viernes, 29 de julio de 2011

II RUST FEST- BOLONIA NO CORAZON: DESPEDIDA E PECHE (3)


Ainda aturdidos polas ultimas horas vividas o dia anterior na posada "Los caracoles", a primeira hora do sabado xa estabamos no porche do "Bellavista" para un xeneroso almorzo e reunirnos con Rusties que ian chegando pouco a pouco. As caras reflexaban o acontecido a noite anterior; en algúns existian os temores a que a cousa non saira ben por mor do equipo de son, pero tanto Manolo como Antonio aseguraron firmemente que o equipo dos "Brass Buttoms" éra de fiar, tal e como aseguraran a noite anterior outras persoas presentes na Rust.
Asi pois todos coincidimos en que o sabado tiña que ser o día da Rust, e superar os problemas que ata agora tiveramos. En algúns de nós movianos a cobiza de como responderian os "Crazy Ponys" despois de suspender a súa actuación; pero eles parecian tranquilos e confiados en que a actuación saira ben. Pola mañan xa sabiamos que serian os segundos en aparecer polo escenario, xa que os "Shocking Beards" serian quenes de pechar a Rust.
Foi o momento de coñecer a outros persoaxes como Curro, que nos foi indicando as faladurias que se daba por Bolonia por mor do Fest. Si querias saber calisquer cousa que pasara en Bolonia, Curro éra o persoaxe indicado; tamén se ofreceu como guia para acompañar a quen quixera a calisquer lugar que quixeramos ver, pero a sua xenerosa oferta non foi seguida por ninguen, mais que nada porque a noite anterior fora longa e ben aproveitada, polo que moitos preferiron baixar ata a praia ou descansar ata a hora do xantar. Curro tamén nos informou que a xente de Bolonia non estaba moi satisfeita co chiringuito de "La cabaña" polo trato que en alguns intres recibiron os organizadores ou seguidores da Rust, que a pesar de estar ali para consumir durante o dia e noite parecia a veces como si molestaramos; este trato cambiou un pouco no segundo día....i é que nos lugares pequechos de seguido se corren as faladurias e chegan a todas partes...asi pois o día prometía.

Entre pincho e cervexa ia transcurrindo ó día, no que moitos non tiñamos outros comentarios que os feitos ocurridos a noite anterior. Sophia empezou a ser coñecida polo seu nome, ainda que non todos estaban moi ó loro do que ia a cousa.As caras de sorpresa retrataban a moitos cando entre nós falabamos e non parabamos do "incidente" de "Los caracoles".
Os "Bras Buttons" foron de palabra. Entre as catro e media e cinco empezaron a chegar e xa descargaron o material. Este tiña moi boa pinta, ainda que o di un que non ten nin idea de eso; pero os eloxios eran unanimes entre os entendidos. iamos ter un bon equipo a disposición dos participantes da Rust...non habia dubidas.

O sol estaba no seu cenit as sete do serán; o vento non facia acto de presencia; a xente estaba a espera de que a xornada empezara....o calor abafante facia que cada un buscara unha pequena sombra onde podia. Foron momentos que se aproveitaron para facer as fotos que serian as "oficiais" da praia...Antonio, Jose, Manolo, foron os encargados de retratarnos para a imaxen do futuro.
Sobre as sete empezaron os micros abertos. E fixeronno con un amigo presente dende o día anterior que nos obsequiou con unha versión do "Heart of Gold" en castelan e que foi irremediablemente aplaudida por todos os presentes; despois empezou o desfile dos nosos coñecidos. Foron pasando polo set Manolo, Arancha, Julia, Rusti Kastúo que se fixo acompañar por Julia e mais Vicky e foi moi aplaudido por a mala sorte do día anterior; Pepe, Jose, e ó final ata Isa se atreveu a saltar ó escenario recibindo unha gran ovación por parte de todos os presentes; Ricardo dos Crazy acompañou a moitos coa guitarra e marcando o paso a todos eles; caseque unha hora; unha hora de valentes e non como outros que non tivemos o valor de agarrarnos ó micro, pero que pola miña banda espero enmendar o ano que ven.

Antes de empezar a primeira actuación, comunicousenos que os "Shocking Beards" desexaban adiantar a súa actuación xa que algun dos seus membros tiñan que rematar cedo para volver para Madrid, e por parte dos organizadores decidiuse que foran os "Crazy Ponys" os que actuasen de remate de festa. Un desexo dos de Valdoviño que ó final cristalizou por variadas circunstancias.
Asi pois, "Big John", que tivera problemas co avión ó día anterior e non poido chegar ata ó mesmo día da súa actuación, foi o primeiro en deleitarnos coas versións de Neil dende as oito do serán.Voz impecable, presencia arroutada, guitarra en ristre para cautivar a todo o mundo con "Comes a time", "Harvest Moon", "Heart of Gold", e moitas mais que durante unha hora fixo que quedaramos coas bocas abertas. "Big John" demostrou ilusión por estar entre todos nós e por recibir os calidos apoios de todos os ali presentes, devolvendonos pola súa parte co seu arte, a súa impecable voz e a súa presencia o feito de ser un mais de nós. Varios bises fixeron que cando rematou a súa actuación fora reclamado varias vaces polo persoal.

Xa se botaba a noite cando subiron ó escenario os esperados "Shocking beards". O marco éra magnifico; a noite calida e sen vento; a lúa reflexabase na praia de Bolonia devolvendonos os reflexos de catro artistas no escenario. Sonido puro i elegante; versións magnificas a ritmo de samba en moitas ocasións; contidos nas expresións pero sen deixar solto ningun cabo; un sonido distinto do de Neil pero magnificamente elaborado polos "Shocking" que se desmelenaron no "Hey Hey My My" case o final do seu set. Cecais o sonido da guitarra principal debia estar un pouco mais alto para disfrutar plenamente de todo un guitarrista como Alberto, que puxo todo da súa parte para levar ó público con el. A xente apouiou dende o principio os "Shocking" recibindo por parte destes toda unha ración de bon Rock e levando a noite a un momento de incertidume polo que viña despois.

Entre os coñecidos a opinión éra unanime: os "Crazy Ponys" tiñan que aproveitar á ocasión para co seu sonido contundente levarse o publico de calle, que xa estaba presdisposto para elo.
Pero antes os "Brass Buttons" animaron á noite a base do seu xogo de voces e guitarras a un ritmo melodioso coas sua composicións propias, que foron coreadas por moitos seguidores ali presentes. Un grupo liderado na voz por unha rapaza que éra unha autentica "Front Woman"; segura de si mesma, doces melodias conxugadas ós coros polo guitarra, e unha base ritmica con bateria e baixo que non desentonaron en ningún intre; levaronse os aplausos cando empezaron a entonar a súa versión de "Heart of Gold" e saliron realmente satisfeitos da sua actuación e a boa acollida do público
.
Pouco antes da unha e media da madrugada saltaban o escenario os "pailans de Valdoviño" coa formación especifica para o Rust, e despois de ser presentados por Manolo; e fixorono con unha apabullante versión do "Downtown" demoledora que xa indicaba por onde ian a ir os tiros; unha tras outra foron desgranando temas e mais temas: "Ohio", "Powerfindger", Cowgirl in the Sand", "Down to the River" (con adicatoria especial para Shimeless")"Harvest Moon", Heart of Gold", "Alabama" (impresionante, cecais o mellor da noite), "Roll another number" (tamén adicada polo seu coñecemento de que é a miña debilidade, e mais para Jose),"My My Hey Hey", "Fucking Up", "Like a Hurricane", "Cortez Cortez"(imposible as verbas para este tema")....un set list brilante e apocaliptico; sen intres de descanso entre eles; co público a un metro deles bailando e deixandose levar cando comprobou que os cinco artistazos do escenario estaban a disfrutar do lindo co que estaban a facer.

"Love and only Love" marcou outro momento estelar da noite...o delirio colectivo que non deixou a ninguen sentado na súa cadeira; os asistentes coreaban unha e outra vez todos os temas participando da voraxine de sonido que se estaba a producir...mais de duas horas dalle que che pego; Miguel, o inexperto bateria deu toda unha lección de responsabilidade e profesionalidade que ninguen esperaba de un rapaz de vinte anos e un mes nas baquetas; marcou o ritmo que a banda tiña que seguir i esta fixoo como si o seu baterista levara con eles toda a vida; Xaco estivo inconmensurable ; o seu baixo non deixou de sonar en ningun momento; notabase a súa presencia constante sen facer ningun esforzo por saber onde estaba o seu sonido; a súa cara xa o decia todo; tan serio  e sen case moverse como nos tén acostumados, foi unha sorpresa ver a súa cara sonrinte i entrando con forza e pasión en cada nota.

Luis non éra o Luis que estamos fartos de ver; disfrutaba e lanzaba lostregos de guitarra constantemente; seguro de si mesmo, sabendo o que viña a continuacion de cada nota, deixouse ir para disfrutar de unha actuación irrepetible.

Vicky deixou os nervios en Valdoviño; levou a voz cantante en varias ocasións e saliuse de nai en "Motorcycle mama" e anunciou ademais que en esta ocasión non estaba nerviosa; éra a Vicky que queriamos ver fai tempo; segura de si mesma e arrastrando os membros da banda e o publico tras seu...e Ricardo: chapó por el; levou todo o peso do grupo; voz principal, guitarra...os seus xestos o decian todo; disfrutou toda a noite e non poido queixarse de nada ( e mellor lle foi porque sinon alguns estabamos dispostos a que mordese o polvo); saliulle todo redondo en perfecta comunión co resto da banda; arrastrou todo o peso sobre os seus lombos e fixo que todo salira rematadamente ben......

Fin de festa co "Rocking in the free World" con Neil presente e bailando no escenario e todo ó público en un delirio constante para poñer punto final a II Rust Fest....eran caseque as catro da mañan; a min lembroume que facia un ano, en Valdoviño, os mesmos Crazy Ponys poñian o punto final á I Rust Fest. Haberá que seguir a tradición.

Non quero esquencer a extroordinaria dose de companeirismo entre os Ponys con Alberto Kastúo e mais con "Big John" que en varias ocasións subiron o escenario para participar con eles en varios temas e asi tamén estes ganaron en sonido; predispostos como estaba todo o mundo para facer algo historico é algo digno de suliñar a perfecta comunion que se transformou no escenario con estes tres artistas ali arriba. Unha gran ovación para todos eles.
E o público: totalmente entregado os que xa os coñeciamos, e extasiados os demais vendo o que se lles viña enrriba; coido que non esperaban encontrarse con unha banda en estado de gracia como ó foron os CRazy Ponys esa noite. Algúns non o podian creer; outros aseguraban que a sucesión estaba asegurada...outros fomonos a dormir sabendo que estivemos presentes en un día historico.


Na seguinte cronica, estaremos cos pequenos detalles da Rust....mentres abrazinhos para todos os que ali estivestes.





lunes, 18 de julio de 2011

II RUST FEST: BOLONIA NO CORAZON (2)-A ABDUCCION DE SOPHIA

O calor abafante con que nos recibiu Bolonia fixo que a dormida fora corta cada noite, polo que as 9:30 da mañan xa estabamos en pé....un café deses instantaneos como almorzo e as dez da mañan fomos inaugurar a Praia. Medio Valdoviño xa estaba nela, queixandose, coma non, da flacidez das ondas en comparación coas nosas do Norte. Pero algo debia de ter o entorno porque pasado o primeiro susto da friaxe da auga, ata eu fun capaz de permanecer mais de 10 minutos dentro.E decir, xa teño praia para todo o ano. Mentres ian arribando aqueles que ainda non chegaran: a troupe catalana, con Angels e Pepe en cabeza, con Julia e David e como non a novidade que todos esperabamos: Cristina, Jordi e Shimeless que de seguido nos roubou ó corazón.Bicos, abrazos, pequenas novas contadas en tempo record acompañados polo rumor das ondas e do vento, que como todos supoñiamos seria un compañeiro constante ese dia.Tamén baixaron á praia Dani, Laura e Lucas que de seguido empezou a facer das suas na area; Isa e Dario dende Mallorca tamén nos fixeron compaña, ainda que Dario non podia ocultar  a súa decepcion polas escasez de ondas que observaba, e lembraba os bons ratos pasados o ano pasado en Valdoviño....o ultimo en chegar foi Jose, que certamente non levaba ningunha cervexa na man.
Xa achegados ó chiringuito de "La Cabaña" foi o momento en que alguns de nós despertamos do mal soño: querian que creeramos que o escenario onde se desenrolarian os concertos eran eses catro paus en forma rectangular mal chamada "Palapa" de dous por dous metros...nin para a bateria daba. Algun do chiringuito nos fixo creer tamén que con catro tablons mais o sitio daba dabondo.....jajajaja.....aqui foi onde definitivamente tiven que cambiar o chip. Como ben di Ricardo, adoptei o "espiritu sureño". O mais grave con todo non foi iso, senon a tortura de escoitar unha vez si e outra tamén polos altofalantes do chiringuito a voz do inclito Alejandro Sanz. a un volume tal que os que estabamos o arredor dunha mesa tentando falar eranos imposible escoitarnos. Pidolle a un dos camaretos si éra posible baixar o volume, facendolle ver o mesmo tempo que aquelo que sonaba non éra polo que nós viñeramos a Bolonia e si podia poñer algo de Neil Young: "comoooooo dise?"  An Yaun?...non, non, Neil Young....ahhhhhhh Bob Yaun...voi ve zi tengo algo del"....debeuse dispersar un pouco porque o seguinte que sonou foi o tema de Bobby McFerrin "Don't worry...be happy"...axeitado para ese intre, non?...o espiritu sureño iase apropiando de nós.
Chegou Antonio Boss, abrazos, coa sua muller Carmen a que de seguido lle preguntei como levaba o feito de ter na casa a alguen escoitando a Neil todos os dias. Sorprendentemente Carmen levao moi ben e xa co tempo estase a converter en toda unha experta no noso canadiano favorito.Todo un descubrimento Carmen: excelente persoa, alegre, e sempre con un sonriso nos beizos.

Mentres se decoraba o lugar para a ocasion foron chegando mais "playeros": Manolo Granpa, a quen sempre é un placer ver e falar con el, presentounos a sua family: Elvira a súa muller e as suas fillas onde destacaba Isabel, vivo retrato do seu pai, e que ainda non entendo como sendo este tan feo fora capaz de enxendrar unha beleza sureña como Isabel....impresionante Isabel co seu cariño, a sua felicidade e o seu ben facer cos nenos, especialmente Lucas que de seguido se enamorou de Isabel. Por non falar da facilidade de sacarlle os cuartos ó persoal , a indicacion de Manolo, coa venda de merchandising entre ela e as suas amigas. Era un espectaculo ver como se metian á xente no peto ofrecendo ata o que non tiñan.Pero fixeron unhas vendas que si non foran por elas volveriamos con mercancia para a casa. Moitos bicos para Isabel.
Con todo o sol empezaba a apretar e cada un refuxiabase onde podia.Despois de desbotar a idea da Palapa como escenario, houbo que buscar outra ubicación e non foi outra que a caron dunhas matas de costas a praia: excelente idea que de seguido se puxo en marcha utilizando os oito tablons que Antonio conseguiu de inmediato. Oito tablons contra o chan seria todo o escenario necesario para a Rust Fest. Algo sinxelo pero que o final daria os seus froitos.
Mentres se colocaban os tablons, Xaco fixome ver o "contraste de culturas" existente no proxecto: dende Catalunya, David e Pepe ben armados e protexidos con guantes de traballo, Ricardo, o do Norte, con un martelo nas mans marteleando puntas a esgalla e poñendo en perigo os seus dedos (non puiden mais que lembrar cando Neil tivo que deixar a xira do 86 por cortar embutido i en vez de cortalo o que fixo foi cortarse o dedo)... e os demais ( onde me incluio) facendo de inxenieiro e vendo dende a barreira como os demais se deslomaban para deixar todo preparado.
Unhas cervexas en boa compaña, as empanadas levadas dende Galicia (meu deus a de millo con berberechos) unhas "estrellas" para facer boca, e o intento esteril de botar unha siesta para prepararnos para a noite fixo que as 4 da tarde volveramos estar de novo en "La cabaña". Os Crazy Ponys pechaban esa noite a primeira xornada e queriamos que todo estivera a punto.
Soplaba un pouco de vento que facia que o calor se amortiguara. A praia lucia as suas mellore galas; xente chegada da provincia e os arredores invadian o areal mentres nós preparabamos o equipo de son e David e Pepe preparaban a mesa que tantos problemas nos daria mais adiante. David involucrouse dende o principio na toma de sonido; a sua capacidade profesional no tema fixo que a Rust botara a andar grazas a el.
Outra das ledicias do día foi coñecer a Gerardo, o deseñador do cartel de este ano. Viña dende Aranjuez coa sua familia e xa levaba pola zona un par de dias.Conversamos un pouco mentres ia coñecendo a outros "playeros" e fomos tomando posesion dun bon lugar para que a Rust empezara.

Eran as 7:30 do seran. O sol pegaba ben as costas do escenario. Era o turno de dar o disparo de saida. Manolo Granpa fixo a presentación, deunos a benvida a todos e de seguido presentou os valientes que abririan o lume da II Rust Fest: os "Rusties Harvesters", proxecto nacido facia un ano nos micros abertos de Valdoviño. Esta vez presentaban un set list de temas na sua meirande parte acusticos, xa que traballan unha base de piano, acompañadas polas voces...todo sinxelo pero con un resultado espectacular. A voz de Julia salese, o mires por onde o mires; non é de estranar que o dia eguinte nos micros abertos fora a que mais presencia tivera para acompañar moitos dos temas que se presentaban polos diferentes valentes que subiron o escenario.David ó piano pon a sua maestria innata mentres Pepe acompaña os temas facendo coros en moitas ocasions. Co sol no cumio naquel instante maxico, os "Harvesters" fixeronnos disfrutar de unha hora de show con temas de Neil, rompendo en duas ocasions para tratar temas de Grahan Nash e tamen de David Crosby, para deleite de Dani "Johnphillips" que asistía atonito ó que estaba a escoitar. A súa "manayé" Angels filmaba en video a actuación completa, que tivo que rematar porque non tiñan mais temas na falquitreira, senon a ben seguro que ainda a dia de hoxe seguiriannos deleitando coa súa mestria. Unha gran ovación e berros de "Bravo bravo" puxo o punto final a sua actuación para de seguido ser felicitados por todos os asistentes.
A continuación subiu o escenario Alberto Kastúo, que viña de Caceres con toda a ilusión posta e a expectación que creara no foro da Playa polas suas interpretacions desnudas dos temas de Neil. Tivera ocasión de saudalo e coñecelo pouco antes da actuación, e ver que resultaba unha persoa do mais achegada e risueña; boa xente él e a súa parella ( de quen agora non lembro o nome, perdon) que non deixaba de animar pouco antes de subir ó escenario.
Sorprendeunos a todos comenzando por unha copia literal do "Walk whit me" do "Le Noise". Guitarra electrica e megafono de man como único acompañamento para reproducir fidelmente o tema que abre o disco de Neil, con efectos incluidos. A súa voz perfectamente conxuntada fixonos creer a mais de un que estabamos vendo o mismisimo Neil; a entrega que poñia prometianos asistir a unha gran actuación si as cousas non se torcian....e torceronse. A mesa empezou a facer das súas; os altofalantes fallaban no medio dun tema...o sonido esparciase de mala forma; a voz non se escoitaba; os asistentes animaban a Alberto continuamente, que como gran profesional mantiña o tipo diante de todas as adversidades. A admiración polo esforzo que mantivo todo o tempo fixo que fose despedido con unha gran ovación con todos os presentes postos en pé.Berros de animo xurdian de todas partes e todo o mundo estivo de acordo que se resarciaria de algun xeito a mala sorte de Alberto. Dende aqui, Alberto mandoche un gran abrazo e xa sabes que tés unha cita dentro de un ano para ver o gran artista que eres.
As cousas non pintaban nada ben para o resto da xornada. En esas condicións ninguen era partidario de que os Crazy Ponys se subiran a tocar. Os "Carne con Bi" viñan de perto de Bolonia e  con eles moita xente coñecida para arroupalos...foi o momento que aproveitamos para meterlle algo ó corpo. Mentres ceabamos Ricardo recibe unha chamada de Antonio Boss para comunicarlle que si o desexan pasaban a actuación para ó dia seguinte. Os Ponys xa non as tiñan todos consigo para actuar esa noite. O equipo non éra de fiar, os nervios estaban a flote. Eu éra partidario de suspender a actuación ata ter a seguridade de que o equipo funcionara como debia; para eso falara con Manolo para comentarlle á urxencia de facerse con un equipo fiable para primeiras horas da mañan do dia seguinte. Manolo, diante do fiasco do día, recoñeceu que falara cos membros dos Bras Buttoms e estes ofreceran o seu equipo para o dia seguinte.
Os Ponys deciden postergar a actuación para o día seguinte con bo criterio.
Dos "Carne con Bi" non podo opinar moito; chegamos cando estaban a piques de rematar e poidemos observar que se adicaban a un pop-andaluz que por ali abaixo ten os seus seguidores pero para nós pouco nos di, amais de que unicamente resolveron un tema de Neil adaptado a súa idiosincrasia.
A xente esperaba polos Crazy Ponys sen saber que non actuarian...pero estes fixeron acto de presencia nun recuncho e ali mesmo estiveron durante mais de unha hora en versions en acustico deleitando ó persoal, que con aquela proba saliu mais que satisfeita do que podian ofrecer ó dia seguinte.
Mentras dinme unha volta para coñecer os Shockin Beards en persoa. Estaban cansos e preocupados ó mesmo tempo por non ter un lugar onde gardar o material que utilizarian o dia seguinte. Baixaran de Madrid nos seus coches e cando souberon por un amigo seu que utilizarian o equipo dos Brass Butoms na sua actuación quedaron mais tranquilos. Unha cervexas, mais saudos, e preocupación nas caras de alguns polo que nos depararia á seguinte xornada.
Unha vez que os membros dos Ponys deixaron o acustico xa eran casque as tres da mañan. Ia ficando pouca xente no chiringuito, e o remate quedamos Arancha, Ricardo, Xaco, Isa, Jose, un adormecido Luis ... e un servidor. A esas horas propuxemos facer unha visita ó chiringuito da competensia que ainda tiña as luces encendidas. Mais que nada foi como compensación polo mal rollo que houbo co persoal de " La cabaña" onde as malas caras para os asistentes foi a nota dominante.
E ali en "Los caracoles" foi onde se deu un dos momentos alxidos (e diria que fundamental) da Rust Fest. De seguido nos decatamos de que o lugar éra moito mais axeitado que "La cabaña": un patio interior rodeado de mesas baixo cuberto e un xardin no medio, moi ben coidado. Si se colocara o escenario no fondo o lugar seria perfecto. Preguntamonos entre nós como os organizadores non pensaran en este lugar para a Rust. A resposta non se fixo esperar moito. Sentados nunha mesa exterior esperamos que nos serviran mentres escoitabamos grandes voces dende o interior: berros misturados con mala oxtia que chegaban nitidamente ata onde estabamos, i eso que haberia mais de 30 metros de distancia. Arancha levantouse e volveu o cabo de varios minutos con unha cara que o decia todo: éra a primeira vez, contou, que fixera pipi con un can observandoa no WC. O can estaba dentro cando ela abriu a porta , mirou para ela, e seguiu a dormir mentras a urxencia de Arancha levouna a tomar a decision de continuar co can os seus pés.

O pouco un torbellino de muller achegase a nos  e antes de que poideramos decir algo sorprendenos con unha retaila continuada: loscaracolesamimanerafransinatrapuntocomquelezpongoparatomar? Mentres alguns decidimos probar os mojitos do local, a meirande parte optan pola cervexa, agás Isabel que non se lle ocurre outra cousa que pedir un LUBUMBA. Mentres lle explica o que é eso, (Cacaolat quente con coñac) Sophia (er mizmo nombre que la reina pero maz pobre) toma nota de como se fai o lubumba avisando que sinon lle salia fariao amimanerafransinatrapuntocom. Ante o perigo que aquelo tiña Isabel decidese por unha cervexa tamén. Cando chegan as consumicións Sophia queda con nós para contarnos que "eztamuiagobiadaporquetienequeirbuzcalolimonelalechugayloztomatezparalaSARDINADAgratiquemañanatenemoparahacelacompetensiaaesedesgrasiadodelacabaña" mentres indicaba con desden hacia onde houbera actuacions toda a tarde.Cando (inxenuos de nós) lle propuxemos que os crazy ponys tocaran o domingo no seu local, Sophia botou un berro cara dentro do local:"TONIOQUESALGAQUETIENEQUEHABLACONEZTAGENTE". Antes de que chegara o devandito Antonio, Sophia contounos en dez minutos e sen deixar de falar, toda a sua vida: "zoiinglezadeLondonymipadreteniaunAztonMartin;mefuiaSuisaperomerompivariazcoztillaz;meembarqueenuncruzerodondedabaclazezdeinglezalhijomaztontodelquemazdinerotenia;enNewYorkfuijefadepublicidadeunareviztadondemedijeronziqueriaunayudanteylezdijequenopoqueaziganabamazdinerilloparami;quilloquemaneradeganardineroataquevineaBoloniayconociaAntoniodeLozcaracole:diecioshoembarazoyoncehijoyesteeradelmedio,buenagentesinofueracauandoledaeryuyutumeentiende?
Mirabanos cos ollos abertos entre nós sen saber nin  que decir nin como parar a aquel huracán que non deixabade parolar a pesar de que Luis estivo a piques de caer sobre ela xa que estaba de pé e cando se durmia casi a aborda varias veces.
Cando chega Antonio (pelo repeinado para atras, cazadora deixando ver o peito de lobo a traveso de una camiseta de tirantes) o primeiro que pregunta é o que hai que tratar, e de seguido dirixese a Sophia que estaba ó seu lado, para decirlle: "Sophia, aireeeee", o que fai que a muller corra a sentarse a beira de Ricardo e o mais lonxe posible de Antonio. Este presentase como promotor de Yei Braum, Kiko Veneno "y Er Lechuguita" guitarra de Raimundo Amadó; cando lle facemos ver a imposibilidade de tocar o domingo por mor de que Xaco tén que marchar ese mesmo dia cedo, plantexanos a posibilidade de chamar "ar hijo der Pitingo, que toca lo que zea zi llo ze lo pido". Asustados xa do que nos ven enriba, e despois de aceptar de mala gana unha invitación por parte de Sophia a unhas novas consumicións, Ricardo erguese decindo que se tén que marchar, o que os demais aproveitamos para facer o mesmo de forma inmediata e deixando a Sophia coa palabra na boca.....Cando chegamos o coche as gargalladas podianse escoitar en Tarifa, as bagoas asoman ós ollos de moitos de nós que non podemos aguantar mais; Isa, Xaco e mais Luis deciden ir a pé mentras os demais entramos no coche facendose imposible encendelo polas ocurrencias continuas de Ricardo comentando a Xogada. Jose Cerveza asegura entre hipos que non se reira tanto dende que vira por primeira vez "A Vida De Brian"...cando chegamos onde estaban Isa e os demais fomos incapaces de articular palabra e mirabannos como bichos raros...Isa aseguraba e perxuraba que vira un cabalo comendo nun contenedor do lixo e que pasaban cousas moi raras mentras nós dentro do coche desternillabamos da risa. Cando estabamos a piques de chegar ó cruce do "Bellavista" tivemos que parar ante a visión que se desenrolaba diante dos nosos ollos: tres burros metian os seus fuciños por turnos dentro dunha papeleira e ian sacando todo o que dentro habia. Mentras un deles sacaba bolsas de plastico ou o que collera, os outros dous miranbannos fixamente sen perder detalle...por quendas ian pasando un tras outro pola papeleira de forma cansina mentres dentro do coche non dabamos creto o que estabamos a ver....cando estabamos a esperar pola chegada de Isa e os demais, outro burro que sae do camiño da praia bota un rebuzno que se escoita en todas partes e os tres conxeneres salen ó galope na súa busca. Isa non cree o que esta a ver i escoitar e sigue a asegurar que pasan cousas moi raras, raras, raras...., a cousa remata co meu corpo no chan por mor da risa que me impide andar, e Jose e Isa sacando fotos dende as escaleiras do seu apartamento o momento. Grazas que a pouca luz impediu que se discernira nada, porque sinon a ver como ia explicar eso.
Dende aquela á abducción foi penetrando en nós pouco a pouco.

sábado, 16 de julio de 2011

II RUSR FEST: CON BOLONIA NO CORAZON (1)

Ainda hoxe, 15 de xullo, cinco dias despois de voltar das "Southers Earths"non din despertado para contar con obxetividade todo o ocurrido en esta II RUST FEST.
Fai un ano exactamente que poñiamos a andar o primeiro dos Rust "Waiting for Neil" en terras de Valdoviño. Aquela experiencia, e coido que todos os asistentes a ela me daran a razón, marcou un antes e un despois na vida de moitos de nós. En este ano transcurrido todos soñabamos con volver a encontrarnos para compartir unhas pocas horas do ano con aquelas maravillosas persoas que coñecimos en Valdoviño. A espera faciase moiiii longa; os dias non daban pasado; as novas do II Rust caian a contapingas...os nervios empezaban a aflorar cando iamos sabendo de todos os grupos que se xuntarian por dous dias en Bolonia. Meu Deus, con esa calidade ata o propio Tio Neil era capaz de aterrar en Bolonia...e si esto era asi, como iamos a facer mais adiante? Xa non "Esperariamos por Neil?"; cumpliriase o lema e disolveriamos as Rust?  NON, QUE NON VEÑA!!!!!!!! QUE SE QUEDE NA CASA.....NOS O QUE QUEREMOS E XUNTARNOS CADA ANO, o de Neil é a excusa perfecta para asi facelo.
Bueno, e deixando un pouco de lado a ironia (moi propia de nós por aqui enriba, e pouca entendida a veces polas Terras do Sur) paserei a contar mais ou menos o que ali aconteceu, empezando polo longo viaxe a que nos vimos sometidos dende o Norte: 1200 Kms de arriba a abaixo coa CrazyFurgo onde se ubicaba o material dos Crazy Ponys, con Ricardo e Arancha nela; Luis e mais eu faciamos de escoltas ainda que o coche ia ata os topes tamen: caixas de camisetas, cervexas Estrella, empanadas, Licor Coffee de Xunqueira...iamos ben abrigados para o camiño.
Extremadura deunos o primeiro toque: interminable, moi distinta o que nós coñecemos; nun intre coidamos que Ricardo toleaba pola inmensidade que se presentaba diante noso. O calor fixo acto de presencia con temperaturas que subian dos 33 ou 34 grados. Chegou ó seu culmen en Sevilla: 37 grados as 7:30 do serán. Ali fixemos unha parada tecnica para saudar ( e no meu caso coñecer) a un compañeiro de Luis que nos esperaba nas aforas. Cando recuperamos a estrada xa estabamos doentes por albiscar o mar...mantiñamonos en contacto con Hector, Miguel e Vicki que baixaban dende Madrid despois de recoller o primeiro na capital do reino....e o mar non aparecia por ningures; Xerez, o Puerto de santa Maria, Vejer de la Frontera, pasamos perto de Barbate, onde pensabamos escoitar os rumores das ondas contra a área...pero nada de nada. De supeto, un cartel indica a dereita BOLONIA e ali empezamos a subir unha longa costa que nos separaba do noso obxetivo. Cando chegamos o culmen por fin poidemos velo: a praia de Bolonia aparecia ali abaixo esperando por nós. Os catro Kms de baixada foron como esas baixadas do Tour de Francia que todos os verans nos ofrece o TV: relaxada, apurando cada curva, mirando solo ó infinito cercano que se nos presentaba diante de nós. Por fin chegamos, e o primeiro que vemos é o noso aloxamento por esos días: o Bellavista. NIn en el paramos impacientes como estabamos por atoparnos con aqueles que botaramos tan en falta durante un ano. Un pequeno vistazo á praia, chamada a Antonio Boss, e confirmación de que alguns xa estaban no chiringuito de La Cabaña. Para ala fomos como tolos para abrazar a Jose, Isa, Dario...e mais tarde a Dani, Laura e como non ó NOSO Lucas. Porque Lucas é de todos nós....(non quero imaxinalo dentro de catro ou cinco anos na Rust subido xa o escenario...).
Hector, Miguel e Vicky apareceron ó pouco coma nós: cansos pola viaxe pero ledos por estar todos xuntos.
Tomamos posesion do aloxamento, ceamos un pouco, e despois Jose e mais eu fomos tomar algo nun dos poucos chiringuitos que estaban abertos. Habia que esperar por Xaco que retrasaba a sua chegada por motivos alleos a el e que non sabiamos moi ben a que hora chegaria. No chiringuito foi onde nos atopamos por primeira vez sen sabelo con Sophia, e a volta pola estrada xa empezaron a ocurrir algunhas cousas raras, raras que se multiplicarian nos vindeiros dias.
Xaco chegou as 5:30 da madrugada...xusto para saudalo e volvernos meter cada un na cama ata o dia seguinte. Xa estaban todos os Crazy Ponys en Bolonia, onde escribirian o mellor dos concertos da sua vida, con un cantante novo que tomou o mando da situación e un bateria que é realmente guitarra e que colleu as baquetas un mes antes de actuar en Bolonia