Ano 1975. Dous antes, Pink Floyd arrasaran en todo mundo co seu anterior disco "The dark side of the moon", onde fixeron unha demostración do uso das novas tecnoloxias de gravación completamente novedosas. I eso que falamos do ano 1973.
A expectación polo novo traballo do grupo britanico éra evidente en todo o mundo. Raros son os casos no circo do Rock onde unha obra posterior a un grande exito acada o mesmo ou o supera incluso. Pero Pink Floyd foron quen de conseguilo.
"Whish you were here" presentouse en sociedade en directo, no festival de Knewort do mes de xullo de 1975. Posteriormente, en setembro de ese mesmo ano lanzouse ao mercado anglosaxon e americano rompendo todos os pronosticos de ventas. De tal xeito que as copias que se puxeron a venda quedaronse cortas e houbo que recurrir a impresion de mais de 500.000 copias nos seguintes dias.Na sua segunda semana no mercado acadou o nº 1 nas listas britanicas e americanas .
Ainda que nos seus comenzos o grupo ia dirixido a ese tipo de público caseque que experimental e alternativo de finais dos anos 60 que escomenzaba a emerxer neses dias, Pink Floyd mantiveron unha traxectoria nada facil comercialmente. Os seus primeiros discos, cando ainda estaba Syd Barret como compositor unico do grupo, manisfestabase unha querencia polo experimentalismo, con longas fases onde o organo e a manipulació das guitarras lle daban ese toque vangardista tan de moda en certos circulos semi-pechados do Rock.
Unha vez que Syd Barret e caseque obrigrado a deixar o grupo (todos sabemos as causas: uso e abuso de drogas de todo tipo, ata chegar un intre en que nin éra persoa nin éra musico), é Roger Waters quen toma o mado do combo, i entrando no mesmo david Gilmour a guitarra. Despois de varios traballos de subsistencia (musica para peliculas sobretodo) publican no ano 1972 "Atom the heart mother" onde xa se albisca o dominio pleno do grupo a nivel compositivo e musical, con temas mais asequibles o grande publico sen deixar de lado a sua base experimental. Cecais de ese traballo, o tema "Free Four" fora o que preparara o grupo para dar o gran salto, que se produxo o ano seguinte co "The dark side of the moon".
No disco que falamos atopamos cecais o mellor sonido que se podia atopar en un disco analoxico ata ese momento. A limpeza das guitarras, o son envolvente dos temas, a duración dos propios temas, fan de "Whish you where here" un disco que te engancha dende o mesmo principio.
Ainda que o disco está adicado a figura de Syd Barret, atopamos en el tamén grandes letras comprometidas arredor do mundo discografico e sobre todo a manipulación das discograficas arredor do Rock.
O grupo sigue a recurrir a amños de estudo para configurar a obra final; asi atopamos sinais de radio como si cambiaran de emisora, mentras vai entrando a guitarra de Gilmour pouco a pouco; o sonido de vento como transición entre un tema e outro; portas que se abren co seu caracteristico sonido; unha festa de fondo para representar a baixa calidade moral dos executivos das discograficas, etc; todos eles magnificamente misturadas para facer unha solida obra de arte que pervive ano tras ano. O inxeniero de sonido foi Brian Humphries, un experto en crear atmosferas creativos en este tipo de traballos; Alan Parson xa estaba enganchado no seu proxecto de banda e por iso declinou a invitación do grupo para que repetira como tal, xa que el fora o inxeniero de son en "The dark side of the moon".
Sempre houbo controversia ata ese momento entre o "The dark...." e "Whish you were here" no canto de cal das duas obras era mais representativa de Pink Floyd. En certa medida rematou co enfrontamento a posterior edición de "The Wall", para moitos a obra culmen do grupo....e o remate final do grupo como tal.
Esa triloxia está grabada en ouro nos anais do Rock como referencia necesaria de un grupo morto do seu propio exito.
As desavenencias entre eles chegou o culmen de non falarse e non querer saber nada uns dos outros durante moito tempo. As fortes personalidades de Waters e Gilmour fixeron que cada un fora polo seu lado, esquencendo que foron autores de unha das mais bellas paxinas do Rock. De todas formas no unico en que estiveron de acordo ao longo do tempo foi que "Whish you were here" éra o seu traballo preferido.
Eran outros tempos, meus amigos
2 comentarios:
Gracias Xan!! Un dous meus catro ou cinco grupos da lista mental!
Pra min Wish You Were Here e a mellor das cancios feitas xamais! Ainda que comparte o primeiro posto con algunha outra compañeira feita polas mans de Neil, Lennon e Vedder....
O meu irman e mais eu tentamos de non destrozala cando comentemos o sacrilexio de tentar tocala....
Unha aperta.
Xabre, sei da tua querencia polos Pin Floyd, por eso adiantei o comentario, para darvos forzas para ese concerto de mañan en Compostela...e tranquis ti e mais o teu irman, en ningun intre destrozastes a canción...porque sei que a tocades con todas as ganas.
mañan vemonos en Compos
xan
Publicar un comentario