lunes, 2 de abril de 2012

GRAZAS PONY'S



Por razons que non veñen ó caso, non me sentía con ansias de trasladarme ata Ferrol para ver de novo os queridos Crazy Pony's subidos enrriba dun escenario. Pero a pesar de todo (ou ó mellor por todo) ali que me presentei non sen antes pasar a altura de Pontedeume onde o ceo se cubria de bagoas ante o lastimoso espectaculo de ver arder as nosas Fragas Do Eume.Pero esto daria para moitas paxinas e cecais mais adiante haxa que tratalo.
Ver de novo aos nosos Pony's foi unha ledicia, e mais cando comprobei que todos eles estaban impacentes por comenzar a esbardallar a súa tormenta electrica para pasmo das caseque cen persoas que enchian a sala Super 8.
Sen preaviso e case de supeto o concerto deu pé para deixar coas bocas abertas a aqueles que nunca escoitaran as versions do noso Tio Neil. Sen concesions para a galeria; con un calor abafante (dou fé de que caseque pode conmigo e con dous amagos de mareo que foron cubertos por unha rapida saida á rùa para recuperarme), coa xente dando palmas e seguindo en todo intre ó concerto foron desgranado os temas que compoñen o seu set list deste ano;non vou revelar as sorpresas que nos presentaron, xa que eso é cousa de velo proximamente na III Rust Fest de Torredembarra, pero si teño que sinalar un momento culmen do concerto, para min seria o "Powerdfinger" que se tiraron deixando ó persoal coa boca aberta.
Carlos Pita tiña ganas de marcha e puxo o que hai que ter para que a súa batera imprimira o ritmo que os Crazy's desexaban, acompañado por un Xaco cada día mais afianzado no seu baixo e que sonou potente e confiado (claro que tamén influiu o paso anterior ó concerto pola farmacia); Luis un xigante, coma sempre poñendo a emoción e deixandose os dedos en un par de solos guitarreiros nos que a súa expresion viña a decir: "desta vai, carallo"; Vicky estanos a sorprender agora que é a nosa harmonicista preferida: as súas entradas son certeiras e veñen a aflorar novos motivos sonoros que redondean os temas mais acusticos de Neil. Para pasmo de esta noite, volveu a brilar (e de que forma¡¡¡¡¡¡¡) no "Motorcycle mama" cada vez mais confiada e mais segura da súa voz; aplausos estripitosos para ela. E de Ricardo que decir? O espiritu do grupo é un reflexo da súa entrega e virtuosismo en favor duns temas que fan rexurdir a figura de Neil Young por todo o alto.Calculo que esa noite baixou un par de kilos por non parar un intre sobre o escenario e por o calor que se cebou nel mesmo.
Duas horas de concerto que sempre saben a pouco, pero que aproveitamos para quitarnos o sindrome de abstención que xa tiñamos. E unha ultima cousa: quen vaia a ver ós CrazyPony's que non vaia coa premeditada idea de ir escoitar perfectas versions de Neil Young enmaquetadas no corpo das orixinais; para nada son os nosos Pony's quen de facer axustadas mostras do orixinal...para nada; eles van mais alá coa sua entrega e o seu sentimento e dando por resultado un fresco reflexo do espiritu de Neil que ninguen en estos momentos é quen de superar.
Para min foron duas horas perfectas que me fixeron esquencerme de malos rollos.
GRAZAS PON'YS.
PD: á foto "roubeina" a George sen o seu permiso. Dende aqui pidollo. Un abrazo

4 comentarios:

Deguananonli dijo...

Xan, como a sempre, darche as gracias por todo. Ti sabes qoe pra nos eres un Crazy mais po lo que sufres e disfrutas aló en baixo do escenario e por mil cousas mais.
Unha cronica preciosa e ainda que tibeses que marchar sabes que gostarianos que quedase para escoitar os teus bos consellos que boa falta nos fan e para disfrutar da tua compaña.
O das Fragas do Eume e tema aparte como ben dis e non sabíamos nada no concerto se non oubesemos dito algunha verba xa que e unha verdadeira tristura.
Un abrazo

Anónimo dijo...

Non tes que pedirme permiso para nadiña Xan, podes facer con todas elas a que te pete.
Bueno que sepas que tes o meu permiso despois de descubrirme ese sitio onde ir comer marisco...jajajaja.
O do mareo non seria polo "pulpo"?
Gran cronica por certo.
Unha aperta.
George

Xabre dijo...

Sen ti non houbera resultado igual!!

manologranpa dijo...

Xan buena crónica, pero yo venía buscando la de la Routada, así que manos al teclado man.
Abrazote