domingo, 8 de agosto de 2010

CRAZY PONY'S CABALGAN DE NOVO


A cita éra de novo en Valdoviño. As 9 da noite na Mansion of the Hill, choza de veran do amigo Hector, a quen teño que a gradecerlle que me invitara a celebrar o seu cumpleanos en ese incomparable marco dende o que se divisa toda a praia de A Frouxeira. Os Pony's poñian a musica, Hector a manduca... e os invitados éran os que aproveitaban esas duas conxuncións para pasar unha boa noite.
Co tempo xusto de chegar, xa que por obligacións de traballo atopabame a tres mil kms de distancia, a noite éra propicia para disfrutar de novo da musica do Tio Neil a traveso dos Pony's.
Ali estaban todos os que estuveron na Rust Fest; puden saudar e disfrutar da charla con Xaco (guitarra dos Fanecas, George, Antonio, Ramón (cantante da mesma banda), Arantxa, Begoña, Javier....e un longo etc que me levaria toda a cronica.
Despois de unha pequena jam na que subiron o escenario variados persoaxes poñendo voz a clasicos do rock, como Os Doors, Credence, etc, pasamos a saborear unha caralluda churrascada a base de panceta con queixo, variedades de chourisos, costela e polo, misturado con bó pan do país, e viños e cervexas a gosto do consumidor.       
Xusto antes de escomenzar o concerto, ofrecemoslle a Hector unha pequena seleccion de fogos artificias que lle deron coor a noite tendo como fondo a praia da Frouxeira, que relumia cada vez que os foguetes se desfacian nas alturas deixando as suas estelas de coores brilantes.Os Pony's escomenzaron con"Hey Hey,My My" e foron desgranando un set list do mais completo; a pesar de tocar en familia tomaron a cousa en serio, ainda que se lles via moito mais relaxados e tranquilos que o escomenzo do concerto de Compostela. Luis sobretodo disfrutou dende o primeiro intre da actuación,movendose e acompasando o ritmo perfectamente ó camiño que abrian Carlos e Edu a bateria e o baixo respectivamente; atreveronse de novo( hai que ter valor....) como fixeran na Rust con "No Hidden Path", e foron desgranando temas como "Powderfinger", "Cowgirl in the sand" "Over and Over"...para deixar paso o set acustico con "Long nay you run" (Antonio a voz, organo e harmonica), "Heart of gold", "Comes a time", "Old man" "Harvest moon"...e a sorpresa da noite: "No wonder" que sonou mais que aceptable a pesares das dificultades vocais que ten o  tema.
Cando volveron a parte electrica, o persoal xa estaba quente...saltaba,coreaba,bailaba.    Unha petición por parte de Antonio dende o escenario demandando unha "cañita", fixo que aparecera por primeira vez na noite unha botella de "agua de fuego",eufemismo que os aborixenes e indixenas que poboan estas tribus galaicas saudan co nome de "cana", "caña branca"" ou "augardente", e que por outros lares denominan "orujo" ou "aguardiente"; o buquet de tal brebaxe éra exquisito en canto a frescura (ainda arrecendia a alambique caseiro),pero en canto a gradación xa sabemos como as gastan estos "gallegos"...e asi foi que entre a musica, o bebercio, a ledicia contaxiosa, e as luces ó lonxe que dibuxaban o contorno da indomita costa artabra, a cousa desmadrouse:algun baixaba a rolos probando o cheiro fresco do cespede recen cortado; outro subia o escenario escenificando un estriptis integral de cueiro con posterior inmersion corporal na pisciniña anexa; outro buscaba pesetas entre a herba no medio da escuridade, recuaba unha e outra vez costa abaixo para tentar de novo subir a costa; pero os intentos eran en van unha e outra vez, ata caer definitivamente e ter que ser agarrado entre varios para levalo a pisciniña para un pequeno arranxo; Antonio daba pé a que todo aquel que quixera subira o escenario e fixera coros con el.Asi foron pasando "Down by the River", "Love to burn", "Cortez, Cortez" "Keep on rocki'n", "Mansion on the Hill" ( adicada a Hector), como bises "Like a Hurricane", e "Love and only love", en medio do disfrute xeral dos membros da banda. Luis interviña nos coros e deixaba a "huevo" para que Ricardo entrara coa sua guitarra solista; os guiños entre este e mais Edu éran constantes; Carlos daballe caña (da boa) a sua batera sen remisión; Antonio mantiña ao persoal coas suas constantes chamadas a participación comunal...e Vicki facia valer a sua voz mantendo o ritmo e machacando unha e outra vez cos pés o escenario como signo de poderio.
En fin, unha autentica festa, que cando xa parecia que remataba, foi Ricardo, despois dos bises, quen anunciou dous temas mais en honor a alguns veciños de Pantin que se achegaron a última hora ó concerto; i é que este Ricardo cando disfruta non quere parar nunca;asi sonaron para rematar "Cinnamon Girl" e poñendo o punto final "Fucking Up".
Unha noite para valorar despois do intenso mes no que se viron inmersos os Pony's;a de onte foi unha actuación para seguir quentando motores; valorable no punto que significa o tocar sen presion de ningunha clase; para coller confianza entre eles e disfrutar ampliamente de un ambiente favorable...e facernos pasar unha fermosisima noite.
Para que teñades unha pequena referencia,deixovos unha pequena mostra en estas fotos que acompañan esta cronica.
**E algo para valorar: Valdoviño debe ser o Concello con mais seguidores "per capita" de todo o Estado. Quen pode presumir de ter mais de 30 fans-fans que corean, que cantan, que levan o ritmo, que coñecen todas as cancions do set list, digo 30 en un Concello de escasos 7000 habitantes? Imaxinades unha cidade de 700.000 habitantes que haxa 3000 seguidores acerrimos do Tio Neil? Eu non a coñezo.Por eso é tan importante o exito de esta xente de Valdoviño; a todos eles o meu mais grande abrazo.
E aos PONY'S: a seguir, que sodes GRANDES.





  





















4 comentarios:

Xabre dijo...

E Xan o noso Harry Oesterreicher?
Un home que almorza en Bruselas, e cena en Valdoviño para ver algún dos seus amigos, faime reforzar persoalmente, o compromiso de seguir adiante.
Ainda que poda parecer dificil de creer, o concerto do cumpleanos de Hector e, para min, o mellor do ano. Sei que xa temos Rust Fest, Toural, ......pero esta cita e diferente, e disfruto mais que nunca.
Ademais vou decir unha pequena cousinha, que seguro que algún está esoerando: esta vez sí que tocamos ben. Disfrutamos de verdad.
Bueno Xan, espero que a próxima vez que nos vexamos sexa polas tuas terras, ainda que o solo de Valdoviño xa comenza a pertencerche un pouco. Graciñas meu por acompañarnos.

hector dijo...

Xan, muchas gracias sobre todo por tu presencia en la Mansion On The Hill. También te agradezco tus fuegos artificiales y el vino que trajiste. No recuerdo si me despedí de ti, hay cierta partes de la noche cubiertas con una niebla alcoholica, pero que sepas que siempre serás bienvenido. UN ABRAZO

deguananonli dijo...

Xan, pra nos xa eres un mais. Moitas gracias por absolutamente todo.

Xabre dijo...

Xan se podes manda as fotos!
graciñas.