Non hai moito onde mirar para ter referencias xa non deste disco, senon tamén do grupo do que imos a falar. Si ollamos na base de datos do que alguns chaman "a Biblia do Rock and Roll" (a revista Rolling Stone, jeje) a J. Geils Band non aparece por ningures. E iso a pesar de que esta banda acadou bastante exito a finais dos 70 e comenzos dos 80; incluso un dos seus traballos foi nº 1 en Bilboard durante varias semanas.
A mediados dos 60 , Jerome Geils a guitarra e mais Danny Klein ao baixo, convenceron a Richard "Magic Dick" Salwitz para que os acompañara a harmonica e asi poder facer o que éra a sua paixon: blues acustico. Rularon un par de anos polos clubs dos suburbios de Boston ata que se cruzou no seu camiño Peter Wolf. Geils, durante eses anos adquirira unha boa reputación como guitarra de blues, polo cal non foi de estranar que todo un persoaxe como Peter Wolf, coñecido no ambiente de Boston como poseedor dunha das mellores voces do entorno se ofrecera para entrar no grupo. A Geils non lle pareceu mal, sobretodo cando Magic Dick deu o seu visto bó a entrada de Wolf na banda. Magic Dick xa traballara cos grandes do blues en Chicago e Detroit; a sua armonica apareceu en traballos de Muddy Waters, Albert King e todos os grandes dos anos 60 que pelexaban por dar a coñecer a sua musica fora dos circuitos dos clubes de blues e facelo achegar ao grande público. A boa reputación de Magic Dyck proviña da sua forma de tocar a harmonica: cando levaba o instrumento a sua boca desatabase algo asi parecido a un furacan; o harmonica-speed éra a especialidade de Magic que bebera dende moi novo as tradicións do blues e do jazz (escomenzou tocando a trompeta) por mor do seu pai e de toda a familia que éran unhos estudosos do blues do Missisippi e de Chicago.
A banda acabou formandose con Stephen Bladd a bateria e Seth Justman os teclados que co tempo seria o productor do grupo na meirande parte dos traballos realizados no futuro. Wolf e Justman encargabanse da composición dos temas.
No ano 1970 publican o seu primeiro traballo co nome da banda, saen de tour acompañando os grandes do blues como John Lee Hooker, Junior Wells ou James Cotton...é aqui cando escomenzan a ser coñecidos pola forza i enerxia desplegada nos escenarios. "Getting crazy" chegaron a popularizar os seus concertos pola forza devastadora que desplegaban en eles; Peter Wolf e Magic Dick non paraban de moverse durante as mais de tres horas que duraban as suas actuacións en directo, o sonido peculiar da harmonica facia que a musica da J. Geils Band fora inmediatamente recoñecida; os seu peculiar blues-rock, aderezado con toques soul e funky fixo que a banda comenzara a ter unha boa reputación entre os amantes do blues e do rock.
"Nigthmares......." é o seu sexto traballo lanzado no ano 1974. Cecais conteña non o tema mais recoñecido da banda ( eso corresponde a "Centerforld" do seu exitoso Freeze frame do ano 1981), pero si o mais caracteristico de toda a sua carreira: Os mais de seis minutos do tema que abre o disco " Detroit Breakdown" son unha furia incontrolada de sonidos guitarreiros acompañadas constantemente pola harmonica e o piano. Si a esto lle engadimos a poderosa voz de Peter Wolf temos un remexido perfecto para unha audicion de Rock en estado puro. Pero non se para en este solo tema: o longo do disco a banda da un recital do que é un grupo en estado de gracia.
Ainda que as ventas non éran unha cousa do outro mundo a banda foi recoñecida como unha das mais constantes e innovadoras do Rock. Varios discos en directo daban boa fé delo ("Live Full House" do ano 1972, "Blow Your Face Out" do 76, e "Showtime" do 82).
Cando xa a banda pàrecia irremisiblemente castigada a ser unha referencia do blues-rock para minorias, chegou o bombazo de "Freeze Frame": sonido mais domesticado, menos abrupto, mais calmado; fixo que o disco fora nº 1 durante 4 semanas en USA e se mantivera nas listas durante ano e medio. O single "Centerfold" foi número 1 seis semanas seguidas en Billboard.
En 1985 a banda desfixose despois de recorrer un longo camiño; co tempo dous vellos amigos como J. Geils (que nunca quixo destacar polo feito de poñerlle o seu nome a banda) e mais Magic Dick volveronse a xuntar para formar Bluestime, grupo de culto de blues evolutivo que ainda hoxe en dia sigue a traballar e dando bos discos. En ese intervalo de tempo Magic seguiu a sua pasion polo blues traballando con xente como Patti Smith, Debora Harry, Full Circle ou Ruyici Sakamoto e formando parte da Legendary Rhythm & Blues Revue, combo imaxinativo e rompedor onde os haxa, con formacións diferentes cada noite.
O dito, achegadevos a un dos traballos de esta banda, é seguro que si o facedes con "Nightmares....and the others tales from vinyl jungle" deixaravos un bó sabor de boca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario