Ainda hoxe, 15 de xullo, cinco dias despois de voltar das "Southers Earths"non din despertado para contar con obxetividade todo o ocurrido en esta II RUST FEST.
Fai un ano exactamente que poñiamos a andar o primeiro dos Rust "Waiting for Neil" en terras de Valdoviño. Aquela experiencia, e coido que todos os asistentes a ela me daran a razón, marcou un antes e un despois na vida de moitos de nós. En este ano transcurrido todos soñabamos con volver a encontrarnos para compartir unhas pocas horas do ano con aquelas maravillosas persoas que coñecimos en Valdoviño. A espera faciase moiiii longa; os dias non daban pasado; as novas do II Rust caian a contapingas...os nervios empezaban a aflorar cando iamos sabendo de todos os grupos que se xuntarian por dous dias en Bolonia. Meu Deus, con esa calidade ata o propio Tio Neil era capaz de aterrar en Bolonia...e si esto era asi, como iamos a facer mais adiante? Xa non "Esperariamos por Neil?"; cumpliriase o lema e disolveriamos as Rust? NON, QUE NON VEÑA!!!!!!!! QUE SE QUEDE NA CASA.....NOS O QUE QUEREMOS E XUNTARNOS CADA ANO, o de Neil é a excusa perfecta para asi facelo.
Bueno, e deixando un pouco de lado a ironia (moi propia de nós por aqui enriba, e pouca entendida a veces polas Terras do Sur) paserei a contar mais ou menos o que ali aconteceu, empezando polo longo viaxe a que nos vimos sometidos dende o Norte: 1200 Kms de arriba a abaixo coa CrazyFurgo onde se ubicaba o material dos Crazy Ponys, con Ricardo e Arancha nela; Luis e mais eu faciamos de escoltas ainda que o coche ia ata os topes tamen: caixas de camisetas, cervexas Estrella, empanadas, Licor Coffee de Xunqueira...iamos ben abrigados para o camiño.
Extremadura deunos o primeiro toque: interminable, moi distinta o que nós coñecemos; nun intre coidamos que Ricardo toleaba pola inmensidade que se presentaba diante noso. O calor fixo acto de presencia con temperaturas que subian dos 33 ou 34 grados. Chegou ó seu culmen en Sevilla: 37 grados as 7:30 do serán. Ali fixemos unha parada tecnica para saudar ( e no meu caso coñecer) a un compañeiro de Luis que nos esperaba nas aforas. Cando recuperamos a estrada xa estabamos doentes por albiscar o mar...mantiñamonos en contacto con Hector, Miguel e Vicki que baixaban dende Madrid despois de recoller o primeiro na capital do reino....e o mar non aparecia por ningures; Xerez, o Puerto de santa Maria, Vejer de la Frontera, pasamos perto de Barbate, onde pensabamos escoitar os rumores das ondas contra a área...pero nada de nada. De supeto, un cartel indica a dereita BOLONIA e ali empezamos a subir unha longa costa que nos separaba do noso obxetivo. Cando chegamos o culmen por fin poidemos velo: a praia de Bolonia aparecia ali abaixo esperando por nós. Os catro Kms de baixada foron como esas baixadas do Tour de Francia que todos os verans nos ofrece o TV: relaxada, apurando cada curva, mirando solo ó infinito cercano que se nos presentaba diante de nós. Por fin chegamos, e o primeiro que vemos é o noso aloxamento por esos días: o Bellavista. NIn en el paramos impacientes como estabamos por atoparnos con aqueles que botaramos tan en falta durante un ano. Un pequeno vistazo á praia, chamada a Antonio Boss, e confirmación de que alguns xa estaban no chiringuito de La Cabaña. Para ala fomos como tolos para abrazar a Jose, Isa, Dario...e mais tarde a Dani, Laura e como non ó NOSO Lucas. Porque Lucas é de todos nós....(non quero imaxinalo dentro de catro ou cinco anos na Rust subido xa o escenario...).
Hector, Miguel e Vicky apareceron ó pouco coma nós: cansos pola viaxe pero ledos por estar todos xuntos.
Tomamos posesion do aloxamento, ceamos un pouco, e despois Jose e mais eu fomos tomar algo nun dos poucos chiringuitos que estaban abertos. Habia que esperar por Xaco que retrasaba a sua chegada por motivos alleos a el e que non sabiamos moi ben a que hora chegaria. No chiringuito foi onde nos atopamos por primeira vez sen sabelo con Sophia, e a volta pola estrada xa empezaron a ocurrir algunhas cousas raras, raras que se multiplicarian nos vindeiros dias.
Xaco chegou as 5:30 da madrugada...xusto para saudalo e volvernos meter cada un na cama ata o dia seguinte. Xa estaban todos os Crazy Ponys en Bolonia, onde escribirian o mellor dos concertos da sua vida, con un cantante novo que tomou o mando da situación e un bateria que é realmente guitarra e que colleu as baquetas un mes antes de actuar en Bolonia
3 comentarios:
Xan, ¿cuándo la próxima entrega? Si con esta ya se me han puesto los pelos de punta con el relato de vuestra búsqueda del mar... no quiero pensar qué sentiré en los próximos capítulos... Aquí te espero impaciente.
Gracias por compartir tan bella experiencia con todos nosotros con esta sensibilidad tan tuya y que tan escondida tienes.
Un beso.
Ángeles ("manayé").
Muy bonito Xan, da gusto leerte y como dice Angels, a la espera del cap'itulo II y disfrutando de vacaciones post rust. ABRASOTE BRO
Feliz estreno del cantante y del bateria (por lo poco que he escuchado de Bolonia). Un conciertazo!!
Publicar un comentario