Cando Bob Dylan entrou no estudo de gravación da Columbia, en New Iorke, en xuño de 1965 e saliu dous meses despois con "Highway 61 Revisited" debaixo do brazo, non podia imaxinar que estaba a escribir unha parte da historia da musica popular que teria unha gran influencia no futuro do Rock.
As sesions do album escomenzaron a primeiros de dito mes de xuño, centrado unica i exclusivamente no tema "Like a Rolling Stone". Moito se ten escrito sobre este tema ao longo dos 45 anos posteriores a sua gravación. Dise que Dylan tiña escrito o texto pero non daba coa musica que el tiña metida na cabeza; non sabia como poñer en acordes aquelo que el soñara; tamén se tén falado moito sobre o papel de Al Kooper en esas sesións: dende que Kooper non sabia tocar o organo, ata que el mesmo dixo que seguia o ritmo detras do que os outros musicos ian tocando; Mike Bloomfield seria o outro puntal de tales sesións coa sua guitarra de blues recoñecida como unha das mais exquisitas dentro do xenero como participante de Paul Butterfield Blues Band: seica Dylan deulle o texto do tema sen saber moi ben como sair do problema: so lle dixo que non tocará "como ese chumbo de B.B. King", cousa dificil de creer en Dylan sabendo a admiración que tiña polo vello bluesman; entre Kooper e Bloomfield creouse unha base musical a partir de esta colaboración que seguiria ata a morte de Bloomfield no ano 1981; este foi o seu punto de partida que deu lugar a posteriores traballos dos dous musicos, en especial o lembrado "Super Sessions", que contaba coas colaboracións entre outros de Stephen Stills e Carlos Santana. É curioso porque dentro de este album hai un tema de Dylan ("It takes a lot to laugh, It takes a trian ti cry") no que se traballara durante as sesions de "Highway 61 revisited" e descartarase para a sua publicación (en principio) dentro do album de Dylan, e Kooper e Bloomfiel a recuperan para a sua posterior colaboración.
As sesions de gravación desenrolanse durante o veran de 1965, famoso pola aparicion de Dylan no festival Folk de Newport, onde por primeira vez aparece con unha banda electrica e onde foi aplaudido e abucheado a partes iguais polos seus seguidores; é famosa a anecdota de Pete Seeger intentando cortar os cables do equipo de sonido con unha machada cando veu a Dylan enriba do escenario con esa banda de Rock; posteriormente Seeger declararia que non éra unha machada, senon unha navalla e que so queria cortar os cables polo "horrible sonido" que emanaba dos altofalantes, non pola musica que Dylan e a sua banda estaban a desenrolar no escenario.
De todos os xeitos a aparición de Dylan no Festival Folk de Newport marcou un antes e un despois na historia da musica popular; contra vento e marea Dylan seguiu facendo o que el creia que debia de facer, dando de lado a todos os que o quixeron converter na voz de toda unha xeneración; cecais Dylan aproveitouse nos seus comenzos de todo ese movemento arredor do folk no que se movian moitos dos activistas de esquerda nos USA: os movementos polos dereitos civis, os grupos para reclamar o voto da minoria negra, a "esquerda guapa" agochada baixo o parné dunha comoda situación social....movementos todos eles que quixeron facer de Dylan o seu simbolo de progresismo e denuncia nos Estados Unidos.
Volvendo as sesions de traballo de "Highway 61 Revisited", durante catro dias traballaron abondo unha e outra vez no "Like a Rolling Stone". Foi na sesion do día 16 de Xuño cando se tomou a toma mestra que ficaria rexistrada como toma definitiva: 6 minutos e 13 segundos para a historia; como facer que un tema de mais de 6 minutos tivera exito cando nas radios da epoca o mais que sonaban eran temas de pouco mais de 3 minutos? A cabezoneria de Dylan obligou a manter o formato do tempo sen retocalo para as emisoras de radio, o que facia mais dificil que estas a emitiran. Pero o tempo deulle a razon ( como lla deu en outras cousas), e "Like a Rolling Stone" subeu ata o numero dous das listas americanas como single do album.
Outro single gravado durante este tempo tamen subiria nas listas; tratase de "Positively 4th Street"; pero este tema, que en principio ia formar parte do disco, foi descartado por Dylan, e tan so lanzouse como single.
"Tombstone Blues", "From a Buick 6", "Ballad a Thin Man", "Queen Jane Aproximately", "Just Like Tom Thumbs Blues" ou "Desolation Row" son temas que forman parte de este disco que xa é parte da historia. Marcou o desexo de Dylan de converterse no que sempre quixo ser: non a voz dunah xeneración, nin o portavoz dos desesperados e humillados; nin tan xiquera ser un folk-writer recoñecido. O desexo de Dylan éra mais sinxelo que todo eso: tan solo queria ser un cantante de Rock and Roll, e ter a sua propia banda para tocar esa musica. Con este disco marcou a traxectoria para a posteridade, rompeu co clasicismo imperante; dibuxou a musica futura enmarcada en sons que ata ese intre non tiña saida; abusou do blues como metafora para chegar ó rock. Ademais de eso, éra época na que o poder imaxinativo de Dylan estaba no seu punto alxido: da sua mente saian e fluian constantemente notas e versos; escribia as cancions mesmo no estudo de gravación e unha vez rematadas poñiase a gravalas de forma inmediata; incluso no medio da gravación paraba un intre para facer anotacións do tema que estaban a gravar ou se lle ocurria algo distinto para meter precisamente en ese tema; cousas tan tolas que son dificiles de creer...ainda que o mesmo Dylan acrecentaba esa lenda con declaracións a prensa e os medios que nada tiñan que ver co que estaba a facer e que estes recollian como declaracións de alguen que estaba por enriba do ben e do mal. E famosa a contestación a un xornalista cando este lle pregunta polo tipo de musica que el facia: "sinxelamente, é musica aritmetica"....Dylan tomaballe o pelo a quen se puxera por diante por mor de toda a parafernalia montada o seu arredor; coido que no fondo , o musico de Duluth é un timido redomado, e tan so facia defenderse da unica forma que sabia de todo o montaxe que xiraba sobre el. Sabedor que calisquer declaración que facia a os medios serian portada das revistas e medios especializados, Dylan xogaba con eles o gato e o rato, mentras da sua cabeza seguian xurdindo ideas que el ia poñendo en papel .
Cecais incomprendido en aquel intre, él sabia moi ben o que debia e queria facer e asi foi recoñecido moito tempo despois, cando xa Dylan estaba en outra orbita, cando xa experimentaba unha e outra vez con sonidos e instrumentos alonxados de aquel que marcou o "Highway 61 Revisited".
O disco converteuse en referencia en todas as obras posteriores de Dylan; e tamen foi recoñecido posteriormente por aqueles que o condenaron o lume da fogueira por demasiado rockeiro e electrico; hoxe en día está considerado dentro dos mellores albumes de Rock de todos os tempos; e "Like a Rolling Stone" a mellor cancion publicada en toda a historia da musica popular; un disco diseccionado palmo a palmo pola critica e unha cancion a quen recentemente lle foi adicado un libro a ela sola: "LikeaRollingStone. Bob Dylan na encrucillada" de Greil Marcus, completamente recomendable para o estudo de tan solo este tema.
O final, como conclusion podemos sacar que como xa dixemos mais arriba, Dylan converteuse no que el soñara de neno: SER UN CANTANTE DE ROCK.
1 comentario:
Gracias por este ratiño de lectura!
Publicar un comentario