viernes, 21 de mayo de 2010

Estiven en Donosti en maio do ano 2009 para ver por cuarta vez a Neil Young. Viña de tocar o dia anterior en Barcelona diante de 50.000 persoas, no Primavera Sound.
No Velodromo de Anoeta eramos pouco mais de 5 ou 6 mil persoas; como si estiveramos en familia...e solo se pode decir que a longa viaxe para velo non foi en balde. Neil Young nunca defrauda; o mesmo que Springsteen. Poden ter un mal día, pode fallar o son; pode chover a chuzos...pero eles cumplen co persoal.
Tiven varias ledicias aquel día, incluida por suposto a actuacion do canadiano.O precioso día que nos agasallou a cidade veu acompañado por ter a miña beira durante o concerto o meu entrañable amigo de toda a vida Iñaki (moitos abrazos amigo meu), Peio tamén se apuntou, tal como imaxinaba no meu interior (moitos abrazos tamén para ti), e Arantxa veu con nós para descubrir a Neil Young en directo e de paso poder agradecer a sua compañia entre nós.
Pero tamén por ali apareceron amigos descoñecidos fisicamente pero non no contacto virtual. Para min foi todo un acontecemento coñecer a Antonio, Pepe, Angeles, Tino...todos eles vellos coñecidos do blog www.enlaplayadeneil.net , cos que intercambiamos novas continuamente dende fai un par de anos.Hora éra de ter contacto fisico e Donosti prestouse para elo, igual que o fixo Barcelona o día anterior con alguns dos mesmos protagonistas.
O concerto foi intenso dende o primeiro momento: comenzou con "Mansion on the Hill" e despois Neil foi desgranando temas tras tema cada vez mais en consonancia co fervor dos asistentes. "Hey hey, my my", "Spirit road" (inmensa), "Rocking in the free word"( que decir de este tema, sempre é xenial e absoluto), "Pocahontas (en electrico, todo un descubrimento),"Cortez Cortez"(sempre é un novo descubrimento e sempre aclamada)..."Heart of gold", "Down by the river", "Old Man"....sempre tés a sensación que Neil Young pode cubrir un concerto de mais de cinco horas con titulos imprescindibles ó longo da sua carreira, e nunca teras un set list perfecto. E para rematar, e por petición expresa dos membros da praia situados en primeira linea: "Like a Hurricane"...para morrer.
Na nube seguimos durante varias horas e incluso días cos oidos sonando constantemente as notas dos que foramos testemuñas aquelas duas horas do dia 31 de maio do 2009....agora solo esperamos poder repetilo outro día. Neil Young acostumbrounos nos dous últimos verans a acompañalo un día polo menos na sua vida; a seguinte non sei cando poderá ser...pero seguro seguro que o intentaremos.

No hay comentarios: