martes, 27 de diciembre de 2011

Sen palabras......

Solo vos deixo este video....Dereck Trucks con 13 anos...abrindo para os Allman Brothers

martes, 18 de octubre de 2011

THE BAND:HISTORIA E FESTIVAL EXPRESS


Pois imos a continuar coa literatura no Rock. E esta vez é para celebrar a primeira publicación en castelan sobre A Banda, e decir THE BAND.
"The Band: historia e musica" é o libro que se publicou fai unhos meses da man de Editorial Milenio e cuia escrita debemoslla a Mikel Muñoz. Soubera da sua edición por algun dos blogs que habitualmente visito pero daquela pouca mais información habia. Fai cousa de un mes, en unha das visitas que fixen ó blog de la mansion en la colina ( por certo, pasade por ali porque sempre hai boas referencias sobre á musica que nos atrae, en especial Neil Young do que se está a facer unha enquisa sobre as 10 mellores canción e os 5 mellores albums), decia, falabase de este libro e a forma de facerse con el. E xa non o pensei mais: ós poucos días xa o tiña no meu poder despois de que mo enviaran directamente dende a editorial.
Como xa dixen en algunha referencia a The Band, é unha magoa a pouca información que existe sobre eles, en especial tendo en conta a historia e influencia que tiveron sobre a musica americana de raices nos finais dos anos 60. Con os dous primeiros discos colocados xa como referencia inexcusabel en calquer catalogo que se precie, a vida e obra de The Band forma parte xa da Historia ,con maiusculas, do Rock.
Mikel Muñoz escarba en esta historia dende os seus comenzos, a principios dos 60 e da man de Ronnie Hawkins e os Hawks. Catro canadianos e un Levon Helm provinte de Arkansas que misturaron todo o que facia falta para dar un sonido caracteristico e inimitabel a un grupo poderoso e versatil ali onde os haxa.
Os seus contactos con Dylan; a posterior "xira da traizon" do 66; o refuxio en Woodstock e a casa rosa; profusamente documentado está a creación das "basement tapes", asi como naceu o seu primeiro disco "Music from Big Pink", e o posterior "The band" ( o disco marrón), e como a partir dese intre as "influencias" externas á banda fixeron mella en alguns dos seus membros.
Mikel ainda tén tempo de facer un seguimento expansivo a traveso do tempo indicandonos aqueles temas nos que se conxugaban as voces dos tres "cantantes oficiais " da banda e facendo referencia a cada un dos temas nos que as voces de un e outro simultaneabanse ata acadar o mellor rexistro. Evidenciase un pequeno interes "afectivo" hacia a persoa de Richard Manuel (cecais o membro mais "debil" a nivel persoal do grupo) e toma coma referencias imprescindibles textos de Greil Marcus, Barney Hoskyns e a mesma biografia de Levom Helm, detendose especialmente nos entreadentros do que foi a filmacion do "The Last Walz" de Scorsese.
En fin, un libro de obligada lectura para os amantes do Rock de unha das Bandas que forman a historia do mesmo.
E como colofon a publicacion do libro, recomendovos tamén a vision de un DVD que fai unhos anos apareceu a venda: "Festival Express" recolle as vicisitudes de un grupo de musicos que durante sete días e sete noites percorren gran parte do Canada en un tren contratado espresamente para este evento no ano 1970.. Janis Joplin, Grateful Dead, The Band, Buddy Guy, Sha Na Na, Ian & Silvia, Flying Burrito Brothers (con un Chris Hillman xovencisimo), Delaney & Bonnie....Boas imaxenes das actuacións en directo, os pequenos disturbios que acontecian nas cidades nas que chegaba o convoio, e sobre todo paga a pena polas imaxes do interior do tren: os instrumentos e os amplificadores a disposición de todo aquel que tivera algo que contar; especial atención cando Rick Danko (con un exceso de bourbon, empeza a animar o cotarro ó que lle sigue Janis na improvisación e Jerry Garcia, Phil Lesch e Bob Weir fan as voces e as guitarras mentres o arredor deles a festa continua). Cecais tamén é un dos poucos  documentos en video no que se pode ver ó primeiro desaparecido dos Dead, Ron "Pigpen" Mckernan en plena actuación , morto os 27 anos no ano 73.
O "Festival Express" foi definido por algún critico como o Festival mais tolo celebrado en toda a historia do Rock...as imaxes e o sonido dan a proba delo.

sábado, 1 de octubre de 2011

NEIL YOUNG: IMAXES DO ROCK


Entre os afeizoados ó Rock, sempre botamos de menos a pouca literatura que en este país se lle adica. Son contadas as experiencias trasladadas a papel onde se poda rebuscar as entretelas da musica mais popular dos dous últimos seculos.
Lembro que o primeiro libro "serio" que caeu nas miñas mans relacionado co Rock, fora un tocho de mais de 500 paxinas escrito por Jordi Sierra i Fabra, que el soliño escribia mais da metade da mitica revista semanal "Disco Express". Estamos a falar do ano 1972. O libro era todo un manual iniciatico sobre o Rock.Milleiros de fichas de milleiros de discos que en alguns casos ainda non viran a luz en este país.Hoxe debe ser un libro de culto para aqueles que o posuen, e os que teñan a sorte de telo nas suas mans gardano como ouro en pano.
Un pouco mais tarde Ediciones Jucar sacou a luz unha coleccion, "Los Juglares", onde por primeira vez se recollian as vidas e obras dos grandes da musica: Dylan, The Who,Leonard Cohen, Led Zeppelin...e un libro con as letras de alguns temas de Neil Young.
Hoxe podemos decir que a cousa algo cambiou...pero non tanto como desexaramos. Podemos atopar nas librarias unha pequena seleccion de obras sobre o Rock en pequenos anaqueles de librarias especializadas como a Casa do Libro, a Fnac ou El Corte Inglés. Pero de todos os xeitos o públicado non chega nin o 10% do escrito fora das nosas fronteiras. Cecais Bob Dylan e Springsteen sexan os mais "agraciados" en este senso xa que aparecen con certa frecuencia algun que outro libro sobre diversos aspectos das súas carreiras....pero e Neil Young ?...como é posible que non existan en castelan nada mais que duas obras sobre a súa vida? O mais recomendable é o de Ignacio Juliá escrito no ano 1992. O mais reciente é o de Christian Aguilera titulado "Neil Young: una leyenda desconocida" do ano 2010, pero que coido que se quedou en un intento tan solo de perfilar a vida de Young.
E por eso que hoxe quero recuperar un pequeno tesouro que gardo dende o ano 2000 e que casulamente atopei un día na seccion de libros de musica en El Corte Ingles: tratase de un libro-caderno editado por a Editorial la Mascara  de Valencia e escrito por Conxita Parra e Jordi Bianccioto e chega ata o ano 1998 coa publicación de "Year of the Horse". O titulo e sinxelo: "Neil Young".
O libro fai un percorrido por toda a vida de Neil, ademais de notas recollidas en revistas especializadas falando sobre el mesmo, os seus amigos-enemigos, a familia...unha pequena sección coa traducción de alguns temas; abondosa documentacion fotografica e de gran calidade por certo; tamén trae oito fichas de outros tantos discos seus coas portadas orixinais e a historia do disco no revés; un poster a doble paxina; bibliografia completa ata o ano 1997; discos de colaboracións do canadiano...filmografia, etc.
Desgraciadamente no catalogo da editorial nin aparece referencia algunha ó libro actualmente polo que coido que é demasiado dificil de acadar; cecais en algun rastrillo de segunda man se poda atopar algun exemplar tal e como se fala en algun foro de Internet. Si tedes ocasion pilladeo porque paga a pena...sempre que vos chame a apaixonate vida de neil Young , claro.


             



sábado, 24 de septiembre de 2011

UNHA NOITE DE ASES


Podedes imaxinar unha noite de rock&roll escoitendo temas como "Like a Hurricane", "Born in the USA", "Blowind in the Wind", "Green River", "Cadillac Ranch", "I S'hell be released", "Keep on Rocking in the Free World"...e moitas mais...EN DIRECTO?
Pois esto foi o que pasou na noite de onte no Cafe Colonial de Cee, ali caseque no fin da terra, en plena Costa da Morte.Catro tipos unidos polo amor a boa musica e os seus amados musicos: Richi Garcia, alma mater do Capitan Morgan e buscador incansable dos vericuetos e laberintos de BRUCE SPRINGSTEEN; Eduardo, de The Higlist e amante empedernido de BOB DYLAN; Jose Angel, voz autentica na replica de JOHN FOGERTY, e Alberto "Zuma" dando vida ó noso querido e benamado NEIL YOUNG. Eles catro forman de cando en vez un combo que rula por algunhas das salas de concertos de Galicia dando vida ó POKER DE ASES.
E onte a noite deleitaronnos con un emotivo e sorprendente bolo. Normalmente tocan por separado varios temas dos seus amados musicos e despois xuntanse antes do remate os catro xuntos no escenario. Pero onte non foi asi: dende un principio os catro subiron o escenario e non baixaron del nada mais que para un pequeno descanso. As causas hai que buscalas no pequeno escenario que existia, e por mor de non andar subindo e baixando en cada tema decidiron facelo asi dende un principio. E teño que decir que a min gustame mais asi:todos xuntos, apoiando cada tema coas voces, as guitarras e instrumentos como a pandeira a todos os temas.
Si tivera que escoller un tema que me sorprendeu, indubidablemente seria para min o "Born in the USA" que sonou onte a noite. Catro voces e tres guitarras acusticas para asinar un tema mitico en base de blues que o mesmo Springsteen asinaria cos ollos pechos. Seica foi caseque sen ensaiar e a ver o que saia...e vaia co que saiu....Espectacular de mais.
Alberto "Zuma" tamén nos sorprendeo con unha "experimental" (segun el) "Country Home" que lles quedou redonda e poñendo todo o que atesoura dentro del no tema. En "Keep on Rockin'..." puxeron a sala patas arriba coa forza que os Catro Ases levan dentro.
Remataron con un bis xa escoitado no concerto (como eles din non teñen mais temas preparados, pero a min dame que si se poñen con calquera salelles redondo) o "Knockin' on heaven's door" de Dylan arroupados por todos os presentes.
En fin, unha noite redonda en compaña de unhos musicos excelentes que dan todo o que levan dentro enriba do escenario. Si tedes ocasion de velos non o perdades porque paga moito moito a pena.



martes, 13 de septiembre de 2011

DE NOVO EN DONOSTI

Facia xa algo mais de dous anos dende a última visita a Donosti. Daquela fora por unha cuestión especial como é o feito de ver ó Tio Neil no velodromo de Anoeta. Noite de imborrables lembranzas en boa compaña.
Hoxe tocou visitala por tres días aproveitando unha viaxe de traballo que alonguei un pouco mais e asi poder ver como ian as cousas por ali.Pouco Rock&Roll a decir a verdade ainda a fama da cidade no canto de actuacións musicais. Pero Donosti está a espera do que será unha nova edición do seu Festival de Cine, e mentres a xente disfruta dos derradeiros días de sol nas rúas, na praia, e nas festas que se albiscan por todas partes.
A boa compaña de estes días permitiume decatarme de varias cousas: tolerancia nas rúas; normalidade na festa; milleiros de turistas de todas partes formando parte do conglomerado da cidade; pasión (como sempre) polas actividades deportivas...e moito, moito txikiteo na Parte Vella.
O xoves 8 foi o dia de chegada. Esa noite compartin con un vello amigo de toda a vida o que para min (xa sei que pode ser unha incongruencia vindo de onde ven, pero é asi) o mellor lacón con grelos que teño probado e un aceptable polbo á feira. A Maruxa é o que tén: que fora de Galicia pode presumir de ser o mellor lugar onde se pode xantar como si estiveras na túa casa. Fora das zonas de influencia gastronomica da cidade e con unhos prezos que non se suben a parra ó local está sempre ateigado e esperando turno; o feito de que agora se incrementase con unha terraza por mor da Lei do Tabaco fai que ainda sexa mais agradable a estancia en ela.

Despois un percorrido por alguns garitos do centro onde se bota de menos a nosa Estrella Galicia (joder, xa podian dar algo tamén pola publicidade), a noite prestabase para un longo paseo as catro da madrugada e volver descubrir aqueles lugares da miña adolescencia e xuventude que ainda conservan o vello sabor das cousas ben feitas. A praia de la Concha as cinco da mañan presentabase como un icono de luces e sonidos bañado polo Cantabrico onde non sobraba nada. Solitaria, silenciosa, acollia no seu seo os derradeiros operarios de limpeza preparando todo para o dia seguinte.
Agora o que é o centro de Donostia está peonalizado no seu 90%. Os coches non surcan esta parte da cidade polo que o paseo é mais aproveitado para irte parando sen necesidade de estar ó loro dos coches. E Agradecese.
O día seguinte Manu presentouse as once da mañan para compartir unha xornada de intercambio de opinións tendo por norte a actual situación social e politica de Euskal Herria. Sempre é un pracer escoitar a un vello colega que sigue pensando e opinando o mesmo dende fai mais de corenta anos. Manu non trocou a chaqueta nunca. Cecais sexa dos poucos espiritus que manteñen unha coherencia nada coherente nestes tempos. Un xantar a tempo de non ser imbuidos na marabunta fixo que a primeiras horas do serán nos atoparamos sentados na terraza do vello Barandiaran lembrando outros tempos e momentos polos que ambo´los dous pasamos fai moito tempo. Charla agradable a sombra para soportar os mais de 30 grados que sorprendia ós donostiarras de pro que xa botaban de menos a choiva e o sirimiri.

Un pouco mais tarde, aparecia Peio para amosarnos a súa ledicia pola actual situación social de Donosti.Critico onde os haxa, Peio é un rostro amable que sempre desprende bon rollo buscando os aspectos positivos de todo. Con el e con Eli ( a súa compañeira) percorremos a Parte Vella en plan tranki e fomos caer ó Muelle, onde estaban de Festa. Peio comentou que facia mais de vinte anos que non habia Festas no Muelle, cando eu lembraba que éra unha das paradas obligatorias do veran donostiarra. A nova corporación municipal permitiu que este ano se colocaran as tipicas "Txoznas" onde un podia compartir mesa con calquera acompañados de unha ración de sardiñas, bonito, txakoli ou cervexa. Musica no escenario con grupos que misturaban o rock con melodias folkies vascas; xente nova que non coñecera o ambiente de fai mais de 30 anos que se xeneraba en eses dias; seguindo co percorrido foise engadindo mais xente a segun iamos tomando unhos "zuritos" ou rioxas según o gusto de cada quen.Euskera na meirande parte das conversas que un escoitaba; respetuosos conmigo no canto de pasarse ó castelán para non aillarme entre eles; en fin , un día ben aproveitado que tivo a seu fin algo cedo por mor do cansancio acumulado nos dias anteriores.
O sabado amaneceu con un día soleado ainda que algo mais agradable en canto a temperatura. Quedo con un ex-compañeiro de curro para compartir un primeiro café e falar das nosas cousas. Despois achegome ó Peirao que esta a preparar todo para o día grande das regatas de Traiñas do dia seguinte.O Aquarium da pé a entrar no Paseo Novo e percorrelo na súa totalidade admirando a quietude do cantabrico aquelas horas. Con Peio despois aproveitamos para visitar ó Paco Bueno, un dos poucos locales que se mantén na Parte Vella tal e como o coñecin; ali demos boa conta de unhas gambas á gabardina que solo pode ter unha verba: "impresionantes". Overbooking nás rúas por mor da presencia do Barça esta tarde en Anoeta. Ambiente festivo en cada recuncho que imos.
A primeiras horas da noite achegamonos ata a "Consti", ali esperamos no "Tximista" a chegada dos vellos amigos que quedaramos para cear. Van aparecendo Josetxo, Aitor, Javi e Marivi e Iñaki. Unhos viños, unhas risas, unhas lembranzas...Vittor chega con un xelado na man por mor dunhos problemas nos dentes que non lle deixan comer polo que non ven cear connosco; no "Alberto", en plena Parte Vella damos conta de unha boa cea e moitas risas entre nós. Todos nos coñecemos dende fai mais de corenta anos polo que podedes imaxinar as que temos pasado. Alguns estamos lonxe pero mantemos, ou polo menos intentamolo, o contacto entre todos nós. Para min é unha ledicia que cada vez que vou por esas terras todos fagan o esforzo de estar xuntos polo menos unha noite.
O domingo xa a primeira hora fomos ó Muelle. Ali as dez e media unha marabunta de xente estaba a espera da xornada grande das regatas de Traiñas. As cores de cada un delataba a procedencia: verdinegros de Kaiku, vermellos de Urdaibai, brancos de Donosti (eu levaba unha destas, xa que Aitor, un dos fillos de Peio estaba presente na Traiña Donostiarra; esta éra a primeira vez que a traiña da cidade estaba na "txanda" de Honor e habia que animar o mais posible, xa que a de Tirán remaba na segunda e non tiña posibilidades por mor do mal tempo que colleu unha semana antes na fase clasificatoria); morados de Zumaia, marron de Guetaria-Tolosa, todo un conglomerado de afeizoados coas suas charangas, bandeiras, brincadieras e demais para animar a sua equipa.

Tivemos a sorte de que as rapazas do Rias Baixas superaran na sua carreira as de Zumaia e Gueteria-Tolosa e asi se fixeron coa cuarta bandeira nas catro edicións disputadas. unha ledicia velas a pé de muelle disfrutando dos aplausos de todos os afeizoados que ateigaban o peirao.
E asi, pasaron os catro dias de estancia en esas terras; vendo a vellos amigos, saudando a vellos coñecidos, disfrutando da hospitalidade de unha cidade aberta ó mar; lembrar a todas as boas xentes coas que me atopei: a kuadrilla de Iurramendi, boa xente onde as haxa;especial mención a Peio i Eli pola súa hospitalidade, asi como a eses dous rapaces dos que calquera se sentiria orgulloso pai, como son Aitor e Martintxo...a Josetxo (xa sabes que temos unha cita a vindeira vez que caigas por aqui), Javi e Marivi xuntos dende os quince anos, Aitor sempre buscandose a si mesmo...Manu non cambies, e Iñaki do que xa falarei con el mais longo e tendido, a todos moitas ESKERRIKASKOS.
 E para a vindeira visita espero que haxa algo mais de ROCK&ROLL....seguro que si.

martes, 9 de agosto de 2011

THICK AS A BRICK: UNHA SINFONIA NADA BARROCA

Cecais sexa un dos persoaxes do Rock mais controvertidos da súa historia. Ian Anderson, alma mater dos Jethro Tull, leva dende o ano 1968 rulando de persoaxe en persoaxe e sacando proveito a toda a inventiva que a súa cabeciña lle da.
Cando os Jethro Tull escomenzan a sua andaina a mediados dos 60 en Blackpool e posteriormente en  Londres todo o mundo se apartaba ó seu paso. Non éra de estranar si miramos as roupas coas que se tocaban os catro membros iniciais do grupo...mesmamente parecian pordioseiros, ainda que a súa estetica estaba plenamente medida e pensada. Grandes abrigos andraxosos e longas melenas e barbas que ainda asi en Londres do 66-67 chamaban a atención.
Rularon con moitos nomes distintos para poder repetir as actuacións nos mesmos tugurios unha vez si e outra tamén. O final quedaronnse co de "Jethro Tull" por mor de que o promotor que os contratou unha vez quixo que repetiran de novo co mesmo nome. E asi lles quedou, tamén en honor a un agronomo ingles do seculo XVII inventor de diferentes artefactos para a mellora da agricultura.
Ian Anderson as voces, flauta,guitarra e todo o que se lle puxera por diante, un autentico multifacetista; Mick Abrahams a guitarra electrica; Glenn Cornick ó baixo e Clive Bunker na bateria; esta éra a composición do grupo cando grabaron o seu primeiro disco "This Was" no ano 1968. O disco, para ser a súa presentacion non tivo malas ventas, mais que nada porque o grupo éra coñecido xa polas moitas actuacións que desenrolaban dende a súa cidade orixinal , Blackpool, e despois en Lodres, onde non habia garito que non houberon tocado.
Unha vez o disco na rúa, comenza a "guerra de guerrillas" entre os membros; particularmente entre Anderson e mais Mick Abrahams, que non se entendian a nivel musical i éran antagonistas nos seus gustos. Mentres Mick pasaba por ser un purista do Blues ( a pesar de que o primeiro single do grupo fora un tema escrito por el e nada blueseiro, por certo), Anderson desexaba tocar todos os paus da baraxa. Non se limitaba a un solo estilo senon que abranguia multitude de influencias que queria levar á practica.Ó mesmo tempo Mick non se levaba nada ben con Glenn Cornick, o baixo do grupo, polo que ó final Mick marchou ás duas semanas de ter o seu primeiro disco nas tendas. O sustituto inicial de Mick foi un descoñecido Tony Iommi ( si, o mesmo Iommy que posteriormente fundaria Black Sabbath). Iommy durou dez dias no grupo, tempo suficiente para actuar na pelicula dos Rolling "Rock and Roll Circus"...despois de eso volveu o seu grupo daquel intre "Earth" e non quixo saber nada dos Tull...ainda que anos despois as duas bandas fixeran xiras simultaneas polos USA. Ese mesmo ano, os Tull, co novo guitarra, Martin Barre, actua no Festival de Reading cecais o mais importante de Inglaterra, compartindo cartel con The Nice e T. Rex.
No 69 públican o seu segundo traballo "Stand Up". Con moitisima mais variedade de estilos que no seu primeiro disco, abarcando dende o jazz, blues, clasica, rock e folk e misturando todo en un coctel onde a forma de tocar a flauta por parte de Anderson,daba un toque moi persoal ó grupo. Foi ó unico disco da banda que chegou ó numero 1 das listas inglesas e deu pé a que a banda fora coñecida en todo o mundo. A adaptación de unha pequena obra de Johan Sebastian Bach "Bourée" fixo que o toque persoal de Ian Anderson chamara a atención dos criticos musicais.
No ano seguinte, despois de unha arrolladora xira polos Estados Unidos, Jethro Tull pública ó seu terceiro traballo: "Benefit". Cecais o traballo mais infravalorado pola critica e polos seguidores do grupo; nembargantes para moitos é un clasico de todos os tempos; "Inside" é unha xoia de menos de catro minutos que xa sola ela merece todo o disco. A mistura da guitarra acustica , a voz de Anderson e o seu toque coa flauta converten o disco en un standar durante moitos anos. A Illa de Whight , e o seu famoso festival, recibenos como unhos autenticos triunfadores e a súa aireola non fai mais que medrar.
En este tempo, Glenn Cornick abandona a banda. Cornick é un dos baixistas mais finos e recoñecidos de todos os tempos. Os seus gustos musicais derivaban de un amplo espectro onde se misturaban o rock progresivo e o sinfonico que daquela escomenzaban a practicar moitos grupos ingleses. Ainda asi, marchou e fundou unha banda chamada "Wild Turkey" que posteriormente publicaria varios traballos encamiñados mais que nada en variedades sonoras que recollian influencias do jazz e do blues. Unha banda que despois de tantos anos ainda sigue a traballar e publicar traballos de moita calidade.
Cornick foi reemplazado por un vello amigo de Anderson que non tiña nin idea do que éra un baixo: Jeffrey Hammond-Hammond e o mesmo tempo incorporase ó grupo definitivamente o teclista John Evans. Con todos eles configurase o formación mais estable do grupo (duraria ata o ano 1975) e a que acadaria os maiores exitos que estaban por chegar.
"Aqualung", o cuarto disco marcou un antes e un despois na banda. A creatividade compositiva de Ian Anderson (todos os temas de todos os discos éran da súa autoria) imponse diante da realidade tanxible de aqueles anos. Fortes controversias na politica inglesa,e marcadas influencias relixiosas que lastraban o futuro do país, fan que "Aqualung" fora recibido como un ramalazo de realidade diante da pacata sociedade dominante inglesa. Con un sonido achegado claramente o Hard Rock e mais as misturas acusticas e folkies de outras partes do disco, o traballo foi alabado dende o principio por todo o mundo. O persoaxe principal "Aqualung" é un mendigo alcoholico, homeless e ainda por enriba pedofilo.O retrato na caratula do disco (un dibuxo que representaba a Anderson nunha postura burlesca e desafiante) foi o "cocon" dos nenos de aqueles anos. Para mais a Mary de "Cross-eyed Mary" éra unha prostituta menor de idade.
Todo elo, aderezado co comenzo da letra  do tema que da titulo o disco: "Nun principio o home fixo a  Deus a súa imaxe e semellanza..." provocou que no noso pais non poideramos disfrutar do seu estreno ata despois da morte do Dictador; eu lembro que daquela habia un anuncio na revista "Disco Express" onde por 100 ptas che facian unha copia en cassete do disco, estivera ou non editado no estado español; e asi foi como conseguin o "Aqualung"
Para moitos criticos, "Aqualung" éra unha obra conceptual das que empezaban a escoitarse nas emisoras de radio de FM en Inglaterra. Anderson non estivo de acordo con eso e prometeu que lles daria no futuro unha obra "conceptual completa".
E esa é a obra que abre esta entrada: "Thick as a Brick".Públicada no 72 e rotundo exito inmediato en todo ó mundo: numero 1 en USA e 5 en Inglaterra. Unha obra de 42 minutos con unha multitude de instrumentos que apabulla. O famoso "Tubular Bells" que se publicaria 3 anos despois bebe das influencias de este disco que dende o principio engancha a pesar da sua extensión.Coñecidisimo o seu principio coa voz de Anderson e a guitarra acustica de Martin Barre, "Thick as a Brick" foi a primeira obra que se escoitaba nas emisoras con esa duración. Ata daquela o "In-da-gada-da-vida" dos Iron Butterfly éran os que mantiñan esa pole con un tema de 18 minutos; pero Jethro Tull foi quen de dar vida a un poema escrito por un neno de 8 anos (Little Milton) acusado de preñar a unha compañeira de colexio de 14  e recibir un premio pola súa obra ( non a de preñala, que quede claro). Posteriormente Anderson confesou que todo éra un conto e que proviña de súa esaxerada imaxinacion. O poema éra da sua autoria e a musica tamén por suposto.
Cando se editou, en formato LP por suposto, Anderson pensou que para dar continuidade as duas partes usaria o efecto "vento" para enlazar unha cara do Lp coa outra; asi a obra pareceria un todo en si mesmo; si fora agora non teria a necesidade de facelo xa que o CD ten mais capacidade e non faria falla esa "conexion ventisca" para enlazar as duas partes.
Ainda que se poda encadrar no que daquela se chamaba "Rock Sinfonico", Ian Andersosn confesou en varias entrevistas que solo queria facer unha paradia dos discos de Yes, Emerson, Lake&Palmer ou King Crimson tan en boga en aqueles intres; sinfonica ou non "Thick as a Brick" é un disco basico na historia do Rock pola súa valentia conceptual e mais pola maravillosa mistura de letra e musica nunha obra de longo recorrido.
Para mais Inri, a presentación do disco saliase do normal na súa caratula. Un xornal de provincias con todas as súas paxinas e tipo despegable, incluidos os seus pasatempos, deportes,etc. Algo que se perdeo na edición en CD posteriormente e que deixou mutilado algo fundamental do disco.
Despois de "Thick as a Brick", a banda publicou outro traballo na mesma linea, con un solo tema e mais ou menos a mesma duración: "A Passion play". Cecais o traballo mais incomprendido pola critica , pero tamén un dos mais apreciados polos seus seguidores, xa que segun eles a voz de Anderson mostrase aqui no seu maximo esplendor. O grupo seguiria unhos anos mais no culmen coa publicacion de bons traballos, pero xa sen a maxia que exprimian nos seus primeiros cinco discos. A pesares de elo, obras como "Living in the past", "War Child" "Minstrell in the gallery" ou o coñecido "Too Old to Rock&Roll: Too Young to Die" mantiveron ó grupo enriba de todo coas suas continuas xiras sobretodo nos estados Unidos; a todo elo engadiuse unha racha de publicacións de discos redondos tomando como referencia as influencias do Folk Britanico: "Songs from the wood", "Heavie Horses" e "Stormatch" pechan a traxectoria da época dourada do grupo.
Despois de mais de 40 anos de continuidade no Rock, Ian Anderson pode mostrarse orgulloso da súa traxectoria e a do séu grupo; tan solo Anderson mantense dende o principio na banda, e Martin Barre dende o segundo disco publicado ainda forma parte da mesma; mais de trinta membros pasaron pola banda ó longo de todos estes anos mantendo unhos niveis de calidade que segun alguns criticos fan do grupo o segundo mais lonxevo do rock en continuidade despois dos Rolling Stones.
Como anecdotario lembrar a concesión do premio Grammy no ano 1989 na seccion de "Mellor disco/perfomance de Hard Rock-Heavy Metal"ó grupo polo disco "Crest of a Knave" derrotando os mesmisimos Metallica e levando unha sorpresa a banda que non contaba para nada que llo concederan, xa que nunca se consideraron unha banda de heavy. Cando se anunciou ó premio foi recibido por unha grande escandaleira malia que ningun membro estaba presenta na gala. Posteriormente Anderson fixo publicar como publicidade nos medios especializados o seguinte anuncio a toda paxina: "A Flauta é heavy, instrumento de metal".
Ainda que a carreira de Jethro Tull podese considerar irregular despois de tantos anos, recomendaria repasar a súa primeira discografia por ser basica na historia do Rock, e mais concretamente esas duas xoias musicais chamadas "Aqualung " e "Thick as a Brick".