Pois despois de todo o exposto, pouco mais hai que decir; ou si?.
Ainda tremendo co excepcional concerto dos "CrazyPonys" poucas forzas quedaban para mais lerias, asi que o mais axustado foi armarnos de forzas pola mañan e despois asistir o "Xantar de Confraternidade" entre todos os Rusties que ainda estabamos por ali, que eramos caseque todos, eso si. A ¿casualidade? fixo que dito Xantar se celebrara ali onde Sophia foi vista por primeira vez por Pepe e mais eu mesmo. E ali foi tamén onde se consumou o "golpe de estado" e onde se decidiu a celebración da III Rust Fest que si nada o impede será a celebrar en Torredembarra, ali polas terras catalanas de Tarragona, da man dos Rusties catalans Angeles, Pepe, Julia e David, a quen ben seguro se lle engadirá algun mais.
Xa pola tarde o novo "Comité Executivo" celebraba a súa primeira xuntanza o abeiro de varias equipas informaticas para aproveitar as clases practicas de Antonio Boss; mais risas, apertas, bagoas nos ollos cando pouco a pouco alguns dos presentes recollian os seus bartulos para facer o camiño de regreso a súa casa. Algúns xuntamonos a ultima hora da tarde a caron da praia e con uns bocatas e mais cervexas celebramos o remate final da II Rust Fest.
De todo elo valen as fotos que aqui se presentan; non me vou parar na autoria delas porque a todos llas roubei xa que non estaba eu para tirar moitas; a todos eles e elas grazas por deixalas.
A todos e a todas: non hai verbas para describir o vivido nos catro escasos dias nos que convivimos entre nós; os lazos estreitanse cada vez que nos vemos; afianzanse a camaraderia e a ilusion por outra Rust Fest que xa nos tarda en celebrar.
Como anecdotas: coido que o tema que mais sonou, entre os micros abertos e as actuacións, foi o maravilloso "Harvest Moon". Caseque ninguen prescindiu da súa versión.Tamén sonaron repetidas veces "Comes a time" e "Hey Hey, My My"....
Si tivera que escoller un momento concreto quedariame coa apabullante versión de "Walk whit me" coa que Alberto Kastúo abriu a súa accidentada actuación.
Como actuación mais redonda, sen dubida ningunha ( e coido que falo por todos os asistentes) a dos "CrazyPonys".
A revelación para min da Rust foi "Big John"; xa solo a sús presencia no escenario presaxiaba que o iamos a ter presente ó final fa Fest, como asi foi. A súa implicación, o bon facer, a grandeza da súa voz, e o dominio da guitarra configuran un todo que imos ter presentes no futuro.
Dos "Rusties Harverters " decir que abrir a II Rust Fest ten un valor engadido, e que o que fixeron enriba do escenario puxo a proba toda a direccion do evento. Maravillosas voces e sinxelo acompañamento para unhas delicadas melodias que nun futuro cercano nos van maravillar ainda mais.
De David Funes xa se tén falado sobre o seu papel imprescindible no desenrolo da Rust.Pouco mais se pode engadir a todo o dito; unicamente dar as grazas porque sen el a Rust non se teria levado a cabo.
Dos organizadores pouco mais se pode decir: que puxeron todo o seu empeña en que todo saira ben, e que en algúns intres a cousa non foi como eles querian, pero o esforzo e o teson estiveron presentes en todo momento. Manolo e Antonio: moitos abrazos para vós.
Da "manayé" decir que non foi ningun descubrimento, que xa o ano pasado pasado en Valdoviño, descubrimos a unha persoa maravillosa e chea de ilusión coa que é un pracer compartir a súa amistade.
E non quero esquencer a Isa e Dario (este cecais sexa o mellor "fan" dos "CrazyPonys", a súa cara cando remataron o concerto era todo un poema); Dani e Laura e mais o noso Lucas; Gerardo (vaia descubrimento que fixemos con esta persoa) ;Vicente, un arroutado que se vai preparar para levar a Rust para terras levantinas; Cristina e Jordi e mais Shimeles que supoño que terán moitas cousas que contar; a Jose C'Erveza imprescindible e compañeiro de extranos feitos...en fin, sen contar a troupe galega que ali estivemos: Arancha, Ricardo, Luis, Vicky, Xaco e mais Miguel (este si que leva unha carreira...).
E asi , entre penas e risas, esparamos xa a III Rust Fest. Animo amigos.
Ahhhhhhhhhhhh....quedaba Sophia; que tal contar con ela para levala a Torredembarra?????????????????
4 comentarios:
Gracias a ti tambíen por esta crónica en cuatro actos. Ayuda a fijar aún más los recuerdos que ya eran imborrables por sí mismos y por
Sofía :-)
Y Hector, Xan......BALUARTE DE LOS PONYS!
Joderrrrrr HECTOR, menudo lapsus mental; mais que baluarte dos CrazyPonys:fundamental no apoio sempre.
Gracias Xan, coxonuda cronica y como siempre gran placer leerte y haber compartido esos dias con todos vosotros. Abrazote grande y mantenemos contacto.
Publicar un comentario