domingo, 12 de agosto de 2012

DE NOVO EN RUTA

Fai caseque 5 meses que non tocaba este blog. Causas personais fixeron que non tivera nin tempo nin ganas de achegarme a este recuncho onde se manifestan as ilusions, as creencias, as simpatias e os feitos que nos arrodean dia a dia. En este tempo todos sabemos que ocurriron moitas cousas: o "malpaís" ( os que moitos chaman "Egpaña") non se sabe nin onde está, nin onde anda, nin si se lle espera; eso si, os mesmos de sempre chupando a conta dos demais, os que todos os días se erguen coa ilusion de un posto de traballo que de de comer aso seus fillos; sindicalistas no carcere, e banqueiros e politicos vivindo do sangue de todos nós. Un país de pandereta no que "somos log mejore" no canto do circo que temos que apandar. Pero na nosa terra, e en moitas outras tamén, hai un dito: "A todo porco lle chega o seu San Martiño", asi que tomen nota porque o choio non lles vai durar moito. No apartado estrictamente que nos interesa, é decir, o musical, moitos acontecementos ocurriron en estes cinco meses. Cronoloxicamente poderiamos empezar pola actuación dos Crazy Ponys no Forum Celtico de Culleredo, ala polo 10 de maio; pero de esto xa tiña unha pequena cronica en borrador que publicarei proximamente. Dous dias despois tocoulle o turno a 2ª Arroutada de Xunqueira, da que tamén falaremos en exclusiva...pero o mais importante ocurriria a primeiros de xullo en Torredembarra, onde un feixe de Rusties de todo o mundo nos xuntamos por 3ª vez no Rust Fest, e do que hai grandes reportaxes de todos os asistentes a esta cita que xa vai de converterse en todo un clasico para os amantes da musica do Tio Neil. Do Tio, que decir? Siguenos a sorprender a sua forza e tesón. En estes intres embarcado nunha xira cos seus Crazy Ponys polos USA, con duas datas para sinalar no calendario: 29 de Setembro no Central Park de Nova Iorke, actuación gratuita por medio dunha organizacón de loita contra a pobreza global; e o 27 de Novembro no Madison Square Garden da mesma cidade, tendo como teloneira a Patti Smith. Duas datas, que si non se anuncia xira por Europa para este ano ou o que ven, mirarei de estar en algunha delas...i é que ver a Neil no Madison ten que ser a de Deus. Asi pois retomamos a actividade ata onde se poida, que tampouco é cousa de estar colgado todo o día do ordeñador. O mundo e a vida tamén xiran arredor de outros aspectos cotians que ben valen a pena, pero tentaremos estar ao pé do cañon como fixemos ata fai un tempo para, sobretodo, aportar o pouco que un pode aportar no que é o circo do Rock&Roll. Benvidos de novo a tod@s.

No hay comentarios: