domingo, 12 de agosto de 2012

TOLERIAS

A veces facemos tolerias que non veñen a conto. Na meirande parte dos casos as tolerias fanse por amor ou amizade, ainda que alguns fan tolerias por diñeiro sen saber que nin son tolerias nin farrapos de gaitas; en ese caso normalmente é por egoismo ou por non saber onde se situa cada quen.
Pois unha de esas tolerias foi a que fixen onte..E estou a falar do dia 10 de maio. Mentres estabamos en Xunqueira a poñer a punto os ultimos detalles da 2ª Arroutada, a ultima hora deume pola toleria e ala que me plantei no Forum de Culleredo.Eran 200 kms por diante, pero ...
Pero mereceu a pena porque a causa éra doble:por unha banda, e a mais importante, Nino e Isa cumplian 30 anos xuntos. Nino e Isa son unha parella de Mallorca ainda que proveñen de distintos lugares pero fixeron da illa balear o seu refuxio.E nada mellor que celebrar eses 30 anos collendo un avion e plantandose en Santiago para a continuacion ancamiñarse hacia o FORUM CELTICUM, de Culleredo onde na noite de onte se plantaron tamén os nosos amigos de Valdoviño, é decir, os Crazy Pony's. E en esa estamos, porque o lugar é mitico e ali congregaronse mogollon de musicos para escoitar por primeira vez a mellor banda tributo a Neil Young que existe en estos momentos por estas terras. Tamén estaba o noso vello amigo Alberto , de Zuma, xunto con outros membros da xa caseque extinta banda coruñesa; Gonzalo Mecha non podia fallar e ali estaba, pero como dixo Ricardo, eso non é novo en Mecha, xa que é un asiduo do Forum de todos os xoves.
No canto da actuación: que dicer? Podese sinalar que en estes intres os Pony's, son como un chamada E.U.R.(asi se chaman agora as empresas electricas EMPRESAS DE ULTIMO RECURSO), pero en troques estes non timan como fan as electricas. Ofrecen un espectaculo electrico puro, desbordando forza, ganas e actitude como ninguen.Electricide pura e dura agas os catro temas acusticos que serviron para dar un respiro e volver de novo a galopar a ritmo de temas como "Powerdfinfer" (clavado, amigos, o mesmo Neil estaria orgulloso deles), "Love to Burn", "Like a Hurricane"(insistentemente pedida por Miguel Hernandez dos Siniestro Total) e pechando co clasico Keep on Rocking.... Isa non daba creto ao que escoitaba dende o escenario e non era para menos, pois os Crazy Pony's van camiño de converterse en toda unha lenda.

1 comentario:

Xabre dijo...

Ti si que es unha lenda!!
Graciñas!!