miércoles, 28 de julio de 2010

OS CRAZY PONY'S TOMAN COMPOSTELA

Moita expectación na noite de onte na Praza do Toural en Compostela por ver os Crazy Pony's en vivo,en plenas festas de Santiago. A cita éra as once e media da noite en pleno casco antiguo de Compostela, e facendolle a competencia nada mais e nada menos que o matrimonio Costello/Krall.
Os nosos amigos meteronse o publico no peto dende o primeiro intre que sonou o "Hey Hey , My My", sonido contundente, limpo, poderoso; os instrumentos sonando como nunca sonaron, a voz inmaculada e forte, todo se puxo a favor por mor do tesón e a forza dos seis Pony's; habia público de toda caste entre os espectadores,pero todos ficaron anonadados por mor da forza desplegada no escenario.
En primeira ringleira, sempre animando, saltando e coreando os temas, toda a Rust Fest chegada dende Valdoviño. So faltou George por motivos laborais,pero os demais ali estaban, dandolle mais forza si cabe o grupo.
Set List axeitado o lugar e o tempo de concerto: sonaron entre outras, "Love and only love", " Are you ready for the country", "Long may you run" (con Antonio solo no escenario con organo, armonica e voz", "Mr. Soul", "Old Man" (adicado a Ben Keith,coma non), "Harvest Moon" (cecais o mellor da noite), "Love to burn", "Over and Over", e "Keep on rocking in the free world" cos coros dos asistentes incluidos;como remate, e a petición de Bobby dos EE.UU. ali presente no concerto "Cinnamon girl"...e "Fucki'n up".
Foi a partir de "Mr. Soul"cando o concerto empezou a vivir os momentos alxidos; os Pony's comenzaron a confiar en eles mesmos, os guiños do publico deulles alas; Ricardo empezou a asombrar coa sua guitarra,mentres a base ritmica de Edu ao baixo e Carlos a bateria ameazaban con botar abaixo as campás da Catedral. Luis interviña nos coros con unha soltura que non vira en Valdoviño, e Vicki impuxose coma sempre coa sua voz, a sua ilusión e a sua enerxia enriba do escenario....e Antonio, Antonio dominou o escenario sabendo que a sua voz retumbaba nas vellas pedras de Compostela con claridade e dominio; bailou, berrou, levou o ritmo e fixo intervir o público das primeiras ringleiras coa sua forza contaxiante.
En fin , un CONCERTAZO, que en nada cambio polo que poideron ofrecer Elvis Costello e Diana Krall a 200 metros de onde nos atopabamos;porque ali,no Toural estaba presente a ilusión, a forza, e todo o corazon polo amor a boa musica do noso querido Neil Young.
Sodes grandeS Pony's, MOI GRANDES.

ADEUS BEN...SEMPRE ESTARAS CON TODOS NOS

 A nova colleunos completamente de sorpresa; éra Pepe, dende a Praia de Neil quen nos facia saber do falecemento de Ben Keith;parece ser que un ataque o corazón rematou coa vida de quen fora acompañante asiduo de Neil Young ao longo de mais de 40 anos. Neil sabia ben de quen se acompañaba; especialista e mestre no steel guitar, Ben sempre éra a figura do curruncho que sa sua guitarra ritmica daba pé os lucimentos de Neil nas suas duas ultimas xiras,coa Electric Band. Lembro esas duas veces,nos anos 2008 e 2009, ali, co seu pelo cano,mantendo o ritmo a espera das indicacions de Neil, nunca foi de relumbron pero a sua tecnica no dominio  da guitarra faciao imprescindible en esa formación.Inesquencible a sua steel guitar en "Harvest Moon".
Ben...para sempre estarás con todos nós.

sábado, 24 de julio de 2010

WHISH YOU WERE HERE

Ano 1975. Dous antes, Pink Floyd arrasaran en todo mundo co seu anterior disco "The dark side of the moon", onde fixeron unha demostración do uso das novas tecnoloxias de gravación completamente novedosas. I eso que falamos do ano 1973.
A expectación polo novo traballo do grupo britanico éra evidente en todo o mundo. Raros son os casos no circo do Rock onde unha obra posterior a un grande exito acada o mesmo ou o supera incluso. Pero Pink Floyd foron quen de conseguilo.
"Whish you were here" presentouse en sociedade en directo, no festival de Knewort do mes de xullo de 1975. Posteriormente, en setembro de ese mesmo ano lanzouse ao mercado anglosaxon e americano rompendo todos os pronosticos de ventas. De tal xeito que as copias que se puxeron a venda quedaronse cortas e houbo que recurrir a impresion de mais de 500.000 copias  nos seguintes dias.Na sua segunda semana no mercado acadou o nº 1 nas listas britanicas e americanas .
Ainda que nos seus comenzos o grupo ia dirixido  a ese tipo de público caseque que experimental e alternativo de finais dos anos 60 que escomenzaba a emerxer neses dias, Pink Floyd mantiveron unha traxectoria nada facil comercialmente. Os seus primeiros discos, cando ainda estaba Syd Barret como compositor unico do grupo, manisfestabase unha querencia polo experimentalismo, con longas fases onde o organo e a manipulació das guitarras lle daban ese toque vangardista tan de moda en certos circulos semi-pechados do Rock.
Unha vez que Syd Barret e caseque  obrigrado a deixar o grupo (todos sabemos as causas: uso e abuso de drogas de todo tipo, ata chegar un intre en que nin éra persoa nin éra musico), é Roger Waters quen toma o mado do combo, i entrando no mesmo david Gilmour a guitarra. Despois de varios traballos de subsistencia (musica para peliculas sobretodo) publican no ano 1972 "Atom the heart mother" onde xa se albisca o dominio pleno do grupo a nivel compositivo e musical, con temas mais asequibles o grande publico sen deixar de lado a sua base experimental. Cecais de ese traballo, o tema "Free Four" fora o que preparara o grupo para dar o gran salto, que se produxo o ano seguinte co "The dark side of the moon".
No disco que falamos atopamos cecais o mellor sonido que se podia atopar en un disco analoxico ata ese momento. A limpeza das guitarras, o son envolvente dos temas, a duración dos propios temas, fan de "Whish you where here" un disco que te engancha dende o mesmo principio.
Ainda que o disco está adicado a figura de Syd Barret, atopamos en el tamén grandes letras comprometidas arredor do mundo discografico e sobre todo a manipulación das discograficas arredor do Rock.
O grupo sigue a recurrir a amños de estudo para configurar a obra final; asi atopamos sinais de radio como si cambiaran de emisora, mentras vai entrando a guitarra de Gilmour pouco a pouco; o sonido de vento como transición entre un tema e outro; portas que se abren co seu caracteristico sonido; unha festa de fondo para representar a baixa calidade moral dos executivos das discograficas, etc; todos eles magnificamente misturadas para facer unha solida obra de arte que pervive ano tras ano. O inxeniero de sonido foi Brian Humphries, un experto en crear atmosferas creativos en este tipo de traballos; Alan Parson xa estaba enganchado no seu proxecto de banda e por iso declinou a invitación do grupo para que repetira como tal, xa que el fora o inxeniero de son en "The dark side of the moon".
Sempre houbo controversia ata ese momento entre o "The dark...." e "Whish you were here" no canto de cal das duas obras era mais representativa de Pink Floyd. En certa medida rematou co enfrontamento a posterior edición de "The Wall", para moitos a obra culmen do grupo....e o remate final do grupo como tal.
Esa triloxia está grabada en ouro nos anais do Rock como referencia necesaria de un grupo morto do seu propio exito.
As desavenencias entre eles chegou o culmen de non falarse e non querer saber nada uns dos outros durante moito tempo. As fortes personalidades de Waters e Gilmour fixeron que cada un fora polo seu lado, esquencendo que foron autores de unha das mais bellas paxinas do Rock. De todas formas no unico en que estiveron de acordo ao longo do tempo foi que "Whish you were here" éra o seu traballo preferido.
Eran outros tempos, meus amigos

jueves, 22 de julio de 2010

ACTIVIDADES NA RUST FEST

Non pensedes que todo foi festa-jolgorrio durante o desenrolo da Rust, eh? Tamén houbo tempo para o estudo (as clases de informatica tiveron moitisimo exito, verdade Dani?), as conferencias (aqui é onde Manolo se graduou en Doctor para sempre), os ensaios (as sesions de micros abertos deixaron ver a unhos poucos covardes que non se atreveron a subir o escenario-eu incluido)...pero a verdade é que foron os menos; o que imperou foi a festa e o bon rollo en todo momento.
Aqui tedes unha pequena mostra.












miércoles, 21 de julio de 2010

A RUST FEST DE VALDOVIÑO

Non sei que expectativas tiñan alguns dos membros da praia de neil onde empezou todo este evento, pero a nivel persoal, para min, foi moi superior a calquer cousa que poidera imaxinar.
E foi así grazas a todas as persoas que se implicaron en ela como un xeito de favorecer a convivencia de moitas xente chegada de todas partes.
Para min, como xa dixen no foro de enlaplayadeneil o importante foron as persoas cos que compartin eses dias que xa seran inesquencibles. Si a eso lle engadimos o nivel das actuacions que disfrutamos....xa non se pode pedir mais.
Por eso coido que é mellor ir deglutindo pouco a pouco todas as emocións de aqueles dias e dar paso a algunhas imaxenes que falan moito mais que as verbas que intento explicar....por eso deixovos algunhas fotos de aqueles dias. Mais tarde,falaremos do Fest mais longo.


O ENTORNO: magnifico; non se podia encontrar outro mello





OS AMIGOS: todo un tesouro

A MANDUCA: Hummmmmmmmmmmmmm


OS PEQUECHOS:  a ledicia de todos nós

OS MUSICOS: IMPRESIONANTES

 A FESTA: JOLGORRRIIOOOOOO