viernes, 17 de febrero de 2012

CRAZY PONYS TOUR 2012



Non podia deixar que o inicio do Tour de este ano da nosa banda preferida se pasase por alto.
Mañan, sabado 18, unha pequena vila do Norde de A Coruña, vai estoupar. Espasante, é o lugar escollido polos Crazy Ponys para encetar este ano oficialmente a súa Xira 2012. Xa teñen tocado un par de veces en concertos solidarios como no "Forum celtico" de Culleredo en homenaxe os Stones, e tamén no Ace de Miño; pero foron pequenos concertos acusticos para tocar catro ou cinco temas...para ir collendo carreira, vamos.
Agora vén o importante. Nova equipa, Vicky coa harmonica, novos temas....Espasante será onde se presente o Set list deste ano, que os levara por actuacións en Ferrol, Sada, Culleredo, Xunqueira...para chegar ó noso III Rust Fest en Torredembarra ala polo mes de Xullo.
Nos estarei en Espasante e ben que o sinto, pero a ben seguro que os nosos Ponys cabalgaran de novo sobre ese sonido tan caracteristico do admirado Neil; poñeran a punto ó seu arsenal de guitarras e voces para deixar os afortunados cun sorriso nos beizos que tan solo desaparecerá cando os vexamos de novo sobre outro novo escenario. Que a de ser ben pronto de seguro.
Veña, Crazy Ponys, o voso é a tronar e cabalgar con Neil Young.