sábado, 5 de marzo de 2011

TRUNK SHOW...SEGUIMOS AGARDANDO

Xa se anunciou cerca de un ano a publicacion da pelicula de Jonathan Demme sobre o noso Tio, "Trunk Show"; xa na Rust Fest de Valdoviño do ano pasado tentamos que chegara a tempo para poder visionala...e dende aquela non sabemos mais dela...non hai nin rastro; seica se estrenou nos USA (ou polo menos eso estaba previsto) fai cousa de cinco ou seis meses, pero parece ser que en circuitos moi restrinxidos, polo que parece ser que o vindeiro paso será o da sua presentacion directamente en DVD...pero o nós, os seguidores do Tio Neil, picanos o cú con tanto segredismo...e non é para menos por a boa pinta que tén a cousa; polo de agora habera que conformarse co trailer que anda rulando pola rede; pero si alguen sabe algo.....POR DEUS¡¡¡¡¡¡¡¡¡QUE O DIJAAAAAAAAAAA

viernes, 4 de marzo de 2011

SINIESTRO TOTAL: SOLO ELES O PODEN FACER....

Dende aquel ano de 1980 e o seu "Cuando se come aqui?" que levantou ampoulas en moitos circulos "bienpensantes" (non podian aturar un tema como "Ayatolla no me toques la pirola"), os Siniestro sempre se mantiveron en primeiro plano a nivel musical. Tocaron todos os paus posibeis e en todos saliron ben afeitos.
Son ducias os temas que podemos lembrar, coa sua caracteristica retranca e irreverencia, pero con unha solida base musical. Rock, funk, soul, country...calquer estilo que podas imaxinar, en algun intre da sua carreira ( e xa vai para 30 anos), foi tocada polos vigueses. Letras ironicas, con mal leite moitas veces, caralludas en outras ocasions, os Siniestro non lle fixeron ascos a nada. Siguen sendo "legais" en este circo do Rock onde cada vez é mais estrano atopar xente fiel os seus plantexamentos orixinais.
Por eso chama a atención que SINIESTRO TOTAL RENUNCIAN O PREMIO ANUAL DA MUSICA A MELLOR CANCION EN GALEGO. Como leedes queridos amigos. Din que non, que non son merecentes do premio xa que "ainda que sexa habitual na carreira discografica do grupo a realización de algun tema en galego, non nos consideramos que sexa xusto que nos den ese premio xa que entendemos que eso implica que aqueles grupos que apostan totalmente polo galego sexan os merecedores da nominación , e nós non o somos".
O tema en cuestión é " Quen me dera na casiña" do seu ultimo traballo "Country & Western" publicado o ano pasado e grabado en Nashville. "Whis i were at home" ou algo asi como "Ojala estuviera en mi casa".
Solo eles podian facer tal cousa....porque siguen sendo os de sempre...con dous collons.
Como mostra da sua iconoclastia e irreverencia por todo, atopei este video de peche de emisión de unha suposta canle de TV...e como é obrigado, a emisión pechase co himno nacional, en este caso o Himno Galego en versión Siniestro Total....ahhhh, e que ninguen se rasgue as vestiduras....