Dende aquel ano de 1980 e o seu "Cuando se come aqui?" que levantou ampoulas en moitos circulos "bienpensantes" (non podian aturar un tema como "Ayatolla no me toques la pirola"), os Siniestro sempre se mantiveron en primeiro plano a nivel musical. Tocaron todos os paus posibeis e en todos saliron ben afeitos.
Son ducias os temas que podemos lembrar, coa sua caracteristica retranca e irreverencia, pero con unha solida base musical. Rock, funk, soul, country...calquer estilo que podas imaxinar, en algun intre da sua carreira ( e xa vai para 30 anos), foi tocada polos vigueses. Letras ironicas, con mal leite moitas veces, caralludas en outras ocasions, os Siniestro non lle fixeron ascos a nada. Siguen sendo "legais" en este circo do Rock onde cada vez é mais estrano atopar xente fiel os seus plantexamentos orixinais.
Por eso chama a atención que SINIESTRO TOTAL RENUNCIAN O PREMIO ANUAL DA MUSICA A MELLOR CANCION EN GALEGO. Como leedes queridos amigos. Din que non, que non son merecentes do premio xa que "ainda que sexa habitual na carreira discografica do grupo a realización de algun tema en galego, non nos consideramos que sexa xusto que nos den ese premio xa que entendemos que eso implica que aqueles grupos que apostan totalmente polo galego sexan os merecedores da nominación , e nós non o somos".
O tema en cuestión é " Quen me dera na casiña" do seu ultimo traballo "Country & Western" publicado o ano pasado e grabado en Nashville. "Whis i were at home" ou algo asi como "Ojala estuviera en mi casa".
Solo eles podian facer tal cousa....porque siguen sendo os de sempre...con dous collons.
Como mostra da sua iconoclastia e irreverencia por todo, atopei este video de peche de emisión de unha suposta canle de TV...e como é obrigado, a emisión pechase co himno nacional, en este caso o Himno Galego en versión Siniestro Total....ahhhh, e que ninguen se rasgue as vestiduras....
1 comentario:
Siniestro de Vigo Rules. Una de las mas grandes bandas que dio el pais.
Abrazote Xan
Publicar un comentario