A veces as casualidades existen e un tropeza con elas sen caseque enterarse.
E o que me acaba de pasar con este disco. Lembro que na festa de Hector en Valdoviño en algún momento da noite despois da actuación dos Crazy Pony's sonou o tema que da titulo a este traballo do ano 1969.Carallo¡¡¡ os vellos Jefferson, pensei. E daquela xa tiña previsto adicarlles un "basico" a eles solos.
Ao pouco tempo xurde na paxina de a praia de Neil unha versión do "Wooden Ships" pero en este caso dos Starships; volvin a lembralos no meu maxin,pensando que indubidablemte é moito mellor a versión de este tema que aparece en "Volunteers"; e o outro día atopeime de supeto con unha edicíon en fascimil do vello "Volunteers" acompañado coa actuaccion dos Jefferson Airplane en Woodstock; xa non o pensei mais: "este para min" dixenme. E en estas estamos.
"Volunteers" como xa dixen publicouse no ano 1969, despois de que o grupo publicara dende a sua fundación en 1966 cinco traballos mais. Xa dende o principio foi unha banda de exito; aqui non temos que recurrir o topico de "primeiro traballo boas criticas e poucas vendas". Non. Os Jefferson gozaron de moitisima popularidade dende o principio da sua carreira.
Establecidos en San Francisco no momento do apoxeo do "Power Flower", os hippies e o rock psicodelico,parece como si estiveran destinados a estar xusto no intre axeitado e no lugar axeitado. Si fixeramos un percorrido por toda a sua traxectoria xenealoxica poderiamos atopar a todo aquel que estivera relacionado en un intre ou outro co rock da Costa Oeste.Dende Jerry Garcia e os Grateful Dead,pasando por Lovin Sponfool, Great Society, Os Doors, Quicsilver Messenger Service, Move,Janis Joplin, David Crosby....e un longo etc que podia ser caseque infinito na sua relación co grupo estrela da Costa Oeste.
Os Jefferson Airplane caracterizaronse en un principio por amalgamar o Folk que eclosionaba a mediados dos 60 co Rock emerxente de aqueles momentos. Martin Balin, como fundador do grupo foi quen de crear esa ligazon entre as duas tendencias reinantes en aquel momento.As influencias de The Byrds e Bob Dylan por unha banda e os Beatles e os Rolling por outra foron capaces de establecer as premisas nos primeiros tempos.
Posteriormente, xa dende o seu segundo traballo "Surrealistic Pillow", o grupo derivou hacia un Rock mas solido, e ali xa a integración de Grace Slick compartindo a voz con Balin, mais as guitarras de Jorma Kaukonen e Paul Kantner fixeron que o grupo fora recoñecido como unha tendencia unica e marcando o paso a outras bandas da bahia de San Francisco.
En "Volunteers" atopamos a formación mais estable da banda. Os xa nomeados anteriormente haberia que engadir a Jack Casady no baixo e Spencer Dryden a bateria.Cecais sexa o seu traballo mais comprometido politicamente; con unha dura oposición a guerra de Vietnam e unha critica feroz o vello "stablisment" dos USA. Por eso mesmo xa o grupo tivera os seus mais e os seus menos coa RCA (a sua compañia discografica), sufrindo no seu propio pelexo varias veces as iras da censura da sua propia discografica.Pero no momento da publicación de "Volunteers" a posición da banda éra tan forte a nivel de vendas que foron quenes de impedir que a RCA censurara varios temas que non eran do seu agrado.En concreto dous deles, aparte do que da titulo ó album,estaban no punto de mira da compañia: o apocaliptico "Wooden Ships",que xa fora publicado por CS&N un ano antes e no que Paul Kantner compartia autoria do tema ( é curioso pero na reproduccion fascimil do CD aparecen como autores do tema Crosby-Kantner-Stills, ainda que despois ,na actuacion no Festival de Woodstock a autoria unica do tema aparece solo Stephen Stills); e sobretodo o ""We can be Together" onde os Jefferson foron capaces de manter a frase "contra a parede, fillos de puta", cousa que non foi para nada do agrado da RCA.
Para este "Volunteers", a banda rodeouse do mais selecto a nivel musical que existia na Costa Oeste. Nos creditos do disco atopamos nomes como Jerry Garcia, Nicky Hopkins, Stephen Stills, Joey Covington(membro no seu momento de HotTuna e posteriormente dos propio Jefferson, David Crosby, e as "Ases de Copas" ós coros: Mary Gannon, Marilyn Hunt, Diane Hursh e Denise Jewkes.
Sinalar como importante de este disco,que foi o primeiro en utilizar o sistema de grabación de 16 pistas, todo un adianto para a época, de tal xeito que incluso na contraportada do disco aparecia unha foto do aparello para dar conta delo.
Os Jefferson, xunto cos Grateful Dead, foron os primeiros en convocar os "Happy Fest",concertos gratuitos que daban nos grandes parques que arrodeaban a cidade de San Francisco e que éran capaces de convocar a milleiros de seguidores durante mais de 24 seguidas, con actividades que hoxe se lle chamarian "performances", pero que xa de aquela a imaxinación imperante no sector cultural da cidade éran capaces de movilizar a nivel popular.
A intervención de Jefferson Airplane no festival de Altamont está ampliamente documentada na pelicula "Gimme Shelter", e en ela podese ver como Martin Balin é agredido durante a sua actuación polos "Anxos do Inferno" que eran os encargados de manter a "seguridade" do Festival. Esto fixo que os Grateful Dead se negaran a tocar e se laiaran amargamente da ruptura do "soño hippie" que aquel festival se encargou de acreditar como certo.
Precisamente, os Jefferson foron o unico grupo presente nos tres grandes Festivais lembrados despois no tempo: Monterrey, Woodstock e Altamont certificaron a grandeza de unha banda que sempre foi dando tumbos na sua formación e pola que pasaron cantidade de integrantes ó longo da sua existencia.
Cando posteriormente pasaron a chamarse Jefferson Starship e despois sinxelamente Starship xa se lles pasara o arroz...sen Kaukonen nin Kantner por unha parte, e sen Grace Slick por a outra, mais a baixa do seu fundador Martin Balin, retirado unah vez que Janis Joplin (boa amiga deste) morreu, a banda foi a deriva a pesar de todos os esforzos dos seus compoñentes.
Con Kaukonen e Casady mais o Covington como formación propia de exito (Hot Tuna) derivando a un blues caustico de amplo recoñecemento no circuito de blues, a banda era media banda, o que non llequitaba merito a unha traxectoria na que os seus exitos contabanse por traballos publicados. Dende "Somebody to love" a "Whitte Rabit" do segundo disco, todos os demais albums publicados ata o ano 71 entraron nas listas de mais vendidos . A suas longas xiras por Europa e os USA marcaron ao o grupo como un dos grandes entre os grandes. A influencia de Hendrix e Cream marcaron en un momento a sua deriva hacia un sonido mais pesado e rockeiro que o suave dun principio.
Sempre é un bo momento para lembralos, e si é con este "Volunteers" seguro que vos anima o día.
2 comentarios:
Me encanta este disco, los diez temas que lo componen son brillantes. De hecho creo que las composiciones de Paul Kantner son las más lúcidas de toda su carrera. Ahora bien si tuviera que quedarme con dos discos de la Jefferson serían el "Surrealistic Pillow" y el "Long John Silver" que aunque a la crítica no le gustó mucho en su tiempo a mí me parece una obra maestra.
Un saludo Xan.
Creo que las experiencias vitales de cada uno marcan los gustos en un momento determinado; es lo que me pasa con este disco y con muchos otros (caso del "Tonigth's the night"); de todas formas muchos de los discos de los Jefferson son muy recomendables, y como no, los dos que tu nombras estan entre ellos.
Saludos Dani
Publicar un comentario