martes, 10 de mayo de 2011

A ARROUTADA PARA @S NEN@S

Pois para aqueles que queredes saber de que vai ir a Festa, direivos que polo serán, a partir das 5-5,30 e ata aproximadamente as 8, llo adicaremos @s nen@s ; na primeira hora, mentres no recinto das escolas vellas se fan as probas de son para os grupos da noite, tentaremos que fagan acto de presencia por toda Xunqueira para participar nunha tarde de pintura e debuxo; o tema será libre e o material a usar poderan escollelo eles mesmos; tentaremos ter materiais para todos, pero diante da imposibilidade de saber o número de nen@s que se presenten, tamén estaria ben que foran co seu propio material por si nos quedamos curtos.
Despois de esa hora, e xa de volta nas escolas vellas, procederemos a colocar os debuxos por todo o recinto e asi que a súa obra sirva de decoración para toda a Festa. Tod@s @s participantes recibiran un agasallo por participar.
Despois dentro de recinto comenzarán as actividades, que poderán ir dende as carreiras de sacos, ata xogos populares  como tirar da corda, obradoiros e todo o que se lles ocurra tanto os participantes como o persoal ó cargo das actividades; tamén terán ocasión de subir o palco todos aqueles que queiran cantar ou bailar diante dos asistentes, ou mesmo contar algo que se lles ocurra. E como non: haberá unha merenda para todos os que se pasen por ali.
Todo o que se vos ocurra, podedes plasmalo neste blog con as vosas opinións, que seran atendidas dentro do posible pola organización da festa.

No hay comentarios: