lunes, 31 de enero de 2011

ON THE ROAD AGAIN.....

O comenzo do ano promete. Cousas que se moven, que bruxulean, que se escoitan...son tantas!!!.
Do noso Tio Neil ainda non se sabe nada. O Boss Antonio anda o loro de todo o que se publica sobor dos grandes festivais do verán e ainda non aparece por ningures o nome de Neil Young. Boa ou mala cousa? Como bon galego, depende de como o collas.Por unha parte que non este nos grandes festivais pode indicar que prefire unha xira mais calma, con menos barullo e mais achegada a xente; por outra pode indicar que non tén moitas ganas de leria e que se quedara na casa...; pero esto é caseque seguro que non acontecerá: na sua paxina de Internet, esta aberta a xira de marzo a decembro, pero ainda sen ningun concerto previsto; Boa ou mala cousa? depende...pero coido que este verán imos ter sorte; penso que polo menos Europa vai ser de obligado cumplimento na xira do noso canadiano favorito, e esperamos que se achegue perto de nós de algún xeito, por exemplo a Tarifa ( pode escoller día, o 8 ou 9 de xullo), ali estaremos na segunda edición da Rust Fest que os nosos amigos do Sur andan a argalla; non hai novas pero sabemos que ali estaremos, como moitos dos que vos achegades a http://www.enlaplayadeneil.blogspot.com/ .
Pero o mais inmediato está a suceder o vindeiro sabado 5 de febreiro; e vai acontecer como non, en Valdoviño, no noso Garaxe preferido tamén, ali pola noite terá lugar a reaparición dos Crazy Ponys despois de unha chea de tempo sen tocar en directo, coido que este ano os bolos do grupo van a ser moitos mais que os do ano pasado, os Crazy pasaron unha mala racha a finais do ano pasado, pero agora volven con forza; por mor das obligas garaxeiras de Edu, o seu posto estase cubrindo con outro grande amigo: Xaco, guitarra dos Faneca's Band esta a suplir a Edu no baixo, ainda que a noite do sabado ben seguro que este sube o escenario para deleitarnos coa sua maestria en varios temas. Os Crazy prometen algunha que outra sorpresa, os ensaios seica estan saindo a pedir de boca; e coma sempre eles estan pola labor de tirar para diante como sexa, cousa da que non dubidamos en ningún intre....asi que xa o sabedes: cita obrigada o sabado 5 de febreiro no Garaxe...OS CRAZY PONYS ON THE ROAD AGAIN