miércoles, 14 de julio de 2010

XA ESTAMOS DOS NERVIOS

Faltan dous días...e xa no ambiente empezan a aparecer os nervios previos a calquer gran acontecemento. Porque deso se trata para moitos de nós: o 1º RUST FEST que se celebra en todo o Estado, en Valdoviño para mais señas como caseque tod@s sabedes. Hoxe escomenzan a caer pola Nosa Terra os primeiros asistentes, os que seguirán mañan e pasado todos os demais. Seguro que imos botar de menos a alguns dos membros da Praia de Neil que son asiduos colaboradores da paxina, pero tede por seguro que os imos ter presentes en cada momento da Rust. Saudos para Ramonet, Ivaxavi e algun outro que por motivos de traballo ou familiares non se poden achegar a disfrutar con todos nós do espiritu de amizade e camaraderia que indubidablemente van rexir estes días.
Imaxino que Xabre e todos os poneys estaran que se van pola pata...tranquis colegas, todos participamos do mesmo, e seguro que cando nos vaiamos vendo pouco a pouco, esa sensación vai desaparecer para compartir todo o que temos en común.
Cecais o tempo non acompañe como quixeramos...pero o calor compartido seguro que o imos a ter. Ademais que ben seguro que alguns dos "forasteiros" van agradecer o feito de dormir con unha mantiña por enriba despois de sufrir os rigores do Sol e do calor dese inferno que pulula polo Sur.
Sabedes que seredes benvidos todos..e os que non podades facelo tamén sabedes que o compartiremos con todos vós nos vindeiros dias. Mentres...
¡¡¡VIVA O 1º RUST FEST...WAITING FOR NEIL...NO VALDOVIÑO!!!!!

1 comentario:

Xabre dijo...

Xan you are the man!!