Facia tempo que rondaba na miña cabeza a celebración de unha Festa en Xunqueira, e mais ainda despois de escoitar os Crazy Ponys, sabedor que encaixaban perfectamente no modelo de Festa que desexabamos facer.
Dinlle voltas e mais voltas para buscar a ubicación que mellor se adaptara o que queriamos; vin varios lugares centricos de Xunqueira; ningun deles cubria as expectativas ainda que moitos estivaran ben situados.A finais de abril, unha tarde din un paseo pola vila e encamiñei sen querer ós meus pasos cara as Escolas Vellas. Este é un recinto pechado polos catro costados onde se situa un pequeno xardin infantil e mais dous locais pechados onde se desenrolan varias actividades ó longo da semana; asimesmo ali celebranse cumpeanos infantis, ceas de colectivos, cursos, etc. Un lugar municipal onde solo hai que pedir as chaves para celebrar calquera cousa que haxa que celebrar.
Vin que o lugar era o que estaba a buscar; perto do centro e o mesmo tempo apartado para non molestar a ninguen; aparte dabame que o sonido que ali albergaria unha actuación musical podia ser expectacular.
Falamos entre varios membros que se apuntaron a organización e todos estiveron de acordo en facelo ali; para eso o día 28 de Abril presentei nas dependencias municipais do Concello un escrito solicitando para o dia 20 de Maio as dependencias das escolas Vellas para a realización de actividades infantis e musicais para ese dia. Collin a copia co Rexistro de Entrada e puxemonos mans a obra.O tempo pasaba e non habia rastro de contestación por parte do Concello. O día 10 de este mes recibimos os carteis da Festa e empezamos a colocalos por todas partes; ó mesmo tempo entraba en xogo a campaña as eleccions municipais e en Xunqueira todos eran murmuracions sobre a idoneidade da data escollida para festa. Si escollemos o derradero dia de campaña para facela foi precisamente para demostrar que outro tipo de actividades se podian realizar ó marxe do Concello e que non colisionaban unhas con outras; aparte de que pensamos de que a xente ben merecia un día mais de descanso despois de escoitar tantas falsedades durante quince dias; e sabiamos que os integrantes da Festa tamén estabamos involucrados nas expectativas que queriamos de cambio en Xunqueira; pero todo se pode compaxinar e quen queira ver pantasmas onde non os hai é cousa deles.
Dende as redes sociais recibimos apoios para a Festa dende moitos lugares; mensaxes de animo para todos os que estabamos en faena, comentarios de apoio para facer algo que nunca se fixera en Xunqueira; dende aqui quero agradecer todas estas mostras de apoio que recibimos.Pero o permiso para a Festa non chegaba. Eu xa imaxinaba que non o recibiriamos nunca, pero tamén non se me pasou pola cabeza volverme atras. A Festa celebrariase.O día 15, domingo estaba en Xunqueira. Vin que o Gavilanes (alcalde do Concello) salia dun bar e chameino para falar con el. Pregunteille que me podia decir do permiso que estaba a esperar: dixome que si non recibira a comunicación na que me decian que non era FACTIBLE o uso das escolas Vellas porque xa estaban programadas actividades para ese día...que "onte (sabado) ou antronte dera ordes de que se comunicara por escrito esa decisión". Pregunteille que actividades eran e contestoume que habia cursos de gaita e pandereta para o grupo que normalmente usaban as escolas para elo; pregunteille que as duas actividades eran prefectamente compatibles unha con outra , i é mais dixenlle si os nenos que participaban en eses cursos podian tocar na nosa Festa (pagandolle por suposto); nervioso xa porque non éra capaz de dar unha a dereitas dixo que non habia problemas para elo; cando lle preguntei polo lugar alternativo que lle plantexara no escrito do día 28 dixome que non tiña nin idea do que lle falaba; eso deume lugar a saber que o Alcalde nin leera o escrito que lle presentei; cando lle dixen que se trataba da explanada a carón do Concello poñendo cara de sorpresa contestou que non habia problema para elo.
Con todo, ó día seguinte, luns 16, recibin un escrito con data de ese mesmo día e con rexistro de saida do Concello as 11,47 onde se me comunicaba que non era factible O USO DAS ESCOLAS VELLAS para a realización de actividades infantis e musicais. Ese escrito demostra que o Alcalde é un MENTIROSO, xa que persoalmente me comunicou o dia anterior que xa enviara o escrito do que falamos; demostra tamén que nin leeu a miña solicitude xa que non tivo en conta o lugar alternativo que se lle pedia...e demostra tamén ó medo que se lle viña encima cando viu que se facia algo que el mesmo non podia controlar.O dia 18 mercores a primeiras horas presento un escrito no Concello incidindo na ilegalidade na resposta por parte do Concello e por estar fora de tempo a sua contestación; solicito falar coa Secretaria do Concello quen alegou que non sabia nada do tema e que "eran cousas do Alcalde", ó mesmo tempo que sen sabelo me confirmou que ó espazo de tempo para contestar o escrito era de 10 dias, polo cal automaticamente a contestatación estaba fora de prazo é a solicitude podia se dar por positiva por silencio admisnistrativo.Ese mesmo día pola mañan contactamos persoalmente coa monitora do Grupo Infantil de Gaitas para contratalos ; en principio dixeron que si....seis horas despois a resposta éra que non. Os telefonos puxeron a funcionar e as represalias non se facian esperar; era outra mais do Gavilanes.
Seguimos ese dia cos preparativos e ultimando os detalles da Festa.
O xoves 19 (un día antes da Festa) as sete da tarde comenzase a levantar o escenario. Ese mesmo día pregunto en varios lugares polas chaves que dan acceso os lacias pechados das escolas; alguen dirixeme a un particular que tiña as chaves (e digo particular, que non ten nada que ver co Concello, agas que é a muller do tenente de Alcalde): diceme que ela non tén as chaves e que pregunte na Biblioteca; na Biblioteca dicenme que Non, que como o martes fora festivo non devolveran as chaves e que seguramente estarian nas dependencias superiores do Concello pero que como era pola tarde este estaba pechado....as oito pasa por diante de nós o tenente de Alcalde; chamoo e preguntolle polas chaves e dime que as tén el; cando lle plantexo que ó día seguinte imos celebrar a Festa e as necesitaba contestame que "Tén ordenes do Alcalde de que non mas poda dar"; cando lle plantexo a ilegalidade do que está a decir
contestame que el "é un mandado"; digolle que é unha tonteria andar con esas trapalladas e en todo caso podo presentarme as doce e un minuto da noite na súa casa co Garda Civil para esixir a entrega das chaves e sigue insistindo que é un mandado...manda carallo.
Nos seguimos coa montaxe do escenario mentres se corre por todo Xunqueira a negativa por parte do Alcalde a celebración da Festa. O Juan fai a proba de carga do escenario ata que rompe pola metade unha das trabes e tén que volver a colocar outra e apuntalar todo o escenario. O Traballo do Juan e mais o Toño de Requeixiño queda rematado as dez e media da noite con todos os puntos de seguridade apuntalados.Pola súa parte o tecnico da luz dá os primeiros pasos para colocar os puntos de luz necesarios e teno que facer sen acceder o recinto cuberto das escolas....
O dia da Festa, a primeira hora presento no Concello un escrito manifestando todas as ilegalidades recurrentes por parte do Alcalde, ó mesmo tempo que lle fago un preaviso das actuacións previstas: presentacion no Xulgado dunha querela por PREVARICACION contra ó Alcalde e mais ó Tenente de Alcalde asi como todas as probas diante da Garda Civil.
Ós 20 minutos da presentación do escrito o Xose Lois recibe unha chamada persoal do Alcalde pedindo a retirada desa acusacion no Xulgado e mais que retirara o escrito presentado no Concello. E decir: que non existira proba da súa presentación ; que el xa se encargaria de ordenalo e asi nos entregaria as chaves; eu alucino: está a pedir unha manipulación do propio Rexistro de Entrada do Concello; un sistema automatico que rexistra todas as entradas e saidas que ali se presentan...en ningún momento me chama a min que son a persoa que presentou todos os escritos no Concello.
Daquela, parte dos Crazy Ponys xa están en Xunqueira e alucinan co que está a pasar; e tamén alucinan coa fermosura que os rodea por todas partes; co recinto das escolas vellas; coa Praza, coas rúas de Xunqueira; é algo que nos enche de orgullo o feito de que alguen de fora nos faga ver o valor que tén o noso pobo.
Pero seguimos sen as chaves; as once e media aparece o equipo de son contratado para a ocasión; mentres se vai descargando todo o material, varias persoas se achegan ata nós para manifestar o seu apoio persoal o que estamos a facer; incluso un operario municipal nos pregunta que si non temos acceso a toma de luz el pode abrir unha porta onde podemos collelo; digolle que é mellor que non, sobretodo polas repercusións personais que lle pode acarrear e para non poñelo en un compromiso co Alcalde; pero de verdade que se agradecen estes detalles; todo o equipo esta xa encima do escenario; o "Chispas" tamén fai o seu traballo e deixa todo preparado para cando chegue o grifo de cervexa que temos contratado; todo vai encaixando pouco a pouco. Alguen escoita que como imos dar sonido si non temos toma de luz...o pouco tempo chega un xenerador contratado expresamente para a ocasión.
Imos xantar cos Ponys e mais o equipo de son; as catro da tarde atopome co Xose Lois: un operario municipal acaba de facerlle entrega das chaves por orde directa do Alcalde (parece ser que lle sentara ben o xantar e xa estaba con outro caracter); o Xose Lois recibe unha chamada da Garda Civil de Allariz preguntando pola Festa da noite; lle comunican que dende a Subdelegación do Goberno de Ourense acaban de comunicar que a Festa era un evento de "Alto Risco" e que habia probabilidades de que houbera enfrontamentos entre os asistentes....asi como o leedes;
Os xogos infantis poñense en marcha no Adro da Igrexa; facia moito tempo que non se vian tantos nenos xogando xuntos...toda unha Festa de ledicia e griterio; vinte ou vintecinco nenos xogando, inflando globos, pintando, correndo....e moitas aboas que pasaron por ali disfrutando dos seus netos....foi reconfortante para todos, de verdade.
Continuamos con preparativos....e asi chegamos a tempo para facer o lume para o churrasco, preparar os mexilons....a xente ia achegandose ós poucos; as probas de son estaban xa feitas...todo estaba preparado para escomenzar a 1ª Festa da Arroutada.
Primeiro lein o Pregon da Arroutada, e a continuación demos os premios inaugurales de este ano: un ó Juan de Sanxillao por todo o que está a facer en Xunqueira a todos os niveis; e outro ó equipo do Xunqueira C.F. pola maravillosa tempada que fixo dsifrutar a todos os afeizoados...e despois veu a musica.
E aquelo sonou como tiña que sonar, potente, duro, contundente...maravillosos xogos de luces facendo filigranas cos vellos muros...fume que se desparramaba por todo o escenario e chegaba a outra beira da estrada...onde habia xente que non se atrevia a entrar, por certo. pero nós seguiamos ó noso: disfrutando coa musica de Neil en boca dos Crazy Ponys; a xente achegabase para felicitarnos e pedirnos que por favor o seguinte ano o repetiramos; que non fixeramos caso de todo o que pasou...que nos apoiaban e que éra todo un luxo poder disfrutar de unha noite como esa.
Magoa de non poder dar unha cronica da actuación dos Crazy Ponys, nin dos Mitocondrias; pero podovos decir que eu disfrutei como nunca, e mentras un disfruta non esta para moitas lerias, non si?
Polo demais, decir que o que tentou impedir a celebración da festa..pois eso, que no seu momento terá que responder por elo; tarde ou temprano pero terá que facelo.
Pero nós seguiremos ó noso....VIVA A FESTA DA ARROUTADA.
5 comentarios:
Un orgullo que contaras con nos para a primeira dunha longa lista de festas arroutadas que tes a obriga xa de celebrar.
Un abrazo dende Vaodoviño de todolos CrazyPonys para todos os que o fixeron posible: Xan, Xosé Lois, Montse, Vanesa, Nieves, Ricardo, etc...
Un abrazo tamén os Mitocondrias, excelente grupo.
Sobre o demais, non hai Gavilán que non perda a presa algunha vez, e cando aconteza, alí estaremos.
Xunqueira, sitio distinto. Parada obrigada para o reposo, e a tranquilidade.
Recordos tamén o Luciano, penso que se chama así onde comimos, e para o Hostal onde durmimos excelentemente.
Keep on arrouting!
Xan borra as miñas cuñas....ja ja ja
Xan, ti es o "Local Hero" de Xunqueira e redores. Graciñas a todos.
As cuñas? como vou borralas...ainda hai que usalas, algun dia.jajaja, gracias meus.
Xan menudo fiestón enhorabuena, abrazos fuertes tambien a Xose Luis y Montse y respecto a ese Neil tamaño natural cabecero de Rock-e-navallas no os digo donde lo estamos esperando??? Abrazote
Manolo, la "efigie de Dios" estaba pensada para Tarifa, pero con la Arroutada por medio llegó a tiempo para que los Crazy Ponys la usaran por primera vez...hacerle un hueco en Tarifa, que ya queda poco.
Publicar un comentario