domingo, 12 de agosto de 2012

2ª ARROUTADA EN XUNQUEIRA

Este ano tocoulle ao 12 de maio, para que un feixe de amigos puxeramos en marcha a 2ª Festa da Arroutada en Xunqueira. Despois da experiancia do ano pasado, alguns decidimos que pagaba a pena seguir dando caña para sorpresa de moitos.
A Festa da Arroutada naceu o ano pasado como resposta a inanicion municipal que se produce en este Concello perto de Ourense, as beiras do rio Arnoia, e no centro dunha bisbarra chea de trazos etnograficos que darian para encher varios volumenes do libro gordo de Petete.
O caso e xuntar a toda a xente que o desexe arredor dunha boa enchenta de comida e bebida, bon ambiente, moitas risas, e moitos nervios ao mesmo tempo...pero sobretodo bon Rock&Roll. Rock&Roll Arroutado.
E como sempre e manda a tradición, as trabas empezaron cedo. Nunha entrevista persoal co Alcalde de Xunqueira, dous dias antes da Festa, expuxenlle o inaudito feito de que sempre puxera problemas a un acto que poñia o nome de Xunqueira en boca de todo o mundo.A resposta foi a de sempre, ainda que non o dixo abertamente: si non o fago eu non hai festa. E como sempre houbo que recurrir a ameaza de levalo aos Xulgados. Diante desta verba, o Gavilanes ( é decir, o Alcalde) poñenselle de garabata e ao final tén que achantar e permitir a Festa; eso si, non vaiades a pensar que sale de gratís: o unico que pon o Concello é o lugar , é decir o recinto das escolas vellas, pero este ano con unha novidade: fianza de 300€ por posibeis danos no recinto. Que por certo, a día de hoxe ainda non devolveu, e estou a falar do dia 12 de agosto, tres meses xustos despois da Festa.
Pero imos a Festa, que si que pagou a pena. Tempo espectacular, sol e mais sol nun día precioso, no que pouco a pouco ian chegando os musicos, tecnicos, persoal de axuda...dando ambiente a unha Xunqueira que está vez os recibia cos brazos abertos.
Para á ocasion e sufragar os gastos, puxeronse a venda camisetas co motivo da festa, asi como unhas rifas para o sorteo de un Notebook, que por certo foi para as terras de Valdoviño. De Valdoviño viñan os que xa son caseque de Xunqueira: os Crazy Ponys claro. E de perto dali , de Pontedeume en concreto, chegaron os Debosses, para brindarnos unha chea de temas do Boss e pechar o noite rockeira..
Polo medio, unha excelente exposición fotografica da vellas imaxes de Xunqueira, onde se recoñecian a personaxes de toda a vida do pobo e que tivo unha magnifica aceptación. Exposicion preparada por Montse, Xose Lois, Ricardo, Rafa e moitos mais que puxeron a punto todo o que tiña que ser.
Nas barras de bebidas, Vanessa e mais Juan Carlos éran os amos do cotarro; nos fogons, Tono de Requeixiño tiña todo baixa a sua tutela e para servir as viandas estaban toda a familia Lamas ao completo: Elen, Jorge, Vera, Eloi e Alicia, que deixou o seu posto de artesania feita a man para axudar en todo.
Unha sorpresa mais: Isa e Nino, dende Mallorca, alongaron un día mais a súa estancia en Galicia para achegarse a Xunqueira e disfrutar da festa. Un detalle que nos quixemos corresponder co mellor acollemento e ledicia que poidemos.
As cinco do serán tocaballe ó turno os mais pequechos para disfrutar no Adro da Eirexa dos xogos, musica, pintura e unha merenda que congregou a moitisimos pequerrechos e as súas naís e pais ao mesmo tempo.
Do lugar de celebración non imos decir nada: como sempre espectacular. Coido que dentro de unhos anos seran os musicos os que paguen por tocar no vello recinto das Escolas Vellas, porque o sitio , a acustica, e as vellas pedras milenarias asi o merecen...jajaja, por suposto é de coña.
Antes de dar os premios aos Arroutados do ano, subiu ao escenario Manuel,neto do "Grandisimo" e do "Zopa", que acompañado por algún dos Ponys e unha guitarra electrica deunos unha versión do "Smell Like Teen Spirit" de Nirvana, vibrabnte e sen deixarse levar polos nervios...non como o seu tio que non se atreveu a subir ao escenario.
Despois de dar os premios Arroutados do Ano (o colectivo foi para a Coral de Xunqueira, que deu mostras do seu poderio interpretando tres temas na entrega do premio; e a Don Elixio Rivas, pola sua inxente laboura a prol da defensa da cultura galega e limiana en particular), pasouse a cea popular: moitisima xente non a quixo perder , de tal xeito que o churrasco non chegou a nada, os mexillons desapareceron por encanto e o pan chagou caseque ao remate...pero todo quedou en nada cando a medianoite apareceu a maxica Bica de Montse e o preciado "chiculate" para mollar en el.
Rochi Novoa subeu ao escenario para deleitarnos con un recital de poesia propia misturado con musica e imaxes para deleite dos seus seguidores; seguidores que aguantaron a pé de escenario cando enfilou un show monologuista que pergueñou ela soliña.
E despois chegou a tormenta electrica: Os Crazy Ponys deixaron exhaustos a todos os presentes coas suas versions de Neil Young...e os Debosses tomaron o relevo en unhas condicións que non éran as mellores para un concerto, pero que foron quen de poñer a bailar a todo Deus nun show que se alongou mais ala das catro da mañan.
Caseque que éra día cando algun xa fora ao pilón; outro confundiu a fonte do San Roque coas ondas de Valdoviño, e algun mais deu mostras de ser membro dunha banda de Rock&Roll xa dentro do Hotel...pero esto queda para o segredo de sumario.
A 2ª Festa da Arroutada terá a súa continuidade no ano 2014...diga o que diga o Gavilanes.



No hay comentarios: