Somos ou non somos ARROUTADOS? Esta verba en galego ven a ser algo asi como a contraimaxe do galego da esqueira; sempre din de nós que non se sabe si subimos ou baixamos; curioso en todo caso, e signo do pouco que nos coñecen por outros pagos. Para empezar: claro que sabemos o que facemos na esqueira...somos tan hospitalarios que cando vemos que alguen sube por ela somos capaces de acompañalo ata arriba ainda que estemos a baixar; e o contrario tamén pasa, non sexa que se perdan; pero de todos os xeitos coido que esa é unha interpretación interesada polos de sempre...e non quero dar nomes.
Enton o ARROUTADO que é ou quen é? Podiamolo explicar como algo asi de alguen apaixonado, vehemente, resolto, decidido, ousado, temerario...nunha verba: un tirado para adiante, que tanto se dá na sociedade galega.
ARROUTADOS E ARROUTADAS foron os milleiros de persoas que no seculo XX e tamén no XXI fixeron as maletas e en unhos casos en barco, outros en tren, tomaron o camiño da emigración a facer as Americas en paises tan lonxanos como Arxentina, Mexico, Venezuela,Cuba, panama, Brasil...etc; nesta parte de Europa cubrimos parte do continente en Suiza, Alemaña, Francia, Belxica, Inglaterra...e tamén aparecemos por Euskal Herria, Catalunya, Madrid, Canarias....; podese decir que cubrimos boa parte do mundo.
ARROUTADOS e ARROUTADAS tamén temos moitos no noso propio país: todos aqueles que se enfrontan o poder establecido todos os días son desa caste.E xa hai que ter valor para facelo en un pais como ó noso, nonsi?
E a que ben todo esto en unha paxina de Rock? Pois moi sinxelo: porque unhos cuantos e cuantas ARROUTAD@S estan a preparar a 1ª FESTA DA ARROUTADA en Xunqueira de Ambia, ali pola Gallaecia profunda e rural das terras de Ourense; e porque o contamos nesta paxina?; moi sinxelo tamén. porque nesta Festa van a estar presentes outros ARROUTADOS de peso no país, nada mais e nada menos que os nosos queridos Crazy Ponys que nos van poñer a musica do noso querido Neil para que sone alto e ben forte entre os muros milenarios das escolas vellas de Xunqueira. Escolas que eu pisei pouco tempo fara algo asi como 47 anos, pero que deixaron lembrazas indelebles que ainda hoxe furan na miña cachola.
E ademais estaran acompañados por outros ARROUTADOS como son a banda MITOCONDRIAS de perto de Ourense; unha banda con moita historia xa, traballos publicados, sonido potente, acompañantes de luxo de Los Suaves en varias ocasions;
Coido que pode ser unha noite maxica da que vos iremos dando información pouco a pouco, pero que dende xa, vos podo decir que estades todos invitados.
Seguirei informando, e mentres ...que sone o ROCK&ROLL ARROUTADO
3 comentarios:
Adiante con os arroutados!
E cando vai ser iso?
Será mais pronto que tarde....wuedan unhos poucos cabos por atar e xa iremos informando. Saudos
Publicar un comentario