domingo, 24 de octubre de 2010

ROCK OF AGES (THE BAND)

Ben, temonos que poñer en onda. Asi cando falamos de Neil Young ou Bob Dylan, polo menos para min,  hai que atinar para empregar as verbas axeitadas, con The Band, ven a ocurrir caseque o mesmo. Hai que poñerse serios porque é moito o que estes catro canadianos e un estadounidense teñen aportado ó Rock.
Cando fai unhos anos se volveu a falar da "american music", da "roots music" en busca das raigames do mais profundo dos USA no que a musica popular se trataba, puxose de moda rastrexar no fondo de armario desta musica, sen decatarse de que o traballo xa estaba feito facia moitos anos.
Robbie Robertson, Rick Danko, Richard Manuel, Levon Helm e Garth Hudson; velaiqui ós vellos The Hawks que acompañaron a Ronnie Hawkins durante anos polas suas xiras na sua Canada natal; ata que sonou a flauta, claro; ata que toparon con un poeta metido a musico que proviña de Duluth e que andaba a percura de unha banda de rock, electrica, dura e pesada para acompañalo por unha xira que ia a trocar o futuro do Rock.
Dylan necesitaba a esta Banda, queria poñer en practica aqueles sons que rebulian na sua testa tola; non o tiña nada doado xa que o experimento que probara fixo que os seus seguidores ( ou polo menos moitos deles) lle deran a espalda; pero teimudo como éra Dylan, non dubidou en poñerse en marcha por todo USA e Inglaterra durante o ano 1966 para presentar en sociedade a sua Revisitada Autopista 61. E ali estaban os The Band (ainda sen ese nome) para acompañalo. Dias tras día aturando os pitos e marmullos de unha parte do publico; eles estaban en Manchester, naquel 1966, cando alguén dende o publico lle chamou "Xudas" a Dylan, ao que este solo respondeu. "Non te creo", para despois pedirlle á banda que "tocade o mais forte que podades" e puxeronse co "Like a Rolling Stone".
Daquela xira tan dura da fé o feito de que o bateria Levon Helm abandonou un día, canso de escoitar as queixas noite si e noite tamén. Pero a "unión" da banda e o poeta xa éra un feito.
Tivo que caerse da famosa moto, para que Dylan abandoara os cenarios durante unhos anos e asi poder adicarse e coller folgos para unha nova etapa. Cousa que tamen fixeron os membros da Banda. Perto de onde Dylan vivia, alugaron unha casa (a famosa Big Pink, en Woodstock) e ali pasaron unha boa tempada en compaña dos seus instrumentos...e de Dylan, que de vez en cando tamén se deixaba caer por ali.
E de ahi, de esa casa, sairon duas obras de arte."Music from Big Pink" (The Band 1968) e "Basement Tapes" (Bob Dylan &The Band 1976).
Co seu primeiro disco, The Band indicaban o camiño escollido. Mistura de rok&roll primitivo, country root, moitas melodias vocais, blues a pingas contadas...unha deliciosa melodia no que os instrumentos non son a veces os que estamos acostumados a escoitar en unha banda de rock: violins, acordeions, timbales, tuba, trompetas...éra como unha inmersión no mais profundo do mundo rural americano.
Un ano despois volveron a carga co seu segundo disco. Impecable dende a famosa portada onde se ve o grupo como cinco vellos paisanos desarraigados cos suas vellas roupas de faena. "The Band", sinxelamente ese nome xa indicaba todo. Xiras e xiras por todo o mundo i exitos de singles e albums caian un detras doutro.
Despois foi o "Medo escenico" ("Stage fright") para redondear unha triloxia impecable no seu conxunto.
Triloxia que se pode fornecer en este "Rock of Ages" do que estamos a falar.En directo, no ano 74, 18 temas que percorren a sua esplendorosa carreira dos cinco primeiros anos; aparte de , "The nigth they drove old Dixie Down", "Across the great divide", "This wheel's on fire", "Rag mama rag", "The weight", e moitos mais, ainda incluian outros temas como o magnifico "King Harvest" ou "Caledonian Mission";  na edición en CD do ano 2001 incluironse 10 temas mais ,como "I shall be released" "Up on Cripple Creek", e catro deles en compaña de Dylan: "Down in the Flood", "When i paint my masterpiece", "Don't ya tell Henry" e rematan con "Like a Rolling Stone"...indescriptible porque non se coñece outra verba que mellor represente o son e a forza de esta Banda.
The Band reeditaron moito material posterior ao seu "Last Waltz" famoso; a sua despedida en cine é un dos documentos que mellor gardan o paso dos anos; todos os convidados a esa reunión expresan admiración e respecto polos cinco membros da banda como mestres de unha musica enraizada no mais fondo deles; pero este "Rock of Ages" cecais recolle o seu espiritu mais primixenio; a forza expresiva a traveso de musicos profesionais que tiñan unha carga historica e que debian de expresala como mellor debian.
The Band foron un dos grupos con mais presencia mediatica nos medios especializados durante a sua existencia.Os seus temas son inmediatamnte recoñecidos; teñen un "aquel" que soan a The Band. As diferentes personalidades da banda confluien en un armonioso final que os confire un son propio. A pesar de que non habia unha voz en exclusiva; Levon Helm canta en moitos temas; pero en outros será Richar Manuel ou Rick Danko os encargados de poñerlle voz, dependendo do tipo de tema, da melodia, da sinerxia propia de cada un; ainda que sexa Richard Manuel o que mais veces puxo a sua voz a servizo do grupo.
No ano 1986  faleceria Richard Manuel, despois de longo tempo pelexando por a sua adiccion ó alcohol; moitos grupos de rock teñen a Manuel como unha das suas referencias; Eric Clapton, The Call, Counting Crows ou Drive by Truckers nun intre ou outro deixaron a sua homenaxe a este home de sinxela apariencia, de predicador evanxelico que chamaba as portas do ceo cando tocaba o piano, as congas, o clarinete ou calquera cousa que selle puxera por diante.
Anos despois,a morte chamou as portas de Rick Danko, baixo, guitarra e multiinstrumentista da banda que recompuxera a sua carreira formando parte de varias bandas e volvendo taména tocar con The Band no seu retorno en 1993.
Levon Helm sigue ó pé do cañon producindo e traballando en solitario sobre a base do country e o rock&roll; recoñecido pola sua influencia por todos os entendidos e lembrado sempre pola sua particular voz en aqueles temas country tan axeitados os tempos da banda.
Garth Hudson segue a tocar o organo en multiples traballos; cecais sexa o que tiña unha educación musical mais completa do grupo. Dice a lenda que para que The Band se tomaran as cousas en serio, ó principio de todo, cobraballe os demais membros do combo 10 dolares por cada clase musical que lles daba. A sua influencia pola musica clasica non foi obice para que pasara a ser un dos maiores virtuosos nos teclados e que a base  jazzistica influira no grupo definitivamente.
Por fin Robbie Robertson, o guitarra, é recoñecido polos multiples traballos desenrolados despois da sua marcha do grupo. Foi o unico que non volveu no ano 1993 como The Band; a sua particular forma de tocar a guitarra, e a sua excelsa calidade compositiva fixo que asinara mais do 90 % da produccion do grupo como autor dos temas; tén escrito musica para bandas sonoras e tamén se adentrou en proxectos mais complexos con musica mais experimental, deixando de lado a musica popular pero mantendo unha calidade envidiable.
Podiase falar longo e tendidode The Band, pero seguro que o faremos mais adiante cando toquemos mais temas xa que a influencia de este grupo no Rock marcou toda unha época.
Como homenaxe a eles podedes escoitar o seu "King Harvest", un tema que para Greil Marcus, é o mais representativo de este grupo que se chamou The Band.

miércoles, 13 de octubre de 2010

PAXARO BRANCO

Temos que retroceder no tempo para atoparnos con un grupo que na sua inxenuidade puxose por nome "It's a Beautiful Day".E atopar tamén unha portada tan inxenua como a representada en esta entrada.
Como non, éran os finais dos 60. Un grupo da Costa Oeste (San Francisco off couse),seis membros, entre eles duas mulleres; unha Linda LaFlamme a cargo dos teclados en todas as suas vertientes; outra Patti Santos,voz (esta vez si que se pode decir que anxelical), tambor, campás...; por outra banda, o fundador David LaFlamme, voz e violin; con este bagaxe, acompañaban o grupo Hal Wagenet na guitarra, Mitchel Hollman o baixo e Val Fuentes na bateria.
O tema que podedes escoitar o final de este artigo é "White Bird", que abria o album homonimo do grupo, e tamén a sua presentación en sociedade. Si o soño hippie estivo algunha vez o alcance das mans, seguro que este tema é o mais representativo do perto que estivo. Entre as voces de Patti e David, o violin de este ultima, e a atmosfera creada polo resto do grupo podemonos sumerxir nun soño que ben seguro non quixeramos espertar.Como si o tempo se detivera para poder gozar coa musica; como si non existira algo mais alá das melodias e os ritmos creados polo grupo.
O disco contén solo sete temas no que percorre a psicodelia e o folk da Costa Oeste de aqueles anos. Temas tan atraintes como "Bulgaria" "Time", ou "Hot Summer Day" deixannos coa impresión de que si que podia ser "Un Dia Maravilloso" cada vez que os escoitamos.
Como anecdota,contar que o tema que abria a cara B do disco, ""Bombay Calling" foi "fusilado" no seu escomenzo polos Deep Purple no seu tema "Child", algo que o propio Ian Gillam recoñeceu no seu momento. Podedes escoitar os dous temas e vos mesmos decidir; pero mentres deixovos con este "Paxaro Branco" que nos fai soñar.

sábado, 2 de octubre de 2010

TODOS QUEREN A UN BORRACHO

Si os nenos e os borrachos son os unicos que din a verdade, que menos que adicarlle un tema a eles,nonsi? En este caso adicallemosllo os "drink man" con este tema de principios dos 70, ; e como ademais concorda moito con unha recente entrada no blog dos Crazy Pony's,onde fixen unha promesa, pois o prometido e deuda.(Para mais pistas ir o comentario meu da ultima entrada en www.crazyponys.blogspot.com)

Aquel que primeiro acerte que grupo é o que toca este tema, levará unha botella de licor café , made in "a miña terra", que é a terra onde se fai o mellor licor café do mundo mundial.
Asi que xa sabedes...a probar sorte, porque por outra parte o tema está moi recomendabel.

viernes, 1 de octubre de 2010

ME CAJOOOOO NO LANOIS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡


Que non vos asuste o titulo de esta entrada. Vai solo por mister Lanois e a sua paranoia polos efectos de sonido.
"Le Noise", do meu queridisimo Neil Young é un gran disco.Non hai ningunha dubida o escoitalo por primeira vez; grandes temas, excelentes cancións, sobria presentación....pero o sonido????????. Non sei, non me acaban de cuadrar esos efectos finais de algun dos temas, nos electricos sobretodo nos que se alonga o tempo como en unha agonia, estás a desexar que remate de unha vez; sobranlle evidentemente, cecais os que sonan durante os temas poidan ser aceptables...pero esos finais¡¡¡¡¡¡¡¡¡.
Como decia, deixando aparte esto que comentei arriba, "Le Noise" gustame, apabulla dende o principio; as partes electricas son coma zorreagazos secos nunha noite de lua; asperas letanias brincando aqui e acolá ata chegarche ó corazón; melodias electricas misturadas coa voz de Neil (ainda non se lle foi; ainda aguanta o tipo perfectamente) nunha soedade que apabulla dende o primeiro tema.
Grande "Walk whit me" abrindo a partitura que se desparrama ó longo dos oito temas; memorable "Hitchkicker" rememorando vellos tempos en novos espazos sonoros; brilante como plata refulxente "Angry world";"Peaceful Valley Boulevard" perfora as entrañas en carne viva, ...e Love and War", para este tema non hai verbas que expliquen ese sete minutos hinopticos de catarse individual, mellor escoitala, meterse dentro dela e poder decir: "!!joder co Neil Young¡¡".
Un disco que seguramente co tempo, convertirase en un clasico para todos os seguidores do canadiano; cecais no futuro xurdan musicos influenciados por este traballo que o tomen como referencia...o tempo poñerao no seu sitio, pero teño moi claro que o meu xa tén espazo de privilexio na miña colección.
Decepcionoume, eso si, a pobreza de datos, o exiguo "pack" que acompaña a obra; non se explica que tipo de guitarra toca en cada tema (supoñemos que a "Old Black" anda por medio de algún);... as letras presentanse sen ningún dato no camiño da sua creación, cando Neil é bastante amigo de todo elo; é decir: sobria posta en escena, que me cheira a min que vai a ter a sua prolongación (cecais para Nadal) coa posta no mercado dun "Set Box" con DVD incluido e algún que outro "Bonus Track" de "Le Noise". Supoño que o marketing impera en estas cousas, pero de todos formas non implica que estemos de ningun xeito diante de unha obra coxa...para nada, si obviamos eses "efectos" de algúns temas, atopamos un novo camiño que Young nos está a sinalar; é solo cuestión de collelo e disfrutalo.
Benvido "Le Noise"