Pois despois de tempo sen entrar por aqui, o mellor que podia pasar é saber que os nosos amigos catalans xa fixeron o traballo que eles mesmos se comprometeran a realizar cando rematou a 2ª cita anual de Bolonia.
Pepe, Angeles, Cristina, e toda a panda catalana puxeron mans a obra e agora si que podemos decir que está en marcha o III RUST FEST, este ano a celebrar en Torredembarra (Tarrragona) os vindeiros dias 6 e 7 de xullo (non se vos fai moi poucos días?).
Seran unhos días de repetir as sinceiras sensacións de amizade, compañeirismo, solidaridade e boa musica arredor do noso Tio Neil.
Dende Galicia, o comando pailan xa puxo mans a obra e promete desembarcar en Torredembarra cos CrazyPonys a cabeza, seguido de unha multitudinaria presencia (incluido o brazo infantil).
Coido que se está a traballar no lado mais etereo e inverosimil do acontecemento con vistas a que a presencia de Sophia sexa visible para todos; pero coñecendo a persoal visión de esta ninfa voluble, vai ser mais que dificil que sexamos capaces de visualizala en terras catalanas...pero que a súa presencia sera perceptible non o dubida ninguen.
Deixovos uns enlaces para que teñades toda a información do evento, e asi non facervos perder o tempo en relatar todo o que vai acontecer na III RUST FEST.
Longa vida a RUST FEST...e Keep on Rockin'
http://www.mipaginapersonal.movistar.es/web3/rustfest/rustfest/Bienvenida.html
1 comentario:
Gracias, Xan!! Un detallazo por tu parte !!!
Un rustiabrazo,
Ángeles.
Publicar un comentario