domingo, 1 de agosto de 2010
DEREK TRUCKS, DE CASTA LLE VEN...
Os poucos que seguides o blog, xa tedes visto que é caseque monotematico no que se refire a musica da miña preferencia; basicamente escoito aquelo que marcou un punto de inflexion nos finais dos 60 e comenzos dos 70, aparte as obligadas referencias actuais que marcan o noso Tio Neil e asimesmo o que sae ultimamente de Dylan, material este ultimo moi recomendable. Non sei si é esixencia pola miña parte, ou mais ben se trata de limitacións propias da idade, pero é moi dificil que escoite a musica que se fai hoxe en día; en parte porque algunhas cousas que teño escoitado son repeticións efimeras de sonidos xa esgotados, i en parte tamén porque considero que a decada que vai de 1965 a 1975 regalounos tales xoias musicais que é moi dificil repetilo. Con decirvos que da "nova fornada" unicamente podo decir que sigo (e non todo) os "Black Crows" e os "Drive by Truckers", xa vos digo todo.
Levaba algún tempo oindo falar de Derek Trucks; e sempre foi para ben; eu non tiña referencias ainda de este home polo cal un día escomencei a buscar material de él pola rede:.material solto, pequenas audicions, alguns videos, etc...; dende o principio chamoume a atención a variedade de sonidos emerxentes da sua guitarrra, e a longa traxectoria que con solo 31 anos tiña xa tras de si.
Cando souben que con menos de 20 anos xa tocara con Buddy Guy ou os Allman Brothers ( sen xiquera saber que os Allman seguian a rular no circo do Rock), a miña sorpresa foi maiuscula. E ainda mais cando as cousas ian encaixando a según sabia mais cousas de este home.
Nado no ano 1979, Derek é sobriño de Butch Trucks, bateria e percusionista orixinal dos Allman Brothers, cos que ainda sigue a tocar hoxe en dia.A pesares de ter un tio especializado en percusion, Derek escolleu a guitarra dende moi noviño como instrumento para desenrolar toda a creatividade que levaba dentro, pero sen esquencer outros instrumentos como o baixo , o piano, ou mesmo a bateria.Con doce anos acompañou en directo os Allmann Brothers en pequenas intervencions, deixando coa boca aberta a todos aqueles que o viron sobre un escenario.Dende o ano 1999 é membro de pleno dereito da famosa banda de Florida, polo que tio e sobriño comparten escenario e gravacións.
Pero Derek TRucks, tén a sua propia banda tamén, homonima ao seu nome. Ten publicado 8 discos dende o ano 1997 que saiu o primeiro ("The Derek Trucks Band"), e hoxe quero falarvos do publicado o ano pasado..."Already Free".
Si vos digo que o disco impresionoume de tal xeito dende a primeira audición, é pouco decir. Non o podo sacar do CD do carro; con solo 5 dias dende que o merquei debin escoitalo unhas 20 veces polo menos...i en cada audición vas descubrindo cousas novas en él; sonidos blue-grass, toques jazzisticos, espiritu soul, reminiscencias country con toques sureños...unha amalgama de sonidos tan ben recreados que te enganchan dende a primeira vez que o escoitas; ...e a sua guitarra: o espiritu do gran Duanne Allman parece que revive en este home....ainda que parezcan verbas de mais.
Son doce temas que se abren co clasico(e pouco coñecido) de Dylan "Down in the Flood" do que sabes que é de Dylan porque o pon nos creditos senon poderia pasar por ser unha composición propia de Derek e nós sen enterarnos; o xenio de Duluth seguro que asinaria esta versión si por el fora, gustando como gusta de darlle voltas e mil voltas os seus vellos temas de toda a vida.
Os once temas restantes van abrindo camiños a ritmos de voces gospel, blues con raices do Missisippi e Chicago, jazz enraizado no Sul....Mike Mattison pon a voz na meirande parte dos temas, unha voz que lembra en parte a de Gregg Allman dos primeiros tempos pero coa sua particular entonación; Susan Tedeschi, muller de Derek canta a intimista "Back Where I Started" deixandonos unha sensación de paz interior que mesmamente poderiase acabar o mundo para deixarnos felices por un intre.
A banda está formada por Derek Trucks a guitarra (baixo e percussion en algun tema tamén); Todd Smallie ao baixo;Yonrico Scott, bateria; Kofi Burbridge nos teclados; Mike Mattison na voz e coros; e Count M'Butu na percusion; a seccion de metal aparece en varios temas do disco dandolle unha consistencia ainda maior a ese mestizaxe de sonidos que caracterizan todo o album.
A espera de recibir o traballo posto a venda este mesmo ano ( Roadsongs), un doble en directo que acaparou moi boas criticas por todas partes, coido que Derek Truks vaise a converter co tempo en todo un clasico do Rock e do que oiremos falar moito no futuro. A min costoume atopalo, pero coido que non me vou arrepentir para nada...; pola miña parte, recomendovos a audición de este "Already Free" para ir abrindo boca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario