viernes, 6 de septiembre de 2013

FAI FALLA RECARGAR AS PILAS

E tanto que fai falla volver con mais folgos que nunca. O vran 2013 esta a piques de deixarnos e nós solo temos que dicer que foi bastante caralludo, sobor de todo si nos atemos ao mes de xullo onde se concentraron en poucos dias novas experiencias que fixeron que nos reservaramos para un agosto mais acomodado no que o bon tempo, o sol, o calor e a boa compaña, todo esto misturado coa súa ración de cervexa,deixonos un pouso do que temos que recuperar para o curso que se aveciña.
Para empezar destacar a celebración a finais de xuño da 3ª FESTA DA ARROUTADA, en Xunqueira, onde o temor a choiva foi a tonica dominante nos dias anteriores ao evento. Pero o tempo volveu a axudar a celebración da ARROUTADA.Sol, calor e boa xente conxugaronse para recibir a tres grupos que puxeron cada un deles un toque distinto e para todos os gostos. "En Mala Hora" abriron con clasicos do rock deixandonos un regusto de mais, mais, mais polo seu bon facer no escenario. E iso que non contaban co guitarra orixinal e tivo que facerse cargo dela un compoñente de "Guezos", grupo que seguiu a historia coa sua mistura de Rock e Folk electrico que puxo ao persoal a brincar durante caseque duas horas. "Nao" pecharon o cartel con un hardrock potente, reinvindicativo e seminal que fixo que os asistentes aguantaran ata mais ala das catro da mañan, cando se puxo punto final a esta 3ª Edición, na que se homenaxeou ao "CARRABOUXO", persoaxe do comic ourensan con toda a retranca do galego pailan da man do seu autor "Xose Lois". A cea congregou a unha chea de amigos que aguantaron ata o final despois de celebralo con xenerosas racions de cervexa e licor café amais , por suposto, do "chiculate" e mais a bica que xa é toda unha institución na "ARROUTADA".
Quince dias despois encamiñamos os nosos pasos hacia Frias, onde se celebrou a 4ª edicion do RUST FEST.Ali volvemos a xuntarnos os vellos amigos de todos os anos en un entorno prodixioso da natureza. Foron tres dias de charlas, apertas, cervexas, musica...e Neil Young por suposto.Poidemos ver a nove grupos no escenario exprimindo o mellor de cada un deles nas suas mais variadas facetas reproducindo a musica do xenio canadiense.Toda a familia Rustie en pleno (fallou un dos fundadores, pero xa se puxo a cruz correspondiente no seu expediente, e xa sabe que a ausencia en duas ocasions consecutivas é motivo de radical expulsión da secta...asi que xa está avisado). Os nenos disfrutando de tres dias ao seu aire, e os maiores contandonos as "batalliñas" como vellos resabiados.
Como nas redes sociais e mais na web "www.enlaplayadeneil.net" hai información do desenrolo do RUST FEST mais que exaustiva, dirixovos a eles para que teñades ocasión de saber mais polo miudo como foi esta 4ª edición.
Porque dez dias despois volvemos coller ruta..esta vez cara Francia, Nimes en particular para volver a atoparnos coa meirande parte dos asistentes ao RUST FEST DE FRIAS no concerto que Neil tiña apalabrado no recinto Romano de Nimes. E hai que dicer que de novo o "Vello Young" non defraudou...meu Deus que concerto¡¡¡¡¡¡¡¡. Do mellor que lle teño visto nas oito ocasións do que teño disfrutado de ese priviñexio. Cecais a mesma altura daquel concerto do 2001 en Vilar de Mouros, tamen cos "Crazy Horse", do que ainda hoxe en dia conservo unha lembranza inesquencibel.O que fixo en Nimes vai ficar na retina dos oidos por moito tempo. Ainda hoxe, cando pasou mais de mes e medio, perduran aquelas notas, aquela electricidade no ambiente que fixo que quedaramos noqueados no rebumbio emerxente de acordes, distorsions, laios e actitudes para o recordo. Facer mais de 1.200 kms para ver a Neil pagou a pena e seguirá sendo algo que contaremos aos que veñen detras.
Ao dia seguinte collemos camiño de volta para atoparnos de novo co vello Neil en Biarritz, o punto mais perto do Estado español onde tocou nesta xira europea. Tivemos tempo para o descanso e tomalo con mais tranquilidade, o que fixo que nos perderamos as citas que tiñamos apalabradas con Antonio e mais Gerardo en Biarritz.Set list moi semellante ao de Nimes e Dublin, e a pesar da boa nota do concerto recollidas en todas as cronicas, nós ainda estabamos en Nimes. As pantallas xigantes axudaron a seguir o concerto dende mais lonxe, e ainda asi non poido esquencer o "Ramada Inn" de Biarritz. Todo un clasico que se vai converter xunto co "Like a Giant" en referencia de esa maravilla de "Psicodellic Pills" que nos regalou a finais do 2012.
Como vedes, mes de xullo apabullante no que a experiencias se refire. Sobretodo estar de novo con aqueles a quen lembras durante un ano enteiro e que sabes que van a estar ahí de novo o ano que ven.Angeles, Cristina, Pepe, Julia, David, Dani, Antonio, Gerardo, Jordi,Isabel...e toda unha chea de amigos e "Rusties" que sabes que estan ahí para reir, chorar, contar e disfrutar de unhos dias que todos esperamos ansiosos durante un ano . Pero este vez en moitos casos foi por partida doble e incluso triple. Do "Clan galego" xa non digo nada porque estamos en contacto continuo, pero eles saben que non os esquenzo.E lembrar, dende a distancia, a Xaco, perdido no centro de Europa, e a quen esperamos que volva canto antes para disfrutar da sua compaña e a sua musica. Ademais o ano que ven, os galegos temos que poñernos as pilas: O Rust Fest volve a Nosa Terra, a terras de Xunqueira e hai que ir preparando as cousas pouco a pouco. Asi que xa sabedes: recargar as pilas.

1 comentario:

Pepe dijo...

Tremendas ganas de que llegue Julio de 2014.
Los Rustie Harvesters allí estaremos, por supuesto !!!