viernes, 29 de julio de 2011

II RUST FEST- BOLONIA NO CORAZON: DESPEDIDA E PECHE (3)


Ainda aturdidos polas ultimas horas vividas o dia anterior na posada "Los caracoles", a primeira hora do sabado xa estabamos no porche do "Bellavista" para un xeneroso almorzo e reunirnos con Rusties que ian chegando pouco a pouco. As caras reflexaban o acontecido a noite anterior; en algúns existian os temores a que a cousa non saira ben por mor do equipo de son, pero tanto Manolo como Antonio aseguraron firmemente que o equipo dos "Brass Buttoms" éra de fiar, tal e como aseguraran a noite anterior outras persoas presentes na Rust.
Asi pois todos coincidimos en que o sabado tiña que ser o día da Rust, e superar os problemas que ata agora tiveramos. En algúns de nós movianos a cobiza de como responderian os "Crazy Ponys" despois de suspender a súa actuación; pero eles parecian tranquilos e confiados en que a actuación saira ben. Pola mañan xa sabiamos que serian os segundos en aparecer polo escenario, xa que os "Shocking Beards" serian quenes de pechar a Rust.
Foi o momento de coñecer a outros persoaxes como Curro, que nos foi indicando as faladurias que se daba por Bolonia por mor do Fest. Si querias saber calisquer cousa que pasara en Bolonia, Curro éra o persoaxe indicado; tamén se ofreceu como guia para acompañar a quen quixera a calisquer lugar que quixeramos ver, pero a sua xenerosa oferta non foi seguida por ninguen, mais que nada porque a noite anterior fora longa e ben aproveitada, polo que moitos preferiron baixar ata a praia ou descansar ata a hora do xantar. Curro tamén nos informou que a xente de Bolonia non estaba moi satisfeita co chiringuito de "La cabaña" polo trato que en alguns intres recibiron os organizadores ou seguidores da Rust, que a pesar de estar ali para consumir durante o dia e noite parecia a veces como si molestaramos; este trato cambiou un pouco no segundo día....i é que nos lugares pequechos de seguido se corren as faladurias e chegan a todas partes...asi pois o día prometía.

Entre pincho e cervexa ia transcurrindo ó día, no que moitos non tiñamos outros comentarios que os feitos ocurridos a noite anterior. Sophia empezou a ser coñecida polo seu nome, ainda que non todos estaban moi ó loro do que ia a cousa.As caras de sorpresa retrataban a moitos cando entre nós falabamos e non parabamos do "incidente" de "Los caracoles".
Os "Bras Buttons" foron de palabra. Entre as catro e media e cinco empezaron a chegar e xa descargaron o material. Este tiña moi boa pinta, ainda que o di un que non ten nin idea de eso; pero os eloxios eran unanimes entre os entendidos. iamos ter un bon equipo a disposición dos participantes da Rust...non habia dubidas.

O sol estaba no seu cenit as sete do serán; o vento non facia acto de presencia; a xente estaba a espera de que a xornada empezara....o calor abafante facia que cada un buscara unha pequena sombra onde podia. Foron momentos que se aproveitaron para facer as fotos que serian as "oficiais" da praia...Antonio, Jose, Manolo, foron os encargados de retratarnos para a imaxen do futuro.
Sobre as sete empezaron os micros abertos. E fixeronno con un amigo presente dende o día anterior que nos obsequiou con unha versión do "Heart of Gold" en castelan e que foi irremediablemente aplaudida por todos os presentes; despois empezou o desfile dos nosos coñecidos. Foron pasando polo set Manolo, Arancha, Julia, Rusti Kastúo que se fixo acompañar por Julia e mais Vicky e foi moi aplaudido por a mala sorte do día anterior; Pepe, Jose, e ó final ata Isa se atreveu a saltar ó escenario recibindo unha gran ovación por parte de todos os presentes; Ricardo dos Crazy acompañou a moitos coa guitarra e marcando o paso a todos eles; caseque unha hora; unha hora de valentes e non como outros que non tivemos o valor de agarrarnos ó micro, pero que pola miña banda espero enmendar o ano que ven.

Antes de empezar a primeira actuación, comunicousenos que os "Shocking Beards" desexaban adiantar a súa actuación xa que algun dos seus membros tiñan que rematar cedo para volver para Madrid, e por parte dos organizadores decidiuse que foran os "Crazy Ponys" os que actuasen de remate de festa. Un desexo dos de Valdoviño que ó final cristalizou por variadas circunstancias.
Asi pois, "Big John", que tivera problemas co avión ó día anterior e non poido chegar ata ó mesmo día da súa actuación, foi o primeiro en deleitarnos coas versións de Neil dende as oito do serán.Voz impecable, presencia arroutada, guitarra en ristre para cautivar a todo o mundo con "Comes a time", "Harvest Moon", "Heart of Gold", e moitas mais que durante unha hora fixo que quedaramos coas bocas abertas. "Big John" demostrou ilusión por estar entre todos nós e por recibir os calidos apoios de todos os ali presentes, devolvendonos pola súa parte co seu arte, a súa impecable voz e a súa presencia o feito de ser un mais de nós. Varios bises fixeron que cando rematou a súa actuación fora reclamado varias vaces polo persoal.

Xa se botaba a noite cando subiron ó escenario os esperados "Shocking beards". O marco éra magnifico; a noite calida e sen vento; a lúa reflexabase na praia de Bolonia devolvendonos os reflexos de catro artistas no escenario. Sonido puro i elegante; versións magnificas a ritmo de samba en moitas ocasións; contidos nas expresións pero sen deixar solto ningun cabo; un sonido distinto do de Neil pero magnificamente elaborado polos "Shocking" que se desmelenaron no "Hey Hey My My" case o final do seu set. Cecais o sonido da guitarra principal debia estar un pouco mais alto para disfrutar plenamente de todo un guitarrista como Alberto, que puxo todo da súa parte para levar ó público con el. A xente apouiou dende o principio os "Shocking" recibindo por parte destes toda unha ración de bon Rock e levando a noite a un momento de incertidume polo que viña despois.

Entre os coñecidos a opinión éra unanime: os "Crazy Ponys" tiñan que aproveitar á ocasión para co seu sonido contundente levarse o publico de calle, que xa estaba presdisposto para elo.
Pero antes os "Brass Buttons" animaron á noite a base do seu xogo de voces e guitarras a un ritmo melodioso coas sua composicións propias, que foron coreadas por moitos seguidores ali presentes. Un grupo liderado na voz por unha rapaza que éra unha autentica "Front Woman"; segura de si mesma, doces melodias conxugadas ós coros polo guitarra, e unha base ritmica con bateria e baixo que non desentonaron en ningún intre; levaronse os aplausos cando empezaron a entonar a súa versión de "Heart of Gold" e saliron realmente satisfeitos da sua actuación e a boa acollida do público
.
Pouco antes da unha e media da madrugada saltaban o escenario os "pailans de Valdoviño" coa formación especifica para o Rust, e despois de ser presentados por Manolo; e fixorono con unha apabullante versión do "Downtown" demoledora que xa indicaba por onde ian a ir os tiros; unha tras outra foron desgranando temas e mais temas: "Ohio", "Powerfindger", Cowgirl in the Sand", "Down to the River" (con adicatoria especial para Shimeless")"Harvest Moon", Heart of Gold", "Alabama" (impresionante, cecais o mellor da noite), "Roll another number" (tamén adicada polo seu coñecemento de que é a miña debilidade, e mais para Jose),"My My Hey Hey", "Fucking Up", "Like a Hurricane", "Cortez Cortez"(imposible as verbas para este tema")....un set list brilante e apocaliptico; sen intres de descanso entre eles; co público a un metro deles bailando e deixandose levar cando comprobou que os cinco artistazos do escenario estaban a disfrutar do lindo co que estaban a facer.

"Love and only Love" marcou outro momento estelar da noite...o delirio colectivo que non deixou a ninguen sentado na súa cadeira; os asistentes coreaban unha e outra vez todos os temas participando da voraxine de sonido que se estaba a producir...mais de duas horas dalle que che pego; Miguel, o inexperto bateria deu toda unha lección de responsabilidade e profesionalidade que ninguen esperaba de un rapaz de vinte anos e un mes nas baquetas; marcou o ritmo que a banda tiña que seguir i esta fixoo como si o seu baterista levara con eles toda a vida; Xaco estivo inconmensurable ; o seu baixo non deixou de sonar en ningun momento; notabase a súa presencia constante sen facer ningun esforzo por saber onde estaba o seu sonido; a súa cara xa o decia todo; tan serio  e sen case moverse como nos tén acostumados, foi unha sorpresa ver a súa cara sonrinte i entrando con forza e pasión en cada nota.

Luis non éra o Luis que estamos fartos de ver; disfrutaba e lanzaba lostregos de guitarra constantemente; seguro de si mesmo, sabendo o que viña a continuacion de cada nota, deixouse ir para disfrutar de unha actuación irrepetible.

Vicky deixou os nervios en Valdoviño; levou a voz cantante en varias ocasións e saliuse de nai en "Motorcycle mama" e anunciou ademais que en esta ocasión non estaba nerviosa; éra a Vicky que queriamos ver fai tempo; segura de si mesma e arrastrando os membros da banda e o publico tras seu...e Ricardo: chapó por el; levou todo o peso do grupo; voz principal, guitarra...os seus xestos o decian todo; disfrutou toda a noite e non poido queixarse de nada ( e mellor lle foi porque sinon alguns estabamos dispostos a que mordese o polvo); saliulle todo redondo en perfecta comunión co resto da banda; arrastrou todo o peso sobre os seus lombos e fixo que todo salira rematadamente ben......

Fin de festa co "Rocking in the free World" con Neil presente e bailando no escenario e todo ó público en un delirio constante para poñer punto final a II Rust Fest....eran caseque as catro da mañan; a min lembroume que facia un ano, en Valdoviño, os mesmos Crazy Ponys poñian o punto final á I Rust Fest. Haberá que seguir a tradición.

Non quero esquencer a extroordinaria dose de companeirismo entre os Ponys con Alberto Kastúo e mais con "Big John" que en varias ocasións subiron o escenario para participar con eles en varios temas e asi tamén estes ganaron en sonido; predispostos como estaba todo o mundo para facer algo historico é algo digno de suliñar a perfecta comunion que se transformou no escenario con estes tres artistas ali arriba. Unha gran ovación para todos eles.
E o público: totalmente entregado os que xa os coñeciamos, e extasiados os demais vendo o que se lles viña enrriba; coido que non esperaban encontrarse con unha banda en estado de gracia como ó foron os CRazy Ponys esa noite. Algúns non o podian creer; outros aseguraban que a sucesión estaba asegurada...outros fomonos a dormir sabendo que estivemos presentes en un día historico.


Na seguinte cronica, estaremos cos pequenos detalles da Rust....mentres abrazinhos para todos os que ali estivestes.





3 comentarios:

Angeles dijo...

Gracias de nuevo, Xan. A medida de que van pasando los días, las semanas, y ya casi los meses, se agradece sobremanera tener la ocasión de volver a revivir cuanto vivimos en Bolonia.
Espero con ganas la cuarta entrega.
Un abrazo,
Ángeles "manayé"

Jose dijo...

Xan, aquí se ha notado tu "abducción" por parte de Sofi (es que ya tengo confianza y llamo así ja ja ja): yo no participé en la sesión de micros abiertos, aunque hice una "másvaleolvidar" participación en No Hidden Path con los CrazyPonys y Pepe. Y por cierto, creo que al final me olvidé comentar con los Ponys (a ver que opinan) mi idea de inaugurar una nueva tradición en sus conciertos: siempre que toquen Roll Another Number me comprometo (si la autoridad competente lo permite ja ja) a liar uno en ese momento, o mejor a encenderlo, (si es preciso, ¡hasta en el escenario!) porqueque si lo tengo que liar pueden tocar Hurricane, Cortez Love and only Love y no habré terminado.

Deguananonli dijo...

Moitas gracias a todos por se4r como sodes e axudartnos a que a cousa sexa mais sinxela.