lunes, 7 de febrero de 2011

CABALGARON COMO TOLOS

Valdoviño, 5 de febreiro do 2011. Son as 11,20 da noite en O Garaxe. Os Crazy Ponys salen a escena despois de dar os ultimos retoques no Back Stage: as toallas no seu sitio, unha mesa de billar para pasar o tempo, moito xeo e bebidas para o grupo...non houbo queixa. Edu comportouse como era de esperar (jejeje). Bueno, menos leria a imos o asunto: Os Crazy reaparecian despois de un longo tempo sen actuar en directo e con moitos problemas entre os seus membros. Non problemas persoais, senon sobre todo fisicos, pero agora volven a estar en ruta. On the Road Again.
Como Edu tiña que atender o ateigado Garaxe, foi Xaco quen se fixo cargo do baixo, despois de dous meses de ensaios cos demais Ponys. Nervios pola sua parte pero tamén enormemente orgulloso de pertenecer ó grupo, e desexando ampezar canto antes.
Arrancan con "Farmer John" entre os berros e animos do publico; cecais este tema e o seguinte, "Hey hey, My My" foron os que pagaron o pato de abrir o concerto; ainda estaban frios, con moitas miradas entre eles, tentando coller o ritmo según pasaban os minutos...O sonido por veces fuxia en altibaixos onde os instrumentos se misturaban como podian. Carlos na bateria tardou en entrar un par de veces e Xaco empuñaba o baixo con seguridade, pero non acabou de entrar en calor ata o terceiro tema. "Ohio", este é o tema; coido que deberian de plantexarse de abrir as actuacións con este tema. Xa é a segunda vez que ocurre: en Compostela, ata que non sonou "Ohio" non se puxeron as pilas; é un tema que coñecen a perfección, que soa casi casi Crazy Horse, onde se manexan con seguridade e onde todo fluie como un rio desbocado pero sabendo cal é o seu fin. "Ohio" abriu as portas do viaxe que os Ponys nos regalaron no Garaxe, para despois estralar con "Powderfinger" e continuar con "Harvest Moon" e "Old Man". Xa se producira a incursión de Edu no baixo nos dous temas e deu a alternativa a Xaco para toda a noite.
Cando soaron as primeiras notas de "Cortez" decatamonos de que esta vez os Crazy non se ian desbocar no tema; acadaron unha sensación de longo viaxe o longo de dez minutos deixando que as notas fluisen de cada quen no seu punto; os coros de Vicky e Luis acompañaban a voz de Ricardo que tomou as rendas vocais en varios temas para darlle unha nova sensación; foi un acerto que Antonio se adicara ó piano e armonica en estes temas mentres Ricardo mantiña un pulso intenso soa sua guitarra ata sacarlle o mellor que hai en el; "Cortez" puxo o primeiro punto alxido na noite; despois cecais chegou demasiado rapido o outro extremo: "Are you ready for the country" e sobretodo "Over and Over"; este tema, non sei moi ben porque,os Crazy se empeñan en cambialo a nivel tonal e dan unha sensación que no estribiño se perden e tardan en recuperar; unha xoia de canción que para min foi a mais debil de todas.
Pero cecais foi asi para a partir de ese momento deixarnos apabullados co que se lles ocurriu. Non nos deron nin tempo a sair fora a fumar un pito dende que soaron as primeiras notas de "Cowgirl in the sand" para continuar todo seguido con "Down by the river", "Love and only Love" (tremendoooo, con "terremoto" Arancha levando o publico detras dela)); pero despois ainda nos fixeron outro regalo: Vicky Ulloa deixa de ser Ulloa para dende xa ser Vicky Holliday; con que forza e poderio se achegou ó micro e desencadenou unha treboada en "Motorcycle Mama", si o mismisimo Neil a chega  ver i escoitar seguro que non dubida en pillala para a sua banda; Vicky deixounos apampanados coa sua soltura como voz principal en este tema e co derroche de seguridade en ela mesma que transmitiu ó publico. Ovacións e hurras para ela para encarrilar despois co "Rocking in the free World" que os nosos amigos desenrolan con soltura e confianza poñendo a sala patas arriba; e tentan rematar a cousa co "Like a Hurricane" solvente e apoteosico. Din que é o final...jejeje. Solo ia hora e media, asi que sabiamos que ainda nos quedaban cousas no tinteiro.
Antonio sae a escena coa sua guitarra para encaixar unha preciosa "One of these days", e agradecer a todos os que se interesaron polos malos momentos que pasou fai mes e medio; pero xa está recuperado como ben se viu en toda a noite; segurisimo no piano electrico e na armonica poderoso;"Cinnamon Girl" colle forza a cada segundo para recoller un "Fuckin' Up" participativo por todo o publico, xa rendido os pés dos Ponys; Alberto de "Zuma" tamén entrou a cantar e apoiar coa casta que todos coñecemos e a xente facia os coros para deixar unhos minutos de desconcerto en canto remata o tema; a xente quere mais, ainda que exahustos e sudorosos, tanto os Ponys como os presentes queren mais; "que lle damos?" escoitase entre eles; Luis (un xigante agazapado toda a noite), fai sonar as primeiras notas ....de "Roadhouse Blues". (Coño, onde está este tema de Neil?); o que empeza de carallada sigue debuxandose coas entradas de Carlos a bateria e Xaco no baixo; Antonio non un dubida e ponse a cantar o mitico tema que tanto os Doors como Status Quo deron a coñecer; Ricardo miraba a Xaco como preguntando que carallo é esto; pero o publico empezou a acompañar o grupo, e asi resultou que todo o mundo estaba de acordo...o resultado: temazo, sen entrar en cuestions tecnicas, pero con forza, e sobretodo pola reacción de a xente, que xa daquela estaba entolecida e levou ó grupo en andas. De novo sonou , xa para rematar, o "Rocking in the free World" e aquelo foi a toleria.....duas horas de toleria.
Joder, mira que paga a pena volver a Valdoviño para noites como estas.
PD: non levei nin camara de fotos nin de video para recoller a actuación; tiña pensado adicarme solo a escoitar e difrutar polo que non tiven oportunidade de sacar material grafico;tentei roubar as fotos que Suso colgou no feisbú, pero xa sabedes que ese cabron de feisbú e mais eu non nos levamos nada ben; asi que podedes achegarvos a ese invento do demo e teredes polo menos duas fotos da actuacion dos nosos amigos en esa noite.

5 comentarios:

Xabre dijo...

Graciñas Xan!
Persoalmente quero expresar que eu toco para xente coma ti!
Vicky e a cuarta parte do que vai a ser nun futuro non moi lexano. Enorgulléceme vela, e pensar que se me ocurreu un día que tiña que estar con nos!
Os compañeiros da banda, estoulles moi agradecido por levarme ata estas sensacios.
E unha promesa para rematar: melloraremos!
Por certo, o FebreRock do garaxe, para min foi de verdade. Como moitos sabedes estaba con febre e enfermo!
Unha aperta.

Arancha dijo...

Bufff Xan! Es único retrasmitindo concertos! Encántame!! Bicos e ata o próximo que espero sexa pronto!!

yourisaforever dijo...

Muy bueno Xan! Sin haber estado allí, ni saber gallego (aunque se entiende casi todo) leyendo esto me siento como si hubiera estado entre vosotros(y a la vez siento un poco de envidia de los que lo disfrutaron...). Un abrazo Isa

Deguananonli dijo...

Xan, íate poñer "O Grande" pero tras ó escrito deixado coido que encaxate mellor "O Xeneroso".
Vai por diante o meu agradecemento, primero por vir e despois por estas verbas das que tomaremos boa nota para mellorar no que poidamos.
Unha aperta e ata pronto

manologranpa dijo...

Ese Xan magnífica crónica, gusto de leerla y a estar en contacto.

Abrazote