martes, 9 de agosto de 2011

THICK AS A BRICK: UNHA SINFONIA NADA BARROCA

Cecais sexa un dos persoaxes do Rock mais controvertidos da súa historia. Ian Anderson, alma mater dos Jethro Tull, leva dende o ano 1968 rulando de persoaxe en persoaxe e sacando proveito a toda a inventiva que a súa cabeciña lle da.
Cando os Jethro Tull escomenzan a sua andaina a mediados dos 60 en Blackpool e posteriormente en  Londres todo o mundo se apartaba ó seu paso. Non éra de estranar si miramos as roupas coas que se tocaban os catro membros iniciais do grupo...mesmamente parecian pordioseiros, ainda que a súa estetica estaba plenamente medida e pensada. Grandes abrigos andraxosos e longas melenas e barbas que ainda asi en Londres do 66-67 chamaban a atención.
Rularon con moitos nomes distintos para poder repetir as actuacións nos mesmos tugurios unha vez si e outra tamén. O final quedaronnse co de "Jethro Tull" por mor de que o promotor que os contratou unha vez quixo que repetiran de novo co mesmo nome. E asi lles quedou, tamén en honor a un agronomo ingles do seculo XVII inventor de diferentes artefactos para a mellora da agricultura.
Ian Anderson as voces, flauta,guitarra e todo o que se lle puxera por diante, un autentico multifacetista; Mick Abrahams a guitarra electrica; Glenn Cornick ó baixo e Clive Bunker na bateria; esta éra a composición do grupo cando grabaron o seu primeiro disco "This Was" no ano 1968. O disco, para ser a súa presentacion non tivo malas ventas, mais que nada porque o grupo éra coñecido xa polas moitas actuacións que desenrolaban dende a súa cidade orixinal , Blackpool, e despois en Lodres, onde non habia garito que non houberon tocado.
Unha vez o disco na rúa, comenza a "guerra de guerrillas" entre os membros; particularmente entre Anderson e mais Mick Abrahams, que non se entendian a nivel musical i éran antagonistas nos seus gustos. Mentres Mick pasaba por ser un purista do Blues ( a pesar de que o primeiro single do grupo fora un tema escrito por el e nada blueseiro, por certo), Anderson desexaba tocar todos os paus da baraxa. Non se limitaba a un solo estilo senon que abranguia multitude de influencias que queria levar á practica.Ó mesmo tempo Mick non se levaba nada ben con Glenn Cornick, o baixo do grupo, polo que ó final Mick marchou ás duas semanas de ter o seu primeiro disco nas tendas. O sustituto inicial de Mick foi un descoñecido Tony Iommi ( si, o mesmo Iommy que posteriormente fundaria Black Sabbath). Iommy durou dez dias no grupo, tempo suficiente para actuar na pelicula dos Rolling "Rock and Roll Circus"...despois de eso volveu o seu grupo daquel intre "Earth" e non quixo saber nada dos Tull...ainda que anos despois as duas bandas fixeran xiras simultaneas polos USA. Ese mesmo ano, os Tull, co novo guitarra, Martin Barre, actua no Festival de Reading cecais o mais importante de Inglaterra, compartindo cartel con The Nice e T. Rex.
No 69 públican o seu segundo traballo "Stand Up". Con moitisima mais variedade de estilos que no seu primeiro disco, abarcando dende o jazz, blues, clasica, rock e folk e misturando todo en un coctel onde a forma de tocar a flauta por parte de Anderson,daba un toque moi persoal ó grupo. Foi ó unico disco da banda que chegou ó numero 1 das listas inglesas e deu pé a que a banda fora coñecida en todo o mundo. A adaptación de unha pequena obra de Johan Sebastian Bach "Bourée" fixo que o toque persoal de Ian Anderson chamara a atención dos criticos musicais.
No ano seguinte, despois de unha arrolladora xira polos Estados Unidos, Jethro Tull pública ó seu terceiro traballo: "Benefit". Cecais o traballo mais infravalorado pola critica e polos seguidores do grupo; nembargantes para moitos é un clasico de todos os tempos; "Inside" é unha xoia de menos de catro minutos que xa sola ela merece todo o disco. A mistura da guitarra acustica , a voz de Anderson e o seu toque coa flauta converten o disco en un standar durante moitos anos. A Illa de Whight , e o seu famoso festival, recibenos como unhos autenticos triunfadores e a súa aireola non fai mais que medrar.
En este tempo, Glenn Cornick abandona a banda. Cornick é un dos baixistas mais finos e recoñecidos de todos os tempos. Os seus gustos musicais derivaban de un amplo espectro onde se misturaban o rock progresivo e o sinfonico que daquela escomenzaban a practicar moitos grupos ingleses. Ainda asi, marchou e fundou unha banda chamada "Wild Turkey" que posteriormente publicaria varios traballos encamiñados mais que nada en variedades sonoras que recollian influencias do jazz e do blues. Unha banda que despois de tantos anos ainda sigue a traballar e publicar traballos de moita calidade.
Cornick foi reemplazado por un vello amigo de Anderson que non tiña nin idea do que éra un baixo: Jeffrey Hammond-Hammond e o mesmo tempo incorporase ó grupo definitivamente o teclista John Evans. Con todos eles configurase o formación mais estable do grupo (duraria ata o ano 1975) e a que acadaria os maiores exitos que estaban por chegar.
"Aqualung", o cuarto disco marcou un antes e un despois na banda. A creatividade compositiva de Ian Anderson (todos os temas de todos os discos éran da súa autoria) imponse diante da realidade tanxible de aqueles anos. Fortes controversias na politica inglesa,e marcadas influencias relixiosas que lastraban o futuro do país, fan que "Aqualung" fora recibido como un ramalazo de realidade diante da pacata sociedade dominante inglesa. Con un sonido achegado claramente o Hard Rock e mais as misturas acusticas e folkies de outras partes do disco, o traballo foi alabado dende o principio por todo o mundo. O persoaxe principal "Aqualung" é un mendigo alcoholico, homeless e ainda por enriba pedofilo.O retrato na caratula do disco (un dibuxo que representaba a Anderson nunha postura burlesca e desafiante) foi o "cocon" dos nenos de aqueles anos. Para mais a Mary de "Cross-eyed Mary" éra unha prostituta menor de idade.
Todo elo, aderezado co comenzo da letra  do tema que da titulo o disco: "Nun principio o home fixo a  Deus a súa imaxe e semellanza..." provocou que no noso pais non poideramos disfrutar do seu estreno ata despois da morte do Dictador; eu lembro que daquela habia un anuncio na revista "Disco Express" onde por 100 ptas che facian unha copia en cassete do disco, estivera ou non editado no estado español; e asi foi como conseguin o "Aqualung"
Para moitos criticos, "Aqualung" éra unha obra conceptual das que empezaban a escoitarse nas emisoras de radio de FM en Inglaterra. Anderson non estivo de acordo con eso e prometeu que lles daria no futuro unha obra "conceptual completa".
E esa é a obra que abre esta entrada: "Thick as a Brick".Públicada no 72 e rotundo exito inmediato en todo ó mundo: numero 1 en USA e 5 en Inglaterra. Unha obra de 42 minutos con unha multitude de instrumentos que apabulla. O famoso "Tubular Bells" que se publicaria 3 anos despois bebe das influencias de este disco que dende o principio engancha a pesar da sua extensión.Coñecidisimo o seu principio coa voz de Anderson e a guitarra acustica de Martin Barre, "Thick as a Brick" foi a primeira obra que se escoitaba nas emisoras con esa duración. Ata daquela o "In-da-gada-da-vida" dos Iron Butterfly éran os que mantiñan esa pole con un tema de 18 minutos; pero Jethro Tull foi quen de dar vida a un poema escrito por un neno de 8 anos (Little Milton) acusado de preñar a unha compañeira de colexio de 14  e recibir un premio pola súa obra ( non a de preñala, que quede claro). Posteriormente Anderson confesou que todo éra un conto e que proviña de súa esaxerada imaxinacion. O poema éra da sua autoria e a musica tamén por suposto.
Cando se editou, en formato LP por suposto, Anderson pensou que para dar continuidade as duas partes usaria o efecto "vento" para enlazar unha cara do Lp coa outra; asi a obra pareceria un todo en si mesmo; si fora agora non teria a necesidade de facelo xa que o CD ten mais capacidade e non faria falla esa "conexion ventisca" para enlazar as duas partes.
Ainda que se poda encadrar no que daquela se chamaba "Rock Sinfonico", Ian Andersosn confesou en varias entrevistas que solo queria facer unha paradia dos discos de Yes, Emerson, Lake&Palmer ou King Crimson tan en boga en aqueles intres; sinfonica ou non "Thick as a Brick" é un disco basico na historia do Rock pola súa valentia conceptual e mais pola maravillosa mistura de letra e musica nunha obra de longo recorrido.
Para mais Inri, a presentación do disco saliase do normal na súa caratula. Un xornal de provincias con todas as súas paxinas e tipo despegable, incluidos os seus pasatempos, deportes,etc. Algo que se perdeo na edición en CD posteriormente e que deixou mutilado algo fundamental do disco.
Despois de "Thick as a Brick", a banda publicou outro traballo na mesma linea, con un solo tema e mais ou menos a mesma duración: "A Passion play". Cecais o traballo mais incomprendido pola critica , pero tamén un dos mais apreciados polos seus seguidores, xa que segun eles a voz de Anderson mostrase aqui no seu maximo esplendor. O grupo seguiria unhos anos mais no culmen coa publicacion de bons traballos, pero xa sen a maxia que exprimian nos seus primeiros cinco discos. A pesares de elo, obras como "Living in the past", "War Child" "Minstrell in the gallery" ou o coñecido "Too Old to Rock&Roll: Too Young to Die" mantiveron ó grupo enriba de todo coas suas continuas xiras sobretodo nos estados Unidos; a todo elo engadiuse unha racha de publicacións de discos redondos tomando como referencia as influencias do Folk Britanico: "Songs from the wood", "Heavie Horses" e "Stormatch" pechan a traxectoria da época dourada do grupo.
Despois de mais de 40 anos de continuidade no Rock, Ian Anderson pode mostrarse orgulloso da súa traxectoria e a do séu grupo; tan solo Anderson mantense dende o principio na banda, e Martin Barre dende o segundo disco publicado ainda forma parte da mesma; mais de trinta membros pasaron pola banda ó longo de todos estes anos mantendo unhos niveis de calidade que segun alguns criticos fan do grupo o segundo mais lonxevo do rock en continuidade despois dos Rolling Stones.
Como anecdotario lembrar a concesión do premio Grammy no ano 1989 na seccion de "Mellor disco/perfomance de Hard Rock-Heavy Metal"ó grupo polo disco "Crest of a Knave" derrotando os mesmisimos Metallica e levando unha sorpresa a banda que non contaba para nada que llo concederan, xa que nunca se consideraron unha banda de heavy. Cando se anunciou ó premio foi recibido por unha grande escandaleira malia que ningun membro estaba presenta na gala. Posteriormente Anderson fixo publicar como publicidade nos medios especializados o seguinte anuncio a toda paxina: "A Flauta é heavy, instrumento de metal".
Ainda que a carreira de Jethro Tull podese considerar irregular despois de tantos anos, recomendaria repasar a súa primeira discografia por ser basica na historia do Rock, e mais concretamente esas duas xoias musicais chamadas "Aqualung " e "Thick as a Brick".