miércoles, 28 de julio de 2010

OS CRAZY PONY'S TOMAN COMPOSTELA

Moita expectación na noite de onte na Praza do Toural en Compostela por ver os Crazy Pony's en vivo,en plenas festas de Santiago. A cita éra as once e media da noite en pleno casco antiguo de Compostela, e facendolle a competencia nada mais e nada menos que o matrimonio Costello/Krall.
Os nosos amigos meteronse o publico no peto dende o primeiro intre que sonou o "Hey Hey , My My", sonido contundente, limpo, poderoso; os instrumentos sonando como nunca sonaron, a voz inmaculada e forte, todo se puxo a favor por mor do tesón e a forza dos seis Pony's; habia público de toda caste entre os espectadores,pero todos ficaron anonadados por mor da forza desplegada no escenario.
En primeira ringleira, sempre animando, saltando e coreando os temas, toda a Rust Fest chegada dende Valdoviño. So faltou George por motivos laborais,pero os demais ali estaban, dandolle mais forza si cabe o grupo.
Set List axeitado o lugar e o tempo de concerto: sonaron entre outras, "Love and only love", " Are you ready for the country", "Long may you run" (con Antonio solo no escenario con organo, armonica e voz", "Mr. Soul", "Old Man" (adicado a Ben Keith,coma non), "Harvest Moon" (cecais o mellor da noite), "Love to burn", "Over and Over", e "Keep on rocking in the free world" cos coros dos asistentes incluidos;como remate, e a petición de Bobby dos EE.UU. ali presente no concerto "Cinnamon girl"...e "Fucki'n up".
Foi a partir de "Mr. Soul"cando o concerto empezou a vivir os momentos alxidos; os Pony's comenzaron a confiar en eles mesmos, os guiños do publico deulles alas; Ricardo empezou a asombrar coa sua guitarra,mentres a base ritmica de Edu ao baixo e Carlos a bateria ameazaban con botar abaixo as campás da Catedral. Luis interviña nos coros con unha soltura que non vira en Valdoviño, e Vicki impuxose coma sempre coa sua voz, a sua ilusión e a sua enerxia enriba do escenario....e Antonio, Antonio dominou o escenario sabendo que a sua voz retumbaba nas vellas pedras de Compostela con claridade e dominio; bailou, berrou, levou o ritmo e fixo intervir o público das primeiras ringleiras coa sua forza contaxiante.
En fin , un CONCERTAZO, que en nada cambio polo que poideron ofrecer Elvis Costello e Diana Krall a 200 metros de onde nos atopabamos;porque ali,no Toural estaba presente a ilusión, a forza, e todo o corazon polo amor a boa musica do noso querido Neil Young.
Sodes grandeS Pony's, MOI GRANDES.

5 comentarios:

Xabre dijo...

Moitas gracias Xan. Sabemos que polos teus oídos entra a nosa música dunha maneira especial.
Pouco a pouco farás que mo vaia creendo, e comenze a disfrutar do escenario....

deguananonli dijo...

Penso o mesmo que Xabre e tamén creo no punto e aparte que significou ó concerto de Santiago. Dende xa temos que poñermos as pilas e disfrutar a ó comenzo dos concertos, nervios aparte, jeje.

C. Pita dijo...

Moitisimas grazas Xan!! Se non fose por tí non teríamos eses documentos gráficos.

Graciñas por todo!!!

Pepe dijo...

Fabulosa crónica, Xan y fantástico blog. Disculpa que me exprese en castellano.
Un fuerte abrazo.
Pepe

PEPE dijo...

He visto varias veces “al mas grande” pero nunca con BEN KEITH . Tengo decenas de vídeos y grabaciones de NEIL YOUNG con uno de sus “hermanos” mas comprometido en dejar un legado simplemente maravilloso en esa frontera casi imposible que es la carrera musical del “dueño de la tormenta y señor de la calma” . Tecno , rockabilly , country , folk , punk…Nadie ha viajado con mas dignidad y valentía por el mundo de la música que NEIL y en ese hermoso viaje BEN KEITH fue un acompañante de lujo . No ha muerto , está en mi cabeza…sonando con ese aire añejo , cercano , sutil . Simple y hermoso . LLega el placer de lo sencillo , abridle las Puertas del Cielo .
PEPE MURCIA musician , producer , songwriter( Spain , Europe , The World )...wildbunchonacid@hotmail.com

Más información: http://www.myspace.com/390779895#ixzz0vMMImjaD