar en varios metros.
En outra ocasión foi o reves: en pleno Boulevard de Donostia, eu co meu seiscentos de primeira xeneración ( fixadevos como éra, que para arrincalo habia que poñer a chave no contacto, e despois tirar coa man de unha tira que ia ao lado das marchas), unhos vinte grises mandan parar; no cassete a todo volume o "hurricane" de Bob Dylan. Sacaron os asientos dianteiros e traseiros ata que atoparon unhos 200 exemplares de unha publicación clandestina. Na portada un comic de "O Carrabouxo" que daquela non éra nin a metade de famoso que hoxe.Eu xa me via no calabozo do Antiguo,a temida sede da Garda Civil onde sabias como entrabas pero non como salias.Enton escoito como un dos numeros da Policia lle di ( con un acento galego da Fonsagrada polo menos)o que mandaba aquela tropa: "Dejalos, que estos son ye-yes y andan con tebeos".Jajajajaja.
Tamén lembro con devoción o primeiro concerto importante o que asistin: Rory Gallagher, ano 1975; duas horas e media de autentico Rock, do que saimos exahustos e sudando despois de admirar unha e outra vez o equipo do guitarrista irlandés. 200 pesetas a entrada.
Unha semana despois tocaban Status Quo polo mesmo prezo pero a cousa rematou como o rosario da aurora:unha hora escasa e sin bis algun o grupo retirouse e non volveu. Escomenzaron a voar latas e botellas (daquela podias ir con calquer cousa os concertos)  ao equipo do grupo ata deixalo completamente esfarelado. Sentimonos estafados despois do bon rollo que tiveramos con Rory Gallagher.
Varios meses despois eran "Genesis" quenes se subian o escenario,pero daquela non poidemos ir a velos. 600 pesetas para un rapaz de 19 anos eran moitas pesetas daquela e cagamonos non sei cantas veces no Gay Mercader que éra o responsable de poñer ese prezo. Eso non foi nada cando o ano seguinte por ver os Rolling Stones en Barcelona pedian MIL PESETAS.Miña nai que cabreo pillou o persoal.O Marcader venderase o imperio; xa non éra o que tiña que ser...
Conformabamonos coas cronicas do Disco-Express (outro dia falarei desta revista porque o merece) e da reciente Vibraciones.En elas contaban como Carlos Santana dende o escenario pedialle a xente que non lle pegara a Policia que acababa de interrumpir o seu concerto na Praza de Touros...seica a Policia tamén eran "hijos de Dios" decia; éra cando lle dera polo rollo mistico do disco "Love, Devotion and Surrender".
Patti Smith no seu primeiro concerto en Barcelona ensinaba un peito " a los reprimidos españoles"; Lou Reed tamboleabase tamén en Barcelona cando saiu o escenario despois de meterse unha boa dose de heroina no corpo antes do concerto; o escandalo foi maiusculo. Queen triunfaba (como non , en Barcelona tamén) tendo a Brian May como figura estelar do concerto;ainda non eclosionara a figura de Freddy Mercury.
En fin cantas lembranzas meu deus....e que ben o pasei recordandoas.
Saude

miércoles, 9 de junio de 2010

INCREIBEL...PERO CERTO

                                                                                                                                   
Cando Xabre, amigo de pouco tempo pero de longo recorrido, me comunicou en un correo que os CRAZY PONYS tocarian nas Festas do Apostolo, en Compostela o día 27 de xullo, mais concretamente na Praza do Toural as dez da noite de ese día, non daba creto o que estaba a leer. Pero caseque o mesmo tempo recibia outra comunicación de KingMatt, outro membro dos Ponys, na que se confirmaba a noticia.
Os Crazy Ponys, que evidentemente estaran na Rust Fest de Valdoviño (eles son a alma da Rust Fest), dan asi un salto cualitativo e cuantitativo que non ten retorno. Ali, en Compostela demostrarán a tod@s a forza que atesouran dentro deles. Ali, en Compostela, algún descubrirá por primeira vez a Neil Young, e si o descubre, será para sempre xamais.
Non vós preocupedes Crazy's; estaremos con vós, ali, en primeira fila; como tén que ser; non vós deixaremos solos en esta primeira experiencia alén da vosa terra; ademais dez dias antes estaredes acompañados por todos os amigos da praia, que a ben seguro vós darán a forza necesaria para demostrar o que valedes, e para que moitos vexan cal é a vosa razon de existir: a musica de Neil Young.
Deixovos o enlace da paxina do grupo. Ali podedes escoitar e incluso ver alguns dos temas nos que estan a traballar agora mesmo, e co novo jalpón que agora teñen para os seus ensaios ben seguro que todo os vai sair caralludo. http://www.crazyponys.blogspot.com/
Arriba Crazy's

LIVE JOHNNY WINTER AND



Estamos no ano 1971, cando apareceu o disco grabado en directo por Johnny Winter e a sua banda, chamada curiosamente And.

Un disco grabado o ano anterior no Capitol Theatre de Nova Iorqe e no Pirates Word de Dania e que recollia toda a forza explosiva do albino en directo, onde desenrolaba o seu amor polo blues electrico e o homenaxe ao Rock and Roll de sempre.

Seis temas unicamente contiña o disco que viña a durar caseque 45 minutos de intenso blues, o gran amor de Johhny durante toda a sua vida.

Era o seu terceiro traballo despois de dous albums en estudo. O primeiro viña co titulo de "Johnny Winter". O seguinte seria o "Second Winter", e despois viña este que os seus seguidortes esperaban con ansia xa que era ao vivo, en directo onde se podia capturar toda a esencia da forza desenrolada por Johnny Winter no cenario. E non fallaba en ningun tema. Escoitade o "Mean Town Blues", once minutos de pulidas guitarras a ritmo de blues misturados coa voz sempre sorprendente de Johnny.

E de recoñecer o acompañamento que durante anos tivo Winter na sua banda. Primeiro co seu irman Edgar, e despois sobretodo con Rick Derringer, outro fenomenal guitarrista de rock e blues que incluso foi coproductor de este disco que falamos.

A sua adiccion por un tempo a heroina non foi obstaculo para que Johnny desenrolara unha carreira chea de exitos dentro do circuito do blues electrico; foi memorable a sua actuacion no festival de Woodstock ,recentemente publicado en CD, asi coma os directos en outros festivais onde xa era considerado unha lenda .
Mantivo sempre unha gran amizade con Muddy Watters, do que se considera un alumno seu do seguimento do blues. Incluso chegou a producir varios discos do mestre do blues. Ao reves que ocurreu en Gran Bretaña coas bandas de blues branco, Johnny Winter mantivo coma esencia a escola de Chicago, con un sonido agresivo e pulido, sostendo a sua base ritmica con baixo e bateria e sempre acompañado doutra guitarra que podia ser ritmica en un intre e solista noutro, tal como él facia....i é curioso que cecais Johnny Winter sexa o xenuino representante da escola primixenia do blues, sendo branco e albino para mais señas.

Os dimes e diretes do circo do Rock falan que con 16 anos Johnny Winter subiu ao escenario durante unha actuacion de B.B. King ( outros din que se trataba de Muddy Watters) e usou a propia guitarra do rei do blues mentres este alucinaba co virtuosismo do albino. I é que se trata de un virtusismo onde o mais importante e o sonido limpio e amplificado da sua guitarra. Podedes escoitar centos de temas de Johnny Winter e sempre oiredes a sua guitarra en primeiro plano nitida, afinada, con un sonido pulido o maximo, xogando coas notas en replicas e contrareplicas con Derringer ou replicandolle o baixo de Randy Jo Hobbs

Aparte do blues, este disco e unha adicatoria directa a vellos titulos de Rock and Roll mais primitivo: abrese o disco con unha versión do "Good Morning Little School Girl"; hai tamen un medley no que nos atopamos o "Great Balls of Fire", "Long Tall Sally" e "Whole Lotta Shaki'n Goin On"; o disco remata con outra version, en este caso o "Johnny B. Good", e incluso se permite o luxo de redescubrir unha version antoloxica do "Jumping Jack Flash" dos Stones, e podedes estar seguros que unha vez que escoitedes este version esquenceredes para sempre a magnifica creación de Jagger e Richards por esta outra .

O longo da sua carreira sempre foi afeizoado a recrear temas de outros musicos: asi como o fixo cos clasicos do blues, tamen foi capaz de facelo con Bon Dylan en varias ocasions e sempre nos sorprende con ese sonido impecable de unha das mellores guitarras que deu o blues electrico.
Ten multitude de traballos editados nos mais dos 30 anos que leva de carreira, con mais ou menos algún altibaixo, pero sempre sendo honesto consigo mesmo. No 2004 editou a sua declaración de principios despois de varios anos sen publicar: "I'm a Bluesman", e posteriormente a sua discografica escomenzou a publicar a "Bootleg Serie's" onde debe ir en este intre polo número 9. Caquera deles é recomendable, pero aconsellovos que si queredes escoitar algo representativo, escomencedes por este disco do que falamos.
Aqueixado de unha enfermidade dexenerativa, os últimos anos leva traballando no escenario con unha lugubre posta en escena, sinxela, e faino ademais sentado durante todo o tempo. Pero mentres a enfermidade non lle afecte a suas mans podemos estar seguros que escoitaremos a un dos mellores guitarras de todos os tempos.
Este ano de novo, tal como fixo o ano pasado, ven facer unhs cantos bolos onde nós. Madrid, Barcelona, Bilbao, Cordoba e Valladolid son algúns dos lugares onde vai tocar. Si podedes, e vos apetece,achegadevos a velo. Seguro que non vos defraudará.

martes, 8 de junio de 2010


ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE
ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE
ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE
ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE

BRUCE BERRY ERA UN TRABALLADOR
CARGABA ESA CAMIONETA ECOLINE
TIÑA UN DESTELLO NA SUA MIRADA
PERO TIÑA A SUA VIDA NAS SUAS MANS
BEN, CANDO A XENTE XA SE FORA E AVANZABA A NOITE
EL SOLIA TOCAR A MIÑA GUITARRA
E CANTABA UNHA CANCION COA VOZ TEMBLOROSA
TODO ESO ERA TAN REAL COMOA QUE O DIA ERA LONGO

ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE
ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE

DENDE MOI CEDO POLA MAÑAN, AO ROMPER O DIA
EL DORMIA ATA POLO SERAN
SI NUNCA O OICHEDES CANTAR
ASEGUROVOS QUE NON PODEREDES FACELO XA AGORA
PORQUE DEIXADEME QUE VO-LO DIGA:
CHEGOUME UN ESCALOFRIO QUE ME PERCORREU O ESPIÑAZO
CANDO DESCOLGUEI O TELEFONO
I ESCOITEI QUE MORRERA DUNHA PINCHA NA VEA

ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE
ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE

BRUCE BERRY ERA UN TRABALLADOR
EL SOLIA CARGAR ESA CAMIONETA ECOLINE
BEN, DENDE MOI CEDO POLA MAÑAN, CANDO ROMPIA O DIA
EL SOLIA DORMIR ATA POLO SERAN

ESTA NOITE É A NOITE ( SI, SI QUE O É), ESTA NOITE É A NOITE
ESTA NOITE É A NOITE, ESTA NOITE É A NOITE

domingo, 6 de junio de 2010

GRATEFUL DEAD:EUROPE 72






Cecais sexa un dos meus tesouros musicais que gardo con mais agarimo. O triple en directo "Europe 72" en vinilo dos Grateful Dead.



Os Grateful Dead sempre foron dos "meus". Dende a primeira vez que escoitara falar deles chamarame a atención a sua forma de ver a vida. Seica éra a banda alternativa mais solida de San Francisco.Levaban a practica a sua forma de pensar e de vivir.E ainda hoxe en día siguen en elo. Cousa ben dificil no circo do Rock...pero eles eran, e son, asi.



Seguen a ser unha das bandas con mais seguidores que existen nos USA. Seguen a grabar discos i editando vellos arquivos.



O "Europe 72", foi un dos primeiros, senon o primeiro, disco triplo gravado en vivo. As actuacions levadas a cabo en varias cidades europeas foron captadas para a posteridade neste traballo. Era o seu terceiro disco, e o primeiro en directo para os Dead, que era ahi,en vivo, onde desenrolaban todas as sus magneficencias como musicos. Non se limitaron a editar temas xa coñecidos, senon que durante a xira presentaron novos temas e foron editados en disco.



O seu tipico son, nunca estridente a pesares de ser unha chea de musicos, desenrolabase con esas bases folk e arranxos tradicionais asentadas no blues en longos episodios onde as guitarras exercian a sua tirania para levar a banda a temas de vinte ou trinta minutos sen despeneinarse.



As armonias vocais da banda eran parte da sua forza; pero a pesar de ser e considerarse unha banda de Rock and Roll, nunca entraron no xogo de desmelenarse musicalmente...sempre ritmos lentos e apurando ao maximo base ritmica para que os guitarras ( ata tres en algun intre) levaran a cabo as suas fantasias.



Jerry Garcia éra o carisma inconfundible da banda. A lenda di que cecais sexa o descendente de galegos con mais autoridade no Rock en toda a sua historia. Parece ser que o seu abo emigrou dende algun punto da provincia de A Coruña a principios do seculo XX. Outras fontes relacionan os Garcia dende Ribadavia (Ourense), pero o que está claro e constatado é que o seu pai foi musico de jazz...e de ahi lle veu ó fillo a sua herencia.



Dos "Dead" (como lle din nos USA) contanse moitas historias,algunhas delas teñen o LSD e outras sustancias como protagonistas. É famosa a anecdota(non sei si certa ou non) das malas relacións que existiron entre eles e os Credence de John Fogerty. Parece ser que en un dos Festivais de finais dos anos 60, os Dead tocaron durante mais de tres horas seguidas so catro temas...longos como noite de lobo...e acompañados de moito acido entre os musicos e os asistentes o concerto; de tal xeito, que cando despois subiron os Credence non habia forma de poñer a peña en xogo:estaban durmidos e obnubilados despois do concerto dos Dead.Dende aquela non volveron a toparse en outro festival.



No disco de "Europe 72", non so escolleron temas propios, senon que grabaron versións de varios clasicos do blues,como Elmore James, Willie Dixon, Tim Rose ou Hank Williams;asi como algun tema tradicional folk con arranxos propios deles (I Know You Rider).



Moitos dos temas do disco estan asinados por Jerry Garcia e Robert Hunter; i é curioso porque Hunter non foi musico nunca pero si compositor i estaba considerado un membro mais da banda.



O disco foi o ultimo no que aparece Ron "Pigmen" McKerna, que morreria o ano seguinte por unha sobredose, pero mantén o que se considera o sua formación clasica por autonomasia: Jerry e Bob Weir as guitarras,Phil Lesh no baixo, McKerna organo e harmonica; Bill Kreutzman na bateria; Keit Godchaux ao piano,e a sua dona, Donna Godchaux como voz.



Co ambiente musical existente na bahia de San Francisco en aquel tempo, non éra de estranar que Jerry Garcia e outros membros dos Dead ocuparan o seu tempo en outros proxectos musicais ó mesmo tempo que na sua banda. Asi Jerry ainda tiña tempo de grabar e tocar cos Quicksilver Messenger Service, asi como editar un doble disco con versions de Bob Dylan como Jerry Garcia Band (moi recomendable por certo); Bob Weir pola sua banda ainda mantiña amizade cos membros dos Jefferson Airplane como para grabar algun tema de Hot Tuna que éra o mesmo tempo outra formación xurdida dos Jefferson.



Como vedes a historia da para moito..pero cecais mais adiante podamos volver a ela. Polo de agora recomendovos que si tedes ocasion os poñades os cascos e disfrutedes de este historico "Europe 72"

martes, 1 de junio de 2010

1º RUST FEST WAITING FOR NEIL




Como non podia ser de outra forma, por fin vaise celebrar o 1º Encontro de rustis de todo o Estado...e vaise celebrar en Galicia polo tesón e o empurre de persoas como Xabre e toda a panda de Valdoviño que forman os "Crazy Poneys", grupo de culto xa, para todos aqueles que aman a musica de Neil Young.


E vai ser no marco incomparable de Valdoviño, a 13 kms o norte de O Ferrol, coa sua praia, a sua lagoa da Frouxeira como testemuñas de este acontecemento que vai marcar un antes e un despois para todos os que estan interesados na traxectoria do musico canadiano.


Haberá proxeccions de pelis, micros abertos, charlas...e sobretodo pola noite dous concertos cada dia. O programa podedes acceder dende a paxina do blog que xa está colgado na rede: http://rustfestival.blogspot.com/


Ali, durante os dias 16 e 17 de xullo, imos compartir amizade, ilusión, emocions e sobre todo libertade para aquelo que todos os rustis amamos.


Non podes faltar...non deixes que cho conten.