Estamos no ano 1971, cando apareceu o disco grabado en directo por Johnny Winter e a sua banda, chamada curiosamente And.
Un disco grabado o ano anterior no Capitol Theatre de Nova Iorqe e no Pirates Word de Dania e que recollia toda a forza explosiva do albino en directo, onde desenrolaba o seu amor polo blues electrico e o homenaxe ao Rock and Roll de sempre.
Seis temas unicamente contiña o disco que viña a durar caseque 45 minutos de intenso blues, o gran amor de Johhny durante toda a sua vida.
Era o seu terceiro traballo despois de dous albums en estudo. O primeiro viña co titulo de "Johnny Winter". O seguinte seria o "Second Winter", e despois viña este que os seus seguidortes esperaban con ansia xa que era ao vivo, en directo onde se podia capturar toda a esencia da forza desenrolada por Johnny Winter no cenario. E non fallaba en ningun tema. Escoitade o "Mean Town Blues", once minutos de pulidas guitarras a ritmo de blues misturados coa voz sempre sorprendente de Johnny.
E de recoñecer o acompañamento que durante anos tivo Winter na sua banda. Primeiro co seu irman Edgar, e despois sobretodo con Rick Derringer, outro fenomenal guitarrista de rock e blues que incluso foi coproductor de este disco que falamos.
A sua adiccion por un tempo a heroina non foi obstaculo para que Johnny desenrolara unha carreira chea de exitos dentro do circuito do blues electrico; foi memorable a sua actuacion no festival de Woodstock ,recentemente publicado en CD, asi coma os directos en outros festivais onde xa era considerado unha lenda .
Mantivo sempre unha gran amizade con Muddy Watters, do que se considera un alumno seu do seguimento do blues. Incluso chegou a producir varios discos do mestre do blues. Ao reves que ocurreu en Gran Bretaña coas bandas de blues branco, Johnny Winter mantivo coma esencia a escola de Chicago, con un sonido agresivo e pulido, sostendo a sua base ritmica con baixo e bateria e sempre acompañado doutra guitarra que podia ser ritmica en un intre e solista noutro, tal como él facia....i é curioso que cecais Johnny Winter sexa o xenuino representante da escola primixenia do blues, sendo branco e albino para mais señas.
Os dimes e diretes do circo do Rock falan que con 16 anos Johnny Winter subiu ao escenario durante unha actuacion de B.B. King ( outros din que se trataba de Muddy Watters) e usou a propia guitarra do rei do blues mentres este alucinaba co virtuosismo do albino. I é que se trata de un virtusismo onde o mais importante e o sonido limpio e amplificado da sua guitarra. Podedes escoitar centos de temas de Johnny Winter e sempre oiredes a sua guitarra en primeiro plano nitida, afinada, con un sonido pulido o maximo, xogando coas notas en replicas e contrareplicas con Derringer ou replicandolle o baixo de Randy Jo Hobbs
Aparte do blues, este disco e unha adicatoria directa a vellos titulos de Rock and Roll mais primitivo: abrese o disco con unha versión do "Good Morning Little School Girl"; hai tamen un medley no que nos atopamos o "Great Balls of Fire", "Long Tall Sally" e "Whole Lotta Shaki'n Goin On"; o disco remata con outra version, en este caso o "Johnny B. Good", e incluso se permite o luxo de redescubrir unha version antoloxica do "Jumping Jack Flash" dos Stones, e podedes estar seguros que unha vez que escoitedes este version esquenceredes para sempre a magnifica creación de Jagger e Richards por esta outra .
O longo da sua carreira sempre foi afeizoado a recrear temas de outros musicos: asi como o fixo cos clasicos do blues, tamen foi capaz de facelo con Bon Dylan en varias ocasions e sempre nos sorprende con ese sonido impecable de unha das mellores guitarras que deu o blues electrico.
Ten multitude de traballos editados nos mais dos 30 anos que leva de carreira, con mais ou menos algún altibaixo, pero sempre sendo honesto consigo mesmo. No 2004 editou a sua declaración de principios despois de varios anos sen publicar: "I'm a Bluesman", e posteriormente a sua discografica escomenzou a publicar a "Bootleg Serie's" onde debe ir en este intre polo número 9. Caquera deles é recomendable, pero aconsellovos que si queredes escoitar algo representativo, escomencedes por este disco do que falamos.
Aqueixado de unha enfermidade dexenerativa, os últimos anos leva traballando no escenario con unha lugubre posta en escena, sinxela, e faino ademais sentado durante todo o tempo. Pero mentres a enfermidade non lle afecte a suas mans podemos estar seguros que escoitaremos a un dos mellores guitarras de todos os tempos.
Este ano de novo, tal como fixo o ano pasado, ven facer unhs cantos bolos onde nós. Madrid, Barcelona, Bilbao, Cordoba e Valladolid son algúns dos lugares onde vai tocar. Si podedes, e vos apetece,achegadevos a velo. Seguro que non vos defraudará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario