miércoles, 30 de junio de 2010

BORN TO RUN

Estamos a mediados do ano 1975. Xa pasaron os tempos das flores e o amor libre que preconizaban os hippies a finais dos 60. O Rock esmorece victima dos seus propios excesos. Os supergrupos tipo Led Zeppelin ou Deep Purple son arrastrados polos Stones e compañia nunha pose de SuperStars do Rock que non leva a ningures. Ter un disco de platino nos USA supon entrar nun mundo onde se consinte todo e de todo, i esto leva a que os afeizoados se pregunten onde acabará esa voraxine. O rock sinfonico tamén da os seus ultimos escarceos prevendo un final de folla de ruta previsible. En Inglaterra os mozos e mozas non pican xa...preguntanse, miranse uns a outros e demandan un novo rumbo; o punk está a volta do curruncho. Dylan da algunhas sinais de vida co seu "Blood on the Tracks", e o noso Neil Young presenta en sociedade "Zuma", cecais a ultima gran obra revulsiva do Rock de aquel ano.
Nos Estados Unidos as cousas non pintaban mellor; o country-rock chegaba o seu culmen e por el colabanse bandas que acadarian grandes exitos pero que non abrian camiños novos, e si o facian éra para misturar eses sonidos countrys con notas pop a gusto do consumidor. Os Eagles e Doobie Brothers acadaban chegar a sonidos mais pastiches que outra cousa despois de grabar moi bons traballos, pero o camiño éra repetitivo a mai non pedir.
Na Costa Leste, mais en concreto na zona de New Jersey, florecian grupos que rompian todo este tedio con experimentos cheos de imaxinación pero que non chegaban o gran publico.
Entre eles atopabase un mozo que xa grabara dous discos con mois boas criticas e moi poucas ventas. Decian del , o principio, que seria o novo Dylan, ainda que él marcaba distancias musicais co autor de Duluth. Rulaban e rulaban  todos os dias en actuacións que magnificaban no boca a boca os poucos seguidores que tiña.
Nunha desas actuacións estaba presente Jon Landau, daquela critico musical de "Rolling Stone", e de outras revistas e fanzines que proliferaban nos USA. Despois de ver a Bruce Springsteen unha desas noites, foi cando publicou o seu famoso "Acabo de ver o futuro do Rock'n Roll e chamase Bruce Springsteen".
Este, agobiado pola falla de resposta por parte do publico os seus dous primeiros discos, estaba pechado dende facia mais de un ano nos estudos de grabación preparando o que seria o seu terceiro traballo. Sabia que si fallaba non teria mais oportunidades por parte da sua casa, a CBS. E por esto que rodeado de unha nova banda daballe volta e mais voltas os temas que formarian o disco.Mentras grababa polo día, seguia a actuar cada noite nos clubs de Nova Iorqe agrandando a sua fama entre o publico minoritario e deixando en cada actuación un sabor de boca que facia que se transmitira de unos a outros o seu bon facer en directo.
Foi tanto o nivel de autonecesidade de Springsteen sobre o seu traballo, que este consumia horas e horas de estudo, primeiro no 914 e despois no Record Plant unha vez que Landau lle pedira que necesitaban outro lugar onde grabar. As suas relacións co seu manager e productor Mike Apple escomenzaron a escorrentarse perigosamente ata facer que este cobseguira que non volvera a grabar ata tres anos despois de "Born to run".
"Boom" Carter, ata daquela baterista da banda interven precisamente no tema que da titulo o traballo. Despois seria sustituido polo xa afianzado Max Weinberg. Todo o traballo esta escenificado como unha pelicula en branco e negro, segun asegurou Springsteen en varias ocasions. Este afeizoarase as vellas peliculas dos anos 30 e 40, e dali xurdiu a idea global do album. Todos os temas teñen unha pequena introducción instrumental que vai desenrolando posteriormente ata chegar o nudo e desenlace en forma sonora.
Alguns queren ver no sonido e "Born to run" influencias de Phil Spector na producción de sonido, o famoso "muro de sonido" do productor britanico; nembargantes coido que é o reves do plantexado o resultado final. Precisamente si por algo destaca este traballo é polo contundente sonido acadado en todos e cada un dos temas, onde se destaca cada instrumento no momento xusto, onde non se perden sonoridades opacas en florituras de arranxos esteriles. Temas redondos fabricados a partir de historias de todos os dias; de fracasos e ilusions; de soños e realidades; de persoaxes construidos a partir da realidade cotian da rua.
Oito temas compoñen o "Born to run". Dende o primeiro "Thunder Road", sabemos que estamos diante de algo que vai cambiar as nosas vidas para sempre; podemos sumerxirnos na voraxine de "Thent Avenue Freeze-Out", ou disfrutar coas historias desesperadas de "Backsteets", ou mesmo coller a mensaxe de "ultima oportunidade" de "Meeting across the river" (cecais o tema menos valorado de todo o disco), pero o todo en si, consigue unha obra global da que non sobra absolutamnete nada.
O disco foi lanzado en agosto do ano 1975, o mesmo tempo que Springsteeen e a sua banda tocaban cinco noites seguidas no "Roxy" primiero e no "Deslight" de Nova Iorque despois; estes concertos estan considerados hoxe por hoxe os cimentos nos que se acocha a fama de Springsteen nos seus directos; os catrocentos afortunados que poideron disfrutar cada noite deses concertos aseguran que foi algo para non esquencer na vida, tres horas e media e incluso catro horas de sonido contundente, salvaxe e agresivo como non se vira ata daquela, con Springsteen e a sua banda dando todo de si, sabedores que se xogaban o pelexo.
A Columbia puxo toda a pel no asador despois da critica de Landau, polo que o disco foi lanzado con unha campaña de publicidade de mais de 250.000 dolares, e a presencia de Springsteen ao mesmo tempo nas portadas de "Time " e "Newsweek" auguraban por onde ian os tiros.
O disco situouse rapidamente entre os mais vendidos pero nunca acadou o nº 1 nas listas; como moito chegou o 2º posto de Billboard, ainda que se mantivo mais de cen semanas entre os mais vendidos.
No noso pais tivemos que agardar varios meses o seu lanzamento, concretamente ata o mes de outubro non viu a luz; cecais foi un dos primeiros discos onde se incluian as letras traducidas o castelan da man de Diego A. Manrique. Tamén foi todo un exito, non tanto como noutros paises, pero entre os amantes do Rock daqueles dias a todos nos quedou o regusto de que estabamos a escoitar algo que seria indispensable no futuro, e ahí Jon Landau non estivo errado.
Como curiosidade, en setembro do ano 2009, Springsteen deu cinco concertos seguidos no Giant Stadium de New Jersey con todo o papel vendido con meses de antelación; pois ben, no primeiro dos concertos Springsteen e a E Street Band, a metade do concerto, atacou o "Born to run" integro, cos oito temas, un detras do outro, tal e como sairan no disco en 1975...pero esta vez en directo. Está recollido nun DVD non oficial, pero paga a pena conseguilo para disfrutar unha vez mais da boa musica.Con palabras maiusculas.

No hay comentarios: