Mostrando entradas con la etiqueta crazy ponys. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de febrero de 2012
CRAZY PONYS TOUR 2012
Non podia deixar que o inicio do Tour de este ano da nosa banda preferida se pasase por alto.
Mañan, sabado 18, unha pequena vila do Norde de A Coruña, vai estoupar. Espasante, é o lugar escollido polos Crazy Ponys para encetar este ano oficialmente a súa Xira 2012. Xa teñen tocado un par de veces en concertos solidarios como no "Forum celtico" de Culleredo en homenaxe os Stones, e tamén no Ace de Miño; pero foron pequenos concertos acusticos para tocar catro ou cinco temas...para ir collendo carreira, vamos.
Agora vén o importante. Nova equipa, Vicky coa harmonica, novos temas....Espasante será onde se presente o Set list deste ano, que os levara por actuacións en Ferrol, Sada, Culleredo, Xunqueira...para chegar ó noso III Rust Fest en Torredembarra ala polo mes de Xullo.
Nos estarei en Espasante e ben que o sinto, pero a ben seguro que os nosos Ponys cabalgaran de novo sobre ese sonido tan caracteristico do admirado Neil; poñeran a punto ó seu arsenal de guitarras e voces para deixar os afortunados cun sorriso nos beizos que tan solo desaparecerá cando os vexamos de novo sobre outro novo escenario. Que a de ser ben pronto de seguro.
Veña, Crazy Ponys, o voso é a tronar e cabalgar con Neil Young.
Etiquetas:
crazy ponys
lunes, 11 de abril de 2011
NA FESTA DO VIÑO: MINI CONCERTO
Complicado o tiñan os Crazy Ponys na súa cita en Vedra, na Festa do Viño.
Un ambiente de Woodstock enxebre, milleiros de persoas no recinto, bon tempo....e moitos nervios.
As probas de son alongaronse de mais a pesar de que os Crazy estaban a pé de palco a partir das once da mañan; pero a sua actuación escomenzou as catro e media do seran e probando son con "Cinnamon Girl"; asi de forte foi a cousa;hora estrana para o Rock&Roll, co sol enriba de nós; poucos temas en esta actuación, asi que moitos do set list ficaron fora; a pesar de todo os nosos amigos superaron a proba con moi boa nota.
"Fuckin Up", "No hiddent path", "Ohio", "Down by the river", foron os temas que abriron o concerto

para ir collendo forza; moita xente mirando i escoitando dende a lonxania; os seguidores en primeira fila, claro; ainda que eramos poucos...pero valentes. O son foi afianzandose co tempo ata acadar un son contundente e agresivo que pillou ó persoal
que se achegaba as inmediacions do palco. A atención foi a mais cada vez que os Ponys arremetian con ganas un novo tema. O Rock&Roll soaba polas terras do Ulla misturandose con grolos de viño,con xente de toda caste e condición...
"Motorcycle Mama" puxo a cota mais alta. De novo Viky levou a voz cantante e puxo toda a sua voz a servizo dos Ponys: arroupada pola banda, con Luis de axudante principal en este tema, Ricardo marcando o tempo, e Xaco (como se escoitaba o baixo de Xaco) e Carlos levando o ritmo, mentres Antonio facia coros e botaba man da sua armonica...os que estaban a pé de palco e os que miraban dende a lonxania rendironse ante este tema, de tal xeito que moitos achegaronse as primeiras filas para seguir co remate do concerto.
"Hey Hey, My My" sonou na voz de Ricardo mais rica que nunca; machacona, ritmica,con tempo para florituras incluso; caseque sen tempo anuncian o remate do concerto e arremeten co himno obligado: "Rockin' in the free world" estoupa en un frenesi por parte de toda a banda; agora si, a xente achegase, salta, baila, corea o tema; esta claro que o himno de Neil é recoñecido por moitos dos asistentes...pero é o final; corenta e cinco minutos escasos que nos soubo a pouco, a moi pouco...
Despois de rematada a actuación ainda tiñan que ir xantar; en esto a organización portouse: como unhos VIP'S. Mesa a base de empanada, xamon asado, postre, café e viño claro, todo o que quixeran; de todos os xeitos ninguen se pasou: na volta de San Miguel de Sarandon, a "patrulla verde" estaba a espera de moitos dos asistentes, hai que decir que dos tres coches da caravana dos Crazy ningun deles deu positivo, e eso que como dixo o Alcalde no Pregon da Festa: hai moitos camiños para esquivalos, asi que a disfrutar.
Nós esperamos xa a seguinte dos Ponys: será en acustico dentro de quince dias...e moitas mais sorpresas que xa estan no camiño; estaremos atento para contalo.

lunes, 7 de febrero de 2011
CABALGARON COMO TOLOS
Valdoviño, 5 de febreiro do 2011. Son as 11,20 da noite en O Garaxe. Os Crazy Ponys salen a escena despois de dar os ultimos retoques no Back Stage: as toallas no seu sitio, unha mesa de billar para pasar o tempo, moito xeo e bebidas para o grupo...non houbo queixa. Edu comportouse como era de esperar (jejeje). Bueno, menos leria a imos o asunto: Os Crazy reaparecian despois de un longo tempo sen actuar en directo e con moitos problemas entre os seus membros. Non problemas persoais, senon sobre todo fisicos, pero agora volven a estar en ruta. On the Road Again.
Como Edu tiña que atender o ateigado Garaxe, foi Xaco quen se fixo cargo do baixo, despois de dous meses de ensaios cos demais Ponys. Nervios pola sua parte pero tamén enormemente orgulloso de pertenecer ó grupo, e desexando ampezar canto antes.
Arrancan con "Farmer John" entre os berros e animos do publico; cecais este tema e o seguinte, "Hey hey, My My" foron os que pagaron o pato de abrir o concerto; ainda estaban frios, con moitas miradas entre eles, tentando coller o ritmo según pasaban os minutos...O sonido por veces fuxia en altibaixos onde os instrumentos se misturaban como podian. Carlos na bateria tardou en entrar un par de veces e Xaco empuñaba o baixo con seguridade, pero non acabou de entrar en calor ata o terceiro tema. "Ohio", este é o tema; coido que deberian de plantexarse de abrir as actuacións con este tema. Xa é a segunda vez que ocurre: en Compostela, ata que non sonou "Ohio" non se puxeron as pilas; é un tema que coñecen a perfección, que soa casi casi Crazy Horse, onde se manexan con seguridade e onde todo fluie como un rio desbocado pero sabendo cal é o seu fin. "Ohio" abriu as portas do viaxe que os Ponys nos regalaron no Garaxe, para despois estralar con "Powderfinger" e continuar con "Harvest Moon" e "Old Man". Xa se producira a incursión de Edu no baixo nos dous temas e deu a alternativa a Xaco para toda a noite.
Cando soaron as primeiras notas de "Cortez" decatamonos de que esta vez os Crazy non se ian desbocar no tema; acadaron unha sensación de longo viaxe o longo de dez minutos deixando que as notas fluisen de cada quen no seu punto; os coros de Vicky e Luis acompañaban a voz de Ricardo que tomou as rendas vocais en varios temas para darlle unha nova sensación; foi un acerto que Antonio se adicara ó piano e armonica en estes temas mentres Ricardo mantiña un pulso intenso soa sua guitarra ata sacarlle o mellor que hai en el; "Cortez" puxo o primeiro punto alxido na noite; despois cecais chegou demasiado rapido o outro extremo: "Are you ready for the country" e sobretodo "Over and Over"; este tema, non sei moi ben porque,os Crazy se empeñan en cambialo a nivel tonal e dan unha sensación que no estribiño se perden e tardan en recuperar; unha xoia de canción que para min foi a mais debil de todas.
Pero cecais foi asi para a partir de ese momento deixarnos apabullados co que se lles ocurriu. Non nos deron nin tempo a sair fora a fumar un pito dende que soaron as primeiras notas de "Cowgirl in the sand" para continuar todo seguido con "Down by the river", "Love and only Love" (tremendoooo, con "terremoto" Arancha levando o publico detras dela)); pero despois ainda nos fixeron outro regalo: Vicky Ulloa deixa de ser Ulloa para dende xa ser Vicky Holliday; con que forza e poderio se achegou ó micro e desencadenou unha treboada en "Motorcycle Mama", si o mismisimo Neil a chega ver i escoitar seguro que non dubida en pillala para a sua banda; Vicky deixounos apampanados coa sua soltura como voz principal en este tema e co derroche de seguridade en ela mesma que transmitiu ó publico. Ovacións e hurras para ela para encarrilar despois co "Rocking in the free World" que os nosos amigos desenrolan con soltura e confianza poñendo a sala patas arriba; e tentan rematar a cousa co "Like a Hurricane" solvente e apoteosico. Din que é o final...jejeje. Solo ia hora e media, asi que sabiamos que ainda nos quedaban cousas no tinteiro.
Antonio sae a escena coa sua guitarra para encaixar unha preciosa "One of these days", e agradecer a todos os que se interesaron polos malos momentos que pasou fai mes e medio; pero xa está recuperado como ben se viu en toda a noite; segurisimo no piano electrico e na armonica poderoso;"Cinnamon Girl" colle forza a cada segundo para recoller un "Fuckin' Up" participativo por todo o publico, xa rendido os pés dos Ponys; Alberto de "Zuma" tamén entrou a cantar e apoiar coa casta que todos coñecemos e a xente facia os coros para deixar unhos minutos de desconcerto en canto remata o tema; a xente quere mais, ainda que exahustos e sudorosos, tanto os Ponys como os presentes queren mais; "que lle damos?" escoitase entre eles; Luis (un xigante agazapado toda a noite), fai sonar as primeiras notas ....de "Roadhouse Blues". (Coño, onde está este tema de Neil?); o que empeza de carallada sigue debuxandose coas entradas de Carlos a bateria e Xaco no baixo; Antonio non un dubida e ponse a cantar o mitico tema que tanto os Doors como Status Quo deron a coñecer; Ricardo miraba a Xaco como preguntando que carallo é esto; pero o publico empezou a acompañar o grupo, e asi resultou que todo o mundo estaba de acordo...o resultado: temazo, sen entrar en cuestions tecnicas, pero con forza, e sobretodo pola reacción de a xente, que xa daquela estaba entolecida e levou ó grupo en andas. De novo sonou , xa para rematar, o "Rocking in the free World" e aquelo foi a toleria.....duas horas de toleria.
Joder, mira que paga a pena volver a Valdoviño para noites como estas.
PD: non levei nin camara de fotos nin de video para recoller a actuación; tiña pensado adicarme solo a escoitar e difrutar polo que non tiven oportunidade de sacar material grafico;tentei roubar as fotos que Suso colgou no feisbú, pero xa sabedes que ese cabron de feisbú e mais eu non nos levamos nada ben; asi que podedes achegarvos a ese invento do demo e teredes polo menos duas fotos da actuacion dos nosos amigos en esa noite.

lunes, 31 de enero de 2011
ON THE ROAD AGAIN.....
O comenzo do ano promete. Cousas que se moven, que bruxulean, que se escoitan...son tantas!!!.
Do noso Tio Neil ainda non se sabe nada. O Boss Antonio anda o loro de todo o que se publica sobor dos grandes festivais do verán e ainda non aparece por ningures o nome de Neil Young. Boa ou mala cousa? Como bon galego, depende de como o collas.Por unha parte que non este nos grandes festivais pode indicar que prefire unha xira mais calma, con menos barullo e mais achegada a xente; por outra pode indicar que non tén moitas ganas de leria e que se quedara na casa...; pero esto é caseque seguro que non acontecerá: na sua paxina de Internet, esta aberta a xira de marzo a decembro, pero ainda sen ningun concerto previsto; Boa ou mala cousa? depende...pero coido que este verán imos ter sorte; penso que polo menos Europa vai ser de obligado cumplimento na xira do noso canadiano favorito, e esperamos que se achegue perto de nós de algún xeito, por exemplo a Tarifa ( pode escoller día, o 8 ou 9 de xullo), ali estaremos na segunda edición da Rust Fest que os nosos amigos do Sur andan a argalla; non hai novas pero sabemos que ali estaremos, como moitos dos que vos achegades a http://www.enlaplayadeneil.blogspot.com/ .
Pero o mais inmediato está a suceder o vindeiro sabado 5 de febreiro; e vai acontecer como non, en Valdoviño, no noso Garaxe preferido tamén, ali pola noite terá lugar a reaparición dos Crazy Ponys despois de unha chea de tempo sen tocar en directo, coido que este ano os bolos do grupo van a ser moitos mais que os do ano pasado, os Crazy pasaron unha mala racha a finais do ano pasado, pero agora volven con forza; por mor das obligas garaxeiras de Edu, o seu posto estase cubrindo con outro grande amigo: Xaco, guitarra dos Faneca's Band esta a suplir a Edu no baixo, ainda que a noite do sabado ben seguro que este sube o escenario para deleitarnos coa sua maestria en varios temas. Os Crazy prometen algunha que outra sorpresa, os ensaios seica estan saindo a pedir de boca; e coma sempre eles estan pola labor de tirar para diante como sexa, cousa da que non dubidamos en ningún intre....asi que xa o sabedes: cita obrigada o sabado 5 de febreiro no Garaxe...OS CRAZY PONYS ON THE ROAD AGAIN

domingo, 29 de agosto de 2010
OS CRAZY PONYS DE ESTREA
Temos novas dos nosos amigos os CRAZY PONYS. Según me comenta Ricardo-Xabre, é caseque seguro que a estas horas, o grupo teña rematado a gravación "en condicións" do que será o seu tema de presentación.Tranquilos eh? que non é un tema composto por eles, xa que todos sabemos que os Ponys son unha banda tributo a Neil Young e o seu repertorio está composto por temas do canadiano. E para reflectir o que son capaces de facer sobre o escenario, que mellor que "Powderfinger" para abrir boca?
Non sei si a gravación se faria en Valdoviño ou en Compostela, pero o que si é seguro e que gravaran en estudo, con pistas e todo eso; despois haberá que misturar, remisturar...os instrumentos un por un, as voces...etc....
A espera de saber como foi a cousa, que seguro que Xabre nos contará, solo nos queda confiar en que todo fora ben e ter dentro de moi pouco a proba de que asi foi.
Veña Ponys, xa queda menos.
Etiquetas:
crazy ponys
miércoles, 9 de junio de 2010
INCREIBEL...PERO CERTO
Cando Xabre, amigo de pouco tempo pero de longo recorrido, me comunicou en un correo que os CRAZY PONYS tocarian nas Festas do Apostolo, en Compostela o día 27 de xullo, mais concretamente na Praza do Toural as dez da noite de ese día, non daba creto o que estaba a leer. Pero caseque o mesmo tempo recibia outra comunicación de KingMatt, outro membro dos Ponys, na que se confirmaba a noticia.Os Crazy Ponys, que evidentemente estaran na Rust Fest de Valdoviño (eles son a alma da Rust Fest), dan asi un salto cualitativo e cuantitativo que non ten retorno. Ali, en Compostela demostrarán a tod@s a forza que atesouran dentro deles. Ali, en Compostela, algún descubrirá por primeira vez a Neil Young, e si o descubre, será para sempre xamais.
Non vós preocupedes Crazy's; estaremos con vós, ali, en primeira fila; como tén que ser; non vós deixaremos solos en esta primeira experiencia alén da vosa terra; ademais dez dias antes estaredes acompañados por todos os amigos da praia, que a ben seguro vós darán a forza necesaria para demostrar o que valedes, e para que moitos vexan cal é a vosa razon de existir: a musica de Neil Young.
Deixovos o enlace da paxina do grupo. Ali podedes escoitar e incluso ver alguns dos temas nos que estan a traballar agora mesmo, e co novo jalpón que agora teñen para os seus ensaios ben seguro que todo os vai sair caralludo. http://www.crazyponys.blogspot.com/
Arriba Crazy's
Etiquetas:
crazy ponys
Suscribirse a:
Entradas (Atom)