Como volo digo: vaiseme facer unha eternidade de aqui ata o dia 28 de este mes. Ese dia estará na rúa o ultimo traballo de Neil Young ,"Le Noise". Un disco que en principio decian que non estaria preparado ata a vindeira primavera, pero que agora nos avisan un adianto significativo no tempo.
Fai tempo que se sabia que o productor de este traballo do Tio Neil éra Dan Lanois, quen xa traballara con U2 e Dylan entre outros, e que hoxe por hoxe está considerado o productor de productores en canto a consecución de un sonido unico . E parece ser que o traballo está a cumplir as expectativas do que está a ser a xira en solitario de Neil Young de este ano; xa apampanou a todo o mundo cando se soubo que a sua xira non se acortaba a un set acustico ó que nos tén acostumado de cando en vez; a sorpresa saltou cando nas suas actuacións colleu a guitarra electrica (si, si...tamén a Old Black) e acompañado tan solo de esa guitarra empezou a debarrar un tema tras outro.
O público que está a asistir a esta xira fala maravillas do espectaculo, asi como a critica especializada...e nós tirandonos dos pelos.
Os temas de "Le Noise" xa están escollidos i estreados ao longo de esta xira.Algun dos tiltulos serán: "Walk with me", "Sign of Love" , "Love and War", "Hitchiker" ou " Peaceful Valley Boulevard".
Asi que xa sabedes...ata o dia 28 MOITA TILA.
2 comentarios:
Xan xa me fastidiaches o meu mes preferido!
Encantame setembro, coas primeiras follas caendo, a brisa comenzando a refrescar, as ondas chegando por fin de volta as nosas praias, e a luz. Unha luz que nace en setembro e morre a mediados de outubro.
Agora xa so teño unha cosa na cabeza, que pase pronto este mes.......
Si que vai ser fodido todo este mes...coido que nos imos esquencer de todo ata ver por fin o dia 28;pero coido que a cousa paga a pena porque as expectativas son moi boas.
Xa facia tempo que non sabia de ti,a ver si é posible que me achegue a semana que entra por ahí.
Unha aperta, meu
Publicar un comentario