lunes, 11 de abril de 2011

NA FESTA DO VIÑO: MINI CONCERTO

 Complicado o tiñan os Crazy Ponys na súa cita en Vedra, na Festa do Viño.
Un ambiente de Woodstock enxebre, milleiros de persoas no recinto, bon tempo....e moitos nervios.
As probas de son alongaronse de mais a pesar de que os Crazy estaban a pé de palco a partir das once da mañan; pero a sua actuación escomenzou as catro e media do seran e probando son con "Cinnamon Girl"; asi de forte foi a cousa;hora estrana para o Rock&Roll, co sol enriba de nós; poucos temas en esta actuación, asi que moitos do set list ficaron fora; a pesar de todo os nosos amigos superaron a proba con moi boa nota.
"Fuckin Up", "No hiddent path", "Ohio", "Down by the river", foron os temas que abriron o concerto

 para ir collendo forza; moita xente mirando i escoitando dende a lonxania; os seguidores en primeira fila, claro; ainda que eramos poucos...pero valentes. O son foi afianzandose co tempo ata acadar un son contundente e agresivo que pillou ó persoal que se achegaba as inmediacions do palco. A atención foi a mais cada vez que os Ponys arremetian con ganas un novo tema. O Rock&Roll soaba polas terras do Ulla misturandose con grolos de viño,con xente de toda caste e condición...
"Motorcycle Mama" puxo a cota mais alta. De novo Viky levou a voz cantante e puxo toda a sua voz a servizo dos Ponys: arroupada pola banda, con Luis de axudante principal en este tema, Ricardo marcando o tempo, e Xaco (como se escoitaba o baixo de Xaco) e Carlos levando o ritmo, mentres Antonio facia coros e botaba man da sua armonica...os que estaban a pé de palco e os que miraban dende a lonxania rendironse ante este tema, de tal xeito que moitos achegaronse as primeiras filas para seguir co remate do concerto.
"Hey Hey, My My" sonou na voz de Ricardo mais rica que nunca; machacona, ritmica,con tempo para florituras incluso; caseque sen tempo anuncian o remate do concerto e arremeten co himno obligado: "Rockin' in the free world" estoupa en un frenesi por parte de toda a banda; agora si, a xente achegase, salta, baila, corea o tema; esta claro que o himno de Neil é recoñecido por moitos dos asistentes...pero é o final; corenta e cinco minutos escasos que nos soubo a pouco, a moi pouco...
Despois de rematada a actuación ainda tiñan que ir xantar; en esto a organización portouse: como unhos VIP'S. Mesa a base de empanada, xamon asado, postre, café e viño claro, todo o que quixeran; de todos os xeitos ninguen se pasou: na volta de San Miguel de Sarandon, a "patrulla verde" estaba a espera de moitos dos asistentes, hai que decir que dos tres coches da caravana dos Crazy ningun deles deu positivo, e eso que como dixo o Alcalde no Pregon da Festa: hai moitos camiños para esquivalos, asi que a disfrutar.
Nós esperamos xa a seguinte dos Ponys: será en acustico dentro de quince dias...e moitas mais sorpresas que xa estan no camiño; estaremos atento para contalo.





4 comentarios:

Deguananonli dijo...

Graciñas Xan, comoa sempre. Dos cousas a ter en conta: A primeira e que non me quena nada claro que fagas a cronica en terceira persoa cando sabes ben que formas parte de nos. E, a segunda, sin dubida a mais importante, a proxima vez que teñamos un queixo tan bo como aqueles, non me deixes escapar sin mercalo. Non sei se chegaría a Ferrol pero de seguro non me quedaría o pesadelo na mente.

manologranpa dijo...

Wapa cronica Mr Xan, a ver si te enlazamos con la playa.
Un abrazo y con muchas ganas de verte

Xabre dijo...

Imos acumulando experiencias...

johnphillips1981 dijo...

Jodo Xan que envidia que das. Como me hubiera gustado estar allí difrutando de estos genios.

Abrazos a todos.