lunes, 23 de agosto de 2010

AT FILLMORE EAST (ALLMAN BROTHERS BAND)


Estamos a falar de un dos directos mais contundentres e famosos do mundo do Rock.
Marzo de 1971. Nova Iorke, e mais en concreto ó "Fillmore East" de Bill Graham recibia a visita de un grupo de Florida, con dous traballos as suas espaldas que como sempre foran recibidos con boas criticas e poucas vendas.
Os "Allman Brothers Band" formaranse no ano 1969 en Jacksonville (Florida), ainda que con percorrer dos anos a sua base estable organizariase en Macon (Georgia).Co seu primeiro disco homonimo colleitaron (como xa dixemos) enormes eloxios pero pouca pasta, polo cal alguns dos seus membros tiñanase que gañar a vida como musicos de acompañamento de outra xente.Duane Allman seria o integrante que marcou o rumbo e o sonido da banda despois de recoller polo camiño a Dickey Betts para acompañalo tanto na guitarra solista como no slide; Berry Oakley estaria ao baixo; despois integrarianse dous percusionistas. Bucth Trucks e Jaimoe Johanson; o derradeiro en integrase na banda foi precisamente o que seria a sua voz e organo e piano: Greg Allman, ó outro Allman da banda.
Percorreron todo o Sur dos USA, facendo directos apabullantes en base a sua mistura de blues-rock; coa presencia do slide guitar por parte de Duane Allman e poñendo toques de jazz e country nas suas masivas actuacións.
Como deciamos, en marzo do ano 1971 ofreceron varios concertos no "Fillmore East", do que se recolleron varios temas para a publicacion de un doble album en directo.Con tan só 8 temas para un disco doble podemonos facer idea da presencia de longos solos e improvisacións; autenticas "jams" de mais de quince ou vinte minutos onde os musicos botaban man de todos os seus recursos estilisticos para chegar a unha perfecta comunión cos asistentes os concertos. Cecais un dos temas mais coñecidos do grupo "Mountain Jam", con unha duración de mais de trinta minutos, non foi incluido no album xa que estaba destinado a ser publicado no posterior "Eat a Peach", outra obra de arte dos sureños.
"Statesboro Blues", un tema de Will McTell con moitos anos de percorrido por todo o Sur abre o album. Contundente, rockeiro, sonido limpo e fluvial para converxer nun dos momentos claves da banda; os Allman recuperaron este vello tema que xa fora versionado por outros bluesman, como Taj Mahal, e eles teñen o merito de dalo a coñecer de forma masiva as xeneracións posteriores.
Outros temas do antiguo blues sureño forman parte de este traballo: "Done Somebody Wrong" de Elmore James, ou " Stormy Monday" de T. Bone Walker tamén son recuperados polos Allman nas suas actuacións en directo. As afiladas guitarras de Duane ou Betts, duplicadas a veces, falando e respondendo unha a outra, crean unha atmosfera cargada de emotividade e sentimento que chega ó seu culmen en dous temas claves do disco: "In memorian of Elizabeth Reed" (titulo tomado de unah lapida do cemiterio de Macon), unha composición conxunta de todo o grupo, de mais de trece minutos de duración, emotiva e con eses toques jazzisticos a cargo do organo de Greg Allman; e mais "Wipping Post" da autoria tamén de Gregg que ocupaba a derradeira cara do disco : 23 minutos de descarga total, onde os Allman xogan a crear espazos de imaxinación e improvisación nunca vistos ata daquela.
O disco publicouse no mes de xuño de 1971 e moi cedo foi aclamado pola critica e polo (esta vez si) público; non é que chegara o mais alto das listas, pero fixo que a banda sureña se asentara entre os mais grandes do Rock, e sobretodo que foran coñecidos como unha banda de directo.
Entre a grabación do disco e a sua posterior publicación Duane Allamn inteveu no "Layla and others assorted love songs" de Dereck and the Dominoes, formación de Eric Clapton con inmensa repercusion en aqueles intres. A intervención de Duane en este disco fixo que fora recoñecido como un dos mellores guitarras de todos os tempos, a altura mesma do desaparecido Jimi Hendrix.
Precisamente, poucos meses despois, o 29 de Outubro de ese 1971, cando todo lle sonríe á banda, Duane tén un accidente de moto en Macon e por mor das feridas morre pouco despois.Estaban a grabar o seu seguinte traballo "Eat a peach" onde a guitarra de Duane está presente en varios dos temas; os membros da banda adicanlle ese disco o fundador da mesma.Duane foi soterrado no mesmo cemiterio de Macon de onde sacaran varios titulos dos seus temas mais coñecidos (  a xa mentada "In memorian de Elizabeth Reed" e tamén de ali sacaron o titulo de "Little Martha", unha peza instrumental de curta duración con unicamente Duane e Dickey Betts as guitarras acusticas). A maldición sobre o grupo fixo que Berry Oakley tamén fora soterrado a beira de Duane, despois de sufrir tamen un accidente de moto a poucas mazás de onde Duane tivera o seu. Berry sobreviviu pouco tempo ó accidente pero non quixo recibir tratamento medico por mor dar malferidas en todo o seu corpo, e sabendo que o imposibilitaba para facer unha vida normal.
Todas estas desgracias fixeron que o grupo ainda aguantara un tempo en estado de gracia. No ano 1973 publican "Brothers and Sisters", o seu traballo mais recoñecido , e tamén o mais vendido. "Ramblin' man" ocupa os primeiros lugares das listas e ademais aparece na banda sonora da pelicula "O Exorcista", pero a xoia do album é un intrumental de mais de sete minutos,"Jessica" que lle permitia ó seu autor,Dickey Betts, aparecer como compositor e guitarra principal e ser considerado o alumno aventaxado de Duane Allman.
Posteriormente, aparece o xa seminal "Win , Lose and Draw" que certifica a morte creativa do grupo, ainda que botaron unhos anos mais rulando polos escenarios pero xa sin a forza de antes.
No ano 1991 retornan con "Seven Turns", pero a maxia estaba xa perdida. Multitude de discos en vivo son publicados un tras outro, onde se recollian actuacións de antaño misturadas con as mais recentes. Os trocos son constantes na banda; cecais o mais interesante sexa a chegada de o sobriño de Butch Trucks; Dereck Trucks toma o mando nas guitarras (Dickey Betts xa estaba no seu propio proxecto); "Hittinn' the note" cecais sexa o mais apreciable da banda en estes anos, que volve a actuar en directo con vellos temas.
Pero cecais o mais interesante que rule nestes intres por ahi, sexa o que naceu como un proxecto alternativo aos Allman no ano 1997: Warren Haynes e Allen Woody, guitarra e baixo dos Allman daquela puxeron en marcha a sua propia banda: Gov't Mule, unha mistura ,segun os entendidos, de Black Sabbath, Led Zeppelin e Allman Brothers con pingas de jazz; o proxecto segue adiante a pesar da morte (outra vez) de Allen Woody no ano 2000.
Pero dos Allman ainda se sigue a falar; sempre se recordará o seu "At Fillmore East" como disco obligado de ter na colección de un amante do Rock; posteriormente, no ano 2006 editouse unha edición de luxo do "Eat a Peach" onde se conten un disco enteiro adicado as sesions grabadas no mesmo Fillmore, pero unhos meses despois (en xuño do 1971) ; en este "Fillmore East 2" (por chamalo de algun xeito) aparecen temas como "Don't keep me wonderin'" ,"One Way Out ou "Midnigth rider" que seguro que tocaron en aquelas maxicas noites de marzo do 71, pero que ata o de agora non apareceran en vivo.
Como seguro que moitos de vós tedes o orixinal de "At Fillmore East" na casa, eu recomendariavos que o desenpolvarades, e que con moito agarimo os puxerades comodos para escoitar unha das cumes do Rock.
Xa o decia o propio Duane: "O Rock naceu no Sur, por eso non somos unha banda de rock sureño, si asi fora solo seriamos unha banda de ROCK ROCK"

1 comentario:

Xabre dijo...

Que ratos paso leendote! graciñas.