sábado, 20 de noviembre de 2010

ON THE BEACH,MELLOR QUE O HIPERICO

En Galicia xa estamos afeitos; pero eso non siñifica que nos resignemos a sufrilo. No blog dos nosos amigos Ponys http://www.crazyponys.blogspot.com/ xa fan referencia a esto que todos os anos recibimos na nosa terra.
O Outono, o cambio brusco de tempo, sobretodo de este maravilloso veran que nos fixo revivir a todos; o Outono marcanos nas nosas vidas e na nosa forma de ver a vida para os vindeiros meses. A choiva, o vento, a friaxe,as grises nubes que ameazan un dia si e outro tamén con descargar sobre nós toda a furia da natureza...cambianos o caracter e o xeito de ver a vida; agachamonos con cobiza a espera de que escampe o temporal; ollamos cara o ceo en espera de unha sinal que non acaba de chegar...e choiva e mais choiva...a mesma que esperamos despois de mais de quince días sen sufrila...ou disfrutala...
O Outono...ca sua caida da folla... e tamén os primeiros caidos do ano; a todos nos toca: algun familiar, algun achegado, un veciño...tememos que coa primeira caida da folla os nosos seres queridos sufran algunha doenza que poda co tempo acabar con eles; estamos alerta  o mais minimo cambio de aqueles que nos rodean;chamamos, preguntamos...queremos novas,e queremos que sexan boas, sempre coa esperanza de que non lles pase nada; a gadaña chama as nosas portas; reclama a sua presa; choramos e berramos; as nosas bagoas asoman nos nosos ollos e tentamos recluilas para darnos forzas, pero Ela é incansable,túzara coma rocha doente, coma bicha rosmante...e sempre se leva a alguen, sempre.
O Outono...e o meu tempo de "On The Beach"; sempre por estas datas recurro á xenial obra do Tio Neil. E a miña defensa contra Ela; magoa que non a uso como preventivo;sempre me esquenzo de escoitala antes de que pase algo; cecais sexa que as preocupacións de este tempo poñen a un fora de onda..cecais...son tantos cecais xuntos que nunca me da tempo de escoitalo a tempo...pero unha vez que o escoito,e volvo escoitalo, unha e outra vez, unha e outra vez...disfruto con "On the Beach", co arranque metalico de "Walk On", coa perfecta agonia lastimeira de "See the Sky About To Rain", do querer e non poder de "Revolution Blues", de esa guitarra laindose en ""For The Turntiles"...son tantas e tantas as sensacións presentes en "On the Beach" que unha vez que o escoitas esquences que estas en esta vida de paso;esquences de que  os de arriba queren que penses como eles queren que penses,e como si lles deras un corte de mangas e lles dixeras: "fodete, de esta ainda librei"...
O hiperico, esa maravillosa flor de folliñas amarelas é un magnifico remedio para combater a depresión,a ansiedade...pero si escoitas o "On the Beach" non necesitas o hiperico, e moito menos o Prozac; esa musica é o mellor antidepresivo que se tén inventado, polo menos no meu caso.
Por eso, é tempo de "On The Beach".

4 comentarios:

ivaxavi dijo...

Sempre és temps del Tio Neil.
Sempre e tempo do Tio Neil.

Arancha dijo...

Boas Xan, que certo é todo o que dís na entrada. A música é o mellor que temos e as veces a temos apartada e non pode ser. Está con nós, nos bos momentos e nos malos. Sempre hai música!!! Por eso agora mesmo vou poñer a Neil para que me axude a rematar esta tarde tan agobiante de traballo!! Besiños.

Deguananonli dijo...

Sempre nos quedará a Santa Compaña, po lo menos a os galegos, e santa ou non ahí atoparemonos con todos os amigos, ousexa, en boca compaña, cecais co vello Neil tocando pra nos: On the Beach.
Apertas Xan.

Benet García dijo...

Menudo discazo. De la mejor época de Neil Young.

Gracias por pasarte por mi blog. Te devuelvo la visita y te hago un link para ir siguiendo tus artículos.

www.rockfloyd.com