

De todas formas, seguro que tedes vivencias de aqueles anos que hoxe fan que as lembremos con un sorriso nos beizos, ainda que non éran ningunha broma daquela.Vouvos contar algunhas delas.
NEIL YOUNG E ZUMACaseque todos xa sabedes que a primeira edición do "Zuma", do noso Tio Neil salira mutilada por mor das verbas finais que se pronuncian no tema "Cortez Cortez",cando chama a este "Asasino". Estamos a primeiros do ano 1975, e a Franco quedalle pouco tempo para espichala, pero asi e todo a censura franquista non deixa pasar unha. E tocoulle a Neil Young como lle tocou a moitos outros.
Pouco despois da morte de Franco, editouse xa co tema completo; pero aqueles primeiros exemplares son un dos botins mais codiciados polos coleccionistas afeizoados ao Rock.
JETHRO TULL (AQUALUNG)

ROLLING STONES (STICKY FINGERS)
Os Stones sempre foron dos que habia que buscarlle tres (ou cinco) pés ao gato.O seus discos sempre chegaban con mais retraso do habitual (o habitual éra entre cinco a doce meses), pero o final chegaban.
O que non chegou, ata que o Valle dos Caidos recibiu xa por un tempo longo ó seu principal inquilino, foi a portada do "Sticky Fingers". A orixinal xa a coñecedes todos agora en CD. Pero cando saiu en Vinilo foi censurada e cambiada totalmente no noso pais. Na orixinal, unha gramalleira autentica de pantalón vaquero podiala subir e baixar ( unha autentica obra de arte); aqui en troques foi sustituida por unha portada de un bote metalico de marmalada do que xurdian unhos dedos pringosos dela (dahi o titulo); o noso país foi o unico do mundo que editou esta portada polo que tamén converteuse en peza de coleccionistas.
O mesmo tempo que se sustituia a portada, tamén se eliminou o tema "Sister Morphine", por outro titulado "Let it rock". En este caso salimos gañando pois a calidade de este tema é moi superior o eliminado, pero a concepción orixinal do disco foi destrozado.
Un amigo meu tiña este disco, e cando quixo saber o que lle daban por el nunha tenda de discos, ofrecianlle 3€ por el. Quedou con cara de parvo, e cando lle explicou que esa portada éra unica o "vendedor" nin tan siquera sabia de tal feito. Mais tarde chegaron a ofrecerlle ata 150€ en outro lugar de compra-venda de discos.
Cando se editou aqui en CD, a portada orixinal faltaballe o esencial, é decir, o sube-baixa da gramalleira, polo cal toda a orixinalidade ficaba en nada.
OUTROS


THE WHO, tamén se toparon coa censura en varias ocasions. O seu disco Who's Next tivo que cambiar a portada porque parecia que mexaran nunha rocha que estaba detras deles; cambiarona por unha foto de unha actuación en directo. Tamén cando se editou "Quodrophenia",no libreto que acompañaba o disco, habia unha foto na que se via a habitación do protagonista e contra a parede unha chea de mulleres espidas...pois unha por unha foron retocando todas as fotos, e asi taparonas a todas.
LOU REED na sua época mais tola viu como se prohibia o seu tema "The Kids" polo contido sexual que mantiña; e posteriormente a famosa "Heroin" do seu disco "Rock'n'Roll Animal" foi eliminada por outro tema do "Transformer".

VIVENCIAS PERSONAIS
Si esto éra na teoria, un tamén pasou alguns momentos que hoxe lembro con unha gargallada pero que daquela metia o medo no corpo que non vos podedes imaxinar.
Os "puerros" ( como asi se chamaban antes os canutos, e a min nunca me gustou eso de "porros") xugaron algun sobresalto naqueles anos en que escomenzaba a agromar as primeiras pingas de liberdade. Conseguir un pouco de "maria" ou "chocolate" éra unha experiancia que pasaba por varios pasos e moitos contactos. Podian pasar 20 días dende que dabas o diñeiro ata que recibias a "mercancia". Non éra coma hoxe que vas a esquina da rúa e encontras o supermercado da droja. Daquela habia que pasar moitos filtros para conseguir un "puerro".Ademais, en Donostia,onde vivia daquela,a cousa misturabase moito coa politica,e quen mais quen menos andaba a enredar en grupos "politicamente non recomendables".
Unha vez que o acadaramos,estabamolos fumando dentro de un coche un colega ("Garra" canto tempo sen saber de él) e mais eu mentras escoitabamos o disco recien chegado de Patti Smith "Horses", e ademais leiamos as letras do disco que traducira. Tiñamos os xanelas pechadas, evidentemente, polo que o interior do coche parecia unha fumata branca que non vexas. De supeto escoitamos como unha man peta contra o vidro da xanela do conductor onde estaba o outro colega, dalle a manivela para baixala e vemos a dous "grises",que primeiro nos piden a documentación e despois os papeis que tiñamos nas mans. Polo ventaniña debia de sair tal peste de "dulce maria" que debia de chegar ao mar polo menos. Os papeis falaban de Cabalos, Glorias, e demais titulos do disco polo que non debian de ser papeis "subversivos" que eles andaban a buscar, ou polo menos non entendian de que ia a cousa, pero nós estabamos mais acojonados que non vos imaxinades. Xa nos viamos no trullo por traficantes e por atentado contra a saude. Pero non nos dixeron nada, a pesar de que se miraban un o outro como preguntandose de onde viña aquel olor que se podia cheirar en varios metros.
En outra ocasión foi o reves: en pleno Boulevard de Donostia, eu co meu seiscentos de primeira xeneración ( fixadevos como éra, que para arrincalo habia que poñer a chave no contacto, e despois tirar coa man de unha tira que ia ao lado das marchas), unhos vinte grises mandan parar; no cassete a todo volume o "hurricane" de Bob Dylan. Sacaron os asientos dianteiros e traseiros ata que atoparon unhos 200 exemplares de unha publicación clandestina. Na portada un comic de "O Carrabouxo" que daquela non éra nin a metade de famoso que hoxe.Eu xa me via no calabozo do Antiguo,a temida sede da Garda Civil onde sabias como entrabas pero non como salias.Enton escoito como un dos numeros da Policia lle di ( con un acento galego da Fonsagrada polo menos)o que mandaba aquela tropa: "Dejalos, que estos son ye-yes y andan con tebeos".Jajajajaja.
Tamén lembro con devoción o primeiro concerto importante o que asistin: Rory Gallagher, ano 1975; duas horas e media de autentico Rock, do que saimos exahustos e sudando despois de admirar unha e outra vez o equipo do guitarrista irlandés. 200 pesetas a entrada.
Unha semana despois tocaban Status Quo polo mesmo prezo pero a cousa rematou como o rosario da aurora:unha hora escasa e sin bis algun o grupo retirouse e non volveu. Escomenzaron a voar latas e botellas (daquela podias ir con calquer cousa os concertos) ao equipo do grupo ata deixalo completamente esfarelado. Sentimonos estafados despois do bon rollo que tiveramos con Rory Gallagher.
Varios meses despois eran "Genesis" quenes se subian o escenario,pero daquela non poidemos ir a velos. 600 pesetas para un rapaz de 19 anos eran moitas pesetas daquela e cagamonos non sei cantas veces no Gay Mercader que éra o responsable de poñer ese prezo. Eso non foi nada cando o ano seguinte por ver os Rolling Stones en Barcelona pedian MIL PESETAS.Miña nai que cabreo pillou o persoal.O Marcader venderase o imperio; xa non éra o que tiña que ser...
Conformabamonos coas cronicas do Disco-Express (outro dia falarei desta revista porque o merece) e da reciente Vibraciones.En elas contaban como Carlos Santana dende o escenario pedialle a xente que non lle pegara a Policia que acababa de interrumpir o seu concerto na Praza de Touros...seica a Policia tamén eran "hijos de Dios" decia; éra cando lle dera polo rollo mistico do disco "Love, Devotion and Surrender".
Patti Smith no seu primeiro concerto en Barcelona ensinaba un peito " a los reprimidos españoles"; Lou Reed tamboleabase tamén en Barcelona cando saiu o escenario despois de meterse unha boa dose de heroina no corpo antes do concerto; o escandalo foi maiusculo. Queen triunfaba (como non , en Barcelona tamén) tendo a Brian May como figura estelar do concerto;ainda non eclosionara a figura de Freddy Mercury.
En fin cantas lembranzas meu deus....e que ben o pasei recordandoas.
Saude
1 comentario:
E eu lendoas!
Un saúdo meu, un placer leerche pero non tanto coma escoitarte!
Publicar un comentario