jueves, 19 de septiembre de 2013

OS NOSOS?...OU DE TODOS?

Teñenmo dito moitas veces.E tamén mo teñen preguntado por activa e por pasiva. Como é que sendo galego falante a cotio,con unha postura ideoloxica clara, tendo por Norde dende sempre non xa o "dereito a decidir" (palabro politicamente correcto a dia de hoxe), senon ó dereito a autodeterminacion persoal e colectiva de todo un pobo..sendo asi, como é que o teu Norde musical é un canadiano, que canta en inglés, e que ademais politicamente da unha do dereito e outra do revés?
A resposta é moi sinxela: é solo MUSICA. Nin mais nin menos. Podemos gostar de moitas cousas, de moitos gostos, do frio ou do calor,do mar ou da montaña, do amor e do odio ao mesmo tempo...e non por iso deixar de lado outras cousas que estan presentes na vida de cada un.
Neil é Neil. E punto. ninguen me vai a sacar de ahí. Non sei inglés, nin sei o siñificado de moitas das suas cancions, nin do que fala en moitas ocasions. Pero a min valenme escoitar a súa voz, o desenrolo dos seus temas, a electricidade vigorosa que pon en marcha, e en ocasions vivo plenamente o que escoito, ainda que non teña nada que ver co que está a decir.
Quer decir iso que no meu país non existen bandas que canten en galego e que non me cheguen a petar dentro de esa pataca que chamamos corazón? por suposto que non é así.Nin moito menos. Disfruto con moitas das bandas que cada dia se deixan o pelexo enriba dun escenario, en infinidade de variantes validas e que ademais teñen os seus seguidores que porfian en velos cando poden.
Polo normal, o feito de cantar en galego non é un handicap no canto ao seguimento que se fai destas bandas. Os seus textos cecais simplifican a mensaxe no canto de que moitas veces as voces reinvindicativas de este grupos, apaga a calidade musican que atesouran dentro de si mesmas.Esto tamén é un indicativo da "anormalidade de país que nos tocou a vivir. Anormalidade que se convertirá en "normalidade" cando este sexa un país de seu. Cecais non o vexamos, pero o rumbo da historia é imparabel.
Por iso, dende aqui, quero facer unha homenaxe a multitude de bandas galegas que rulan por todos os currunchos de Galicia dia si e dia tamén.
ZENZAR, HERDEIROS DA CRUS, RUXE-RUXE, MACHINA, NAO, LIVIAO DO PORRAO, ATAQUE ESCAMPE, SKARNIO, OS DIPLOMATICOS,
DAKIDARRIA, DIOS KE TE CREW,LAMATUMBÁ, MEDOMEDÁ, O CAIMAN DO RIO TEA, NOVEDADES CARMINHA, SAMESUGAS, THE HOMENS...e moitos mais que poderiamos nomear cando nos referimos ao que é estrictamente Rock & Roll na nosa lingua; sen esquencer a moitos dos precursores do Folk con un nome recoñecido como MILLADOIRO, BERROGÜETO, LUAR NA LUBRE, SUSANA SEIVANE...

No hay comentarios: