Ben, temonos que poñer en onda. Asi cando falamos de Neil Young ou Bob Dylan, polo menos para min, hai que atinar para empregar as verbas axeitadas, con The Band, ven a ocurrir caseque o mesmo. Hai que poñerse serios porque é moito o que estes catro canadianos e un estadounidense teñen aportado ó Rock.
Cando fai unhos anos se volveu a falar da "american music", da "roots music" en busca das raigames do mais profundo dos USA no que a musica popular se trataba, puxose de moda rastrexar no fondo de armario desta musica, sen decatarse de que o traballo xa estaba feito facia moitos anos.
Robbie Robertson, Rick Danko, Richard Manuel, Levon Helm e Garth Hudson; velaiqui ós vellos The Hawks que acompañaron a Ronnie Hawkins durante anos polas suas xiras na sua Canada natal; ata que sonou a flauta, claro; ata que toparon con un poeta metido a musico que proviña de Duluth e que andaba a percura de unha banda de rock, electrica, dura e pesada para acompañalo por unha xira que ia a trocar o futuro do Rock.
Dylan necesitaba a esta Banda, queria poñer en practica aqueles sons que rebulian na sua testa tola; non o tiña nada doado xa que o experimento que probara fixo que os seus seguidores ( ou polo menos moitos deles) lle deran a espalda; pero teimudo como éra Dylan, non dubidou en poñerse en marcha por todo USA e Inglaterra durante o ano 1966 para presentar en sociedade a sua Revisitada Autopista 61. E ali estaban os The Band (ainda sen ese nome) para acompañalo. Dias tras día aturando os pitos e marmullos de unha parte do publico; eles estaban en Manchester, naquel 1966, cando alguén dende o publico lle chamou "Xudas" a Dylan, ao que este solo respondeu. "Non te creo", para despois pedirlle á banda que "tocade o mais forte que podades" e puxeronse co "Like a Rolling Stone".
Daquela xira tan dura da fé o feito de que o bateria Levon Helm abandonou un día, canso de escoitar as queixas noite si e noite tamén. Pero a "unión" da banda e o poeta xa éra un feito.
Tivo que caerse da famosa moto, para que Dylan abandoara os cenarios durante unhos anos e asi poder adicarse e coller folgos para unha nova etapa. Cousa que tamen fixeron os membros da Banda. Perto de onde Dylan vivia, alugaron unha casa (a famosa Big Pink, en Woodstock) e ali pasaron unha boa tempada en compaña dos seus instrumentos...e de Dylan, que de vez en cando tamén se deixaba caer por ali.
E de ahi, de esa casa, sairon duas obras de arte."Music from Big Pink" (The Band 1968) e "Basement Tapes" (Bob Dylan &The Band 1976).
Co seu primeiro disco, The Band indicaban o camiño escollido. Mistura de rok&roll primitivo, country root, moitas melodias vocais, blues a pingas contadas...unha deliciosa melodia no que os instrumentos non son a veces os que estamos acostumados a escoitar en unha banda de rock: violins, acordeions, timbales, tuba, trompetas...éra como unha inmersión no mais profundo do mundo rural americano.
Un ano despois volveron a carga co seu segundo disco. Impecable dende a famosa portada onde se ve o grupo como cinco vellos paisanos desarraigados cos suas vellas roupas de faena. "The Band", sinxelamente ese nome xa indicaba todo. Xiras e xiras por todo o mundo i exitos de singles e albums caian un detras doutro.
Despois foi o "Medo escenico" ("Stage fright") para redondear unha triloxia impecable no seu conxunto.
Triloxia que se pode fornecer en este "Rock of Ages" do que estamos a falar.En directo, no ano 74, 18 temas que percorren a sua esplendorosa carreira dos cinco primeiros anos; aparte de , "The nigth they drove old Dixie Down", "Across the great divide", "This wheel's on fire", "Rag mama rag", "The weight", e moitos mais, ainda incluian outros temas como o magnifico "King Harvest" ou "Caledonian Mission"; na edición en CD do ano 2001 incluironse 10 temas mais ,como "I shall be released" "Up on Cripple Creek", e catro deles en compaña de Dylan: "Down in the Flood", "When i paint my masterpiece", "Don't ya tell Henry" e rematan con "Like a Rolling Stone"...indescriptible porque non se coñece outra verba que mellor represente o son e a forza de esta Banda.
The Band reeditaron moito material posterior ao seu "Last Waltz" famoso; a sua despedida en cine é un dos documentos que mellor gardan o paso dos anos; todos os convidados a esa reunión expresan admiración e respecto polos cinco membros da banda como mestres de unha musica enraizada no mais fondo deles; pero este "Rock of Ages" cecais recolle o seu espiritu mais primixenio; a forza expresiva a traveso de musicos profesionais que tiñan unha carga historica e que debian de expresala como mellor debian.
The Band foron un dos grupos con mais presencia mediatica nos medios especializados durante a sua existencia.Os seus temas son inmediatamnte recoñecidos; teñen un "aquel" que soan a The Band. As diferentes personalidades da banda confluien en un armonioso final que os confire un son propio. A pesar de que non habia unha voz en exclusiva; Levon Helm canta en moitos temas; pero en outros será Richar Manuel ou Rick Danko os encargados de poñerlle voz, dependendo do tipo de tema, da melodia, da sinerxia propia de cada un; ainda que sexa Richard Manuel o que mais veces puxo a sua voz a servizo do grupo.
No ano 1986 faleceria Richard Manuel, despois de longo tempo pelexando por a sua adiccion ó alcohol; moitos grupos de rock teñen a Manuel como unha das suas referencias; Eric Clapton, The Call, Counting Crows ou Drive by Truckers nun intre ou outro deixaron a sua homenaxe a este home de sinxela apariencia, de predicador evanxelico que chamaba as portas do ceo cando tocaba o piano, as congas, o clarinete ou calquera cousa que selle puxera por diante.
Anos despois,a morte chamou as portas de Rick Danko, baixo, guitarra e multiinstrumentista da banda que recompuxera a sua carreira formando parte de varias bandas e volvendo taména tocar con The Band no seu retorno en 1993.
Levon Helm sigue ó pé do cañon producindo e traballando en solitario sobre a base do country e o rock&roll; recoñecido pola sua influencia por todos os entendidos e lembrado sempre pola sua particular voz en aqueles temas country tan axeitados os tempos da banda.
Garth Hudson segue a tocar o organo en multiples traballos; cecais sexa o que tiña unha educación musical mais completa do grupo. Dice a lenda que para que The Band se tomaran as cousas en serio, ó principio de todo, cobraballe os demais membros do combo 10 dolares por cada clase musical que lles daba. A sua influencia pola musica clasica non foi obice para que pasara a ser un dos maiores virtuosos nos teclados e que a base jazzistica influira no grupo definitivamente.
Por fin Robbie Robertson, o guitarra, é recoñecido polos multiples traballos desenrolados despois da sua marcha do grupo. Foi o unico que non volveu no ano 1993 como The Band; a sua particular forma de tocar a guitarra, e a sua excelsa calidade compositiva fixo que asinara mais do 90 % da produccion do grupo como autor dos temas; tén escrito musica para bandas sonoras e tamén se adentrou en proxectos mais complexos con musica mais experimental, deixando de lado a musica popular pero mantendo unha calidade envidiable.
Podiase falar longo e tendidode The Band, pero seguro que o faremos mais adiante cando toquemos mais temas xa que a influencia de este grupo no Rock marcou toda unha época.
Como homenaxe a eles podedes escoitar o seu "King Harvest", un tema que para Greil Marcus, é o mais representativo de este grupo que se chamou The Band.
2 comentarios:
Con el "4 Way Street" el mejor directo de la historia. Y no hay más que decir, por algo son la BANDA.
Abrazos.
Nada que añadir...claro que son LA BANDA por excelencia.
Publicar un comentario