miércoles, 9 de junio de 2010

INCREIBEL...PERO CERTO

                                                                                                                                   
Cando Xabre, amigo de pouco tempo pero de longo recorrido, me comunicou en un correo que os CRAZY PONYS tocarian nas Festas do Apostolo, en Compostela o día 27 de xullo, mais concretamente na Praza do Toural as dez da noite de ese día, non daba creto o que estaba a leer. Pero caseque o mesmo tempo recibia outra comunicación de KingMatt, outro membro dos Ponys, na que se confirmaba a noticia.
Os Crazy Ponys, que evidentemente estaran na Rust Fest de Valdoviño (eles son a alma da Rust Fest), dan asi un salto cualitativo e cuantitativo que non ten retorno. Ali, en Compostela demostrarán a tod@s a forza que atesouran dentro deles. Ali, en Compostela, algún descubrirá por primeira vez a Neil Young, e si o descubre, será para sempre xamais.
Non vós preocupedes Crazy's; estaremos con vós, ali, en primeira fila; como tén que ser; non vós deixaremos solos en esta primeira experiencia alén da vosa terra; ademais dez dias antes estaredes acompañados por todos os amigos da praia, que a ben seguro vós darán a forza necesaria para demostrar o que valedes, e para que moitos vexan cal é a vosa razon de existir: a musica de Neil Young.
Deixovos o enlace da paxina do grupo. Ali podedes escoitar e incluso ver alguns dos temas nos que estan a traballar agora mesmo, e co novo jalpón que agora teñen para os seus ensaios ben seguro que todo os vai sair caralludo. http://www.crazyponys.blogspot.com/
Arriba Crazy's

4 comentarios:

KingMatt dijo...

Moitas Grazas polo apoio, Xan.
Desexamos estar á altura.

Apertas.

Xabre dijo...

Que escondido andabas rapas!!!
jrasias con j e seseo, coma se fora meiriño, que ao mellor o son......
Sigoche dende agora mesmo.

korni dijo...

soy antonio cantante de los crazyponys, encantado de conocerte y gracias por el apoyo mostrado.- espero poderte conocer en persona pronto¡. ya veo que te mola johnny winter, seguro que coincidiriamos en el concierto que dio en pontevedra no¿ un saludo.-

Xan dijo...

korni: pois si, claro que coincidimos en Pontevedra vendo ao vello Johnny. Antes de que se vaia éra unha oportunidade que non se podia perder un...é seguro seguro que nos coñecemos en valdoviño dentro de pouco.
xabre: o do blog nin sei como funciona; son tan chaiñas en esto que nin aparece nos buscadores poñendolle o nome enteiro; pero é algo que fago con moita ilusión, como seguramente xa saberas.
kingmatt: seguro que non defraudades si o facedes co corazon...é de eso, sobravos.
Moitas apertas a todos, e moitas grazas.
Xan